16 may 2012

MAÑÁ EN COMPOSTELA "MANIFESTACIÓN NA DEFENSA DA LINGUA GALEGA"

SERVIZO DE AUTOBUSES EN FERROL

Saída de Ferrol (CIG) ás 10 h.

Saída de San Sadurniño (fronte ao concello) ás 09:45 h.

Saída de Narón (fronte ao concello) ás 10 h.

Faranse paradas en diversos sitios:

Caranza, parada de autobuses n'As Pías

Fene, parada de autobuses(diante do Gadis) ás 10:05 h.

Gasolineira do Vilar do Colo ás 10:10 h.

Pontedeume (rotonda) ás 10:15 h.

Contacto para os autobuses: Ana Vérez 689 39 28 61

O P€P€ QUERE BOICOTEAR O ACTO
O Concello de Santiago tenta evitar que haxa manifestación polo Día das Letras
Nunha resolución sorprendente, comunicada 48 horas antes da manifestación, o Concello nega os permisos para colocar palco e megafonía.

Queremos Galego recorreu hoxe mesmo nos tribunais e mantén a convocatoria "con máis razóns que nunca".

Carlos Callón: "Se nos denegan o palco e a megafonía, usaremos as gorxas para exclamar moi alto polos nosos dereitos".

A plataforma Queremos Galego, impulsada e coordinada pola Mesa pola Normalización Lingüística, e que aglutina máis de 700 entidades, encontrouse esta mañá cunha comunicación "sorprendente" do Concello de Santiago de Compostela.

Cando faltan 48 horas para a manifestación cidadá en defensa da lingua, o goberno municipal resolve negativamente unha petición "que sempre foi de trámite" para poder colocar un palco, para usar o punto de luz necesario para a megafonía do acto final e para poder colocar unha faixa informativa na Alameda de Santiago de Compostela.

Carlos Callón, como presidente da Mesa e portavoz nacional de Queremos Galego, asevera que "desde que A Mesa existe, hai 26 anos, nunca nos encontramos cunha resolución tan disparatada para unha mobilización en defensa do noso idioma". "Quérennos deixar sen voz: temos máis razóns que nunca para erguela e para acudir a Compostela o Día das Letras", aseverou Callón, quen considera que, "o actual goberno de Santiago ten un problema moi serio coa tolerancia lingüística e cultural e coa liberdade de expresión, como puidemos ver primeiro co Correlingua e agora coa manifestación do 17 de maio".

O Concello denega case todos os puntos solicitados por Queremos Galego baseándose en que "a manifestación coincide coa Ascensión", excepto a petición do punto de luz preciso para a amplificación do son, na cal non utiliza a escusa das festas, senón que non ofrece ningún motivo. Porén, desde a plataforma sinalan que "parece unha burla querer denegar esa licenza baseándose na Ascensión, xa que non é a primeira nin será a última vez que o día 17 de maio coincide con eses festexos". O presidente da Mesa di ironicamente que "a culpa é de Rosalía de Castro por asinar a dedicatoria do primeiro libro contemporáneo en galego nun 17 de maio".

O Concello coloca todos os obstáculos que pode para esta manifestación, "dentro do seu ámbito de competencias", mais non pode prohibir o acto, xa que este foi solicitado "en tempo e forma" na Delegación do Goberno. "O que nos deixa estupefactos é que todas estas xestións, que todos os anos son de trámite, se queiran converter agora en impedimento para exercer o noso dereito democrático a manifestarnos", sinala o presidente da Mesa e portavoz de Queremos Galego.

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2012/05/15/galicia/1337108476_743290.html

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

No hay comentarios: