Traballadores/as do Naval saen nunha manifestación sorpresa
Hoxe tivo lugar unha manifestación sorpresa do Naval, entre 1500 e 2000 traballadores/as partiron ás dez e media da antiga Bazán, dirixiuse pola Avda Esteiro, ata chegar o edificio administrativo da Xunta, o cal estaba blindado polos antidisturbios, preto de 10 furgóns.. A continuación a manifestación baixou pola rúa Real ata chegar á praza do Concello de Ferrol, onde tiña lugar unha xuntanza da Mancomunidade.
Varios representantes d@s traballadores/as foron recibidos polo aínda alcalde, José Manuel Rey Varela, que veulles a dicir que o Señor Feijóo recibira a petición de entrevista cos representantes do Naval, pero que facía oídos xordos.
Ao remate do encontro, o voceiro do comité , Ignacio Naveiras, saiu indignado co aínda Alcalde, e pediu a dimisión inmediata deste.
No hay comentarios:
Publicar un comentario