@s asinantes do anticonvenio son:
Pola empresa:
Juana Maria Fernandez Martin do Campo
Alberto Cavilla Peñalver
Jose Carlos Piñeiro Freire.
Jeronimo Garcia Albadalejo
Alvaro Tello Elordi
Mª Remedios Diaz Montero.
Esteban Gallego Tortuero
Diana Ruiz-Gimenez Gomez
Mercedes Dolarea Romero
Por parte da empresa pero designados polos sindicatos:
Jose Antonio Oliva Gomez
Ramon Linares Corbacho
Ignacio Briones Armero
Ricardo Bengoechea Garcia
Juan Bedeli Diez
Eduardo Aranda Marinez
Diego Alfaro Falcoon
Todos estes datos son públicos e pódense ver nas actas correspondentes a asinatura do ANTICONVENIO de Navantia
Catro membros do comité de empresa de Navantia, un por cada sindicato con representación no astillero de Ferrol, desprazáronse onte á Dirección Xeral de Traballo da Xunta para entregar a documentación do expediente administrativo interposto para impugnar a firma do IV convenio colectivo de Navantia que tivo lugar o martes en Madrid. A decisión de acudir á vía xudicial para tratar de tombar o acordo xa foi adiantada ese mesmo día polos membros da comisión negociadora, pero non se tomou de xeito oficial ata o día seguinte. Os 25 integrantes do comité de empresa de Navantia Ferrol apoiaron esta medida.
Os sindicatos informaron de que a partir deste momento ábrese un prazo de quince días no que o mencionado organismo pode iniciar de oficio a impugnación ou desestimar a petición. Se é negativa ás demandas do comité, este non rexeita a posibilidade de acudir á vía xudicial.
A impugnación vén motivada polo feito de que os catro delegados de CC.OO. que votaron favorablemente o convenio foran desautorizados pola Federación de Industria dese sindicato. Eses delegados e a dirección da compañía consideraron que si tiñan potestade para asinar ese pacto laboral, entendendo que o comité intercentros pode designar os representantes na mesa negociadora, cuestión que rexeitan os sindicatos dos comités de Ferrol.
Fontes:
Antonio R.
Diario de Ferrol
La Voz de Galicia
No hay comentarios:
Publicar un comentario