30 may 2012

Mañá nova acción de protesta contra Mercadona

Desta volta farase no hipermercado que Mercadona ten en San Valentín (Fene) a concentración terá lugar mañá xoves, ás 19:00 h.

Mercadona pretende erixirse en marca anti-folga, presionando os seus traballadores e traballadoras para que non a secunden e si algún ou algunha o fai, como no caso do compañeiro Alberto, procede o seu despedimento.
Un despedimento inxusto na tenda da Gándara-Narón por exercer libremente o seu dereito a secundar a Folga Xeral do pasado 29 de Marzo
Os traballadores e traballadoras e a cidadanía en xeral rexeitamos a actitude de Mercadona e debemos actuar en consecuencia.

A Unión Comarcal de CCOO de Ferrol convoca unha nova concentración o vindeiro XOVES 31 de Maio ás 7 da tarde diante da tenda de Mercadona en SAN VALENTIN e fai un chamamento a todos os traballadores/as e a cidadanía en xeral a secundar a concentración.

ACTÚA EN CONSECUENCIA COA ACTITUDE DE MERCADONA
ACUDE A CONCENTRACIÓN
¡REXEITAMOS O DESPEDIMENTO DE ALBERTO E ESIXIMOS A SÚA READMISIÓN!!


Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

No hay comentarios: