Apr 2, 2017

Acto simbólico na defensa do Escornabois

Fotos do acto
Este acto simbólico organizado pola Comunidade de Montes de Marraxón, consistiu na construción dunha pirámide de madeira de piñeiro, a finalidade da mesma é poder servir de alimento para a larva do Escornabois. Especie cada vez máis ameazada, e cuxas larvas tardan ata 5 anos en alcanzar a súa fase de adulto, unha vez dada esta metamorfose tan só contan cuns días de vida para aparearse e empezar así de novo o seu ciclo vital .

O evento estivo encabezado polo alcalde de Fene, Juventino Trigo (Tino), Tomás da Curveira en representación da Comunidade de Montes, e Pablo Torrella, da SGHN, que se encargou de explicar aos presentes a importancia de preservar o medio e encomiar estes xestos na defensa da natureza.

Onde foi erixida a pirámide de madeira cometeuse a repoboación dalgunhas árbores autóctonas, e posúe unhas charcas artificiais das cales xa gozan os anfibios, vertebrados e invertebrados que habitan a zona.

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

No comments: