Mostrando entradas con la etiqueta PAH. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PAH. Mostrar todas las entradas

28 feb 2014

Os "Habitantes da Terra Media" pénsanse que son "Stop Desafiuzamentos"

Outra vez os "Habitantes da Terra Media" parecen confusos!!

O pasado mércores, día 26 de febreiro, sacaban á luz un comunicado no que dicían que a plataforma Stop-Desafiuzamentos de Ferrol Terra acordou, na súa última xuntanza apoiar ás Marchas da Dignidade.

Quen publica esta MERDA, é a mesma persoa que non publicou que a voceira da "PAH de Ferrolterra", pronunciouse en nome d@s afectad@s, apoiando a "Marcha da Dignidade".


 Imos aclarar algún punto a estes/as ENTERAD@S:

- As PAH son as únicas asociacións lexitimadas para falar por e en nome dos afectad@s.

- "Stop-Desafiuzamentos" son todos aqueles/as que se boten á rúa cando existe un chamamento de emerxencia social para parar un desaloxo.

- Calquera cidadán, colectivo ou asociación, está lexitimado a portar unha pancarta que poña "Stop Desafiuzamentos", pois é un berro social.

- Ningún cidadán, colectivo ou asociación, está lexitimado a decir que eles son "Stop Desafiuzamentos". (Excepto no caso das plataformas de afectad@s que decidisen usar esta definición).

(Vaía de exemplo o 15 M, este movemento era toda persoa que se botaba á rúa).

Agora vou contar como se empezan a parar os desafiuzamentos en Ferrol.

O primeiro desafiuzamento público que vaise realizar en Ferrol é o de Gabi, membro da acampada 15 M, seus compañeir@s xa tiñan preparada unha resposta para intentar paralizar ese desaloxo. Ao momento de decatarme de isto contactei con Jesús Díaz, e empezamos a telefonar a compañeir@s de distintos partidos, sindicatos, e colectivos. Deste xeito, e por primeira vez en Ferrol actívase "Stop-Desafiuzamentos".

Participando xentes a título persoal, membros do BNG, CC.OO, CIG, CNT, EU, FORXA, PSOE, UGT, USTG, UL, e unha morea de asociacións e colectivos, ou calquera cidadán que viñese a parar un desafiuzamento puntualmente. Entón pódese dicir que "Stop-Desafiuzamentos"  era unha resposta social de desobediencia civil .

A partir dese momento, case sempre, as alertas producense do mesmo xeito que no primeiro desafiuzamento, e a resposta é sempre unitaria por parte de tod@s.

ATA QUE....

De tantas loitas en común, e de ver como se perdían dereitos cada día,  despois de celebrarse o Foro Social, traballouse para conformar o "Encontro Social", lugar de encontro e debate, dende o que poder entre tod@s construír alternativas e respostas sociais.

Nun principio empezou todo ben, contando ata coa participación de forzas políticas de esquerda. Fixéronse algunhas cousas, como foi o roupeiro de Caranza, e asembleas, asembleas, asembleas....
Outras cousas xa construídas e en funcionamento, SECUESTRARONSE! coma si estas fosen feitas polo "Encontro Social", tal como foi o blog Axenda Aberta (con máis dun ano en funcionamento), as Hortas Comunitarias de Caranza (propulsadas pola Asemblea de Desempregados da CIG), Alimentos Solidarios, e o que xa era o colmo, secuestrábase un berro social "Stop-Desafiuzamentos". 

(Vou deixar o conto por hoxe ata que volten tocar o carallo)

Quede claro os "Habitantes da Terra Media" si non tedes @s afectad@s con vós, non sodes quen de falar por eles, ni sodes voceiros nin sodes NADA!!!!

Actualmente a PAH de Ferrolterra, é a única lexitimada para falar en nome d@s afectad@s!!

pahferrol@gmail.com

http://plataformadeafectadospolahipoteca.blogspot.com.es/

https://www.facebook.com/StopDesafiuzamentosFerrolTerra

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

Unhas 2.500 persoas tomaron hoxe as rúas de Ferrol, na manifestación da Alianza Social Galega, baixo o lema “Por outra saída da crise”.

Unhas 2.500 persoas tomaron hoxe as rúas de Ferrol, na manifestación da Alianza Social Galega, baixo o lema “Por outra saída da crise”. A mesma sumáronse @s traballadores/as do Naval, de Mercadona, de SPRIL NORTE, a PAH de Ferrolterra, a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, e outros colectivos sociais.

Tamén moitos dirixentes sindicais e políticos quixeron participar en Ferrol desta mobilización, como Suso Seixo (CIG), José M. Sánchez Aguión (CC.OO), e José R. Gómez Besteiro (PSOE).





Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

26 feb 2014

Unhas 300 persoas manifestaronse hoxe na convocatoria feita polo sindicalismo alternativo (CGT,CUT,SLG,CNT,STEG,S.E.) en apoio ás Marchas da Dignidade do día 22 de Marzo.

Unhas 300 persoas manifestaronse hoxe na convocatoria feita polo sindicalismo alternativo (CGT,CUT,SLG,CNT,STEG,S.E.) en apoio ás Marchas da Dignidade do día 22 de Marzo.

Na manifestación tamén participaron membros da recentemente constituída, PAH de Ferrolterra.

Ao mesmo tempo que esta manifestación entraba na praza, había unha concentración convocada "desafortunadamente" á mesma hora, por parte da M.M.M, en repulsa do asasinato machista dunha muller. É de agradecer que a manifestación chegase pronto á praza para coincidir con esta, pois na concentración da M.M.M apenas había unha ducia de persoas.

Despois das intervencións da manifestación, a voceira da M.M.M deu lectura ao manifesto en repulsa o cruel asasinato de María Luisa Jiménez Jiménez, de 37 anos de idade, e embarazada de poucas semanas.

Esperemos que para outras ocasións se evite a contra-programación, vaia isto para tod@s.



Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

21 feb 2014

A Plataforma de Afectad@s pola Hipoteca de Ferrolterra, presentou no rexistro do Concello de Ferrol, unha Moción para que se sancione as financeiras e grandes empresas que teñen inmobles desocupados.

Hoxe pola mañá, a recentemente constituída, Plataforma de Afectad@s pola Hipoteca de Ferrolterra, presentou no rexistro do Concello de Ferrol, unha Moción para que se sancione as financeiras e grandes empresas que teñen inmobles desocupados. Esta Moción foi asumida polo BNG, EU e PSOE.

MOCIÓN PARA A SANCIÓN DOS INMOBLES PERMANENTEMENTE DESOCUPADOS PROPIEDADE DE ENTIDADES FINANCEIRAS E OUTRAS GRANDES EMPRESAS

INTRODUCIÓN
A actual crise impactou de forma dramática na vida de miles de persoas, que por mor das dificultades económicas sobrevindas non poden cubrir as súas necesidades máis básicas. Esta situación levou a miles de familias á imposibilidade de facer fronte ás cotas hipotecarias ou de aluguer da súa casa.

A súa tradución social foi a de miles de desafiuzamentos en todo o Estado Español e centenares de miles de persoas que viron vulnerado o seu dereito a unha vivenda digna, enfrontándose a situacións de grave vulnerabilidade, precariedade extrema, probreza, e exclusión social, económica e residencial.

Segundo os datos do Consello Xeral do Poder Xudicial, desde 2007 até setembro de 2013, no Estado Español, xa se chegou a 500.000 execucións hipotecarias. Segundo o informe presentado polo Colexio de Rexistradores da Propiedade, só durante o ano 2012, a banca quedouse con máis de 30.034 primeiras residencias por falta de pagamento de créditos hipotecarios. Isto supón 115 desafiuzamentos de vivenda habitual por día hábil.

Atopámonos ante unha situación de emerxencia habitacional que constitúe unha auténtica anomalía no contexto europeo. Como denuncia o informe Emerxencia Habitacional no estado español, elaborado polo Observatori DESC, esta situación vese agrabada polo feito de que o Estado Español é o país de Europa com máis vivendas baleiras, 13,7% do parque total ? 3 millóns e medio de pisos segundo o último censo estatal de vivenda do 2011 ? e cun parque de vivenda social claramente insuficiente ? menos dun 2% das vivendas existentes.

As administracións locais, infra dotadas de recursos, son as que reciben en primeira instancia o impacto social desta situación, en tanto que a máis próxima á cidadanía.

O contexto descrito e a situación de emerxencia en que se atopa gran parte da poboación está a traducirse, tamén, nun significativo aumento das ocupacións de vivendas nos municipios. Unha forma de acceso á vivenda que aumenta o grao de vulnerabilidade social de quen ven abocados a recorrer.

A falta de recursos das administracións locais para facer fronte á problemática, contrasta cos miles de pisos en desuso que acomulan as entidades financeiras e as súas inmobiliarias, actores principais e parte responsable na burbulla inmobiliaria. Estes inmobles, a miúdo obtidos como consecuencia de execucións hipotecarias, mantéñense baleiros, xa sexa á espera de que o prezo do mercado volva subir, ou ben porque se atopan á venda ou aluguer a prezos inaccesibles para a maioría da poboación. O resultado son miles de vivendas destinadas exclusivamente a unha función expeculativa, eludindo a función social que segundo o artigo 33 da constitución Española (CE) ten que cumprir o dereito á propiedade.

Ante a enorme cantidade de poboación con necesidades habitacionales e a falta de recursos públicos para facerlle fronte, resulta urxente mobilizar a vivenda baleira en mans das entidades financeiras. Fomentar e garantir a función social da vivenda, desincentivar a utilización anómala e penalizar, se é necesario, o uso antisocial convértese nun dos poucos mecanismos efectivos ao alcance da administración para dar resposta á vulneración do dereito.

Por todo isto o concello pleno adopta as seguintes

RESOLUCIONS:

Primeiro.- Manifestar o compromiso de pór en marcha medidas municipais en base á legalidade e competencias existentes e aos efectos que sinala esta moción, co obxectivo de garantir o dereito á vivenda da poboación e facer fronte á emerxencia habitacional.

Segundo.- Elaborar e aprobar un Plan Municipal de Vivenda actualizado , que contemple e regule debidamente as medidas de fomento para evitar a desocupación permanente e inxustificada de vivendas.

Terceiro.- Elaborar e aprobar Programas de inspección co fin de detectar, comprobar e rexistrar os inmobles que se atopan en situación de pemanente desocupación, empezando polos que son de entidades financeiras e outras grandes empresas. Esta tarefa pódese facer a tarvés do cruzamento de datos en disposición da administración e a otorgación de audiencia ao interesado/a, ou bién realizando unha inspección física desde a administración.

Cuarto.- Intruir procedementos administrativos contraditorios onde se determine, coñézanse ou comproben os feitos, unha vez detectada a desocupación. Estes procedementos terán que finalizar cunha resolución que declare se se está producindo unha situación de desocupación permanente constitutiva dunha utilización anómala da vivenda. En caso afirmativo, terase que requirir ao propietario/a o cesamento na súa actuación nun prazo concreto, informando as actividades de fomento que está a levar a cabo a administración para facilitarlle a finalización desta situación.

Quinto.- Impor até 3 multas coercitivas que poden llagar aos 100.000 euros, previa advertencia, de se transcorrido o prazo fixado non se produciu a ocupación do inmoble.

Sexto.- Iniciar un procedemento sancionador por infracción moi grave en caso que se manteña a desocuapción da vivenda unha vez esgotado o prazo otrogado para corrixir a situación.

Sétimo.- Instar á Xunta de Galicia a enviar urxentemente ao Parlamento as iniciativas lexislativas necesaria para darlle cobertura legal a este procedemento e a emprender accións neste ámbito coa mesma finalidade, dentro do marco das súas competencias.

Oitavo.- Dar conta da presente moción ás asociacións veciñais de Galicia, á FGAMP, á Xunta e ao Parlamento de Galicia.

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

20 feb 2014

Resumo da Asemblea "MARCHAS DA DIGNIDADE 22 M"

Pequeno resumo da Asemblea.

Nesta démonos cita unhas 50 persoas de distintos colectivos e ideoloxías, á parte doutras a título persoal.

VIAXE:

O compañeiro Daniel, que participa a título persoal, expuxo a única opción coñecida ata o momento, esta sería partir nun tren dende Coruña, o custo do billete 50 €, co inconveniente de que habería que sumar o desprazamento Ferrol-Coruña-Ferrol, sobre 18 € en caso de facelo en autobús.

Outra das opcións é fretar autobuses dende Ferrol, pero a día de hoxe ninguén realizou esa consulta, (en breve poderemos dar datos a este respecto).

Houbo un par de ideas para intentar sufragar ou rebaixar o custo do desprazamento; 


A primeira delas realizouna Lupe Cés, de A Revolta, dicindo que se podía contactar con xente que estivese concienciada coa Marcha a Madrid, pero que non puidese desprazarse, para que estes "apadriñasen" a viaxe doutra persoa que quere ir.

A segunda faina Daniel, o compañeiro que realizou ao principio da Asemblea a pequena introdución, e expuxo que existe a opción "proposta na rede" de comprar camisetas do evento a 3,50 € para vendelas e acadar financiamento.

Referente a esta opción, propuxen, e "propoño de novo", que calquera colectivo que opte por este método de financiamento, baixese os logos da rede e que encargue as camisetas en imprentas da bisbarra. Sería indecente compralas en Vigo cando temos en Ferrolterra empresas que realizan ese traballo e o están a pasar moi mal.

MANIFESTACIÓNS DOS DÍAS 26 E 27 DE FEBREIRO EN APOIO ÁS MARCHAS DA DIGNIDADE:


Neste sentido pecháronse algúns puntos:

O primeiro deles, aprobado por unha votación unánime, foi realizar unha pancarta unitaria co lema usado no Manifesto das Marchas.


PAN, TRABALLO E TEITO!!
MARCHAS DA DIGNIDADE 22 M TOD@S A MADRID!!

O segundo é no referente á publicidade do evento, este correrá a conta de cada colectivo, realizando fotocopias do Cartel. Neste senso, Suso Basterrechea, de EU, ofreceuse a facilitar uns carteis que recibirán en breve.

O terceiro foi sobre a información a repartir, mentres un compañeiro se decantou por dar o Manifesto elaborado a nivel nacional, Lupe Cés propuxo, acertadamente, que se repartise un pequeno panfleto informativo sobre as Marchas, e como apuntarse a elas, xa que o Manifesto xa ía ser lido para tod@s.

Referente o audio, Pablo Portero, de Fuco Buxán, dixo que pono esta Asociación.

**A próxima xuntanza terá lugar o luns, 3 de marzo, ás 18:30 h no Centro Cultural Carvalho Calero (Inferniño). Acaban de comunicarme que mudouse o lugar e a hora, para o mesmo día, luns 3 de marzo,  pero no Centro Cívico de Caranza, ás 18:00 h 

 Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

18 feb 2014

Asemblea aberta en réxime de autoconvocatoria, para tratar a marcha a Madrid do 22 M

Da recentemente conformada, Plataforma de Afectad@s polas Hipotecas de Ferrolterra (PAH Ferrolterra) chégame este chamamento a unha asemblea aberta en réxime de autoconvocatoria, para tratar a marcha a Madrid do 22 M

A mesma terá lugar este xoves, 20 de febreiro, ás 18:30 h. no Centro Cultural Carvalho Calero, (Inferniño).






MANIFESTO


NIN UN RECORTE MÁIS

FORA OS GOBERNOS DA TROIKA

PAN, TRABALLO E TEITO PARA TODOS E TODAS

En 2014 encontrámonos ante unha situación extremadamente difícil, unha situación límite, de emerxencia social, que nos convoca a dar unha resposta colectiva e masiva da clase traballadora, a cidadanía e os pobos.

Millóns de traballadores e traballadoras encóntranse sen emprego. Ter unhas mans para traballar; ter unha carreira rematada; dispoñer da túa capacidade tanto manual coma intelectual e non encontrar un traballo digno é humillante. Estase a desperdiciar o talento colectivo dunha sociedade, hipotecando indefinidamente o seu futuro. Os traballadores e traballadoras non merecen este atropelo á nosa dignidade colectiva.

Centos de miles de familias perderon a súa casa. Non hai nada máis inhumano que desaloxar a unha familia do seu fogar, só para alimentar a voracidade insaciable duns banqueiros sen escrúpulos. Banqueiros aos que os estados servos da Troika alimentan a custa de empobrecer aínda máis á clase traballadora e ás persoas máis indefensas.

Mentres, a patronal, aproveitando o drama do paro masivo, aperta as roscas á baixas dos salarios e das condicións de traballo ás persoas que aínda teñen un emprego. Traballadores e traballadoras que, ante a difícil situación, non poden nin sequera cuestionar o seu papel de meros explotados/ás polo capital. O sistema intenta obrigarnos a mostrar agradecemento aos empresarios, convertidos polo sistema en benfeitores da sociedade. É hora de repartir o traballo e a riqueza, e que as persoas traballadoras poidan sentirse donas do seu futuro.

A nosa xuventude non ten posibilidade de forxar un proxecto de vida digno coas actuais políticas e vese abocada a buscarse a vida no estranxeiro como antes fixeron os nosos pais e avós. Dicimos non a un sistema patriarcal que nos arrastra a épocas do pasado, quitándonos o dereito a decidir sobre os nosos corpos, negándonos a capacidade para decidir sobre se queremos ou non ser nais, provocando a volta aos fogares para dedicarnos á crianza.

Estamos a sufrir as políticas executadas polo goberno do PP ao ditado da Troika (Fondo Monetario Internacional, Banco Central Europeo e Comisión Europea), consistentes no roubo de dereitos e o empobrecemento xeneralizado da maioría social. Estas políticas que se fundamentan no pagamento dunha Débeda ilexítima que non contraeron os cidadáns e cidadás, son produto da especulación bancaria e os excesos dos distintos gobernos. Privatizan o rendible mentres nos recortan o presuposto en saúde, educación, dependencia, transportes públicos, auga, enerxía, comunicacións, servizos sociais, etc.., o que redunda negativamente nos nosos dereitos cidadáns. Rin dos nosos maiores que sofren unha enorme perda do seu poder adquisitivo, mentres ven como os seus aforros de toda a vida están secuestrados pola estafa bancaria das preferentes e outros produtos financeiros delituosos.

O goberno do PSOE, co apoio do PP, modificou o artigo 135 da Constitución para que se priorice o pagamento da débeda fronte aos dereitos e necesidades das persoas. Xustificárono dicindo que viviramos por enriba das nosas posibilidades e que había que ser austeros e, polo tanto, era imperativo recortar o déficit. Non obstante, non houbo ningún recorte á hora de inxectar decenas de miles de millóns de euros para salvar os bancos e especuladores. Están a aproveitar a crise para recortar dereitos. Estas políticas de recortes están a causar sufrimento, pobreza, fame e mesmo mortes e todo para que a banca e os poderes económicos sigan tendo grandes beneficios a custa das nosas vidas. Porque nos roubaron a liberdade. Ao capitalismo sóbranlle as liberdades e os dereitos da maioría social. É un sistema que busca exclusivamente o beneficio privado duns poucos e que nos leva inexorablemente a unha catástrofe ambiental e social de alcance incalculable.

Para a maioría social esta crise-estafa está a significar un xigantesco drama humano. Non obstante, para unha insignificante minoría supón un gran negocio. E cando se protesta, sempre obtemos a mesma resposta: a represión e criminalización do sindicalismo de clase e dos movementos sociais. É un sistema que necesita a represión para manterse e que debe ser superado coa loita na rúa.

A descomposición do réxime xurdido da Constitución do 78 faise evidente debido aos mesmos elementos presentes no seu nacemento, o cal tivo lugar en contra do pobo, está corroído pola corrupción e non ten ningunha lexitimidade. Os dereitos e liberdades fóronnos roubados para favorecer os intereses dunha minoría e asegurar os seus beneficios, os mesmos que nos levaron a este estado de excepción social, a base de desmantelar a educación e a sanidade públicas, de reducir drasticamente as pensións dos nosos maiores, de apoderarse das nosas vivendas e de pechar empresas, e despedir miles de traballadoras e traballadores. Os distintos Gobernos sitúanse fóra da legalidade, converten en negocio os dereitos que tanto custaron conquistar e sustentan a corrupción, un feito xeneralizado pero non independente do sistema económico, que forma parte da estrutura mesma desta sociedade e é indispensable para o seu desenvolvemento. Tanto os corruptores coma os que se deixan corromper forman parte deste sistema inxusto de produción e distribución da riqueza.

Chamamos os pobos a que exerzan a súa soberanía, alzando a súa voz de abaixo arriba, democraticamente, para construír un proceso constituínte que garanta realmente as liberdades democráticas, o dereito a decidir e os dereitos fundamentais das persoas. Dende a MARCHA DA DIGNIDADE 22 M, consideramos que é importante articular unha mobilización unitaria, masiva e contundente contra as políticas que atentan contra os dereitos humanos e a xustiza social.

Unha mobilización contra o pagamento da débeda, polo emprego digno, pola renda básica, polos dereitos sociais, polas liberdades democráticas, contra os recortes, a represión e a corrupción, por unha sociedade de homes e mulleres libres, unha mobilización contra un sistema, un réxime e uns gobernos que nos agriden e non nos representan. Esiximos, polo tanto, que se vaian. Que se vaia o Goberno do PP e, tamén, todos os gobernos que recortan dereitos sociais básicos, todos os gobernos que colaboran coas políticas da Troika. Por iso facemos un chamamento a encher de dignidade e rebeldía a capital do Estado español, Madrid, o 22 de Marzo. Ese día chegaremos columnas de todas as latitudes da Península a Madrid e convocamos os madrileños e madrileñas a saír á rúa e incorporarse a esa gran mobilización da maioría social.


PAN, TRABALLO E TEITO

Á RÚA!!, QUE XA É HORA

Fonte: https://www.facebook.com/StopDesafiuzamentosFerrolTerra

http://marchasdeladignidad.org/

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.