A Plataforma polo Dereito ao Aborto de Ferrolterra, lembra que o vindeiro domingo, día 28 de setembro, conmemórase o Día Internacional pola Saúde Sexual e Reprodutiva das Mulleres. Este ano ten especial importancia por estar dedicado ao dereito das mulleres a decidir libremente a súa maternidade. Baixo o lema ABORTO LIBRE, SEGURO E GRATUITO terán lugar os actos a desenvolver pola Plataforma polo Dereito ao Aborto de Ferrolterra. Con este motivo, a Plataforma ten organizado un pasarrúas e un acto central ao remate, convida a toda a cidadanía da bisbarra a sumarse e a participar neste evento. O pasarrúas saíra do Cantón ás 12 horas e fará un percorrido polos principais espazos públicos da cidade de Ferrol. O acto central será na Praza do Inferniño ás 13h.
SAÚDOS. Plataforma para o Dereito ao Aborto de Ferrolterra
Grupo de traballo da Plataforma Galega polo dereito ao aborto en Ferrolterra.
ABORTO LIBRE E GRATUÍTO, NOS PARIMOS NOS DECIDIMOS
Correo electrónico: dereitoabortoferrolterra@gmail.com
Facebook: Ferrolterra Direito Aborto
No hay comentarios:
Publicar un comentario