Mostrando entradas con la etiqueta agro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta agro. Mostrar todas las entradas

15 jul 2015

O venres, Marcha en Defensa do Sector Lácteo Galego

O venres, día 17 de xullo, ás 12:00 h. terá lugar unha marcha de protesta organizada pola "Plataforma en Defensa do Sector Lácteo Galego" para reclamar solucións urxentes á crise de prezos, á inseguridade na recollida do leite e árbitraxe nos contratos entre industrias e granxas.

A marcha partirá ás 12:00 h. dende a explanada de Salgueiriños, Compostela (entre as rúas Melide e Manuel María, no entorno do edificio da Axencia Tributaria), discorrerá por diante da Xunta de Galicia (San Caetano), e rematará na praza da Quintana, onde lerase un manifesto.

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

12 oct 2012

O Domingo en Compostela, Manifestación Galiza Non Se Vende

O vindeiro domingo, 14 de outubro, ás 12:00 horas na Alameda de Santiago de Compostela, Galiza Non Se Vende organiza un Xuizo Popular aos responsables da destrucción e o desleixo da nosa terra e o noso mar. 



Estes son os cargos que se lles imputan: 


  • Perda da soberanía alimentar (abandono do sector primario, mar, rural..) 
  • Desastrosa xestión de residuos e contaminación 
  • Minería salvaxe e sobreexplotación dos recursos (ríos, montes, vento…) 
  • Desprotección da biodiversidade 
  • Esfarelamento do territorio (infraestruturas, especulación..) 
  • Abandono do patrimonio cultural 


Polo noso presente, polo noso futuro, polo futuro dos nosos fillos, DEFENDAMOS A TERRA E O MAR Acude a Compostela. 

 NON FALTES !!!


 http://arianonsevende.wordpress.com/2012/10/09/domingo-14-de-outubro-mobilizacion-en-compostela/

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio

22 jun 2009

El depredador vegetal es vulnerable

En los Estados Unidos, cinco hectáreas de cultivos de soja transgénica han de ser abandonados por los agricultores y cincuenta mil más están seriamente amenazados. Este pánico se debe a una "mala" hierba, que decidió oponerse a la Monsanto, la gigante, conocido por ser el mayor depredador de la Tierra. Insolente, esta planta crece y mutante desafía el Roundup, el herbicida a base de glyphosphate.

Fuente:http://www.altermonde-sans-frontiere.com/spip.php?article10632

29 nov 2008

demanda da Plataforma Galega Antitransxénicos

Os activistas antitransxénicos demandan entrevistas con Quintana e Touriño

"Tras a covardía amosada polos parlamentarios que nos representan", a PGA pide que se controle a entrada de organismos xeneticamente modificados nas nosas terras.

26 nov 2008

O Parlamento declara o noso país Zona Libre de Transxénicos

Esta cuarta feira debatiuse no Parlamento unha Proposición non de Lei, feita pola deputada nacionalista Tareixa Paz, para que o noso país sexa declarado oficialmente Zona Libre de Transxénicos, para que se prohíba o seu cultivo namentres non se investigan os seus efectos na saúde das persoas, os animais e o medio.
o PPdeG, coa normativa comunitaria na man, lembroulle ao BNG que non se pode prohibir o cultivo e a produción de organismos modificados xeneticamente no noso país, e o PSdeG sinalou que é bo investigar, e tantear os prexuízos e beneficios que poderiamos tirar do seu cultivo. Houbo acordo, mais encamiñado a salvar os nosos cultivos tradicionais na convivencia cos modificados xeneticamente, e deixando de lado proposta, máis ambiciosa, que facían os nacionalistas.
(más)

23 nov 2008

¡¡Galiza libre de transxénicos!!



O vindeiro Mércores, 26-N, ás 11:30 am todas/os ao Parlamento Galego!!!Debate da Proposición non de lei para a declaración da Galiza zona libre de transxénicos.Representantes da Plataforma Galega Antitransxénicos acudirán ao debate.Mentras, no exterior, organizarase unha acción-protesta (pancartas, disfraces...) para deixarmos ben claro que o povo galego rexeitamos a manipulación xenética da Nosa Terra.

22 nov 2008

Galicia cultiva transxénicos perigosos para a saúde


En España cultiváronse só neste ano 98 campos experimentais cun millo transxénico cuxos danos sobre a saúde foron recentemente demostrados. 93 municipios de todo o estado, dos cales 9 son galegos, albergaron ensaios ao aire libre con este transxénico, o que expón graves riscos de contaminación.

15 nov 2008

Estados Unidos elige Galicia para plantar maíz transgénico

EL CORREO GALLEGO GALICIA 12/11/2008 Natalia Sequeiro SANTIAGO

El cultivo de organismos genéticamente modificados no ha llegado aún a la comunidad ·· La UE sólo permite sembrar un tipo de este vegetal resistente al taladro, que no afecta aquí ·· La multinacional de EEUU ensaya un nuevo producto que está a punto de aprobarse.

(enlace)

Un millo transxénico produce danos potenciais sobre a fertilidade

Un estudo feito público polo Goberno de Austria identifica graves ameazas para a saúde por consumo de organismos modificados xeneticamente. Este estudo é un dos escasos realizados a longo prazo dos efectos dos transxénicos na alimentación. Conclúe que a fertilidade dos ratos alimentados con millo modificado xeneticamente viuse seriamente danada, cunha descendencia menor que os ratos alimentados con millo convencional. Este millo está aprobado para alimentación humana e animal na Unión Europea e cultivouse de forma experimental en Galicia polo menos durante tres anos.

(enlace)

XA AVISOU DESTE PERIGO Isabel Vilalba (Dirixente do Sindicato Labrego Galego e da Rede Internacional "Vía Campesina").Na conferencia “Da crise á soberanía alimentaria”.