O pasado mércores, día 26 de febreiro, sacaban á luz un comunicado no que dicían que a plataforma Stop-Desafiuzamentos de Ferrol Terra acordou, na súa última xuntanza apoiar ás Marchas da Dignidade.
Quen publica esta MERDA, é a mesma persoa que non publicou que a voceira da "PAH de Ferrolterra", pronunciouse en nome d@s afectad@s, apoiando a "Marcha da Dignidade".
Imos aclarar algún punto a estes/as ENTERAD@S:
- As PAH son as únicas asociacións lexitimadas para falar por e en nome dos afectad@s.
- "Stop-Desafiuzamentos" son todos aqueles/as que se boten á rúa cando existe un chamamento de emerxencia social para parar un desaloxo.
- Calquera cidadán, colectivo ou asociación, está lexitimado a portar unha pancarta que poña "Stop Desafiuzamentos", pois é un berro social.
- Ningún cidadán, colectivo ou asociación, está lexitimado a decir que eles son "Stop Desafiuzamentos". (Excepto no caso das plataformas de afectad@s que decidisen usar esta definición).
(Vaía de exemplo o 15 M, este movemento era toda persoa que se botaba á rúa).
Agora vou contar como se empezan a parar os desafiuzamentos en Ferrol.
O primeiro desafiuzamento público que vaise realizar en Ferrol é o de Gabi, membro da acampada 15 M, seus compañeir@s xa tiñan preparada unha resposta para intentar paralizar ese desaloxo. Ao momento de decatarme de isto contactei con Jesús Díaz, e empezamos a telefonar a compañeir@s de distintos partidos, sindicatos, e colectivos. Deste xeito, e por primeira vez en Ferrol actívase "Stop-Desafiuzamentos".
Participando xentes a título persoal, membros do BNG, CC.OO, CIG, CNT, EU, FORXA, PSOE, UGT, USTG, UL, e unha morea de asociacións e colectivos, ou calquera cidadán que viñese a parar un desafiuzamento puntualmente. Entón pódese dicir que "Stop-Desafiuzamentos" era unha resposta social de desobediencia civil .
A partir dese momento, case sempre, as alertas producense do mesmo xeito que no primeiro desafiuzamento, e a resposta é sempre unitaria por parte de tod@s.
ATA QUE....
De tantas loitas en común, e de ver como se perdían dereitos cada día, despois de celebrarse o Foro Social, traballouse para conformar o "Encontro Social", lugar de encontro e debate, dende o que poder entre tod@s construír alternativas e respostas sociais.
Nun principio empezou todo ben, contando ata coa participación de forzas políticas de esquerda. Fixéronse algunhas cousas, como foi o roupeiro de Caranza, e asembleas, asembleas, asembleas....
Outras cousas xa construídas e en funcionamento, SECUESTRARONSE! coma si estas fosen feitas polo "Encontro Social", tal como foi o blog Axenda Aberta (con máis dun ano en funcionamento), as Hortas Comunitarias de Caranza (propulsadas pola Asemblea de Desempregados da CIG), Alimentos Solidarios, e o que xa era o colmo, secuestrábase un berro social "Stop-Desafiuzamentos".
(Vou deixar o conto por hoxe ata que volten tocar o carallo)
Quede claro os "Habitantes da Terra Media" si non tedes @s afectad@s con vós, non sodes quen de falar por eles, ni sodes voceiros nin sodes NADA!!!!
Actualmente a PAH de Ferrolterra, é a única lexitimada para falar en nome d@s afectad@s!!
pahferrol@gmail.com
http://plataformadeafectadospolahipoteca.blogspot.com.es/
https://www.facebook.com/StopDesafiuzamentosFerrolTerra
This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

Moi bo Suso, á merda con eles, ata soterralos no mar.
ResponderEliminarS.R.
Afiliado á CIG
Están metidos en todo compañeiro, Marcha das Mujeres_Ateneo_Plataforma da Sanidad_Aborto_anova_IU_CIG_Adega_Comité Ciudadano_Tanque de treboadas_Foro social_ igual sorpréndennos e tamén están en Pro-Vida
ResponderEliminarCÉS-PARTY & FUCO-LALÁN
ResponderEliminarEstou de acordo contigo Susete Stop.. somos todos!
ResponderEliminaro que pretenden CÉS-PARTY E FUCO-LALAN e ir de concelleir@s o ano que ven.
ResponderEliminarAnónimo esquenciches o PPSOE
ResponderEliminarAgora o CES-Party tamén anda metido no colectivo Chimarrao e participan en dúas charlas a vindeira semana.
ResponderEliminarAgora tamén intentan chegar aos comunistas e ácratas, quen o ía dicir despois de ningunealos no Comité de Emerxencia! ____ Aínda van querer volver a gobernar en Ártabria.
ResponderEliminar@s coroneis non teñen quen lles escriba,só algúns bizarr@s de E.U.e a famiglia.De todo-las organizacións que frecuentaron-e foron moitas,unha detrás de outra,intercambiables-saíron a gorrazos:BNG,APU,NóS-UP,EXERCITO GUERRILLEIRO,ENCONTRO IRMANDIÑO,ANOVA,ÁRTABRIA,CCE,ANPG,CIGA,ADEGA....agora postaron submariños na E.U. e na CNT. e xunto c´@s Fuco-Laláns no PSOE,Espazo eco......tenden os seus tentáculos alá onde
ResponderEliminaro permiten os mediocres.E agás viven diso, das liberacións, das incapacidades temporais,das tendas de troco, das hortas da CIGA,dos traballiños "negros" para FUCO-BUXÁN-moi ben pagados-...E se non gobernan o cotarro, o intentan destruir, asím, sen mais, o meu ou de ninguén..XENTE TÓXICA E DESTRUCTIVA.Unha MAFIA !!!
Moi certo,XA ABONDA DE CAROTAS,moitos somos os que aturamos a estes individuos por educación e por non ter conflitos,mais que os ature a sua familia e cas suas consecuencias,xa nos foderon da abondo.Non teñen sitio en ningures!!
ResponderEliminarQueren facer ver que organizan eles as MARCHAS DA DIGNIDADE,NOOON, AS ORGANIZAN A PAH DE FERROL TERRA E ESQUERDA UNIDA.
ResponderEliminarnon me poido resistir, o da colunma caranceira é de botarse a riir e non parar..jajajjajjajja..seran pedantes e anacrónic@s!!!!!!!
ResponderEliminarAndan firmando cartas a X.M.BEIRAS PARA DESTRUIR ANOVA, que esperades para botar a estes impresentables?
ResponderEliminar