Mostrando entradas con la etiqueta distancias. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta distancias. Mostrar todas las entradas

3 nov 2007



Beiras acusa á Xunta de "non ter agallas" para frear a Planta de Gas



Escrito por Lorena Bustabad para El País - 16-08-2007
16.08.2007
"Hai que ter agallas. Hai que saber dicir esta herencia non a quero". O ex voceiro nacional e membro da Executiva do BNG Xosé Manuel Beiras non se mordeu onte a lingua e instou á Xunta a tomala iniciativa para frear a posta en funcionamiento da planta de gas de Reganosa en Mugardos.
Beiras, que onte estivo no concello mugardés para reunirse cos veciños da parroquia de Mehá que permanecen pechados desde o pasado 23 de xullo en sinal de protesta pola aprobación do mal chamado "Plano de Emerxencia Exterior" da instalación, manifestou que a regasificadora foi concebida nun "sitio absurdo". "Pertenezo ó BNG" declarou, "pero non cambiei de opinión, foi o Bloque quen cambiou". O ex líder da formación señalou que o electorado ferrolano xa "castigou" nas urnas á formación nacionalista que inicialmente se tiña oposto á ubicación da planta en Mugardos e defendeu o seu traslado ó Porto Exterior. Tachando, ademais, de "incongruencia" ca Xunta recorrera nos tribunais unha decisión do Tribunal Superior de Galicia que anulaba a tramitación ambiental da regasificadora.
Beiras considera que ó asumir o proxecto enerxético diseñado polo executivo de Manuel Fraga e promovido polo empresario Roberto Tojeiro, o goberno autónomo "camiña por un laberinto e vai a pandar as consecuencias que deberan pandar outros", dixo en referencia ós gobernos do PP que autorizaron a construción da planta en Punta Promontoiro.