Mostrando entradas con la etiqueta ría. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ría. Mostrar todas las entradas

10 mar 2015

26 jul 2013

"A fiscalía denuncia dous xefes da Xunta polo dragado da ría de Ferrol".

Un dragado que claramente era para favorecer a navegabilidade nocturna de gaseiros para dar servizo á ilegal planta de gas "Reganosa", un tráfico de gaseiros que xa se viña producindo ilegalmente en horarios de nula visibilidade.

Adega denunciou que existía un informe técnico contrario ás obras mesmo antes de que estas se iniciasen o 20 de outubro de 2011. Dende entón defendeu unha e outra vez que no chamado Proxecto de mellora dos calados dá canle de entrada ao interior dá Ría de Ferrol (LIC Costa Ártabra) estábase cometendo prevaricación e, hai un ano, en xuño de 2012, pediu xa o "cesamento inmediato" dos "responsables dos organismos implicados nesta chafallada". Segundo denunciou entón ante a fiscalía e a Comisión Europea, foran dous as Administracións que "conscientemente" "deturpado o procedemento". Tanto os supostos implicados na consellería coma os do ministerio de Medio debían "render contas ante a xustiza" por vulnerar as leis ambientais.

O secretario executivo de Adega, Fins Eirexas, describe a busca que levou a cabo o seu grupo neste asunto, convencido de que houbera "escandalosas irregularidades", como un "verdadeiro labor de investigación". A sorpresa supina chegou o día que, cotexando datas, os ecoloxistas descubriron que un dos escritos fora incluído "a posteriori", "chafalleiramente imprimido nun papel cun logo da Xunta que nin existía cando se tramitou a obra". Para acceder ao expediente administrativo tiveron que recorrer ao Valedor, ao que finalmente a Xunta remitiu aquel informe que se mantivera oculto e que se opoñía rotundamente ás obras.



No 2005, o Instituto Xeográfico da Mariña localizou tres agullas rochosas e unha área de sedimentos que teoricamente dificultaban a entrada de determinados barcos. En 2011, o Porto de Ferrol utilizou explosivos para eliminar eses obstáculos sen achar trabas nas autoridades ambientais. Parte daqueles fondos formaban parte do LIC Costa Ártabra, "un dos ecosistemas máis biodiversos de Galicia, no que frecuentemente aparecen novas especies", recorda Adega.

Fontes:
http://adega.info/info/090121joomla/novas-adega-ferrolterra/1036-denunciados-na-fiscalia-dous-altos-cargos-de-medio-ambiente-por-prevaricacion-falsidade-documental-e-delicto-abiental-no-dragado-da-ria-de-ferrol

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/07/23/galicia/1374609162_358530.html

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

10 may 2013

Protesta cidadán na defensa da Enseada da Malata e a Ría de Ferrol

Entre 200 -250 persoas concentráronse hoxe na Praza de Armas, ante o chamamento feito por parte do colectivo opositor ao trazado sur, colectivo formado por trinta colectivos e asociacións.

Xandro García, un dos voceiros do colectivo, destacou o alto valor ecolóxico e produtivo que ten aínda a ría, malia a falta de funcionamento da depuradora e aos lodos acumulados nela. A construción do trazado sur, co viaduto que teñen previsto, supoñería matar a Enseada da Malata, que vén a ser unha "ría dentro da propia ría".

Destacou tamén como interesante a charla mantida con Ana Pastor, ministra de Fomento, que recoñeceu descoñecer os datos e inconvenientes que lle trasladou o colectivo. Así mesmo comprometeuse a estudar a información que se lle envíe por parte do colectivo opositor a este trazado.

Cousa que a día de hoxe non fixo o aínda alcalde do DESgoberno de Ferrol, José Manuel Rey Varela, nen a "pandi" que ten como concelleir@s.



Blogue do colectivo opositor ao trazado sur.

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

3 jul 2012

NON HAI 2 SEN 3!!

O cúmulo de despropósitos, enganos, e ultrases aos que ven sendo sometida a ría de Ferrol por parte dos DESGOBERNANTES da Xunta de Galicia non ten nome, soamente termos xudiciais que fan referencia a delitos darían nome ao que nos están a facer na Ría de Ferrol.

Esta nova aparece despois da INAPELABLE SENTENZA ditada polo Tribunal Supremo, que ratificaba a sentencia ditada polo TSXG que anulaba a IL€GAL modificación do Plan Xeral de Mugardos, que serviu no seu día para conceder a licencia de obras para construír a IL€GAL planta de gas de REGANO$A.


Desta volta, o xornal "El País", na súa edición do 29 de xuño, denuncia que a Xunta ocultou un informe para facer un dragado que beneficiou a Reganosa

Os técnicos alertaban da "deterioración" que causaría a obra executada na ría de Ferrol

O informe existía e era claramente negativo. Non obstante, a Xunta non o incluíu no expediente ambiental que remitiu en 2010 ao Ministerio de Medio, do que dependía a aprobación dun novo dragado na ría de Ferrol feito á medida de Reganosa nun espazo parcialmente protexido dentro dos límites da Rede Natura.

O dragado executouse entre outubro e decembro de 2011 para retirar 2.575,06 metros cúbicos de rocha e area que, teoricamente, restaban calado e entorpecían a navegación cara aos estaleiros e a regasificadora de Mugardos. O porto de Ferrol utilizou explosivos para eliminar catro agullas de rocha granítica da canle de entrada á ría sen que a Administración central ou galega puxesen traba ningunha. Parte dos fondos mariños afectados integraban o LIC Costa Ártabra de ESPECIAL PROTECCIÓN NATURAL.

Seis meses despois, e coas obras xa rematadas, Adega destapou un informe técnico da Dirección Xeral de Conservación dá Natureza da Xunta, datado o 23 de xullo de 2010, que di con claridade que o dragado é "ambientalmente incompatible" coa conservación dos espazos e especies do fondo mariño "tanto dentro coma fóra da Rede Natura". "Provocaría unha importante deterioración na zona protexida e afectaría negativamente á composición e estrutura dos fondos mariños", conclúe o documento. Destaca, ademais, que na ría ferrolana se identificaron "18 especies novas para a ciencia" e que a perforación afectaría a dúas especies protexidas e outras dúas prioritarias. Os ecoloxistas engaden que se eliminaron sen contemplacións e con voaduras submarinas dúas formacións rochosas habitadas por 65 e 83 especies diferentes cada unha.

Durante os últimos dous anos, mentres o proxecto de mellora de calados na canle de entrada ao interior da ría de Ferrol continuaba o seu periplo administrativo, este informe incómodo e desfavorable permaneceu oculto nalgún caixón da Consellería de Medio. Sen argumentos en contra, o ministerio autorizou a obra o 13 de decembro de 2010, desbotando as alegacións de ecoloxistas e mariscadores.

Aínda que a zona do dragado tocaba espazos protexidos, na resolución ministerial non figuraba o informe do organismo competente -Conservación dá Natureza- que aparentemente non se pronunciara, aínda que legalmente debía facelo. Con todo, a Declaración de Impacto Ambiental (DIA) foi favorable e apoiábase nun informe positivo pero "incompleto", -a xuízo de Adega- da Secretaria Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

Días antes de comezar a dragar, a Autoridade Portuaria de Ferrol recibiu unha resolución de Conservación dá Natureza que daba o visto e prace ao calendario da obra, o último trámite antes de perforar. O permiso asinábao o mesmo xefe de servizo que un ano antes rubricara o primeiro informe crítico. Curiosamente, e segundo os ambientalistas, a autorización final do dragado xustificábase facendo referencia ao mesmo informe técnico que o desaconsellaba polos danos que ía causar nun espazo protexido.

En Adega obtiveron o informe negativo de Conservación case de rebote tras recorrer ao Valedor do Pobo ante as trabas que lles poñía a Xunta para consultar o expediente. O documento que lles faltaba por ver confirmou as súas sospeitas. "O dragado foi totalmente irregular e unha chafallada administrativa", afirman. O departamento de Agustín Hernández explica que tras o primeiro informe negativo do servizo provincial a Dirección Xeral pediu unha "aclaración complementaria" que tivese en conta "dous anexos que concluían que o impacto sería mínimo e sen afección á fauna".

Os ecoloxistas levaron o caso ante a fiscalía e elevaron a súa denuncia á UE. Consideran que a "reiterada ocultación" deste informe constitúe un posible delito de prevaricación.


Máis calado para gaseros

Todas as alegacións que Adega presentou en 2010 contra o proxecto para mellorar o calado da ría ferrolana estaban enfocadas a probar que era unha obra pensada por e para Reganosa. O primeiro gran dragado da ría realizárase en 1990. Retiráronse 72.730 metros cúbicos para despexar unha canle de 4 quilómetros e 160 metros de ancho. O segundo dragado empezouse a cociñar en marzo de 2007, dous meses antes de que Reganosa iniciase a súa actividade.
O prego que a Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao redactou en marzo de 2011 para adxudicar a obra expón que se detectaran "áreas de risco" preto dos castelos de La Palma (Mugardos) e San Felipe onde non se alcanzan os 12 metros de profundidade que figuraban nas cartas marítimas, o GPS dos buques. O dragado con explosivos que adxudicaron á empresa Sato por 252.188 euros buscaba "ampliar as marxes de seguridade" para o trasfego de buques cara a Navantia Fene e Ferrol, o porto interior e a planta de gas.
Para Adega, Reganosa foi a empresa máis beneficiada por un dragado "inapropiado" deseñado a propósito "para arranxar os graves problemas do tráfico de gaseros no interior da ría". Os buques que entran ao taller de reparacións de Navantia Fene-Ferrol viaxan sen carga e necesitan menos profundidade.

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

25 jun 2012

Acampada Denuncia en defensa de tódolos sectores produtivos da ría de Ferrol.

Hoxe, despois da charla do voceiro nacional do BNG, Guillerme Vázquez, no "Cantón de Molíns", varios compañeiros do BNG e Mariscadores/as de Barallobre, decidiron montar en San Valentín unha Acampada Denuncia en defensa de tódolos sectores produtivos da ría de Ferrol.

No acto do Cantón gardouse un minuto de silencio en recordo de Iría García B., (intre que recolle a fotografía) rapaza brutalmente asasinada esta tarde en Xuvia (Narón), todo apunta a que pode tratarse doutro caso de violencia de xénero





Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

8 jun 2012

"Día Mundial dos Océanos" e limpeza de praias

Hoxe, venres 8 de xuño, celébrase o Día Mundial dos Océanos. Con tal motivo, ADEGA convoca a todas as entidades interesadas a unirse nun evento de reivindicación e educación ambiental contra a contaminación mariña. Este día diferentes grupos de toda Galiza, participarán na limpeza simultánea de praias, nas tres provincias costeiras. Centros de ensino, escolas de surf, centros de mergullo, clubes de piragüismo, vela, asociacións de todo tipo ou grupos de particulares estades chamados a limpar as nosas praias e denunciar os graves problemas ambientais do lixo nos mares.. e na nosa comarca, temos pensado facer, entre outras cousas, unha limpeza na Praia de Caranza.

A cita é nas inmediacións da Ermida de Caranza, hoxe, venres 8 de Xuño, as 17:00h, para limpar a Praia. A acción terá lugar perante unhas dúas horas. Aberta á participar, colaborar, facer algunha actividade complementaria, ... a toda a cidadanía.

O contacto para colaborar é Xandro, | @mar_abaixo |facebook.com/xandro.garcia | Mallando na e-ira |, no telefono 660 839 493 , ou no correo-e babor6@gmail.com


Na Ría podes...


Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

5 may 2012

"118 Protesta Lexítima"

O día de hoxe o "Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol", realizou súa "118 Protesta Lexítima" contra a ubicación da planta de gas, e contra a navegación de gaseiros cargados con GNL no interior da Ría de Ferrol

E ONTE, AS COSTAS GALEGAS ESTIVERON DE NOVO EN PERIGO

No día de onte un petroleiro de bandeira británica, o British Osprey, que realizaba o traxecto entre Malta e Rotterdam cargado con miles de toneladas de cru, sufriu unha avaría na máquina, motivo polo que quedou sen goberno durante máis de 12 h. a 28 millas ao oeste de Corrubedo e a 40 da illa de Ons.

Hai uns días, o 3 de maio, celebrouse o Día Mundial da Liberdade de Prensa, e é tanta a "LIBERDADE" que segundo quen a conte esta é modificada e manipulada.

En "La Opinión", dise que a cantidade de cru que transportaba o petroleiro era de 62.000 toneladas, e que foron os efectivos de Salvamento Marítimo os que contactaron cos mandos do barco en vista de que este non se movía, momento en que dende o petroleiro recoñeceron que necesitaban axuda. A versión de "La COZ de Galicia", é outra ben distinta, o petroleiro ía cargado con 80.000 toneladas de cru, e que foi o petroleiro quen solicitou axuda.

Pregúntome, se a palabra "LIBERDADE" para os medios significa; "Dereito a terxiversar a realidade cada vez que acontece un feito que pode levar consigo unha alerta social"

Estou seguro que si se producise unha catástrofe, o DESGOBERNO da Xunta de Galicia tampouco coincidiría na cantidade de toneladas, diríannos que soamente levaba 20.000.







Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

24 abr 2012

Marcha improvisada do Naval ata o Concello de Fene

Hoxe ás 10:30 h. tiña lugar en Navantia Ferrol unha asemblea d@s traballadores/as, na que por unanimidade decidiuse emprender unha camiñada ata a o Concello de Fene. Aparte de pedir a construción inmediata do dique flotante, tamén se quixo amosar a solidariedade coa Cofraría de mariscadores de Barallobre, que levan a cabo un peche no Concello fenés, dende fai case un mes, debido aos impagos da Xunta do P€P€, polas labores de rexeneración dos bancos marisqueiros. (A Consellería do Mar debe máis de 400.000 €. a Cofraría de mariscadores de Barallobre)

Na asemblea aprobouse para o próximo xoves, realizar encerros nos estaleiros de Ferrol e Fene ata as 17:30 h. Hora na que se saberá a resolución plenaria dos municipios da bisbarrana, da que se que se agarda ter unha declaración de respaldo para sector Naval.

http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/naval-ferrolano-manifiesta-sorpresa/idEdicion-2012-04-24/idNoticia-743139/


Hoxe mesmo, traballadores/as do sector naval de Vigo, encerráronse na sede territorial da Xunta en Vigo para reclamar unha solución urxente para o sistema de bonificacións para a construción de buques -tax lease-, bloqueado en Bruxelas dende xuño de 2011.

21 mar 2012

Rolda de prensa do Comité Cidadán de Emerxencia, e dos mariscadores

A sala do Penal número 2 de Ferrol acollerá mañá xoves e os días 26 e 28 de marzo o xuízo contra 8 mariscadores, e contra o expatrón maior da Confraría de Pescadores de Ferrol, Bernardo Bastida. O Fiscal pide penas de prisión por delitos de desobediencia e coaccións por bloquear a canle de entrada á ría de Ferrol, impedido a entrada de dous gaseiros cara a Reganosa.

Para Bernardo Bastida, o Fiscal pide 3 anos e cinco meses de prisión. Para outros dous mariscadores, a pena solicitada é de dous anos e catro meses de prisión, e para os restantes un ano e oito meses.

Os feitos que se xulgan tiveron lugar no marco das protestas contra a planta de gas que se realizaron en maio do 2007, convocadas dende o "Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol"

Manuel Rodríguez Carballeira, voceiro do Comité Cidadán de Emerxencia da Ría de Ferrol , criticou que a Fiscalía tivese reducido o número de mariscadores imputados dos 60 iniciais, pasou a imputar a 9 polos feitos acaecidos. Aparte de rexeitar a autoinculpación dos membros do Comité, que participaron activamente no bloqueo da canle da ría.

Por todas estas irregularidades, o "Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol", convoca unha concentración de protesta mañá ás 10.00 horas diante dos Xulgados de Ferrol.

(HAI UNHA ERRATA, os mariscadores acusados son 7, pois un deles, José estévez, faleceu.)

Fotos da Rolda de prensa de hoxe


Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

24 jul 2011

Resumo da marcha Ferrol >>> Mugardos

Máis de cen Persoas saíron o Venres dende o Parque Carmelo Teixeiro (Caranza), dirección Mugardos, en homenaxe a loita d@s veciñ@s de Mehá contra a ilegal e perigosa Reganosa, e en conmemoración do peche de 111 días no Concello mugardes por parte dest@s.  




Lonxe de "tirar a toalla", tod@s estamos cos coitelos entre os dentes, e seguimos, e seguiremos loitando, e presentando batalla a ilegalidade, ata acadar a xustiza que ata o de agora se nos negou. (Ollando como a xustiza impartida polo TSXG a pasaba polo "forro" o Tribunal Supremo) 



Pola vida, a xustiza, e a legalidade..
¡PLANTA DE GAS FORA DA RÍA!!

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio

1 jun 2011

PAREMOS O VíADUCTO NA RÍA

EVOLUCIÓN DA DESFEITA NA ENSENADA DA MALATA.

XA COMERON 360000 METROS CADRADOS DE MAR

Agóra pretenden facer un viaducto que acabara totalmente coa ensenada



Propostas do tren ao Porto Exterior en PDF



ANTES DO 1950 TIÑA ESTA IMAXE


















Foto 1-Construcción da Ponte da Malata ---- Foto 2-Construcción do Espigón carboeiro
















Foto 1- Ampliación do Espigón carboeiro ---- Foto 2-ISTO É O QUE PRETENDEN

ESTA ENSEADA FUNCIONA ACTUALMENTE E DE FORMA NATURAL COMO UNHA “HATCHERY”(VIVEIRO ARTIFICIAL DE CRÍA DE LARVA DE BIVALVOS,PERO CON COSTOS ELEVADÍSIMOS). DELA SAE TODA A LARVA DE BIVALBO QUE LOGO CRÍA NO RESTO DA RÍA. CUNHA LIMPEZA, DEPURADORA E UN APORTE ADICIONAL DE AREA RECUPERARÍA A SUA PRODUCCIÓN 4.000KGS. DIARIOS COMO SUCEDEU RECENTEMENTE NO BANCO DAS PÍAS.

“OUTRO TREN, OUTRA PONTE, OUTRO RECHEO”, SEGUN O PROXECTO APENAS NAVEGARÁN AS CHALANAS POR EMBAIXO. EN MAIO DE 2010 AS AA.VV. DE FERROL ASOCIACIÓNS CULTURAIS E DEPORTIVAS, CONCELLO , CONFRARÍA DE PESCADORES E ESTACIÓN DE BIOLOXÍA MARIÑA DA UNIVERSIDADE DE COMPOSTELA , EN TOTAL CORENTA ASOCIACIÓNS , PRESENTAN ALEGACIÓNS SOLICITANDO A MODIFICACIÓN DO PROXECTO E ENTRE OUTRAS ALTERNATIVAS, A DE CONTINUAR O TÚNEL PROCEDENTE DO PORTO EXTERIOR, BAIXO O MAR OS 280 METROS QUE RESTAN , XA QUE A POUCOS METROS HAI OUTRO , TAMÉN SUBMARINO , INCREMENTARÍA A OBRA APROXIMADAMENTE NUN 6%

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

9 abr 2011

UN VERTIDO EN LA RÍA DE FERROL,LLEGA A LA ENSENADA DE CARANZA

Noticia recogida de Ártabra21
La noticia completa en Artabra21

Hoy por la mañana una mancha viscosa de color amarillo entraba en la Ensenada de Caranza procedente de la otra orilla  de la Ría, el viento soplaba fuerte del oeste trayendo la citada mancha .


Fotos de:  Colectivo Ártabra21

Pacific Innovator,abandonando la ría



En la orilla opuesta de la Ría,había dos buques atracados en "Forestal del Atlántico", uno en el pantalán de deslastre y desgasificación y otro en el muelle de Punta Promontorio,que izó anclas a las 10:30´.(Este dato lo aporto yo,basándome en las fotos que pude hacer del mencionado barco) Se trataba del "Pacific Innovator" de bandera Panameña.En Navantia,otro buque permanecía atracado en el muelle de carenas.







Pacific Innovator
No vamos a decir,que indistintamente del barco que fuese el responsable,hay que evitar que pasen estas cosas.¡Cumple tomar medidas YA!.Señalar a los culpables e imponerles la sanción más alta posible.No puede seguir existiendo esta impunidad,y tampoco podemos seguir PASANDO de todo.
¡¡El pueblo y las autoridades,tienen que abrir de una puñetera vez los ojos!!





Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio

12 mar 2011

Presentación do manifesto en defensa das rías e da costa galega

As confrarías de Ferrol, Barallobre e A Coruña convidan á súa asociación á presentación do manifesto pola recuperación das rías galegas o día 16 de marzo ás 20:15 horas no centro cívico de Caranza-Ferrol. 

As rías galegas e toda a nosa costa en xeral son as que peor calidade microbiolóxica de auga teñen de toda Europa. A pesar de ser a zona de Europa con maior dependencia económica dos recursos do mar, pesca, marisqueo e actividades ligadas a elas. 

A pesar de que a 1 de xaneiro de 2006 tiñan que estar construídas as depuradoras de augas residuais. Aínda hoxe ningunha ría está libre de zonas C (contaminadas por vertidos de augas fecais). Nestas zonas non se pode extraer marisco para a venta directa. Hoxe o 41% da ría de Ferrol é zona C, de aquí se extraía o 80% de todo o marisco da ría. Ademais a isto hai que sumarlle os recheos sen control e as industrias contaminantes no interior das rías ou en zonas sensíbeis. 

A xente que traballamos no mar e vivimos del non somos os únicos afectados, todos e todas perdemos, tamén a nosa saúde.

Para recuperar o noso litoral e saúde do noso medio ambiente mariño. Unha costa recuperada crea mais riqueza e postos de traballo. Con unha costa recuperada gañamos todos e todas.

Desde as confrarías pensamos que é a sociedade galega a que ten que responder dunha vez. Xa está ben de destruír unha das principais fontes da nosa riqueza natural e económica. Pedimos o apoio do tecido asociativo galego: asociacións veciñais, culturais, ecoloxistas, empresarias, anpas... É cousa de todos, é cousa de todas. 

Para calquera consulta dirixirse ao e-mail: salvarasriasgalegas@gmail.com
Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio

3 ene 2011

Un tercio do colector da depuradora deberá ser reconstruido

A Depuradora que nunca funcionou
Entre o 94 e o 98, a Xunta investiu 12,3 millóns de euros en adiantar a construción dunha rede que agora se demostrou que está obsoleta. E a súa reparación suporá multiplicar por catro o investimento inicial.

A Xunta construíuno entre 1994 e 1998 e non se chegou a estrear. Doce anos despois, o colector xeral do saneamento entre Neda e Ferrol deberá ser reparado. Segundo datos facilitados pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, unha terceira parte do percorrido da tubaxe troncal da rede de sumidoiros está totalmente inservible

En setembro de 2003 a Confederación Hidrográfica do Norte asina un convenio coa Xunta de Galicia e Augas de Galicia para o financiamento da mellora de depuración e vertedura de Ferrol.

Grazas ao investimento que suporía este proxecto, as augas de Ferrol, Narón e Neda serían depuradas antes de envialas ao mar, co consecuente beneficio e mellora na calidade ambiental de Ferrol e a súa ría. O túnel estaría situado no oeste da Provincia da Coruña, concretamente no Termo Municipal de Ferrol.


Cun investimento global de máis de 107 millóns de euros, esta ambiciosa actuación dotaría a Ferrol, a finais do ano 2008, dun sistema integral de saneamento.

O P€P€,segue coa sua rolda de visitas ofrecendo incentivos por votos,e o P$O€,sigue coas suas loitas internas polo poder.

Actividades que podes facer na "Merdo Ría"...

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

2 jul 2010

La rías de Ferrol y Vigo reciben banderas negras por su degradación

La ría y el puerto de Vigo y la ría de Ferrol son tres de los 40 puntos de la costa española que recibieron ayer la bandera negra, otorgada por Ecologistas en Acción, en el informe Banderas negras 2010. Caos en la costa, que elabora desde 1999 y que designa los lugares más degradados del litoral por el urbanismo depredador, los vertidos orgánicos e industriales y por la regeneración de playas.

La ría de Ferrol ha recibido su bandera negra dentro del apartado de contaminación industrial en la costa. La mantiene desde el 2008, debido a la construcción de la planta de Gas Reganosa, «situada ilegalmente y con trampas administrativas dentro de la ría, poniendo en peligro la vida de muchos miles de personas y acabando con la poca vida de la ría»
(La Voz de Galicia)

Se tiene ya que exigir a Aguas de Galicia y a la consellería de medio ambiente que hagan públicos los indices y valores de contaminación de la Ría de Ferrol.¡YA!
Si estos datos se hiciesen públicos más de uno tendría que dar cuentas ante la justicia

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

9 sept 2009

S.O.S MASSÓ

Manifestación en Massó..Por una tierra digna para todos no a la destrucción del territorio.


¡¡ESTAMOS CON VOSOTROS COMPAÑEROS!!

23 mar 2009

El vertido del «Prestige» afectó a la estructura celular de los mejillones


Según un estudio realizado por la Universidad del País Vasco, tuvo efectos en la respuesta inmune de estos moluscos.
Esta conclusión se recoge en la tesis elaborada por la bióloga Larraitz Garmendia, según ha informado hoy la UPV, que ha estudiado entre 2003 y 2006 muestras de mejillones tomadas en 22 puntos de la costa gallega y el Golfo de Vizcaya.
http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2009/03/23/00031237808491292660591.htm

18 mar 2009

''Doñamalata''



Podríamos pensar que es una foto de Doñana pero no, esta maravilla de la vida esta en Ferrol,en La Malata.
Y así es como los políticos ferrolanos miran por el ecosistema

Tienen toda la ribera sucia y contaminada

3 mar 2009

COMPARACIONES ODIOSAS

La justicia paraliza un megapuerto en Canarias para proteger una planta marina


La sala segunda de lo contencioso administrativo del alto tribunal canario ha anulado de forma cautelar la desprotección del sebadal mediante un procedimiento reservado a las "circunstancias de especial urgencia". No ha esperado a escuchar los argumentos del ejecutivo regional para ratificar o no su decisión. Lo hará hoy tras oír a los abogados de la comunidad y de los ecologistas.


El puerto de Granadilla ha sido objeto de gran controversia en las islas. En 2004, más de 20.000 personas se manifestaron contra el puerto, que incluye una regasificadora y un dique exterior de más de 700 metros. Los ecologistas de Ben Magec acabaron por llevar la protesta a los tribunales para denunciar el procedimiento que siguió la Consejería de Medio Ambiente para desproteger el sebadal. Consideran que "el vertido ininterrumpido de materiales en la costa [...] afectará a numerosas especies marinas protegidas existentes en el área", entre ellas la Cymodocea nodosa. Y que, además, la construcción alterará las corrientes de arena y amenazará así el ecosistema submarino.


Y aquí en Ferrol la planta de gas (Reganosa) a 1200Mts de Ferrol y a 300Mts de Mugardos sigue funcionando con total impunidad,Tenemos dos sentencias en la que el Tribunal Superior de Justicia de Galicia nos dió la razón.Y ahora seguimos esperando las ratifique el Tribunal Supremo.

¿TIENE MÁS VALOR LA VIDA DE LAS ALGAS ,QUE LA VIDA DE LAS PERSONAS?

9 feb 2009

¿PERIODISMO?....¡BASURA!

Un vertido en el puerto exterior obliga a activar el protocolo de emergencia



ASÍ PRESENTA HOY EL DIARIO DE FERROL LA NOTICIA

La Autoridad Portuaria de Ferrol debió activar en la mañana de ayer el protocolo de emergencia anticontaminación tras detectarse una fuga de un vertido a la ría procedente de la planta de biocombustibles Entabán. Según la empresa, pudieron derramarse 10.000 litros de un líquido no contaminante.

En cuanto al vertido no se ha confirmado la naturaleza del mismo, aunque sí se ha constatado que no es contaminante y que éste alcanzó la ría debido a un fallo en la planta Entabán, que provocó que el producto se vertiese al mar a través del colector de aguas pluviales del puerto. Asimismo, según cálculos de la propia empresa, el vertido fue de, aproximadamente, unos 10.000 litros, de ahí que se produjese una importante mancha.

Las tareas para limpiar la zona, que consisten en contener el fluido y confinarlo hasta su total recuperación, continuarán hoy, si el tiempo lo permite, pues Protección Civil mantiene activada una nueva alerta por temporal.


¿CÓMO DICEN QUE NO ES CONTAMINANTE,SI NO SABEN LA NATURALEZA DEL MISMO?

¿CÓMO UNA EMPRESA PUEDE PERDER 10.000 LITROS DE UN PRODUCTO Y NO SABER SU NATURALEZA?

¿CÓMO EL DIARIO DE FERROL SE ATREVE A PONER ESTA NOTICIA DE ESTA MANERA?

¿TENEMOS QUE SEGUIR SOPORTANDO VUESTRA MANIPULACIÓN CONSTANTEMENTE?