Mostrando entradas con la etiqueta psoe. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta psoe. Mostrar todas las entradas

1 may 2017

O peor 1º de Maio na historia de Ferrol.

Premer para ver as fotos
Por unha banda a manifestación de CC.OO e UXT, con apenas 1000 manifestantes, que unha vez chegados á Praza da Constitución quedaron en 400. A lectura que quito da mesma é que vin partidos de esquerda desfragmentados, militantes dispers@s e escondid@s uns doutr@s. Algún tivo que encher a pancarta con xente de recente afiliación, e outros non levaron pancarta porque literalmente non asistiron. 
Premer para ver as fotos
Os mal chamados movementos sociais desaparecidos, e tampouco se lles fixo en falta.

Á mesma hora, na Praza Vella de Ferrol Lanuxe, manifestábase a CIG, arroupado polo BNG, Causa Galiza, e unha representación do FEGAMT. Esta contou coa presenza duns 400 manifestantes.

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

9 abr 2016

Actos en Ferrol en torno ao 14 de abril, conmemorando o 85º aniversario da proclamación da II República

A *Plataforma pola República.

Organiza os seguintes Actos en torno ao 14 de abril, 85º aniversario da proclamación da II República 

- Luns 11 de abril, ás 19 horas, no Ateneo Ferrolán, proxección de “O segredo da Frouxeira”. Documental dirixido por Xosé Abad que narra os efectos da represión sobre catro familias ferrolás a de Alejandro Porto Leis, ultimo alcalde republicano de Serantes “paseado” xunto a tres veciños en 1938. Unha familia dividida pola súa ideoloxía, catro familias rotas por un crimen político e setenta anos de medo (www.osegredodafrouxeira.com)

- Xoves 14 de abril, ás 19 horas, no Ateneo Ferrolán, proxección de “Crónicas Republicanas”. Peza audiovisual que mezcla teatro, radio e imaxe, nun percorrido por sucesos socio-políticos ferroláns dende a II República ate hoxe. Dirixida por Miguel Castro sobre guión del mesmo e de José Torregrosa. - Encontro, a continuación, onde Carlos Etchevarría, cofundador e Ex-Presidente do Ateneo Republicano de Galicia, falará en nome da Plataforma pola República.


A pola Terceira!! unha Terceira República en Paz, Xustiza e Progreso.

*Constituída polas asociacións: Memoria Histórica Democrática e Fuco Buxán, e por Anova, Decide En Común, Espazo Ecosocialista, Esquerda Unida, Psdeg-Psoe e Terra Galega.

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

13 dic 2015

Manifestación en defensa do sector naval celebrada hoxe en Ferrol

Evia e Silveira
Cunha marcada tinguidura electoralista, e en contra dos DESgobernos autonómico e central do P€P€, tivo lugar a manifestación en defensa do sector naval. Esta partía ás 12:00 do mediodía dende o Inferniño rumbo á Praza de Galicia, onde se deu lectura ao manifesto de indignación. Cabe destacar a presenza das "cúpulas" de varios partidos, así como a de varios alcaldes da comarca, entre eles; Secundino Casal, San Sadurniño, e Jorge Suárez, Ferrol.

A mobilización pódese considerar un fracaso, pois a pesar de contar co apoio do sector gandeiro, que fixeron acto de presenza cos seus tractores, a duras penas 5.000 manifestantes, dos cales tan só chegaron á praza o 50% deles.

O máis vergoñoso foi que o Sr Evia, concelleiro do P€P€, e o seu inseparable amigo, o empresario Sr. Silveira, deixásense ver fumando un pitillo ás portas dunha cafetería mentres o pobo loita por acadar dignidade para Ferrolterra.






Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

23 jun 2015

A guerra da Coz con Sestayo


Beatriz Sestayo non mente ao asegurar que houbo una convivencia sospeitosa do anterior grupo municipal socialista co P€P€. Pois existiron varias comidas no Mesón O Parrulo, nas que estaban Ramón Veloso (PSOE), Guillermo Evia (PP), e un moi coñecido empresario de Ferrol, adxudicatario de grandes obras.

Fun coñecedor dalgunha destas comidas, así como tempo despois corrobórame un xornalista da cidade (que sabía destas reunións) que á parte deses encontros a tres sumabase a elas un ex-alcalde do PP.

Este xornal achega unha gravación de audio coa que pretende imputar a Sestayo unhas acusacións de prevaricación a membros da anterior concellaría do PSOE, cando nesta gravación o único que ela testemuña é que existiu unha estraña convivencia PP-PSOE-EMPRESARIO, e é un destes ex-concelleiros o que di que Sestayo estaos acusando de prevaricar.
 
Visto o meu "pasado" son o peor avogado defensor que podería ter Sestayo, pero non pódese consentir que a COZ sexa quen poña ou quite gobernos na cidade.

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

18 jun 2015

De volta ás trincheiras!!

Despois de tres meses de "parón"..  Currando de sol a sol, e queimado por non poder recoller imaxes da loita social de Ferrol neste blogue.... Encóntrome que a pesar desta "inactividade", nomeóuseme moitas veces (non sei a conto de qué..) Hoxe como filtrador dunha nova a un xornal.

ACLARACIÓNS:

- Malia ser sabedor de; procesos, reunións, treque manexes, acordos, encontros, desencontros, etc.. nunca falei NADA, pois eu non estiven presente en NADA e non son quen de valorar o que NON vivín en primeira persoa.

- Calquera  d@s compañeir@s enemistad@s poden acreditar que sempre tratei de quitar ferro e conciliar as persoas. Así como NINGÚN deles/as pediume intervir ao seu favor .

- Nestas eleccións traballei para as tres opcións políticas de esquerdas que lograron representación municipal, e calquera das persoas que trataron comigo en representación destas formacións poden acreditar que nunca falei nada que non fose estritamente laboral, así como velei na confidencialidade dos traballos encargados.

- Se quixese filtrar algo non ía regalar a exclusiva a ningún medio, teño a coraxe de sobra como para facer as cousas de fronte.

Así que vai esta mensaxe a esas persoas ociosas que non fan máis que enzoufalo todo, quen queirame atribuír calquera MERDA co faga en publico e á cara.


Novo inciso
Agora sinalan outra persoa como o "filtrador".... O diario dixital; Ferrol 360 convértese nun medio papel couché tras facer publica a filtración e publicando un correo que presuntamente suplanta a identidade de Miguel López. Este medio da á nova cun "toque rosa" como se fose un traballo de investigación xornalística, cando é "palla", pois o borrador filtrado carecía da importancia que queren darlle algúns.

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

11 mar 2015

O 10 de Marzo máis raro e aburrido dos últimos anos.

A hora tardía das manifestacións desluciu o que tiña que ser unha festa, malia todo, cumpriuse o trámite e tamén boteime unhas risas.

Na Praza de Armas, tiña lugar a concentración de CC.OO, este ano en solitario sen a participación da USTG nin UGT. Pero tiveron compañía extra, Rafael Pillado (ex-militante do PCG, ex-militante do PSOE, ex-simpatizante de AGE, asinante da "Marea Ártabra", e participante en PODEMOS), capitaneaba a pancarta dos que pretenden dar un golpe de estado en CC.OO. O lema desta rezaba: "1972 - Ditadura - Democracia secuestrada - por unhas CC.OO combativas,"

Parece que moitos descoñecen quenes foron os traidores ao ideario comunista!!




Por outro lado, e en Terra Hostil (Praza de Amboage) finalizaba a manifestación da CIG, coa presenza e intervención de Suso Seixo, secretario xeral do sindicato. 

A anécdota na "bancada", un espectador inusual e en "fóra de xogo", Celso Posada, persoa que aspiraba a liderar o PSOE provincial, pero o pobre non conseguiu o 20% do censo do partido na provincia para avalar a súa candidatura. (Si buscaba avales non veu ao lugar axeitado). 



Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

8 mar 2015

O fin da "Marea Ártabra".

Hoxe moitos ferroláns espertaban con esta noticia no Diario de Ferrol, ANOVA abandoa a "Marea Ártabra". Dende esta formación sinalan que a Marea "non foi quen de percorrer un camiño que o levara a un proceso de participación cidadá"

Os visionarios xa auguramos hai meses o fracaso da "Marea" ao abrir á cidadanía un proceso participativo para acadar unha formación electoral con vistas ás municipais. 

Sabiamos que ían aparecer "os de sempre" para foder todo!!
Premer para ver o fin da "Marea Ártabra"

Os mesmos que converten as "Marchas da Dignidade", nunha pancarta con catro borregos; o "Encontro Social", no Desencontro Social; "Stop Desafiuzamentos", nunha farsa; a "loita dos Furtivos da ría", nun pousado para a foto; e as "protestas dos praceir@s do Mercado de Caranza", en NADA.

Se como asociacións do barrio de Caranza, mirasen de rescatar de mans do P€P€ a AA.VV mellor farían. Pero non, no seu día procuraron “dourarlle a píldora” canto puideron á súa anterior presidenta (agora presidenta na sombra) e así vainos!!.

Parece que teñen cousas máis "importantes" co noso barrio. Están entretidos intentando dar un golpe de estado en CC.OO, comandando a loita contra a Taxa de Saneamento, e pendentes de calquera nova resposta social da que poidan facerse voceiros.

A política non podía estar á marxe deles, reparten aos seus membros tanto en Podemos, Marea, A Nova, PSOE, e en Espazo Eco-socialista.

Pero "grazas ao demo", en EU, lograron liberarse deles; en Anova, quédanlles poucos peídos que botar; e no PSOE soamente quedanlles dous membros, para desgraza deles, un é independente e legal ao seu partido, e o outro mantéñeno dentro por mágoa.

Velaí teñen o seu propio "Podemos". Digno de estudo psicolóxico o ego, e o afán destas persoas por "coller cacho".

Xa contaremos onde reuníanse estes asemblearios para trazar a súa folla de ruta para a "Marea". (Chama a atención que nestas xuntanzas non houbese pariedade de xénero). 

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

27 nov 2014

Nova protesta d@s mariscadores/as furtiv@s

Hoxe ás 11:00 h. tivo lugar outra protesta d@s mariscadores/as furtiv@s da Ría de Ferrol.

Estiveron presentes representantes do BNG e EU mostraron o seu apoio ao colectivo, cousa que non fixo o PSOE. A súa voceira municipal, Natividade González, pasou de longo sen prestarlles atención, e isto malia que Beatriz Sestayo dixolles co PSOE os apoiaba na súa loita. 

Nesta ocasión como na anterior, unha representación destes foron recibidos polo P€P€, ao final da mesma; Carlos Noguerol, un dos voceiros d@s furtiv@s, fixo chegar ao colectivo co P€P€ pediulles de prazo ata o luns, día no que o Alcalde de Ferrol os podería recibir con tempo. Pero o Sr Alcalde xa saíu ao paso destas declaracións, dicindo; que el non lles deu esa data para recibilos.

Dende fóra, esta protesta lexítima vese doutro modo, isto é por culpa de "catro" mariscadores con afán de protagonismo e que queren impoñer o seu pensamento ao resto sen opción de debate.

Non é bo para este colectivo a sensación que están a dar, parecen polos correndo sen cabeza.



Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

23 nov 2014

Outro fiasco Alianza Social

Penosa manifestación DESorganizada pola Alianza Social, na que apenas unhas 300 persoas manifestaronse contra a "Lei Mordaza" que vai aprobar o P€P€. E menos mal que fixeron algo de "vulto" BNG, CC.OO, e CIG.

Os grandes ausentes, por esta orde: Anova, Espazo EcoSocialista, Esquerda Unida, PSOE.

As leis franquistas que pode aprobar o P€P€ xa non asustan á cidadanía, o que asusta é a indiferenza dos axentes sociais que terían que estar a velar polos nosos dereitos.

Parece cos sindicatos perdesen capacidade de elaborar e distribuír propaganda subversiva, igual ata vénlles ben esta lei para espertar, igual traballan mellor na clandestinidade, cando os ilegalicen.



Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

31 jul 2014

Resumo da concentración en repulsa polo asasinato machista de Sara Fernández Camiña

Unhas trinta persoas participaron hoxe na convocatoria realizada pola Marcha Mundial das Mulleres, para mostrar a súa repulsa a outro asasinato machista que se produce en Galiza.

Nesta había representación politica do ANOVA, BNG, EU, Espazo EcoSocialista, PCPE, e PSOE.

@s participantes portaron unhas flores co remate do acto foron depositadas nunha silueta pintada con xiz no chan, que representaba a muller asasinada, Sara Fernández Camiña, de 81 anos de idade.


A futura formación PODEMOS en Ferrol segue desaparecida da loita e reivindicación social, e é moi raro que non decatense destas convocatorias cando a maioría dos seus máis activ@s membros son persoas ociosas que pasan horas e horas metidos na Rede. Pola contra parece que si dispoñen de moito tempo, e de presuposto, para poder telefonar e convocar a pequenas reunións a distintas persoas do ámbito social de Ferrol, dende a afiliados a partidos, sindicalistas, inmigrantes, asociacións, etc. Algunhas destas reunións mesmo realizanse en domingo. SERÁ POR TEMPO!!


Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

28 jul 2014

Un cento por Palestina!!

Premer para ver as fotos
Pouco máis dun centenar de cidadáns se concentraban hoxe na Praza de Armas pedindo o fin de xenocidio de Israel contra o pobo palestino. Esta realizouse en réxime de autoconvocatoria, e baixo o lema "Concentración contra o xenocidio de Israel en Palestina!! " .

A esta asistiron representantes de ANOVA, PCPE, PSOE, EU, CC.OO, CUO, UGT, USTG.E INCOMPRENSIBLEMENTE non apareceu ninguén do BNG, CIG, Espazo Ecosocialista, nin de PODEMOS. Esta crítica fágoa extensible ás "comparsas de Caranza", (esas tres asociacións que apuntanse sempre ás fotos)

Malia o "pobre que poida parecer o acto", este estivo impregnado de carga emocional. Ismail, natural de Gaza, e médico residente en Ferrol, foi o encargado de dar lectura a un pequeno manifesto de denuncia elaborado para a ocasión, (á parte da súa improvisación).


Manifesto lido por Ismail


“Os nosos agradecementos aos representantes políticos, sindicais, asociacións, colectivos, e resto de cidadanía aquí presentes”

Falar de Gaza é falar dunha franxa de terreo de 40 km de longo por 15 km de ancho e de pouco máis de 350 kilometros cadrados de extensión onde viven un 1.7 millóns de palestinos dos que 1.2 millóns foron expulsados das súas terras (o que agora é o sur do estado de Israel). Compre non esquecer que en 1947 cando a resolución 181 da ONU daba saida a partición de Palestina, só o 5.6% das terras eran propiedade da poboación xudea. Hoxe posuen o 80% da superficie total. O resto de Gaza está aillada e bloqueada por terra, mar e aire; carece de armamento pesado, nin aviación, e o seu sistema de comunicación e de enerxía básica está intervido polos sitiadores.

O goberno de Israel asegura que o atacan, e bautizan seus ataques como acción defensiva ao que é o xenocidio dun pobo!! A información do Estado de Israel sobre baixas e danos propios non está nunca contrastada, a excepción de Estados Unidos, ningún Estado membro da ONU pon en dúbida os feitos do xenocidio palestino.

Tanto a Lei internacional coma o acervo universal de Xustiza, sancionan os delitos cometidos polo Estado de Israel contra Palestina: a política de colonización, ocupación de terras e expulsión do pobo orixinario; a tortura diaria e asasinato por resistirse á ocupación; a cadea sen proceso e sen opción de defensa, tanto de adultos como de menores; o roubo, depredación e contaminación de recursos básicos; o aillamento de unidades de poboación; a criminal intervención do dereito de desprazamento dentro do territorio, a construcción dun muro de sitio sobre Palestina, E UN LONGO ETC DE ABUSOS... SON O DÍA A DÍA DESTE POBO ASOBALLADO

Por todo isto; a inxerencia do Estado de Israel sobre Palestina é obxecto de condena en todas as súas manifestación pola Asemblea das Nacións Unidas.

Os galegos e galegas reclamamos que os respònsables deste xenocidio sexan levados ante os tribunais internacionais e xuzgados por elo, que a Unión Europea e o Estado español esixan a Israel o cese inmediato desta agresión e que se cumpran os incontabeis acordos de Nacions Unidas que, entre outros, implican o abandono dos territorios ocupados polo estado de Israel .

É por todo isto, polo que BERRAMOS!!

NON AO XENOCIDIO CONTRA O POBO PALESTINO!!

NON Á OCUPACION DE PALESTINA!!

PALESTINA VENCERA!!

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

26 jun 2014

Manifestación de apoio ás reivindicacións d@s traballadores/as de Correos.

Unhas 350 persoas participaron hoxe mércores, na manifestación de apoio ás reivindicacións d@s traballadores/as de Correos. Nesta estivo presente a recente imputación contra o aínda alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, polo seu suposto delito de suborno e branqueo de diñeiro.

Os voceir@s d@s traballadores/as denuncian os recortes de persoal, que poden chegar a afectar a un 25% do equipo, aparte dos despedimentos advirten que vanse executar xubilacións anticipadas e eliminar os postos vacantes que se viñan cubrindo con persoal temporal.

Ao remate do acto un dos traballadores realizou un chamamento á unidade dos sindicatos, partidos e traballadores/as á hora da loita social. Tamén criticou duramente a falta de sensibilidade do PP de Ferrol, que negouse a recibilos, así como a falta de sensibilidade socialista no PSOE.





Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

20 jun 2014

Penoso e rocambolesco acto contra a monarquía en Ferrol.

O acto
Realizado en réxime de autocovocatoria por diversas formacións políticas, e asociacións da cidade, non logrou reunir máis de 150 persoas. Os convocantes deberan facer autocrítica e sacar conclusións desta penosa convocatoria.



"Outro dos convocantes"
Trátase do "extravagante" Sr. Manuel Cebral, persoa "anti-sistema" que supostamente ten unha asociación, aínda que leva toda a súa vida recollendo en solitario firmas para sabe o Demo que. Este Sr. foi unha das moitas persoas estafadas co engano das preferentes, enganado quizais polo substanciosos que parecían tan elevados tipos de interese.

Pois nada, nin curto nin preguiceiro, apareceu cun sistema de audio tremendo, e debeu pensar; Xa que os traballadores do naval mandaronme calar na asemblea que realizaron, pois agora voume estender, e largouse un monólogo insufrible pero á vez cómico de 20 minutos. Durante o mesmo, o Sr. Manuel Cebral, conseguiu subir a súa audiencia a limites insospeitados, unha espectadora!!, coa cal fixo boas migas e acabou compartiu micro, entre ambos os dous lograron tapar a voz da compañeira que daba lectura ao manifesto unitario.

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

18 jun 2014

Polo dereito a decidir!! Non á monarquía!!

Mañá xoves, día 19 de xuño, ás 20:00 h. na Praza de Armas, Ferrol, terá lugar unha concentración en réxime de autoconvocatoria vaixo o lema "Polo dereito a decidir!!"

Xa se sumaron ao mesmo; Esquerda Unida, PODEMOS, PSOE, Espazo Ecosocialista, Memoria Histórica Democrática, e algunha que outra asociación.

Tamén mañá, e a mesma hora, na Praza do Himno Galego, en Esteiro, realízase outro chamamento en réxime de autoconvocatoria, o mesmo é promovido por BNG e CIG.

Indistintamente da convocatoria que decidades seguir, o importante é non quedar na casa e mostrar abertamente o rexeitamento e repulsa que sentimos pola sucesión e imposición do réxime monárquico. 

Non á monarquía!!

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

12 jun 2014

Propietarios de cans únense contra o DESgoberno municipal

Propietarios de cans presentan un escrito de alegacións no rexistro do Concello de Ferrol. Yolanda Santos, voceiro deste colectivo de cidadáns, contou na entrega do escrito co apoio de varios concelleiros do BNG, IU, e PSOE.

A anécdota protagonizábaa Natividade González, concelleira, e voceira do PSOE, non se entende que veña a aprobar o escrito de demandas e que pregunte; "Entón que é o que reclamades? ". Vese que a pobre segue desorientada. Iso si, aproveitando a presenza dos medios non perdeu ocasión para largar un espiche soporífero e falar das excelencias do seu grupo político.

Este é o escrito de demandas presentado no rexistro municipal


Esiximos ao Goberno Municipal do Concello de Ferrol:

- Que adapte en cada barrio espazos públicos habilitados para poder levar ás nosas mascotas, podendo deste xeito deixar de ocasionar molestias innecesarias ao resto da cidadanía.

- Que o actual Goberno Municipal, co consenso do resto de forzas políticas, empece a traballar na creación dun gran espazo verde para mascotas que reúna todas as condicións de seguridade e higiene necesarias, no cal estas poidan correr libremente, .

- Tamén esiximos que se habilite para as mascotas unha praia ou unha franxa ampla, valida para todas as estacións do ano e sen limite de horarios e podan correr en libertad.

Aclarar: - Que os propietarios de mascotas non queremos ser unha molestia innecesaria para a cidadanía, e na maioría dos casos é algo inevitable que producese pola falta de espazos públicos habilitados

- Todas as esixencias que realizamos facémolas deixando constancia que queremos cumprir as ordenanzas municipais en vigor que regulan a tenencia de mascotas.

Para responder ao comentario que di que xa hai zonas habilitadas, ilústrolle cunhas fotos cedidas, como verá son do "Pipican! que cita. Ten a reixa rota por abaixo e arriba, á parte de que non ten unha altura suficiente para impedir que un can de gran porte a poida salvar sen dificultade. A limpeza e desinfección municipal é inexistente.

Referente ao "Cadro de Esteiro" que cita, non dispón de pechado, o terreo ten buratos de máis de medio metro de profundidade, e as árbores que hai están enfermos e con grandes posibilidades de derrubamento.



Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

2 jun 2014

Ferrol sae á rúa contra a Monarquía!

Concentración BNG - CIG (Foto BNG)
Sobre 1.000 persoas déronse hoxe cita na Praza de Armas de Ferrol, para pedir o fin da Monarquía. O chamamento realizado en réxime de autoconvocatoria xuntou a distintas sensibilidades políticas da cidade, EU, PCPE, CNT, PODEMOS, CC.OO, UGT, USTG, PSOE, ANOVA, Espazo EcoSocialista, eQuo, Colectivos da Mocidade Comunista, etc..

Non houbo manifesto ningún nin ningún tipo de intervención pública.
Praza de Armas

Á mesma hora, o BNG e a CIG, abarrotaban a Praza do Himno Galego, noutra concentración, baixo o lema "Non máis monarquía! Por unha república galega plenamente soberana".







Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

10 mar 2014

Os suspensos do 10 de Marzo.

Tod@s suspendemos este primeiro asalto do ano, sindicatos, partidos, traballadores/ás, desempregad@s, estudantes, e funcionari@s.

Un Dez de Marzo triste como non recordabamos, entre as dúas manifestacións convocadas para hoxe, apenas sumaronse 2.000 persoas. De nada serviu contar a presenza do secretario xeral de CC.OO de Galicia, José Manuel Sánchez Aguión, e o da CIG, Suso Seixo.

Algo está a fallar cando @s 17.000 desempregad@s de Ferrolterra deciden quedar na casa, demostran con apatía as vibracións que lles transmiten os sindicatos. Estes últimos, están en débeda con tod@s nós, pois eles teñen a obriga de ser os garantes capaces de organizar unha revolta de desobediencia civil democrática, ... vai sendo hora!!.







Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

21 feb 2014

A Plataforma de Afectad@s pola Hipoteca de Ferrolterra, presentou no rexistro do Concello de Ferrol, unha Moción para que se sancione as financeiras e grandes empresas que teñen inmobles desocupados.

Hoxe pola mañá, a recentemente constituída, Plataforma de Afectad@s pola Hipoteca de Ferrolterra, presentou no rexistro do Concello de Ferrol, unha Moción para que se sancione as financeiras e grandes empresas que teñen inmobles desocupados. Esta Moción foi asumida polo BNG, EU e PSOE.

MOCIÓN PARA A SANCIÓN DOS INMOBLES PERMANENTEMENTE DESOCUPADOS PROPIEDADE DE ENTIDADES FINANCEIRAS E OUTRAS GRANDES EMPRESAS

INTRODUCIÓN
A actual crise impactou de forma dramática na vida de miles de persoas, que por mor das dificultades económicas sobrevindas non poden cubrir as súas necesidades máis básicas. Esta situación levou a miles de familias á imposibilidade de facer fronte ás cotas hipotecarias ou de aluguer da súa casa.

A súa tradución social foi a de miles de desafiuzamentos en todo o Estado Español e centenares de miles de persoas que viron vulnerado o seu dereito a unha vivenda digna, enfrontándose a situacións de grave vulnerabilidade, precariedade extrema, probreza, e exclusión social, económica e residencial.

Segundo os datos do Consello Xeral do Poder Xudicial, desde 2007 até setembro de 2013, no Estado Español, xa se chegou a 500.000 execucións hipotecarias. Segundo o informe presentado polo Colexio de Rexistradores da Propiedade, só durante o ano 2012, a banca quedouse con máis de 30.034 primeiras residencias por falta de pagamento de créditos hipotecarios. Isto supón 115 desafiuzamentos de vivenda habitual por día hábil.

Atopámonos ante unha situación de emerxencia habitacional que constitúe unha auténtica anomalía no contexto europeo. Como denuncia o informe Emerxencia Habitacional no estado español, elaborado polo Observatori DESC, esta situación vese agrabada polo feito de que o Estado Español é o país de Europa com máis vivendas baleiras, 13,7% do parque total ? 3 millóns e medio de pisos segundo o último censo estatal de vivenda do 2011 ? e cun parque de vivenda social claramente insuficiente ? menos dun 2% das vivendas existentes.

As administracións locais, infra dotadas de recursos, son as que reciben en primeira instancia o impacto social desta situación, en tanto que a máis próxima á cidadanía.

O contexto descrito e a situación de emerxencia en que se atopa gran parte da poboación está a traducirse, tamén, nun significativo aumento das ocupacións de vivendas nos municipios. Unha forma de acceso á vivenda que aumenta o grao de vulnerabilidade social de quen ven abocados a recorrer.

A falta de recursos das administracións locais para facer fronte á problemática, contrasta cos miles de pisos en desuso que acomulan as entidades financeiras e as súas inmobiliarias, actores principais e parte responsable na burbulla inmobiliaria. Estes inmobles, a miúdo obtidos como consecuencia de execucións hipotecarias, mantéñense baleiros, xa sexa á espera de que o prezo do mercado volva subir, ou ben porque se atopan á venda ou aluguer a prezos inaccesibles para a maioría da poboación. O resultado son miles de vivendas destinadas exclusivamente a unha función expeculativa, eludindo a función social que segundo o artigo 33 da constitución Española (CE) ten que cumprir o dereito á propiedade.

Ante a enorme cantidade de poboación con necesidades habitacionales e a falta de recursos públicos para facerlle fronte, resulta urxente mobilizar a vivenda baleira en mans das entidades financeiras. Fomentar e garantir a función social da vivenda, desincentivar a utilización anómala e penalizar, se é necesario, o uso antisocial convértese nun dos poucos mecanismos efectivos ao alcance da administración para dar resposta á vulneración do dereito.

Por todo isto o concello pleno adopta as seguintes

RESOLUCIONS:

Primeiro.- Manifestar o compromiso de pór en marcha medidas municipais en base á legalidade e competencias existentes e aos efectos que sinala esta moción, co obxectivo de garantir o dereito á vivenda da poboación e facer fronte á emerxencia habitacional.

Segundo.- Elaborar e aprobar un Plan Municipal de Vivenda actualizado , que contemple e regule debidamente as medidas de fomento para evitar a desocupación permanente e inxustificada de vivendas.

Terceiro.- Elaborar e aprobar Programas de inspección co fin de detectar, comprobar e rexistrar os inmobles que se atopan en situación de pemanente desocupación, empezando polos que son de entidades financeiras e outras grandes empresas. Esta tarefa pódese facer a tarvés do cruzamento de datos en disposición da administración e a otorgación de audiencia ao interesado/a, ou bién realizando unha inspección física desde a administración.

Cuarto.- Intruir procedementos administrativos contraditorios onde se determine, coñézanse ou comproben os feitos, unha vez detectada a desocupación. Estes procedementos terán que finalizar cunha resolución que declare se se está producindo unha situación de desocupación permanente constitutiva dunha utilización anómala da vivenda. En caso afirmativo, terase que requirir ao propietario/a o cesamento na súa actuación nun prazo concreto, informando as actividades de fomento que está a levar a cabo a administración para facilitarlle a finalización desta situación.

Quinto.- Impor até 3 multas coercitivas que poden llagar aos 100.000 euros, previa advertencia, de se transcorrido o prazo fixado non se produciu a ocupación do inmoble.

Sexto.- Iniciar un procedemento sancionador por infracción moi grave en caso que se manteña a desocuapción da vivenda unha vez esgotado o prazo otrogado para corrixir a situación.

Sétimo.- Instar á Xunta de Galicia a enviar urxentemente ao Parlamento as iniciativas lexislativas necesaria para darlle cobertura legal a este procedemento e a emprender accións neste ámbito coa mesma finalidade, dentro do marco das súas competencias.

Oitavo.- Dar conta da presente moción ás asociacións veciñais de Galicia, á FGAMP, á Xunta e ao Parlamento de Galicia.

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.