Mostrando entradas con la etiqueta BBVA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta BBVA. Mostrar todas las entradas

10 abr 2012

A UNIDADE SOCIAL PAROU O DESAFIUZAMENTO

Hoxe ás 12:00 h, tivo lugar unha concentración diante da oficina central do BBVA, na Praza do Callao (Ferrol) para evitar o inxusto desafiuzamento do café bar O Carballo.

Recordemos que a devandita entidade adquirira un compromiso verbal cun dos seus empregados, Pedro Bastida, polo cal se comprometían a venderlle o negocio se este ingresaba o diñeiro da hipoteca, cantidade que Pedro conseguiu mediante un crédito con outra entidade, chegando a hipotecar a súa vivenda. Hai uns días Pedro decatábase de que o BBVA se retractaba do compromiso adquirido e decidía proceder ao desafiuzamento, este embargo levaríase por diante catro postos de traballo.




Ao final a solidariedade e a presión social lograron que o BBVA cumprise a palabra dada por parte do Director da sucursal a Pedro, non lles quedou outra que aceptar o talón bancario por valor de 66.000 €, que saldaban a débeda con esta entidade.

Dende esta bitácora quero felicitar a todas as persoas, asociacións, colectivos, partidos políticos e sindicatos que arrouparon Pedro e o resto de empregad@s nesta loita digna e lexitima. Así como Felicitar a Patricia Hermida, xornalista do Correo Galego, e ao Diario de Ferrol polas súas crónicas e difusión desta inxustiza.

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

5 abr 2012

S.O.S NOVO DESAFIUZAMENTO, NOVO ABUSO, NOVA REPRESALIA EN FERROL

A Comisión de apoio aos traballadores do Café-Bar “O Carballo”, convoca:

MARTES, 10 DE ABRIL, ÁS 12:00 h.
Concentración diante da oficina central do BBVA, (Praza do Callao (Ferrol)

O BBVA DESTRÚE POSTOS DE TRABALLO

NOVO DESAFIUZAMENTO, NOVO ABUSO, NOVA REPRESALIA

O BBVA decidiu desafiuzar ós traballadores do Café Bar O CARBALLO, pese a establecer un acordo verbal con eles, polo que se lles adxudicaba o local por un importe establecido. Agora vólvense atrás e pretenden quedarse co establecemento, no que traballan catro persoas.

Tras manter conversacións con directivos da entidade bancaria (BBVA), éstos aconsellan que un empregado, Pedro Bastida, solicite un crédito. Despois de hipotecar a súa vivenda consegue os recursos necesarios para liberar o local. En lugar de recibir a adxudicación, recibe a notificación do xulgado onde lle anuncian que o Café Bar O CARBALLO, ten que ser desaloxado antes do mércores, 11 de abril.

¿Por que actúa así a entidade bancaria?, ¿Por que se ignora o anuncio do goberno no que se plantexa a necesidade dun código de boas prácticas bancarias?, ¿Que prácticas?
O anterior propietario era Bernardo Bastida Sixto, o expatrón maior da confraría de pescadores de Ferrol. Moitas son as persoas que, especialmente o colectivo de mariscadores, saben do seu esforzo por defender, recupera-la ría e por integrar a un gran número de mozos e mozas á vida social, en Ferrol Terra. Contra Bastida, desenvolveuse unha campaña de desprestixio co obxectivo de decapitar a Confraría e aos traballadores do mar. Incluso se lle someteu a xuízo xunto a outros compañeiros.

A persecución á que foi sometido Bastida, queda de manifesto cando, tras varios anos acusado de apropiación de fondos, agora sabemos, por decisión do fiscal e do xuíz, que se arquivan aquelas actuacións ¡É inocente daquela acusación!
Unha decisión política na que participaron a Xunta de Galicia e Reganosa, para perseguir a Bastida ate a extenuación. A eles se lles suma agora o BBVA, pretendendo que caiga sobre a súa familia o peso da súa rébancha. Lles importa un pimento a destrución de catro postos de traballo. É difícil de entender que non se admita pagar a quen o desexe, tendo medios para facelo.

Coa situación actual da Comarca, que posúe un nivel tan alto de desemprego, non nos podemos permitir a desaparición de catro postos de traballo. Máis, tendo en conta que hai vontade de negociación e de pagamento da débeda.

Por esa razón, decidimos emprender unha campaña de solidariedade con Bastida e os catro traballadores do Café Bar O Carballo e denunciar esta represalia contra eles.

MARTES, 10 DE ABRIL, ÁS 12:00 h.
Concentración diante da oficina central do BBVA, (Praza do Callao - Ferrol)

¡¡ ACODE E DIFUNDE!!


Convoca: Comisión de apoio aos traballadores do Café-Bar “O Carballo”

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

3 abr 2012

O BBVA PRETENDE EXECUTAR UN EMBARGO, DEIXANDO A CATRO FAMILIAS NA RÚA, HABENDO UN COMPROMISO PREVIO DE PAGO

Nota de prensa publicada hoxe en diversos medios

• Los empleados del Café Bar O Carballo llegaron a un preacuerdo con el BBVA con el fin de mantener el establecimiento y mantener los puestos de trabajo existentes.

El Café Bar O Carballo estaba sujeto a un proceso de embargo, derivado de una deuda contraída por el propietario del establecimiento con el Banco Bilbao Vizcaya Argentaria (BBVA). Los empleados tienen constancia de este proceso de embargo a mediados del 2010. Es entonces, cuando los trabajadores se ponen en contacto con el BBVA para frenar dicho embargo y hacerse cargo de la deuda.

A finales de ese mismo año 2010, se mantiene una reunión con el Director de la sucursal del BBVA, de por aquel entonces, con el que se llega a un acuerdo verbal que atiende a la propuesta realizada por los trabajadores del Café Bar O Carballo. Tras esta reunión se afirma por parte de la Dirección de esta entidad bancaria, que se adjudicaría el local a los trabajadores por un importe señalado y tomando como referencia un local embargado por la misma entidad a sólo 100 metros del Café Bar O Carballo.

En base a ese preacuerdo con el BBVA, uno de los empleados del Café Bar O Carballo hipoteca su vivienda por el valor propuesto por la entidad bancaria, aún con el riesgo de perder la vivienda, si no se pudiese hacer frente a los pagos y así conservar tanto su puesto de trabajo como el de sus compañeros en el Café Bar O Carballo.

Tras casi año y medio desde el preacuerdo entre el Director del BBVA y uno de los trabajadores, no sólo no se obtiene la adjudicación del local, sino que se notifica, por parte del juzgado que, en un plazo de 3 días, había que desalojar el local, ignorando el preacuerdo establecido con los trabajadores.

La última comunicación recibida del juzgado, nos indica que debemos de abandonar el local el próximo miércoles, 11 de abril. Los trabajadores del Café Bar O Carballo solicitan al BBVA , que tengan en cuenta la oferta económica preacordada ya que si conservan sus puestos de trabajo, condicionados al mantenimiento de la actividad en el local, podrían hacer frente a la deuda con la entidad bancaria. De no llegar a un acuerdo y aceptar la propuesta de los trabajadores, cuatro familias más, se verían en la calle.

Los trabajadores somos conscientes de que el BBVA es sensible a la situación económica actual y, acogiéndose al código de buenas prácticas, llegará a un acuerdo beneficioso para ambas partes.


Misiva chamando a solidariedade

Eu, Pedro Bastida, tiña uns impagos dunha débeda contraída co banco BBVA. Púxenme en contacto coa entidade pois ían proceder ao embargo. Cheguei con dita entidade a un ACORDO, no que se me dixo, que por certa cantidade de diñeiro, (que eu tiña que conseguir fóra do BBVA), quedaría o crédito liquidado e pasaría o negocio a miña propiedade.

Hipotequei miña vivenda coa entidade NovaCaixaGalicia para poder facer fronte a ese pagamento que acordei co BBVA. Unha vez conseguido o diñeiro volvo falar co Director da sucursal do BBVA da Praza de Armas, que foi quen levou o asunto, e con quen cheguei ao ACORDO, e dime, que "tan pronto o bar apareza na páxina de embargos do banco eu podería mercalo". ¡¡Me quitan o negocio e RACHAN O ACORDO!!.

Debo recordar que o negocio abriuse polo compromiso adquirido nese ACORDO co BBVA, no que quedaba aberta a opción de compra do mesmo.

Actualmente o bar mantén CATRO POSTOS DE TRABALLO FIXOS.

Cal é a miña sorpresa, cando o pasado venres 23-03-2012 , comparece no local un funcionario do xulgado, dicíndome, "Que debo abandonar o local o próximo venres 30-03-2012". Danme tres días de marxe, xa que o fin de semana non se pode facer nada.

Visto o engano por parte do BBVA, intento contactar con eles través do meu avogado, pero a entidade bancaria fai oídos xordos e di que "agora xa non hai nada que facer".

Fixéronme hipotecar a miña vivenda con NovaCaixaGalicia, para poder pagar a débeda e mercarlles o bar, e agora prefiren manter un local baleiro e botar a rúa a 4 familias que comemos do noso traballo.

Onde está o CÓDIGO DE BOAS PRACTICAS DOS BANCOS?.

¡¡RECORDO AO BBVA QUE QUERO MERCAR MEU NEGOCIO!!

Para máis información e solidariedade cos/as afectad@s:
Pedro Bastida Tfno. Contacto: 647 972 766

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

4 feb 2011

O plan de pensións privado de UGT e CC..OO

Cando me mandou isto un compañeiro, pensei que estaba de broma,non podía dar crédito ao que estaba a ler.UXT e CC.OO, promovían desde unha revista do primeiro, un plan de pensións privado no BBVA.
O máis impactante era o eslogan do final ;
"É perfectamente compatible combinar obxectivos financeiros con valores sociais"
TÓCATE OS PÉS!!
Non merece ningún apuntamento pola miña banda semellante machada, que sexan os sindicatos os que expliquen o asunto. Tócalles dar a cara dunha vez por todas.

Podedes ollar a aberrante noticia na revista dixital do sindicato UGT
Esta é a noticia no tocante ao plan de pensións co BBVA

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio