O edificio da Xunta atopabase amplamente protexido polos antidisturbios, que xa quedaron en Ferrol para blindar a visita do presidente da Xunta, Alberto Nuñez Feijóo, que tiña pensado asistir ás 19:00 h. ao Teatro Jofre, onde tiña lugar á gala "Novo Empresario de Galicia". Pero involuntariamente estropearon o factor sorpresa, pois anunciaron os medios que estarían para recibilo.
Chegada a tarde, as inmediacións do teatro Jofre transformáronse por unhas horas no novo Manifestódromo de Ferrol, traballadores/as de Navantia, de Cleanet, Mariscadores Furtivos, e cantidade de "indignados" agardaban ansiosos a chegada de Feijóo, cousa que non se produciu.
Salientar a presenza do conselleiro de Economía e Industria, que non ten tempo de recibir á representación sindical do naval, que hai un mes que ven solicitando ser recibida, pero si ten tempo para vir á cidade a tomar os pinchos.
This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.
No hay comentarios:
Publicar un comentario