![]() |
Á esquerda Xurxo Cordero |
O que poido contar é a versión dunha testemuña directa dos feitos, é que Xurxo e un mozo tiñan unha acalorada discusión, posiblemente de tráfico, pois dous coches entorpecían a libre circulación do resto de vehículos. O rapaz, que é traballador de Navantia, e tiña un brazo escaiolado, levantou o brazo da escaiola e intentou propinar un golpe na cara de Xurxo, o que a testemuña non ve é se o golpe chega a impactar, ou é ao intentar esquivar o golpe cando Xurxo desequilibrase, caendo ao chan e golpeando a súa cabeza no bordo.
Segundo a "outra versión" é que houbo un forcexo e que Xurxo foi o que intentou golpear, momento no que se desequilibrou. Parece ser que o rapaz ten un aberto un parte de lesións por un corte no labio.
Indistintamente de cal sexa a resolución do caso, ninguén podía imaxinar que unha rifa tan parva derivase nun desenlace tan tráxico.
Nesta entrada irei engadindo toda e canta información me chegue referente a esta
^^O que non entendo é porque ningún medio cita esta información, pois constame que son coñecedores de que houbo un altercado previo aos fatídicos feitos.^^
Vídeo da intervención de Xurxo Cordero, na homenaxe de Anova a Daniel e Amador, no monumento "Dez de Marzo"
No hay comentarios:
Publicar un comentario