23 jun 2015
A guerra da Coz con Sestayo
Beatriz Sestayo non mente ao asegurar que houbo una convivencia sospeitosa do anterior grupo municipal socialista co P€P€. Pois existiron varias comidas no Mesón O Parrulo, nas que estaban Ramón Veloso (PSOE), Guillermo Evia (PP), e un moi coñecido empresario de Ferrol, adxudicatario de grandes obras.
Fun coñecedor dalgunha destas comidas, así como tempo despois corrobórame un xornalista da cidade (que sabía destas reunións) que á parte deses encontros a tres sumabase a elas un ex-alcalde do PP.
Este xornal achega unha gravación de audio coa que pretende imputar a Sestayo unhas acusacións de prevaricación a membros da anterior concellaría do PSOE, cando nesta gravación o único que ela testemuña é que existiu unha estraña convivencia PP-PSOE-EMPRESARIO, e é un destes ex-concelleiros o que di que Sestayo estaos acusando de prevaricar.
Visto o meu "pasado" son o peor avogado defensor que podería ter Sestayo, pero non pódese consentir que a COZ sexa quen poña ou quite gobernos na cidade.
This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
A empresa en custión non sería PRACE?
Podería :)
Saúde
Publicar un comentario