Os visionarios xa auguramos hai meses o fracaso da "Marea" ao abrir á cidadanía un proceso participativo para acadar unha formación electoral con vistas ás municipais.
Sabiamos que ían aparecer "os de sempre" para foder todo!!
Premer para ver o fin da "Marea Ártabra" |
Os mesmos que converten as "Marchas da Dignidade", nunha pancarta con catro borregos; o "Encontro Social", no Desencontro Social; "Stop Desafiuzamentos", nunha farsa; a "loita dos Furtivos da ría", nun pousado para a foto; e as "protestas dos praceir@s do Mercado de Caranza", en NADA.
Se como asociacións do barrio de Caranza, mirasen de rescatar de mans do P€P€ a AA.VV mellor farían. Pero non, no seu día procuraron “dourarlle a píldora” canto puideron á súa anterior presidenta (agora presidenta na sombra) e así vainos!!.
Parece que teñen cousas máis "importantes" co noso barrio. Están entretidos intentando dar un golpe de estado en CC.OO, comandando a loita contra a Taxa de Saneamento, e pendentes de calquera nova resposta social da que poidan facerse voceiros.
A política non podía estar á marxe deles, reparten aos seus membros tanto en Podemos, Marea, A Nova, PSOE, e en Espazo Eco-socialista.
Pero "grazas ao demo", en EU, lograron liberarse deles; en Anova, quédanlles poucos peídos que botar; e no PSOE soamente quedanlles dous membros, para desgraza deles, un é independente e legal ao seu partido, e o outro mantéñeno dentro por mágoa.
Velaí teñen o seu propio "Podemos". Digno de estudo psicolóxico o ego, e o afán destas persoas por "coller cacho".
Xa contaremos onde reuníanse estes asemblearios para trazar a súa folla de ruta para a "Marea". (Chama a atención que nestas xuntanzas non houbese pariedade de xénero).
3 comentarios:
Se acabaron las ruedas de prensa del de la camiseta de lamparones
O mellor foi canso sacaron no Diario a foto de veciños da Madalena e eran todos (7) afiliados
una pena, pero la vida es política aunque no se tengan siglas. Yo pienso seguir con la mía apoyando a quienes lo merecen y en quienes confío
Publicar un comentario