O Naval de Ferrol e Fene levan as protestas ao concello fenés.
Hoxe @s traballadores/as de Navantia e das súas empresas auxiliares de Ferrol e Fene, estaban convocados a manter un encerro ata as 16:00 h., momento no que saían tod@s nunha marcha de Ferrol con dirección ao concello de Fene. O percorrido foi pola Avda. de Esteiro, A Trinchera, polígono da Gándara, e ponte de As Pías, lugar de encontro entre a marcha de Ferrol e a procedente de Fene, posteriormente xuntas marcharon cara ao concello fenés, onde se deu lectura a un manifesto de indignación.
O próximo xoves, día 27 de marzo, está convocada unha concentración diante da sede de Facenda, de As Telleiras.
Non hai quen entenda que no Concello de Fene con seis concelleiros de 17 goberne o Partido Podre
ResponderEliminar