23 may 2012

A UNIDADE evita de novo a execución dun desafiuzamento en Ferrol

Quero transmitir as grazas en nome de Yolanda a tod@s @s compañeiros que hoxe solidarizástesvos e destes unha lección de UNIDADE contra este desafiuzamento inxusto.


Os compañeiros, Xesús Díaz, Javier Galán e Xesús Pintos, foron os que tentaron "regatear" cos funcionarios do Xulgado unha moratoria que non deixase na rúa a Yolanda e ao seu fillo, cousa ao que se negaba a avogada do demandante, que ven sendo tío de Yolanda. O que ninguén sabe explicar é como este Sr. conseguiu que as escrituras do Ministerio da Vivenda e Solo, ao nome da mai de Yolanda, acabaron modificadas finalmente ao seu nome.

Unha historia confusa, pero que aparenta ter trazas dun suposto "Roubo Lexitimado" pola administración. Unha das craves pode estar nas escrituras da casa, pois llas fixeron a nome del con data do 2004, cando os demais veciños (todos con Yolanda) as teñen do 2005.

Haberá detrás deste asunto algún trato de favor de alguén da administración?

Hoxe as 15:30, o desafiuzamento aínda non se levara a cabo, haberá que estar pendentes.

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

No hay comentarios: