Mostrando entradas con la etiqueta manifestacion. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta manifestacion. Mostrar todas las entradas

17 may 2017

"En Galego sen límites" e sen @s de Ferrol

Premer para ver as fotos
"En Galego sen límites"

Ese era o lema da manifestación celebrada hoxe en Compostela, co fin de reivindicar o dereito para usar o noso idioma.

Como sucede todos os anos a praza estaba petada, pero con notables ausencias.

A coalición electoral que goberna Ferrol, FeC non tivo representación algunha, (a non ser que designasen ao Sr. Cebrales para exercer tal función).

Sei dun concelleiro que estivo nos actos do día das Letras Galegas en San Xurxo, e dunha concelleira que lle foi imposible por problemas personais.

Pero o resto deles qué facían???......

Igual algún deles estivo ocupado cos seus quefaceres institucionais, promocionando ao Parrulo de Futbol sala, ou tentando pelotear ao Presidente do club de baloncesto feminino "Universitario" , ( ex concelleiro de IF con Juan Fernández, e critico opositor á esquerda como tertuliano en Radio Voz).
E vou supoñer, que outro dos poucos que quedan pasou o día buscando un raro compositor moldávio descendente de pais escandinavos, especialista en tocar castañuelas checas coas orellas, porque o raro e rebuscado parece cultura e véndese mellor.


Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

1 may 2017

O peor 1º de Maio na historia de Ferrol.

Premer para ver as fotos
Por unha banda a manifestación de CC.OO e UXT, con apenas 1000 manifestantes, que unha vez chegados á Praza da Constitución quedaron en 400. A lectura que quito da mesma é que vin partidos de esquerda desfragmentados, militantes dispers@s e escondid@s uns doutr@s. Algún tivo que encher a pancarta con xente de recente afiliación, e outros non levaron pancarta porque literalmente non asistiron. 
Premer para ver as fotos
Os mal chamados movementos sociais desaparecidos, e tampouco se lles fixo en falta.

Á mesma hora, na Praza Vella de Ferrol Lanuxe, manifestábase a CIG, arroupado polo BNG, Causa Galiza, e unha representación do FEGAMT. Esta contou coa presenza duns 400 manifestantes.

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

19 mar 2016

Manifestación en Ferrol contra o acordo fascista da UE que impulsa a deportación d@s refuxiad@s.

Escasa participación na manifestación realizada hoxe en Ferrol contra a deportación de refuxiad@s por parte da UE, (apenas unhas 300 persoas), a pesar diso había representación da maioría das forzas políticas da cidade, as sindicais como vén sendo habitual non estaban, (agás dalgúns militantes) 

Queda patente a incapacidade de mobilización por parte de destes, e a falta de sensibilidade doutros.


Posted by Susete Ferrol on sábado, 19 de marzo de 2016


Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

24 feb 2016

Manifestación contra a Lei de Acuicultura, sábado día 27 en Compostela

O próximo día 27, en Compostela, terá lugar a gran manifestación contra a Lei de Acuicultura impulsada desde a Xunta de Galicia. Con esta nova Lei preténdese favorecer a implantación de multinacionais e grandes empresas para que xestionen as nosas Rías, deste xeito acabar expulsando aos mariscadores e mariñeiros da xestión tradicional dos nosos recursos pesqueiros e marisqueiros.



Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

13 dic 2015

Manifestación en defensa do sector naval celebrada hoxe en Ferrol

Evia e Silveira
Cunha marcada tinguidura electoralista, e en contra dos DESgobernos autonómico e central do P€P€, tivo lugar a manifestación en defensa do sector naval. Esta partía ás 12:00 do mediodía dende o Inferniño rumbo á Praza de Galicia, onde se deu lectura ao manifesto de indignación. Cabe destacar a presenza das "cúpulas" de varios partidos, así como a de varios alcaldes da comarca, entre eles; Secundino Casal, San Sadurniño, e Jorge Suárez, Ferrol.

A mobilización pódese considerar un fracaso, pois a pesar de contar co apoio do sector gandeiro, que fixeron acto de presenza cos seus tractores, a duras penas 5.000 manifestantes, dos cales tan só chegaron á praza o 50% deles.

O máis vergoñoso foi que o Sr Evia, concelleiro do P€P€, e o seu inseparable amigo, o empresario Sr. Silveira, deixásense ver fumando un pitillo ás portas dunha cafetería mentres o pobo loita por acadar dignidade para Ferrolterra.






Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

15 jul 2015

O venres, Marcha en Defensa do Sector Lácteo Galego

O venres, día 17 de xullo, ás 12:00 h. terá lugar unha marcha de protesta organizada pola "Plataforma en Defensa do Sector Lácteo Galego" para reclamar solucións urxentes á crise de prezos, á inseguridade na recollida do leite e árbitraxe nos contratos entre industrias e granxas.

A marcha partirá ás 12:00 h. dende a explanada de Salgueiriños, Compostela (entre as rúas Melide e Manuel María, no entorno do edificio da Axencia Tributaria), discorrerá por diante da Xunta de Galicia (San Caetano), e rematará na praza da Quintana, onde lerase un manifesto.

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

10 may 2015

O "Ferrol do Desemprego tomou as terrazas da cidade".

Unhas 7000 persoas (segundo os máis optimistas) manifestáronse en defensa do sector naval, pero das cales apenas dous millares chegaron ao final do percorrido na Praza de Armas. (o resto debeu recalar nas terrazas).



Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

17 mar 2015

Mobilizacións na defensa da Sanidade Pública

O vindeiro xoves 19 de marzo SOS-Sanidade Pública convoca mobilizacións en todas as áreas contra os recortes e as políticas de desmantelamento e privatización da Sanidade Pública.


Actos confirmados:

BURELA. Hospital da Costa. 20:30h.

OURENSE. Subdelegación do Goberno (Parque de San Lázaro), 11h.

O BARCO. Hospital Comarcal Valdeorras. 20h.

PONTEVEDRA. Hospital Provincial 20h.

BARBANZA. Ribeira, Praza do Concello, 20h.

SANTIAGO. Praza do Toural, 20h.

FERROL. Praza de Armas, 19h.

VIGO. Praza de España, 20h.

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

27 nov 2014

O Manifestódromo de Ferrol retoma a súa actividade!!

Non foi sen tempo!! despois de meses a velas vir, o Naval de Ferrol volta a tomas as rúas.



@s traballadores/as do astaleiro fixeron un peche dentro da factoría ata ás 18:30 h. intre no que partiron cara ao Concello, onde celebrabase o pleno ordinario de fin de mes.  Mentras na praza concentrabanse unhas 800 persoas, unha pequena representación sindical repartíu un escrito entre os distint@s concelleir@s, no cal pedíase a dimisión do aínda Alcalde de Ferrol

No mesmo Pleno protestaban @s traballadores/as de "Cleanet", empresa que presta os servizos de limpeza para a Armada. Dous meses sen cobrar e sin obter resposta por parte da empresa nin de defensa fai que estes/as traballadores/as pidan agora respostas o DESgoberno local do P€P€.


QUE DURE A FESTA!!




Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

20 nov 2014

O domingo en Ferrol, manifestación contra a "lei mordaza"

A Alianza Social Galega convoca para o vindeiro domingo, día 23 de novembro, mobilizacións contra a reforma da Lei de seguridade cidadá, coñecida como "lei mordaza". Haberá manifestacións na Coruña, Ferrol, Compostela, Lugo, Monforte de Lemos, Ourense, Pontevedra, Vilagarcía de Arousa e Vigo. 


A de Ferrol sairá ás 12:00 h. dende a Praza de España


Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

30 jun 2014

Resumo da manifestación unitaria contra a represión sindical

Hoxe celebrouse unha manifestación unitaria contra a represión sindical, e polo indulto de Ana, Támara, Serafín e Carlos, @s catro compañeir@s condeados con penas de prisión por ter defendido os dereitos d@s traballadores/as.

O resumo desta é "peor imposible", malia contar co apoio unitario dos sindicatos apenas mobilizou a 400 persoas.

@s "Imbéciles e escuros" 
Refirome @s miles de traballadores/as e desempregad@s de Ferrol que quedan nas súas casas mentres uns compañeir@s van ser privados da súa liberdade.

Onde están @s desempregad@s do sector naval, ex-clase media acomodada que tanto defendimos?....

Chegará o día que rematen as prestacións e véxanse coa neveira baleira, daquela.. quizais.. esperten.




Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

Hoxe luns, ás 20:00 h. manifestación unitaria contra a represión sindical

Hoxe luns, ás 20:00 h. na praza de España, terá lugar unha manifestación unitaria contra a represión sindical, e polo indulto d@s catro compañeir@s condeados con penas de prisión por defender os dereitos d@s traballadores/as.

Convocan: CIG, CCOO, UGT, USTG.

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

19 jun 2014

Manifestación na defensa dos postos de traballo en Correos

A plataforma de carteiras de Ferrol convoca a cidadanía a unha manifestación para o vindeiro xoves día 26 de xuño, ás 19.30 h. na Praza de España, a mesma é para protestar polos recortes de persoal, que pode chegar a afectar a un 25% d@s traballadores/as. Aparte dos despedimentos vanse executar xubilacións anticipadas e eliminar os postos vacantes que se viñan cubrindo con persoal temporal.

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

1 may 2014

Resumo do 1º de Maio en Ferrol

Dúas manifestacións case parellas pero cada unha polo seu lado, a da CIG reuniu sobre 3.000 manifestantes, e a convocada por CC.OO, UGT, e USTG pouco máis de 3.000. Agora tócalle aos sindicatos realizar unha valoración destas, ao meu modo de ver a da CIG estivo algo máis animada que en anos anteriores, e a dos outros tres sindicatos, sentíndoo moito, foi un auténtico fracaso.

Á conclusión da manifestación de CC.OO, UGT, e USTG, dous
membros da a.C Fuco Buxán, megáfono en man, Rafael Pillado Lista, e Manuel A. Rodríguez Carballeira (Lalán), dirixíronse aos asistentes anunciando que ían protagonizar unha protesta cidadá, que ía consistir en rodear o Concello portando velas, e que esta se mantería durante todo o día.

Este acto anuncieino como unha convocatoria das "Marchas pola Dignidade", pero tal como me confirmaron hoxe varios compañeiros que participan nestas, PARA NADA ten que ver coas "Marchas".




Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

30 abr 2014

Manifestacións do 1º de Maio

A manifestación da CIG, partirá ás 11.30 h. dende a sede do sindicato, na Avda. de Esteiro, e finalizará na praza vella de Ferrol Vello, lugar que simboliza a ruína da cidade. 

Por outra parte, ás 12:00 h. dende o Inferniño, sairá a manifestación de CC.OO., UGT e a USTG, e finalizará na Praza de Armas.

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

30 mar 2014

8.000 cidadáns, e dez indesexables, maniféstanse en Ferrol en defensa do sector Naval.

Manifestación celebrada hoxe en Ferrol en apoio ao sector Naval. A asistencia foi moi inferior ao esperado, case pódese cualificar de pésima, pois non creo que se chegase a 8.000 persoas, o que representa sobre un 10% da poboación total de Ferrol, cantidade da que habería que descontar a asistencia doutras localidades.
Desta vez a "culpa" non pódeselle atribuír á falta de información, pois constame cos sindicatos envorcaronse en publicitala.

Varios deputados decidiron arroupar o acto, entre eles; Juan Manuel Fajardo, e Yolanda Díaz, do grupo parlamentario AGE; Francisco Jorquera, do BNG; e Beatriz Sestayo, do PSOE. E tamén algún alcalde da bisbarra, como Secundino García, alcalde de San Sadurniño.


P€p€ros que participaron
O aínda alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, realizou fai uns días un chamamento sumándose a esta convocatoria, pero non tivo collóns abondo como para aparecer. E máis valeulle, pois varios compañeir@s tiñan pensado mantealo no medio da praza. Os que si tiveron jeta foron outros p€p€ros, entre eles Germán Castrillón, alcalde de Cabanas; e Gumersindo Pedro Galego Feal, alcalde de Fene; (Estes xa non contan, pois son desvergoñados habitualmente).

A lectura do manifesto correu a cargo de Germán Castro, ex director do Diario de Ferrol, que tivo palabras de verdadeiro desacougo sobre situación actual que padece Ferrolterra, dixo que "Nunca viviuse unha situación tan dramática nos astaleiros". Tamén recordou que esta crise destruíu outros miles de traballos doutros sectores, como é o caso do xornalismo.






Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

27 mar 2014

Uns 2.500 traballadores/as do sector naval, realizaron hoxe unha marcha ata o edificio de Facenda.

Uns 2.500 traballadores/as do sector naval, realizaron hoxe unha marcha ata o edificio de Facenda, nas Telleiras.

O recinto estaba fortemente custodiado polos antidisturbios, tanto no exterior coma no interior, onde se parapetaban máis unidades de intervención rápida. Na estrada pintáronse os lemas: Dique SI, Veto NON!, e Traballo XA!. A continuación procedeuse á queima dunha fragata de cartón e madeira, que representa as promesas do P€P€ en canto á construción dunha unidade nos asteleiros de Ferrol.

Esta protesta é a penúltima deste mes de marzo, pois a seguinte cita é a manifestación do próximo domingo, día 30, que partirá ás 12:00 h. da praza do Inferniño.




Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

Uns 300 estudantes percorreron as rúas de Ferrol, na manifestación convocada polo Sindicato de Estudantes.

Uns 300 estudantes percorreron as rúas de Ferrol, na manifestación convocada polo Sindicato de Estudantes.

Hoxe malia haber previamente unha marcha polo naval, @s traballadores/as dos estaleiros non se sumaron á protesta estudantil, tal como acontecera na anterior convocatoria.





Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

26 mar 2014

"Dous millares" na defensa da sanidade.

Apenas dous millares de persoas, secundaron a manifestación na defensa da sanidade pública, celebrada hoxe en Ferrol.





Onde ... están @s 17.000 compañeir@s desempregad@s?.

Confunden os 420 euros do subsidio coa Renda básica de subsistencia?.

Cren co pensionista ao que estanlle a "tirar da teta" vai estar sempre aí?.

Ou non será que as convocatorias chegan soamente ás mesmas persoas?. Porque non se explica tal fracaso.



Antes, e durante o franquismo, os panfletos tirados en imprentas manuais chegaban a todo o mundo, isto debíase aos limitados avances tecnolóxicos da época, que malia ser escasos, e caros, facíase este traballo, e funcionaba. Isto era porque as persoas encargadas de por en funcionamento os aparatos de comunicación, traballaban, eran xentes dispostas a dar o seu tempo e xogarse a vida por outra sociedade máis xusta. Actualmente, e co frenesí tecnolóxico, cada fogar é un "parque temático", á parte de todas as consolas e reprodutores multimedia que temos, dispoñemos dunha ampla variedade de vías de comunicación; infinidade de canles televisivas; diarios dixitais de todo tipo, e páxinas web de contra información; redes sociais; plataformas de comunicación por internet (Wasap, Line, WeChat, etc...) Si as ferramentas están aí, e son gratuítas.....  só hai que usalas e traballar!.

Si enriba de fodid@s imos aburrirnos... mal imos..  A quen non lle apetece un pouco de Rock and roll?

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.