13 dic 2014

Unhas 700 persoas forman unha cadea humana entre as dúas beiras da ría

Convocatoria da CIG que reuniu a unhas 700 persoas entre as dúas beiras da ría entre Fene e Ferrol. Asistiron @s concelleir@s municipais do BNG e EU, representación de Anova, Mariscadores Furtivos, Plataforma de Emigrantes Retornados, e bastantes afiliados de CC.OO a título persoal. Destacar a presenza no acto de; Suso Seixo (CIG), Carme Adán, Francisco Jorquera, Xavier Vence, (BNG), e Yolanda Díaz (AGE).

Ás 12:00 h. un fogonazo marcaba a saída das dúas colunnas cidadás, unha facíao dende a gasoliñeira das Pías, e a outra dende o cruce de San Valentín, unha vez atopáronse no medio da ponte, realizouse o lanzamento de dous barcos de porespan suxeitos a uns globos, estes portaban os lemas "Veto Non!" - "Dique Si!"

Pese ao mal tempo, e a escasa presencia dos medios de desinformación, o acto resultou todo un éxito. 

**Un compañeiro acába de informarme que tamén participaron; unha representación de Espazo EcoSocialista; a parlamentaria europea por AGE, Lidia Senra; e Antón Sánchez, deputado por AGE, no parlamento galego.



Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

11 comentarios:

  1. Anónimo13/12/14

    Penso que a convocatoria da UPG foi un fracaso, por non facer actos unitarios, a CIG na comarca de Ferrol xa ten 700 delegad@s sindicais e 6000 afiliad@s.
    Se a UPG segue a utilizar a CIG para a súa campaña electoral, desprezando as outras forzas de esquerda, o resultado será que temos PP por moito tempo

    ResponderEliminar
  2. Anónimo13/12/14

    Que pinta Paco Rodriguez na mobilización se a UPG defendía a privatización de Astano e que lle regalasen o estaleiro a Barreras ( que hoxe é de Pemex)
    http://elpais.com/diario/2007/03/11/galicia/1173611893_850215.html

    ResponderEliminar
  3. Anónimo14/12/14

    Lembrade estas propostas:http://www.eleconomistaamerica.com/empresas-finanzas/noticias/139239/01/07/Rodriguez-BNG-Unica-salida-antigua-Astano-es-privatizacion-fiable.html#.Kku8g24cHKFWdbZ

    ResponderEliminar
  4. Anónimo14/12/14

    E curioso todolos medios dan unhas cifras de mais de 2000 persoas agas esta páxina. Encanto os comentarios descalificanse por si solos, A CIG, quen fixo a convocatoria, sempre tivo as cousas moi claras sobre a construción naval en Ferrolterra, seran ou seredes outros quenes teredes que revisar a historia, asinando vetos, reconversions ficticias, ets.

    ResponderEliminar
  5. Anónimo14/12/14

    Os medios falan de 2000 persoas, segundo datos da CIG

    ResponderEliminar
  6. !!??

    Cando digo:
    “reuniu a unhas 700 persoas” falo do sindicato convocante (CIG)

    Cando digo:
    “o acto resultou todo un éxito” o merito vai para o sindicato convocante (CIG)

    Cando nomeo á diversidade de asistentes, o merito vai para o sindicato convocante (CIG)

    E cando vou ao acto ás 10:30 h. será porque identificome coa reivindicación do sindicato convocante (CIG)

    @ que pensé que é una crítica vai confundid@… Son matemáticas!!. Si a ponte mide de longo aprox. 2.000 mts. para poder crubrila de parte a parte (estirando os brazos) farían falta máis de 2.000 persoas, cousa que por desgraza non sucedeu, apenas logrouse encher 1/3 da ponte (que xa ten merito).

    Os medios de desinformación baseanse en datos facilitados

    Saúde

    ResponderEliminar
  7. Anónimo14/12/14

    A miña opinión e que as asistencias que ti pós coma importantes non son tal.As Lidias,Lupes, Marchas da ...... Antóns,Yolandas,Concelleiros de E.u.. Anova....etc...cobran por elo, é a súa profesión.As asistencias de ben son as que non se publicitan, as anónimas,as que o fan de GRATIS,as que ningún medio recolle.Eses son os imprescindibles! Os que non queren chupar cámara.

    ResponderEliminar
  8. Anónimo15/12/14

    son Elena,firmo e tacho.

    ResponderEliminar
  9. Anónimo15/12/14

    Os liberados da CIG tamén cobran e tamén e a súa profesión o mesmo que Suso Seixo,Vence, Jorquera, Rosana, o fillo de Elia Rico, o alcalde de San Sadurniño ( non vin ao de Mugardos), etc,etc

    ResponderEliminar
  10. Anónimo15/12/14

    E Cerna... ¿Non estaban os seus liberados, porque ten de moitas clases: polo parlamento, por sindicatos, pola seguridade social,...?

    ResponderEliminar
  11. Anónimo16/12/14

    No estaba la Fiscala y su novio con sus camisetas de lamparones haciendo juego?

    ResponderEliminar