O "Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol" solidarizase cos mariscadores acusados de bloquear a canle da Ría de Ferrol.

Os días; 22, 26 e 28 de Marzo, 9 mariscadores (e compañeiros) teñen o xuízo que pretende criminalizalos por impedir o transito de gaseiros na Ría de Ferrol.

O Fiscal "presuntamente" pretende dar un escarmento a estes 9 mariscadores, que non son outra cousa que a "Cabeza de Turco" e vítimas, das desfeitas e mala planificación, por parte dos políticos e empresas perigosas que operan no interior da NOSA Ría. Ata pódese dicir que a Xustiza é culpable, pola lentitude coa que NON traballa, e pola deslexitimación de dúas sentencias do TSXG, que foron arquivadas por parte do Tribunal Supremo. (Quero entender que as Leis escritas están para cumprilas, e aplicalas, pero parece que os xuíces do T.S. estudaron distintos libros)

Agardamos a presencia de tod@s os cidadáns de Ferrol Terra, para que se faga xustiza de verdade.

QUEN PAROU OS GASEIROS, FOI A CIDADANÍA DE FERROL TERRA, NUN CHAMAMENTO FEITO POLO "COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL"
http://www.comitecidadan.org/

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

Peche d@s compañeir@s da CIG no Concello de Ferrol

Hoxe tivo lugar un peche no Concello de Ferrol por parte de compañeir@s da CIG, a finalidade deste peche é difundir e trasladar a poboación a necesidade de participar na vindeira xornada de Folga Xeral, prevista para o día 29 deste mes.
O peche discorreu civicamente e sen incidentes, tampouco faltou o bo humor, tal como amosan as imaxes.


Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

Manifestación en rexeitamento ao peche do Consultorio de Saúde da Graña

Manifestación realizada hoxe en Ferrol, en rexeitamento ao peche do Consultorio de Saúde da Graña. A Xunta do P€P€ e o Goberno Municipal de Ferrol seguen coa campaña de desmantelamento da nosa sanidade pública.


http://plataformadspferrol.blogspot.com/

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

Hoxe xuntanza do Encontro Social de Ferrol Terra

Hoxe, Martes 13 de Marzo de 2012, está convocada a Asemblea Plenaria do proceso de construción do Encontro Social de Ferrol Terra acompañado da construción dunha Rede de Apoio Mutuo

Esta Asemblea está aberta a toda persoa ou entidade que queira participar na constitución do Encontro Social e a Rede de Apoio Mutuo.

Ollo ! pois esta reunión non se vai celebrar como viña sendo habitual nas outras catro Asembleas Plenarias, no Local da Asociación Veciñal de Esteiro, dado que á mesma hora vai ter lugar nese local unha reunión dunha unidade veciñal, polo que a Asemblea vai ter lugar no Local Social da Sociedade Cultural, Deportiva e Recreativa "San Carlos", a pouco máis de 100 metros da Asociación Veciñal.

Proposta de obxectivos e orde do día da Asemblea Plenaria do proceso de construción do Encontro Social de Ferrol Terra e da Rede de Apoio Mutuo.

Día: Martes 13 de marzo.
Lugar: Local Social da Sociedade Cultural, Deportiva e Recreativa "San Carlos", rúa Fernando VI, bloque 3, edificio anexo (a pouco máis de 100 metros da Asociación Veciñal de Esteiro, indo na dirección e sentido da casa do Patín – Ver Plano).
Horario: de 19 a 21 horas.

Obxectivo da reunión:
Realizar unha avaliación colectiva das actividades e propostas das Comisións e ampliar as actividades do Encontro Social de Ferrol Terra.

Temas a tratar:

1-Informe da Comisión de Economía Social e Calidade de Vida

2ª Xornada de Economía Social e Finanzas Éticas.(16-3-2012)
Cooperativa en construción.
Proxecto de Mercado de Troque.

2- Informe da Comisión de Diagnose e Comunicación.

3- Propostas e novas comisións.

4- Información da Plataforma pola Defensa da sanidade Pública da Área Sanitaria de Ferrol:

As asociacións veciñais da Graña, Brión, A Cabana e Serantes xunto á Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área Sanitaria de Ferrol convocan un novo acto de protesta polo peche do Consultorio da Graña.

Este xoves 15 de Marzo de 2012, ás 7 da Tarde na Praza do Concello de Ferrol, diante do Pazo Municipal, haberá unha concentración para demandarlle á Xunta de Galicia unha solución viable para o Consultorio da Graña; solución que só pode pasar pola dotación co persoal necesario ao centro. Non podemos permitir que o SERGAS aproveite unha sentenza xudicial para facer un novo recorte asistencial na nosa comarca.

http://encontrosocialdeferrolterra.blogspot.com/

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

Concentración polo peche do Consultorio Médico da Graña

As asociacións veciñais de Brión, A Graña, A Cabana e Serantes xunto á Plataforma en Defensa da Sanidade Pública convocan un novo acto de protesta polo peche do Consultorio da Graña. O xoves 15 ás 19:00 horas, na Praza de Armas , haberá unha concentración para demandarlle á Xunta de Galicia unha solución viable para o Consultorio da Graña; solución que so pode pasar pola dotación co persoal necesario ao centro.

Non podemos permitir que o SERGAS aproveite unha sentenza xudicial para facer un novo recorte asistencial na nosa comarca.


Lembrar que os veciños destes barrios están a facer un peche no Consultorio desde a pasada semana. Acode ao centro e solidarízate cos veciños afectados.
Pensamos que detrás do peche do Consultorio da Graña pode agocharse a intención de pechar tamén os de : Ferrol Vello, O Val, Pedroso, Maniños, Mera e Espasante.

Se non nos mobilizamos en contra dos recortes da Sanidade Pública, cada vez teremos menos dereitos


Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

Manifestación Nacional das Mulleres Galegas Feministas s

Unhas 3000 persoas tomaron hoxe as rúas de Compostela nunha gran Manifestación Nacional contra os efectos do capital nas vidas das mulleres, e na defensa dos dereitos políticos, sociais e reprodutivos destas.

Parece mentira que aínda a día de hoxe as mulleres non teñan a "soberanía" sobre seu corpo, este sigue a ser "patrimonio" de políticos e da Igrexa. Xa non falemos do eido laboral, sobre as recentes agresións por parte do P€P€ no tema de conciliación laboral, ou na equidade salarial, onde as mulleres están a anos luz de acadar a igualdade cos homes.



Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

Ofrenda floral no "Monumento 10 de marzo", e manifestación do "Día da Clase Obreira Galega"

Ofrenda floral no "Monumento 10 de marzo", e manifestación do "Día da Clase Obreira Galega" CIG



Ofrenda floral no "Monumento 10 de marzo", e manifestación do "Día da Clase Obreira Galega" CC.OO




A ofrenda floral de CC.OO aos compañeiros Daniel e Amador, viuse enzoufada pola actitude de "cinco" que cren ser o "15 M".

Portaban unha pancarta na que se podía ler o lema "Toxo, Mendez, Traidores". Non tería maior importancia se a pancarta a soubesen levar con dignidade (pois non minte, e de feito xa a usaron o pasado día 19) pero tentaron cobrar un protagonismo que non teñen na rúa, como é de supor, foron recriminados, un deles ata tivo sorte de que non lle rompesen a cara.


O "15 M" somos todos os que saímos á rúa a indignarnos, non é patrimonio destes cinco.

A falta de respecto por parte destas persoas, na ofrenda floral aos compañeiros Daniel e Amador non ten desculpa.



Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

"Día da Clase Obreira Galega" en Ferrol

Ás 11:00 h
Ofrenda floral no "Monumento 10 de marzo", conmemorando o "Día da Clase Obreira Galega" CIG, e ás 12:00 h Manifestación, con saída de diante do local comarcal da CIG en Esteiro

Ás 11:30 h
Ofrenda floral no "Monumento 10 de marzo", conmemorando o "Día da Clase Obreira Galega" CC.OO, o remate da mesma partirá a Manifestación dende ese mesmo punto.

Ás 14:00 h
Xantar Popular na Fundaçom Artábria, a prezos populares. Á noite, a partir das 22:30h, concerto do cantor-punk ferrolano, Bitxobola. A entrada é de balde.

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

Nota de prensa da Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública da Área Sanitaria de Ferrol.

Nota de prensa da Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública da Área Sanitaria de Ferrol.

Saíndo ó paso das desafortunadas e sesgadas declaracións da Conselleira de Sanidade, efectuadas no día de onte os medios de comunicación

Queremos manifestar o seguinte:

1. A Conselleira amosa un total descoñecemento sobre o que pasa na Sanidade Pública e máis concretamente no peche do Consultorio da Graña.

2. Non é certo que se teña producido descenso da poboación adscrita o Consultorio da Graña que leva aberto desde 1940.

3. Non é certo que a accesibilidade o Centro de Saúde de Serantes sexa máxima. Desde núcleos rurais como Liñares, Martín, San Cristobo, Brión, San Felipe, etc a comunicación, a través do transporte público, con ese centro de Saúde de Serantes e deficitaria e insuficiente e ningún dos autobuses conta con medios adaptados a discapacitados en cadeiras de rodas.

4. Descoñece a Conselleira que o Centro de Saúde de Serantes, aínda que con anos de retraso, vai ser ampliado proximamente, debido o espazo insuficiente, e por mor das obras a calidade asistencial vaise ver mermada, moito máis se lle envían os 800 usuarios/as do consultorio da Graña.

5. A Conselleira de Sanidade está utilizando unha sentencia xudicial, motivada por un erro administrativo do Sergas e da Consellería de Sanidade na oferta da praza e pola non comparecencia do Sergas e da Consellería de Sanidade no contencioso administrativo presentado polo facultativo que prestaba o servizo no Consultorio e contra o que os usuarios non teñen nada, para pechar unha instalación que leva 70 anos funcionando e que segue a ser absolutamente necesaria.

6. A Conselleira non sabe que a maior parte da poboación atendida no Consultorio da Graña e maior de 65 anos.

7. En Ferrol hai recorte nos servizos sanitarios xa que se pecha un Consultorio aberto nun local propiedade do Concello de Ferrol.

8. A Consellería está incumprindo, de maneira unilateral, un convenio co Concello de Ferrol, polo que este facilita un local e se fai cargo da limpeza e do mantemento e a Consellería presta a asistencia sanitaria no Consultorio da Graña.

Desde a Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública da Área Sanitaria de Ferrol, pensamos que o Alcalde de Ferrol é o Xerente da Área Sanitaria teñen que informar mellor á Conselleira de Sanidade do que pasa, xa que as súas declaracións amosan un descoñecemento total da realidade e non admisible nun membro da Xunta de Galicia.
O Alcalde da cidade é o que ten a chave para que se arranxe a situación, conta co respaldo de tódolos grupos municipais de Ferrol, e ten que defender a reapertura inmediata, esta semana, do Consultorio da Graña. Non pode andar con medias tintas e ten que de maneira decidida defender esta instalación que está pechada por decisión política e non por necesidades asistenciais.

El é o alcalde de toda a cidadanía de Ferrol, é presidente da Fegamp e ten un peso importante dentro do Partido Popular. A decisión do peche é política e a decisión da reapertura ten que ser tamén política. A solución e doada e barata

O Alcalde da cidade non pode ser un mero transmisor dos acordos do Concello, ten que defender os intereses da cidade. Neste caso os intereses dos veciños e veciñas de A Cabana, San Felipe, A Graña e Brión.

É de dereito e é de Xustiza.

Ferrol a 7 de marzo de 2012.

Asdo./Xosé Miguel López e Lois Méndez, portavoces da Pdspf

http://plataformadspferrol.blogspot.com/

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

Colóquio: Março 72: Expetativas da classe obreira galega 40 anos depois

Com motivo do quadragésimo aniversário dos acontecimentos de Março do 72, onde primeiro na nossa cidade e depois em Vigo emergiu a classe obreira como protagonista na luita popular, na Fundaçom Artábria queremos contribuir para a comemoraçom das grandes jornadas de luita ocorridas na nossa comarca e nas quais fôrom abatidos os trabalhadores de Bazán Amador Rei e Daniel Niebla, vítimas dos disparos da polícia fascista.

É por isso que organizamos umha série de atividades para dar conteúdo à nossa humilde homenagem à Classe Obreira Galega.

Os atos darám começo quarta-feira, 7 de março às 20.30hs com um Colóquio sobre a legenda Março do 72: expetativas da classe obreira galega quarenta anos depois, no qual contaremos com as seguintes participantes: Jesus A. Lopes Pintos (CIG); Xávi Porto (CNT); Xaquín Garcia Sinde (O Militante) e Rafael Pillado, ex-sindicalista.

Já no sábado 10 de março, daremos continuidade aos atos com um Jantar Popular no nosso Centro Social. A ementa estará composta de: churrasco, crioulo e pam a um preço de 6,50 euros e salada a 1,50 euros.

À noite, a partir das 22.30hs, poderemos desfrutar da música do cantor-punk ferrolano, Bitxobola. A entrada será gratuita.

Também nas próximas semanas poderá ver-se no nosso café-bar umha exposiçom fotográfica sobre a luita do naval na Comarca.

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

"113 PROTESTA LEXÍTIMA"

O "Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol", realizou súa "113 Protesta Lexítima" contra a ubicación da planta de gas, e contra a navegación de gaseiros cargados con GNL no interior da Ría de Ferrol




¡¡PLANTA DE GAS FORA DA RÍA!!





Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

"113 IL€GAL"

Ante o anuncio de entrada no interior da ría de Ferrol, do 113, gaseiro, cargado con GNL, con destino a Reganosa, o "Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol" CONVOCA súa 113, concentración lexítima, en rexeitamento da actual ubicación da planta,e o transito de gaseiros na nosa ría.

CONCENTRACIÓN, martes, 6 de marzo, ás 19 hs. na Praza de Armas, Ferrol

Características do buque: Nome.- LNG Lagos, Bandeira .- Bermudas, Ano Construccion.- 1976, Eslora.- 274.42 m, Manga.- 42 m, Calado.- 11.8 m, Puntal.- 27.77 m, Capacidade.- 122.000 m3.
ESTE VELLO GASEIRO TEN 35 ANOS DE ANTIGÜIDADE!!


¡¡PLANTA DE GAS FORA DA RÍA!!

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

Éxito de asistencia na Concentración contra o peche do Centro de Saúde da Graña

Hoxe tivo lugar unha concentración en solidariedade coa veciñanza de La Graña, que permanece pechada no Centro de Saúde de Asistencia Primaria, para evitar o peche deste por parte da Xunta de Feijóo. A concentración foi un éxito de asistencia, máis de 500 veciños uníronse contra o peche deste Centro de Saúde, que presta servizo primario a máis de 800 veciñ@s de parroquias lindantes o mesmo.


http://plataformadspferrol.blogspot.com/

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

CONCENTRACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES "EN LOITA POLOS NOSOS DEREITOS!"

MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES

CELEBRACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES
"EN LOITA POLOS NOSOS DEREITOS!"

CONCENTRACIÓN EN FERROLTERRA
XOVES 8 DE MARZO ÁS 20.00 HORAS
CANTÓN DE MOLÍNS (FERROL)


A Coordinadora Comarcal de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres convídate a sumáreste á Concentración que terá lugar o xoves 8 de Marzo ás 20.00 horas no Cantón de Molíns de Ferrol, co gallo da celebración do Día Internacional das Mulleres.

Nesta ocasión, como resposta ao recrudecemento do machismo nas institucións e á ausencia de políticas de igualdade reais, a Marcha Mundial das Mulleres, xunto a outros colectivos da Galiza, lanza unha campaña nacional conxunta para o 8 de Marzo baixo o lema MULLERES GALEGAS, EN LOITA POLOS NOSOS DEREITOS!!

Nesta campaña realizaranse numerosas actividades nas diversas localidades e comarcas galegas, e rematará nunha gran Manifestación Nacional contra os efectos do capital nas nosas vidas, en defensa dos nosos dereitos políticos, sociais e reprodutivos, para construirmos un mundo máis xusto dende o feminismo e o anticapitalismo.



MANIFESTACIÓN NACIONAL

DOMINGO 11 DE MARZO ÁS 12.00 HORAS

SAÍDA DA ESTACIÓN DE TRENS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

PARTICIPA!

De haber suficiente xente interesada en acudir a esta Manifestación desde a comarca, a MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES e a CONFEDERACIÓN INTERSINDICAL GALEGA fletarán un autobús gratuíto para desprazármonos a Compostela, con saída do edificio de Correos de Ferrol ás 10:30 horas e volta ao remate da Manifestación.

Para apuntarte, chama ao teléfono 667 685 430 antes do 8 de Marzo

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

Concentración polo peche do Consultorio Médico da Graña

Plataforma SOS Sanidade Pública de Ferrol

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

Concentración na Capela, na demanda de construción do novo Centro de Saúde

O vindeiro sábado 3 de marzo de 2012 ás 11 horas concentraremonos diante do Centro de Saúde da Capela para reclamarlle á Xunta de Galicia a construción do novo Centro de Saúde para A Capela. Construción que quedou paralizada pola Xunta de Galicia.

Aproveitaremos a mesma para promocionar a ILP en defensa da Sanidade Pública que leva adiante a plataforma S.O.S. Sanidade Pública e recoller sinaturas para a mesma.


Plataforma SOS Sanidade Pública de Ferrol

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio