Participou activamente na directiva da A. Arco da Vella, da cal dimitiu por discrepancias na política levada a cabo por esta asociación. Malia estas discrepancias, díxolles na cara todo o que tiñalles que dicir, e seguiu o seu camiño e activismo social de forma máis "silenciada", acollendo, curando, e alimentando a "peludos" (así adoitaba chamar aos cans) abandonados, buscandolles un fogar e acubillo, e difundindo nas redes sociais noticias e denuncias baixo esta temática.
Vicky sufría unha grave caída do seu cabalo o pasado venres, acostumaba a levar posto sempre un casco, pero xusto ese día non o puxo, ante a gravidade que revestía un golpe recibido na cabeza, foi trasladada á residencia de A Coruña, onde desgraciadamente a nosa compañeira falecería.
O meu máis sentido pésame ao seu marido, á súa filla, familia, e amig@s.
2 comentarios:
Quanta dor e quanta injustiza. Os mangantes vivindo coma deuses e as boas gentes morrendo cada dia. Coido que nâo a cheguei a conhezer máis que circunstancialmente, pero respecto co que ti falas de-la chega-me pra que me doa coma se queimara. Sic Tibi Terra Levis.
O meu pésame pa familia
DEP
Publicar un comentario