As emisións galegas de gases causantes da mudanza climática volveron aumentar en 2007, despois do descenso rexistrado entre 2004 e 2006. Segundo o informe "Las emisiones de gases de invernadero por comunidades autónomas en 2007", elaborado pola Secretaría de Medio Ambiente de CCOO, no ano pasado emitíronse desde Galicia 35,8 millóns de toneladas de GEI. Isto supón un 25,1% máis que en 1990, é dicir, 10 puntos máis que o límite do 15% de aumento entre 1990 e 2008-2012 que o conxunto do Estado español non debería superar para cumprir Quioto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario