Mostrando entradas con la etiqueta actos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta actos. Mostrar todas las entradas

9 abr 2016

Programa IX Edición da Poesía Salvaxe

MÉRCORES, 13
Ás ​ 18,30 h / PALCO DO CANTÓN :
Proclama POÉTICO­ POLÍTICA  (​Guillermo Ferrandez, Victor M. Diez, Karlotti e Felipe Zapico )  E posteriormente intervención dos poetas presentes que desexen voar os seus versos.
                              
Ás ​ 22,30 h / BAR CAZADORES; ​
AL VIDAL, ZAPICO Y AZÉFALO, NARCISO TEATRO, ROGER DE FLOR   e poemas e música, dos poetas e da poetas que van chegando a nosa cidade.


XOVES, 14 ​    
Ás ​ 11:00 h / HOTEL SUIZO:
Beat Room Hotel (aforo limitado) faránse acompañar polos asistente, a unha suite, e con textos de Jack Kerouac, Ginsberg, ​ Neal Cassady, Gregory Corso​ , etc.                                ​ Gozaremos dunha Experimental posta en escena da poesía da ​ Beat Generation                            

Ás 12,30 h / MERCADO DA MAGDALENA:
Incursión poética a cargo d@s poetas ​ Raquel Nobre Guerra, Ana Cibeira, Tiago Gomes. Victor M. Diez, Karlotti, Al Vidal…                           

Ás 14:00 h. / Poetas e Poemas nas rúas                             ​

Ás 18:00 h / ATENEO FERROLÁN:
Raquel Nobre Guerra, QUICO CADAVAL,

E a continuación Homenaxe múltiple a República.                               

Ás 20:00 h / BAR GUARISNAIS:​ 
SILVIA PENAS​  e KALI FERRANDEZ

Ás 22:30 h / SALA SUPER 8​:
Tiago  Gomes (voz), Francisco  Rebelo (guitarra)​ , co o espectáculo  do  grupo The  Big  Lebowskis. ​


VENRES, 15
Ás 11:00 h / HOTEL SUIZO:
Segundo pase de​  ​ Beat Room Hotel.                          ​

Ás 12:30 h / MERCADO DE RECIMIL:
LUCÍA ALDAO, MARIA LADO, SILVIA  PENAS, e DORES TEMBRÁS

Ás 14:00 h /  Rúa Do Sol, na TABERNA O´XUSTIÑO, e na rúa Madalena, na TABERNA O´CANDIL                                ​

Ás 17:00 h /  Na​  ​ LANCHA da Ría:
Voaremos poemas cas Rimas do noso Mar.   Dores Tembrás​ , e ​ Silvia Penas, e todos nos, MIGUEL NEIRA​ , GAITA NA RÍA                              

Ás 20:00 h / CAPELA DO TORRENTE:
Con todos nos, QUICO CADAVAL

Ás 22:30 h / MANCHITA COSA:
Serxio Garcia e Leo Arremecághona, Itha K. Kátartika, ROGER DE FLOR, Dores Tembrás, Silvia Pena, Eli Zeta, Area Erina, Kali Ferrández, Pedro Campos, Victor M. Diez….

SÁBADO, 16
Ás 13:00 h / Bar CAZADORES:
Manuel RIVAS, precedido pola voz galaico portuguesa de ​ Manolo BACALHAO e coa maxistral compañía de CABE Garcia
Faremos un rueiro ata  FERROL VELLO,  TABERNA O´ÁNCORA.

En todas as actuacións estaremos acompañados polos poetas da NOSA TERRA, e dos músicos  AL  Vidal, Eugenia Manuela Sanmartin, Cabe, Manolo Bacalhao, Roger de Flor, Fefi Naveiras, Marques  das Vinhas. E CONVIDAMOS A TODOS E TODAS, A LER OS  SEUS POEMAS



Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

7 ene 2015

75 Aniversario da fuxida no vapor Bou Ramón



Evasión do bou "Ramón" de Ares, por Eliseo Fernández

Foi á noitiña do 20 de xulio de 1939, tres anos despois de que o levantamento militar de 1936 rematara coa legalidade republicana na comarca. Xa había tempo que varios militantes obreiros de Ferrol, Narón, Ares e Mugardos agardaban por unha oportunidade para fuxir da queima. Para eles a situación era desesperada, pois levaban xa moito tempo agachados en casas de amigos ou familiares e os pelotóns de fusilamento ainda seguían traballando. Os refuxios improvisados nos faiados das casas, nas cuadras dos animais ou excavados no chan das habitacións foron unha boa solución por un tempo, pero pasar toda a vida neles era unha tortura casi peor que a morte. Foi por eso que varios fuxidos comezaron a comunicarse entre eles para ver de intentar a saída por mar. A oportunidade de facelo chegou da man dos irmaos Miguel e Antonio Leira Fernández, os "Chuchos da Vella", militantes socialistas que dende 1936 estaban agachados nunha casa do seu Ares natal. Un deles, Miguel, estableceu contacto cun vello amigo seu, tripulante do bou "Ramón", que saía a faenar dende o porto de Ares e, a partir dalí, comezaron a moverse os fíos para artellar a saída do maior número posible de militantes de esquerda da comarca.

Como de debaixo das pedras foron saíndo homes que agardaban unha oportunidade para fuxir. Por medio de familiares contáctouse con algúns deles agachados en Cervás: Juan Castro Vilar, Benito Feijoo Seguín (que fora alcalde socialista de Ares no período republicán), Gelfo Rebón e Antonio Saavedra Montero, tamén socialistas. Tamén avisouseu a cenetistas como Luis Abella Beade, Moisés Lago Lorenzo, de Ferrol, Rogelio Leal, de Piñeiros, ao socialista de Santa Mariña Domingo Serantes Sequeiro, e mesmo ao ex-alcalde socialista de Ferrol Antonio Santamaría López; Santamaría estivera agachado en casas de compañeiros seus dende que escapara do cuartel de Sánchez Aguilera, onde agardaba se cumprise a pena de morte á que estaba condenado.

Sen que as autoridades tiveran nin a máis mínima sospeita, os "escapados" foron concentrándose en Ares; os de Ferrol e Narón chegaran na noite anterior e durmiran nalgunhas casas da vila, mentres que outro grupo pasou a noite nas covas de Santa Mariña; a final, vintesete homes se xuntaran para xogarse o todo polo todo. Media ducia deles levaban improvisados uniformes da garda civil, escopetas de madeira, e algunha pistola auténtica. Cando a tripulación do "Ramón" estaba arranchando o barco para a saída, os "gardas" os abordaron pretextando que trataban de evitar unha fuxida; despois de encerrar aos tripulantes no rancho, foron chegando o resto dos asaltantes e, tras agardar á hora acostumada de saída, partiron do porto de Ares á unha da madrugada.

Dous días e medio despois de sair de Ares, o "Ramón" chegou ao porto francés de La Pallice, remolcado polo barco frances "Le Coubre", que o rescatara cando estaba á deriva, despois de esgotar o carbón e de queimar boa parte da cuberta no intento de manter a presión da caldeira. Cando os nosos protagonistas chegaron a Francia pensaban atopar a liberdade, sen embargo, foron conducidos ao campo de concentración de Argelés, un dos campos onde as autoridades francesas mantiñan a boa parte dos españois refuxiados ao remate da guerra civil.

A sorte daqueles arriscados viaxeiros foi ben diversa: Manuel Fernández García "Olmedo", de Mugardos, morreu no campo de concentración de Mauthausen; Gelfo Rebón foi dar a México, Santamaría a Estados Unidos, Juan Leal á Argentina, e Cipriano Casteleiro ao Uruguay; algúns foron extraditados a España e pasaron longas tempadas nas cárceres, como Domingo Serantes Sequeiro; outros, por fin, voltaron a tratar de organizar a resistencia clandestina na Galiza, como Manuel Gómez Varela "Fiera Brava", que morreu cando actuaba na guerrilla, ou Rogelio Leal López, que pasou varios anos na cadea de San Miguel de Los Reyes por tratar de reartellar a CNT na comarca. Algúns, por fin, remataron vivindo en Francia unha vez que rematou a II Guerra Mundial. Sen ter cometido ningún delito, todos aqueles fuxidos sufriron o desterro da súa terra e das súas familias. 

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

24 oct 2014

Hoxe venres, Xornadas anti-represivas!

O venres 24 de Outubro, no Centro Cívico de Caranza ás 18:00 h.terá lugar unha palestra aberta que contará coa presenza de Xesus Anxo Lopez Pintos (Portavoz Comarcal da C.I.G.) que falará sobre a represión sindical, Anxo Quiroga (avogado) que o falará sobre a lei mordaza e a represión xurídica e Bernardo M. Bar (activista da lingua) que informará sobre a represión lingüística. 

O sábado 25 no Centro Social Xebra! de Burela ás 21:00 h. fabada vegana e depois concerto com THE BROSAS e Dj REBIXE, entrada solidária 5 euros. 

Organizan: 
Coletivo Chimarrao e Xebra Associaçom 
https://www.facebook.com/events/320022811514162 
Coletivo Chimarrao coletivochimarrao@gmail.com
www.facebook.com/coletivo.chimarrao

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

28 abr 2014

SI A PALABRA ESCOCE, POESÍA COMPAÑEIR@S!!

Tras 48 horas case ininterrompidas de poesía e música, finalizaba o pasado domingo a VII Edición da Semana da Poesía Salvaxe. Esta iniciativa foi xerada fai sete anos de man de: Juan Carlos Valle "Karlotti", e Guillermo Ferrández. Xa convertida nunha cita referente para poetas a nivel estatal, e nos últimos anos esquencida e abandonada por parte das institucións, das que non reciben nin un só euro. O máis grave é que enriba o desgoberno do P€P€ a intente boicotear, negando a autorización para realizala en espazos públicos da cidade, tal como se fixo durante todos estes anos, malia ter solicitada esta autorización nos prazos regulamentados.

Será que ao P€P€ "escocelle a PALABRA"?...

A Poesía Salvaxe está a anos luz doutras iniciativas, tal como "As Meninas de Canido", que empezou sendo un acto de denuncia popular e reivindicativo, e converteuse nun acto de enxalzamento do desgoberno local e do ego do seu "promotor", que ben contento debe estar coa cada vez máis substanciosa subvención do Concello (Sobre 9.000 euros).

*Esta crítica fágoa co maior dos respectos para todos @s artistas e anónim@s, que cobren coas súas cores e a súa arte as vergonzas de Ferrol.

De feito o P€P€ xa presentou na última edición do "Congreso Europeo de Turismo Industrial e do II Crossroads of Europe" ás "Meninas de Canido" como parte da ruta turística da cidade. Pode sentirse orgulloso o desgoberno local, arte tapando o desleixo.

Tamén cabe preguntarse onde está a "xente dos sindicatos", e dos partidos de esquerda? Ningún veu a arroupar os compañeiros "Karlotti", e Guillermo, malia que estes sempre participan nas loitas sociais, e prestan a súa axuda cando son requeridos.

Xa non vou entrar no tema das asociacións que se denominan culturais e quedan á dereita da cultura.




Malia os imbéciles e escuros, esta edición da Poesía Salvaxe contou con maior número de poetas e participación popular que nunca.


Parabéns a tod@s!!

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

22 abr 2014

VII EDICIÓN DA POESÍA SALVAXE


Reparto de luxo

MARCOS LORENZO:
Antropólogo e economista. Nacido na Coruña en 1970 pero compostelán de adopción. ‘Liquidación de existencias’ é o seu primeiro libro libre e persoal. Con el inagura o xénero aforístico na comunidade. O seu facer en tarefas de participación cidadá e xestios economicas-sociais danlle a ssuas manifestacions artisticas unha dimension patafisica e iconoclasta que lle compromete ca contracultura mais irredenta. Foi redactor dás revistas ANIMA L e OMNIBUS. O último “experimento” de creación, entre a poetica e o ensayo antropoloxico, é Karlotti, UN POEMA CRONICO.

GUILLERMO FERRANDEZ:
Naceu en Ferrol, no barrio do Inferniño (Ferrol), en 1951. Escribiu as novelas Conacho, La piedad del invierno, e o seu poemario Las arrugas del tiempo, para que o pasado deixara de amolalo. E un ensayo historico literario sobre a cidade de Ferrol, A CHAVE INGLESA. a súa única preocupación estética, ética e monotemática é o desarraigo...

JUAN CARLOS VALLE “KARLOTTI”:
“A pobreza da posguerra é o territorio da miña infancia. Sempre baixo o signo da Bendita Mala Sorte e das Barricadas Clandestinas: Hebe, Pavos Reais, Feixe e Envés, Pregos de Cordel Valisoletanos, Cadernos Leoneses de Poesía, Un Anxo Mais, O signo do Gorrión, Barrio de Marabillas, e libros e antoloxías: Todos de Etiqueta, Isto Era e non Era, Un Golpe de Dados, Os Infolios, e Todos os Xoves Salvo a Lúa. E en 2009 publica o libro de poemas POSTAIS DE FUME.

GÜNTER HEINZ Y ITHA K.
estrenaron juntos en la Bardinale 2012 la performance poético-musical “Postales de Humo”, sobre la base textual de poemas de Karlotti. Su actual proyecto “TÓCAME Y TE RECITO” es un “juego de lenguajes” que pretende disolver el límite entre el lenguaje musical y el poético. La palabra se convierte en música atonal al tiempo que la música habla el sentido.

GARCIA MC:
Forma parte do proxecto musical rapeiro Ghamberros, Colectivo Hip Hop Dios Ke Te Crew, García é un dos seus fundadores. Ata o momento catro traballos discográficos: Xénese 2006, Adianto/Maxi: Chove 2010, Humanose 2011 e Dez 2013. No 2013 reciben o Premio ao mellor Proxecto Musical na Categoría de Hip Hop e músicas urbanas dos I Premios Galegos da Música. Participa activamente tanto en Dios Ke Te Crew como no proxecto de "Foliada Rap and Punk" Labregos do Tempo dos Sputniks, Recentemente edita ABAIXO E DE PÉ (García Mc. VIR. 2012) “Rúa arriba e rúa abaixo faise o camiño” di o García,arredor da alegría e o amor, do sangue e de Chiapas que influencia claramente o seu último traballo.

MARIA LADO Y LUCIA ALDAO:
Lucía Aldao e María Lado levan xa case cinco anos paseando os seus recitais-espectáculo pola xeografía galega e exterior, e mesmo presumen de ter recitado no Instituto Cervantes de Berlín. Estreáronse con Onde estea un cubata que se quite un soneto e recuncaron sorprendidas polo éxito con Moita poesía, pouca diversión. Como poetas, cada unha delas ten un longo currículum do que basta dicir que a Lucía Aldao conta no seu haber varios dos máis importantes premios de Galicia e o libro Unha ducia máis un. E María Lado publicou catro poemarios individuais: A primeira visión, Casa atlántica casa cabaret, Berlín, Nove e Amantes.

RAMIRO VIDAL ALVARINHO:
Ramiro Vidal - Nascim em Ferrol em 1973, no seio de umha família operária; concretamente sou filho do êxodo rural da década de setenta, como muitos dos meus companheiros de geraçom. O meu pai e a minha mae som da mesma zona, da paróquia de Mántaras, em Irijoa. A diferença é que o meu pai já mudou Mántaras por Ferrol tendo meses de vida (ainda que passando os veraos em Mántaras) e a minha mae emigrou sendo adolescente à mesma cidade para servir numha casa. Mas de facto foi nas festas de Mántaras que os meus pais se conhecêrom. A minha infáncia transcorreu entre dous bairros operários: o Alto do Castinheiro, em Narom e Carança, em Ferrol. Os últimos anos da minha "etapa ferrolana" estám bastante marcados pola estampa das mobilizaçons operárias em protesto contra a reconversom naval de meados de oitenta (um processo bastante traumático e devastador para a comarca de Trasancos)

O´LEO:
Naceu en 1974 en Vigo e é de Matamá. Marchou coa maioridade para Compostela e alí comezou a escribir e a facer cancións e teatro. En 1998 publica o seu primeiro disco, Suspiros de Kaña, e abre a Xira Escribe música para o teatro nas compañías Matarile Teatro, A Factoría Teatro e Berrobambán. Dende fai un tempo leva por todo Galiza Espectáculo Multimerda, Hai cu. Pintadas no báter.

PEDRO CAMPOS:
A pesar da súa curta idade, xa tivo tempo de gañar nos anos 2011 e 2012 o certame literario da súa vila, o Ramón Martínez López, e quedou tamén en segunda posición no certame Xela Arias (A Guarda). Polo de agora, publicou o poemario Hipóteses, teoremas, drogas, estados de ánimo e outros remedios naturais para combater a tose" polo IES Praia Barraña, e en La Voz de Galicia o relato "Cando les un destes libros" E a segunda volta que esta con nos na POESÍA SALVAXE.

ROGER DE FLOR e AMPARO ARIAS:
"Roger de Flor é un músico, cantante, compositor, productor e, ata por momentos, director e actor dalgúns dos seus videoclips, que é representante dunha nova fornada de creadores galegos de principios do S.XXI".

AL VIDAL Y ELI QUARTIER:
Elicio Barrio, alias “Eli Quartier”. Acordeón. Hijo y nieto de acordeonistas ha estudiado a fondo el legado de músicos como Gus Viseur y Jo Privat y es uno de los pocos especialistas de vals musette en nuestro país. Además de su trabajo en 3 Gatos SwinG, mantiene junto a su padre un espectáculo de música bailable.Ha grabado varios discos de música popular. AL VIDAL León, España. (guitarra) Estudia guitarra de jazz con el guitarrista Steve Brown y percusión con Tata Güines. Cofundador de Barrio Húmedo- con el que gana en 1973 la X edición de la Canción del Mundo Celta- y Chácara con el que representa a España en el XI Festival de la Juventud. Cofundador de los grupos de jazz Combo de Sara y Majataba Hermanos. Director del espectáculo de música e imagen Musulmanía. Colabora en teatro Corsario. Cofundador del grupo Cohíba y de Yayabo.


MORSE (CHEFA ALONSO Y VICTOR M DIEZ):

CHEFA ALONSO:
Nacín na Coruña. Estudei música e medicina, Toco o saxo soprano e a percusión miúda. Toquei en festivales internacionais de free jazz en Alemania, Rumania, Austria, Suiza, Francia, España, Inglaterra, Brasil. Sen Rede, cuarteto de poesía e música improvisada, Uz, trío de ventos de jazz, e Dadajazz. Pertenzo a FOCO (orquesta da asociación Musicalibre),a OMEGA (Orquesta de Música Espontánea de Galicia), e o dúo co poeta improvisador Víctor M. Díez, Morse, co que presentamosNegro, Un Espectáculo Criminal.

VICTOR M. DIEZ:
Poeta nado en León en 1968. Obras: Evaporado va, Oído en tierra, Voz fuera de campo, Ser no representable ou Circo varado. Colaboración con músicos (SIN RED, cuarteto de improvisadores), grupos de teatro. A súa poesía sitúase nun punto en que a palabra deixa de dicir para ser música, e á vez o son parece que nos quere dicir algo coma se fose palabra" É PARTE PERMANENTE E VITAL DA SEMANA DE POESÍA SALVAXE.

ESTEVO CREUS:
(Cee, 1971), foi membro fundador da editorial de poesía Letras de Cal, "non ou edicións", do grupo de teatro Talía, e do Batallón literario da Costa da Morte. Como poeta ten publicados os seguintes libros: Poemas da Cidade Oculta, Edicións Xerais de Galicia (1996), Areados, Premio Miguel González Garcés da Deputación da Coruña. Deputación de A Coruña (1996), Teoría do Lugar, Premio Eusebio Lorenzo Baleirón (1998), Edicións do Castro (1999), O Libro dos Cans, Versión en disquet de Retagarda Edicións (2000), Decrúa, premio de poesía Fiz Vergara Vilariño, Edicións Espiral Mayor, (2003), Facer Merzbau non ou posible?, libro poético e de videocreación xunto a David Creus. A súa obra poética ven recollida en antoloxías como A tribu das Baleas, Edicións Xerais de Galicia, Defecto 2000 de Letras de Cal, Enfocarte revista virtual, etc. Participou na obra colectiva entre poetas e arquitectos a casa, da Consellería de Vivenda e Solo e ten realizado artigos e colaboracións en revistas como O Monografías, Grial (nº 77), Dorna, etc. Tamén ten publicados os relatos: "E a catro patas quilómetros", Premios Pedrón de Ouro, Edicións do Castro (1994), "Alguen Matou a Bambi", recollido en Historia da Pusilaminidade e catro contos máis, Casa da Xuventude de Ourense (1996). Co grupo "non ou" participa en videocreacións e performances como "máquina ou proceso" xunto a Ariel Ninas, Benxamín Otero e David Creus, "2 homes sobre o muro", intervención no CGAC para a presentación do disco do grupo "Eclepetica Ensemble", etc. O seu gosto pola música, ultimamente lévao a compoñer temas para espectáculos de danza e teatro como "nin un milímetro para apoiar a fronte" de Begoña Cuquejo, "En Construcción" de Paulina Funes e Murmurios, "Cos Pes na Terra e só cos Pes" do grupo de teatro "D2" e coreografía de Begoña Cuquejo entre outros. No ámbito das artes plásticas destaca o seu poemario experimental O libro dos cans (versión en disquete e papel) onde se mistura a poesía coa pintura e a construcción de máquinas, así como a súa participación no proxecto de poesía visual Translítera.

+ INFO: http://www.poesiasalvaxe.com/

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

25 mar 2014

Hoxe ás 20.00 h. XXIV Aniversario Carvalho Calero

Hoxe ás 20.00 h.  á Comisión Promotora Letras Galegas 2015 para Carvalho Calero, organiza un acto fronte a vivenda do mestre e escritor, na rúa San Francisco, deste xeito conmemórase o 24 aniversario da súa morte  .

Haberá unha actuación do Real Coro Toxos e Froles e lerase un manifesto de apoio á demanda da adicatoria do Día das Letras 2015 a cargo da alumna do IES Carballo Calero Rita Tojeiro Ces.

Adhesións: 
carvalhocalero2015@gmail.com

Firmas on-line
http://peticionpublica.es/pview.aspx?pi=ES72652

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

18 feb 2014

Asemblea aberta en réxime de autoconvocatoria, para tratar a marcha a Madrid do 22 M

Da recentemente conformada, Plataforma de Afectad@s polas Hipotecas de Ferrolterra (PAH Ferrolterra) chégame este chamamento a unha asemblea aberta en réxime de autoconvocatoria, para tratar a marcha a Madrid do 22 M

A mesma terá lugar este xoves, 20 de febreiro, ás 18:30 h. no Centro Cultural Carvalho Calero, (Inferniño).






MANIFESTO


NIN UN RECORTE MÁIS

FORA OS GOBERNOS DA TROIKA

PAN, TRABALLO E TEITO PARA TODOS E TODAS

En 2014 encontrámonos ante unha situación extremadamente difícil, unha situación límite, de emerxencia social, que nos convoca a dar unha resposta colectiva e masiva da clase traballadora, a cidadanía e os pobos.

Millóns de traballadores e traballadoras encóntranse sen emprego. Ter unhas mans para traballar; ter unha carreira rematada; dispoñer da túa capacidade tanto manual coma intelectual e non encontrar un traballo digno é humillante. Estase a desperdiciar o talento colectivo dunha sociedade, hipotecando indefinidamente o seu futuro. Os traballadores e traballadoras non merecen este atropelo á nosa dignidade colectiva.

Centos de miles de familias perderon a súa casa. Non hai nada máis inhumano que desaloxar a unha familia do seu fogar, só para alimentar a voracidade insaciable duns banqueiros sen escrúpulos. Banqueiros aos que os estados servos da Troika alimentan a custa de empobrecer aínda máis á clase traballadora e ás persoas máis indefensas.

Mentres, a patronal, aproveitando o drama do paro masivo, aperta as roscas á baixas dos salarios e das condicións de traballo ás persoas que aínda teñen un emprego. Traballadores e traballadoras que, ante a difícil situación, non poden nin sequera cuestionar o seu papel de meros explotados/ás polo capital. O sistema intenta obrigarnos a mostrar agradecemento aos empresarios, convertidos polo sistema en benfeitores da sociedade. É hora de repartir o traballo e a riqueza, e que as persoas traballadoras poidan sentirse donas do seu futuro.

A nosa xuventude non ten posibilidade de forxar un proxecto de vida digno coas actuais políticas e vese abocada a buscarse a vida no estranxeiro como antes fixeron os nosos pais e avós. Dicimos non a un sistema patriarcal que nos arrastra a épocas do pasado, quitándonos o dereito a decidir sobre os nosos corpos, negándonos a capacidade para decidir sobre se queremos ou non ser nais, provocando a volta aos fogares para dedicarnos á crianza.

Estamos a sufrir as políticas executadas polo goberno do PP ao ditado da Troika (Fondo Monetario Internacional, Banco Central Europeo e Comisión Europea), consistentes no roubo de dereitos e o empobrecemento xeneralizado da maioría social. Estas políticas que se fundamentan no pagamento dunha Débeda ilexítima que non contraeron os cidadáns e cidadás, son produto da especulación bancaria e os excesos dos distintos gobernos. Privatizan o rendible mentres nos recortan o presuposto en saúde, educación, dependencia, transportes públicos, auga, enerxía, comunicacións, servizos sociais, etc.., o que redunda negativamente nos nosos dereitos cidadáns. Rin dos nosos maiores que sofren unha enorme perda do seu poder adquisitivo, mentres ven como os seus aforros de toda a vida están secuestrados pola estafa bancaria das preferentes e outros produtos financeiros delituosos.

O goberno do PSOE, co apoio do PP, modificou o artigo 135 da Constitución para que se priorice o pagamento da débeda fronte aos dereitos e necesidades das persoas. Xustificárono dicindo que viviramos por enriba das nosas posibilidades e que había que ser austeros e, polo tanto, era imperativo recortar o déficit. Non obstante, non houbo ningún recorte á hora de inxectar decenas de miles de millóns de euros para salvar os bancos e especuladores. Están a aproveitar a crise para recortar dereitos. Estas políticas de recortes están a causar sufrimento, pobreza, fame e mesmo mortes e todo para que a banca e os poderes económicos sigan tendo grandes beneficios a custa das nosas vidas. Porque nos roubaron a liberdade. Ao capitalismo sóbranlle as liberdades e os dereitos da maioría social. É un sistema que busca exclusivamente o beneficio privado duns poucos e que nos leva inexorablemente a unha catástrofe ambiental e social de alcance incalculable.

Para a maioría social esta crise-estafa está a significar un xigantesco drama humano. Non obstante, para unha insignificante minoría supón un gran negocio. E cando se protesta, sempre obtemos a mesma resposta: a represión e criminalización do sindicalismo de clase e dos movementos sociais. É un sistema que necesita a represión para manterse e que debe ser superado coa loita na rúa.

A descomposición do réxime xurdido da Constitución do 78 faise evidente debido aos mesmos elementos presentes no seu nacemento, o cal tivo lugar en contra do pobo, está corroído pola corrupción e non ten ningunha lexitimidade. Os dereitos e liberdades fóronnos roubados para favorecer os intereses dunha minoría e asegurar os seus beneficios, os mesmos que nos levaron a este estado de excepción social, a base de desmantelar a educación e a sanidade públicas, de reducir drasticamente as pensións dos nosos maiores, de apoderarse das nosas vivendas e de pechar empresas, e despedir miles de traballadoras e traballadores. Os distintos Gobernos sitúanse fóra da legalidade, converten en negocio os dereitos que tanto custaron conquistar e sustentan a corrupción, un feito xeneralizado pero non independente do sistema económico, que forma parte da estrutura mesma desta sociedade e é indispensable para o seu desenvolvemento. Tanto os corruptores coma os que se deixan corromper forman parte deste sistema inxusto de produción e distribución da riqueza.

Chamamos os pobos a que exerzan a súa soberanía, alzando a súa voz de abaixo arriba, democraticamente, para construír un proceso constituínte que garanta realmente as liberdades democráticas, o dereito a decidir e os dereitos fundamentais das persoas. Dende a MARCHA DA DIGNIDADE 22 M, consideramos que é importante articular unha mobilización unitaria, masiva e contundente contra as políticas que atentan contra os dereitos humanos e a xustiza social.

Unha mobilización contra o pagamento da débeda, polo emprego digno, pola renda básica, polos dereitos sociais, polas liberdades democráticas, contra os recortes, a represión e a corrupción, por unha sociedade de homes e mulleres libres, unha mobilización contra un sistema, un réxime e uns gobernos que nos agriden e non nos representan. Esiximos, polo tanto, que se vaian. Que se vaia o Goberno do PP e, tamén, todos os gobernos que recortan dereitos sociais básicos, todos os gobernos que colaboran coas políticas da Troika. Por iso facemos un chamamento a encher de dignidade e rebeldía a capital do Estado español, Madrid, o 22 de Marzo. Ese día chegaremos columnas de todas as latitudes da Península a Madrid e convocamos os madrileños e madrileñas a saír á rúa e incorporarse a esa gran mobilización da maioría social.


PAN, TRABALLO E TEITO

Á RÚA!!, QUE XA É HORA

Fonte: https://www.facebook.com/StopDesafiuzamentosFerrolTerra

http://marchasdeladignidad.org/

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

6 feb 2014

Presentación do libro "Lembranzas dunha vida", de Francisca Rodríguez Cabanas.

Maña venres, día 14 de febreiro, ás 20:30 h. no local da Fundaçom Artábria, terá lugar a presentación do libro "Lembranzas dunha vida", coa presencia da súa autora, Francisca Rodríguez Cabanas.

Francisca, coa súa "nova madurez¨", é unha gran activista social, foi un dos rostros máis entrañables do 15 M de Ferrolterra, sen dúbida unha desas "mulleres galegas con causa".



"Agarimosa amostra de experiências vitáis, através de relatos fugazes, que refletem as vivências de umha mulher, nada nos anos trinta do século passado. Lembranças que nos levam por corredoiras antigas do Reino da Galiza. Pinceladas duras da dura vida no rural; a escola, a dura procura de recursos, os casamentos de familiares, a cozedura do pam, os banhos nas praias, os desastres da tuberculose, lembrando as costureiras, a matança do porco, os nascimentos e a morte através dos conhecidos, etc, etc. Documento etnográfico, com mais de noventa pequenos fragmentos de outros tempos que, apesar da morrinha de alguns e de algumhas, nom voltarám mais. Outra estimada aperta à Cultura Galega."

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

28 ene 2014

Homenaxe a Amada García, da "Asociación Memoria Histórica Democrática"

O acto tivo lugar hoxe ás 17:00 h., a pé do muro do castelo de San Felipe, tantas e tantas veces testemuña muda do estrondo dos disparos realizados polos rifles dos fascistas

Premer na imaxe para acceder a galería de fotos
Este ano Gabriel tivo unha sorpresa especial, a súa bisneta representou cun violín o Himno Galego.

Ao remate da homenaxe, fomos facer a ofrenda floral ao cemiterio de Serantes, onde repousan os seus restos xunto cos doutr@s moit@s asasinad@s.

Queremos dar as grazas a todas as persoas que participastes nesta sentida homenaxe, así como ás forzas políticas asistentes, e en especial ao mestre gaiteiro, Victor Agulló, que tódolos anos participa desinteresadamente connosco.

Fonte: http://memoriahistoricademocratica.wordpress.com/

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

12 ago 2013

Por fin este sábado realizarase o "ApocaCRISE ZOMBI"

Despois de suspenderse polo tráxico accidente de tren en Compostela, por fin este sábado realizarase o "ApocaCRISE ZOMBI"

Os "Mortos Viventes" nos que nos queren converter, tomaremos a rúa e faremos ver que nos quedan forzas, que aínda que sexa arrastrándonos seguiremos loitando por recuperar a dignidade secuestrada.

Invitamos a toda a cidadanía a disfrazarse de Zombis, o próximo sábado, 17 de agosto. Recoméndase traer moito sangue, sucidade, humor e indignación.

A marcha Zombi partirá dende as "catacumbas" do derruído casco histórico de Ferrol Vello, fronte o peirao de Curuxeiras, ás 12:00 h. e percorrerá a rúa de San Francisco, Praza de Amboage, e rúa Real, para chegar finalmente á Praza de Armas, onde o polifacético compañeiro, Guillermo Ferrán, poñerá voz aos "Mortos Viventes" dando lectura a un Manifesto de Indignación.

ANIMARVOS!!

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

23 abr 2013

"VI SEMANA de POESÍA SALVAXE"

“A palabra encarnada”

Outro ano máis o DESgoberno municipal dá as costas á cultura. Outro desplante á cultura, do aínda alcalde, José Manuel Rey Varela, e faino a pesar do rubor que lle supuxo ver que esta iniciativa era galardoada o ano pasado co "Premio Anual de Cultura" que concede o "Diario de Ferrol"

A poesía tomará as rúas e distintos espazos públicos, tamén encherá locais da cidade con recitais e actuacións musicais. 


Mañá mércores, día 24, ás 18,30 hs, na Praza de Armas é a posta de longo, que arrancará coa lectura do Manifesto.



PROGRAMA:

MÉRCORES, 24: 
- 18:30 h. Pza. Armas: Karlotti, Marcos Lorenzo, Víctor M. Díez, Guillermo Ferrández. 
- 19:30 h. Ricardo Ledo, Pablo Portero, Paco Regueiro, Juana Corsina. 
- 23:30 h. Pub Cazadores : Séchu Sende, Felipe Zapico, Víctor, Karlotti, Guillermo, Manolo Bacalhao, Comando Ártabro Poético.(*)

XOVES, 25: 
- 12:30 h. Mercado Magdalena : María Lado, Lucía Aldao, F. Zapico, Séchu, Karlotti, Víctor. 14:00 h. Pasarrúas. 
- 18:30 h. Biblioteca: Alba González. 
- 19:30 h. Esteiro e Ferrol Vello : Pedro, Zapico. Todos, con Al Vidal e Eli Quartier. 
- 21:30 h. Cafelito de Gloria: celebración 25 de Abril, Pedro Campos, M.Bacalhao e Fernanso Naveiras. 
- 23:30 h. Sala Súper 8: The Big Lebowskis: Tiago Gomes & Francisco Rebelo. Ricardo Ledo, Pedro Campos, Comando Ártabro.

VENRES, 26: 
- 12:30 h. Mercado Recimil: Adolfo G. Ortega, Estevo Creus, F. Zapico, Alba González. Comando Ártabro. 
- 14:00 h. Pasarrúas: La Ventanita (Licas, Olga e Cristina), Al Vidal e Eli Quartier. 
-  18:30 h. Pza. Armas/ Canido/ Esteiro: La Ventanita, Xiana Arias, Olalla Cociña, Tiago, Adolfo, Al Vidal e Eli Quartier. 
- 23:00 h. Pub Carteles: Alfredo, Xiana, Olalla, Ildefonso Rodríguez, Chefa Alonso e Cova Villegas. Adolfo García Ortega.

SÁBADO, 27: 
- 13:30 h. Pub Cazadores: Javier Semprún, Ramiro Vidal, Tiago Gomes. 
- 18:30 h. Ateneo: Olalla e Ildefonso Rodríguez, Xiana Arias, Ramiro Vidal, Chefa e Cova Villegas. Comando Ártabro. 
- 21:00 h. Cafelito de Gloria: Ramón Blanco e Pablo Sax. 
- 22:00 h. Manchita Cosa. 
- 23:00 h. Festa final no Pub Carteles: Todos.

(*) Comando Ártabro da Palabra Encarnada: Pablo Portero, Fernando Naveiras, Juana Corsina, Ricardo Ledo, Paco Regueiro e Manolo Bacalhao, etc

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

10 mar 2013

Amador, Daniel, a loita continúa!!

Este ano non asistín á ofrenda floral institucional no monumento 10 de Marzo, monumento que homenaxea os compañeiros Amador e Daniel, asasinados  naquel fatídico 10 de Marzo do 72 .

Paréceme un insulto que a corporación municipal do P€P€ siga tendo o descaro de comparecer en tan digno acto, non se pode esquecer que nunca condearon nin o golpe de estado nin a represión, e seguen sendo os herdeiros do fascismo.

Pero si asistín á Praza de Armas, lugar onde se deu lectura ao manifesto de CC.OO, USTG, e UXT. Así como logo puden achegarme ao monumento 10 de marzo, que foi onde a CIG realizou a súa ofrenda floral e realizou o seu acto.


CC.OO, USTG, UXT



CIG



Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio

9 mar 2013

Conmemoración do Día Internacional da Muller Traballadora

Fotos do acto celebrado onte en Ferrol, en conmemoración do Día Internacional da Muller Traballadora, o mesmo foi organizado pola Marcha Mundial das Mulleres, que contou coa colaboración do grupo teatral "Bartoleta Teatro", aparte dalgúns voluntarios que tiveron que facer o papel máis "suzo" da representación (Rajoy, Botín, Feijóo, Rey Varela, etc..)



 
M.M.M 8 DE MARZO DO 2013 EN FERROL from Susete70 on Vimeo.


Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio

23 jul 2012

Homenaxe “Os nosos veciños en Mauthansen”.

O vindeiro xoves, 26 de xullo, terá lugar a Homenaxe “Os nosos veciños en Mauthansen”.

Ás 19:00 h. comezarán os actos dá homenaxe na “Casa dá Xuventude” de Ares, coa inauguración dá “Exposición Fotográfica” e Proxección dá documental “Galegos en Mauthansen” do Director Xosé Abad, (a duración é de 15 m.) feita de forma totalmente desinteresada por parte de Xosé e Sandra García Rey.

Ás 20:00 h. no Parque Rosalía de Castro, terá lugar a inauguración do monumento conmemorativo. Trátase dunha vía do tren que sube o ceo como unha escaleira, nela van os nomes dos Ferrolterráns que estiveron no Campo de Concentración.


O venres, 27 de xullo

Ás 19:30 h. e como colofón de cerre dás xornadas, terá lugar unha Conferencia Coloquio non antigo local de “Alianza Aresana”, esta charla a dirixe Ana María Sánches Alcubierre, dá “Asociación Amicale de Mauthansen”, e Enrique Barrera Beitia, Secretario dá “Asociación Memoria Histórica Democrática”.

Ao remate dá mesma obsequiarase aos presentes o libro “Galegos en Mauthansen”.



Organizado por: Concello de Ares, Asoc. Memoria Histórica Democrática e Asoc. Cultural Fuco Buxán,
coa colaboración de: Deputación de A Coruña, Asoc. Amicale de Mauthausen, EAF Produccións, e os Concellos de Ferrol, A Capela, Cedeira, Fene, Miño e Monfero.


http://memoriahistoricademocratica.wordpress.com/2012/07/13/homenaxe-de-ferrolterra-os-nosos-vecinos-en-mauthansen/

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

13 jul 2012

Homenaxe de Ferrolterra “Os nosos veciños en Mauthansen”.

O vindeiro xoves, 26 de xullo, terá lugar a Homenaxe “Os nosos veciños en Mauthansen”.

Ás 19:00 h. comezarán os actos dá homenaxe na “Casa dá Xuventude” de Ares, coa inauguración dá “Exposición Fotográfica” e Proxección dá documental “Galegos en Mauthansen” do Director Xosé Abad, (a duración é de 15 m.) feita de forma totalmente desinteresada por parte de Xosé.


Ás 20:00 h. no Parque Rosalía de Castro, terá lugar a inauguración do monumento conmemorativo. Trátase dunha vía do tren que sube o ceo como unha escaleira, nela van os nomes dos Ferrolterráns que estiveron no Campo de Concentración.


O venres, 27 de xullo
Ás 19:30 h. e como colofón de cerre dás xornadas, terá lugar unha Conferencia Coloquio non antigo local de “Alianza Aresana”, esta charla a dirixe Ana María Sánches Alcubierre, dá “Asociación Amicale de Mauthansen”, e Enrique Barrera Beitia, Secretario dá “Asociación Memoria Histórica Democrática”.

Ao remate dá mesma obsequiarase aos presentes o libro “Galegos en Mauthansen”.


http://memoriahistoricademocratica.wordpress.com/2012/07/13/homenaxe-de-ferrolterra-os-nosos-vecinos-en-mauthansen/


Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

26 feb 2012

"O latexo da vida e da conciencia"

O venres, 9 de Marzo, no Salón de actos do Vicerreictorado de Esteiro, terá lugar a presentación do Libro Biográfico da vida de Rafael Pillado.

"O latexo da vida e da conciencia"

Coa edición deste libro a ÁS Fuco Buxán quere render unha homenaxe a todos os traballadores e ao Movemento Obreiro de Ferrol Terra, en conmemoración do 40ª Aniversario dos Sucesos do 10 de Marzo de 1972, no que a policía Franquista disparou contra unha manifestación dos traballadores do naval, dando morte a Daniel Niebla e a Amador Rey

As duas mortes e a morea de feridos polo ataque policial provocaron unha resposta fulminante e unánime dos ferroláns e ferrolás, un rexeitamento a aquelas accións fora de toda medida. O réximen pretendía producir unha grande conmoción a sangue e lume que xustificase despedimentos e cadeas para desfacer a organización opositora dos traballadores. O réximen daba por perdido o seu control sobre esta comarca, como recoñecía o xefe do servizo secreto, Coronel San Martín, e quería reprimilo custase o que custase.
Por estes feitos acaecidos en Ferrol, conmemorase o 10 de Marzo o Día da Clase Obreira Galega

RAFAEL PILLADO LISTA, Foi un destacado militante do Partido Comunista cando esa formación aínda estaba na clandestinidade durante a ditadura de Franco, formación da que foi elixido Secretario Xeral en 1979, foi tamén un dos fundadores de Comisións Obreiras de Galicia. A súa militancia obreira custoulle ser procesado en 1972 no chamado "Xuízo dos 23", o último dos grandes procesos realizados polo Tribunal de Orde Pública (TOP), unha instancia xudicial do Franquismo tardío. Foi condenado en 1975 e amnistiado en febreiro do ano seguinte.

Actualmente é directivo da Asociación Cultural Fuco Buxán, membro do Comité de Emerxencia Cidadá para a Ría de Ferrol, creador das Mesas de Converxencia Social en Galicia e un longuísimo historial de loita social.

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

24 ene 2012

“Homenaxe Amada García 2012″

O venres, 27 de Xaneiro, ás 17:00 h, no Castelo de San Felipe, a Asociación Memoria Histórica Democrática rende homenaxe a todas as mulleres represaliadas polo Franquismo, esta homenaxe faise na figura da mugardesa Amada García.

Estaríamos honrad@s en contar coa vosa asistencia, así como a de toda a xente que decida acompañarnos ese día.

Sen máis, recibe un cordial saúdo da nosa asociación.

Un abrazo e saúde

Amada foi detida polos golpistas estando embarazada, facendo que máis tarde o Consello de guerra, aprazase a aplicación dunha sentenza de morte, ata o nacemento do seu fillo (Gabriel). Á espera dese momento, estivo confinada no Cárcere de Mulleres de Ferrol, logo o 31 de outubro de 1937 ao “Hospital de Caridade de Ferrol”, onde pariu. 88 días despois, o 27 de xaneiro de 1938, foi conducida ao Castelo de San Felipe. Alí foi executada, por un pelotón de fusilamento, en xaneiro de 1938, o mesmo día onde tamén foron executados, no mesmo lugar, outras sete persoas da mesma bisbarra: Juan José Teixeiro Leira, José María Montero Martínez, Anxo Roldos Gelpi, Antonio Eitor Caniça, de Mugardos; Ramón Rodríguez López, Jaime Gonzales Perez, de Ares; e Germán Lopez García, de Cabanas.

http://memoriahistoricademocratica.org/

http://memoriahistoricademocratica.wordpress.com/


Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio