Mostrando entradas con la etiqueta Esquerda Unida. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Esquerda Unida. Mostrar todas las entradas

15 ago 2017

De FeC a “Ferrol en Coma” Cap. 1

Hai uns días no Grupo de Facebook "Ferrolaneando" realicei unha pregunta;

“Sabédes o nome do empresario (afín a IU) beneficiado polo mural feito en Esteiro??...
O pouco iniciouse un debate no que entrou ao trapo o concelleiro Suso Basterrechea, este en todo momento tentou facer ver á xente que eu estaba confuso, que non existía afinidade deste empresario con IU, pois non estivera afiliado nunca ( facilitou o nome do mesmo, así como a empresa beneficiada RUN RUN

Basterrechea, non deixaba de insistir e pedirme que recoñecese que este empresario fora na lista de Marea Ártabra. Cousa sabida, pero para nada desacreditaba a miña afirmación (empresario afín a IU). 

Ao pouco "pintaronlle a cara de rosa" ao consabido Concelleiro. Chamáronlle MENTIREIRO, e con razón, esta é a captura de pantalla...





POLO TANTO, O EMPRESARIO TIÑA AFINIDADE !!!

AGORA QUEDA A DUDA DE SI ESTA EMPRESA ERA A AXEITADA PARA SER ACREEDORA DO CITADO CONTRATO, ou si foi beneficiada para poder facer un "encaixe legal" para facer o mural que querían facer, cos artistas elexidos por eles...

OLLADE ESTAS ADXUDICACIÓNS !!!! 

CONCERTO DE MIGUEL LAMAS QUUARTET NO TEATRO JOFRE O DÍA 09 DE FEBREIRO DE 2017

Importe total 3388 € 
Adxudicatario RUN-RUM AXENCIA S.L.


CONCERTO DE "UTE LEMPER" 08 DE ABRIL DE 2017 NO AUDITORIO DE FERROL
Importe total 14520 € 
Adxudicatario RUN-RUM AXENCIA S.L. 

Proxecto de intervención artística de referentes entre a mocidade
Importe total 21598,5 €
Adxudicatario RUN-RUM AXENCIA S.L.

CICLO DE MÚSICA "A FEIRA DO XOVES" NO TORRENTE BALLESTER 1º SEMESTRE
Importe total 13068 €
Adxudicatario RUN-RUM AXENCIA S.L.

ADXUDICACIÓN CONCERTO DE MADELEINE PEYROUX A REALIZAR NO AUDITORIO DE FERROL EN DATA 19.05.2107 
Importe total 21659 €
Adxudicatario RUN-RUM AXENCIA S.L.

Contratación concerto de Andrés Suárez na Praza España-Ferrol o día 21/08/2015 nas Festas de Ferrol
Importe total 21767,9 € 
Adxudicatario RUN-RUM AXENCIA S.L.


O tema é serio, aínda que o único que lle preocupaba ao Sr. Basterrechea era que o meu post en Facebook non tivese apenas "LIKES"
Que repare nas estadísticas do blogue !!


NON TIÑAN AFINIDADE !?..........  jajajajaja.... O QUE NON TEÑEN É VERGOÑA!!!
EN BREVE MÁIS NOMES DE EMPRESAS BENEFICIADAS, ETC ETC....



Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

17 may 2017

"En Galego sen límites" e sen @s de Ferrol

Premer para ver as fotos
"En Galego sen límites"

Ese era o lema da manifestación celebrada hoxe en Compostela, co fin de reivindicar o dereito para usar o noso idioma.

Como sucede todos os anos a praza estaba petada, pero con notables ausencias.

A coalición electoral que goberna Ferrol, FeC non tivo representación algunha, (a non ser que designasen ao Sr. Cebrales para exercer tal función).

Sei dun concelleiro que estivo nos actos do día das Letras Galegas en San Xurxo, e dunha concelleira que lle foi imposible por problemas personais.

Pero o resto deles qué facían???......

Igual algún deles estivo ocupado cos seus quefaceres institucionais, promocionando ao Parrulo de Futbol sala, ou tentando pelotear ao Presidente do club de baloncesto feminino "Universitario" , ( ex concelleiro de IF con Juan Fernández, e critico opositor á esquerda como tertuliano en Radio Voz).
E vou supoñer, que outro dos poucos que quedan pasou o día buscando un raro compositor moldávio descendente de pais escandinavos, especialista en tocar castañuelas checas coas orellas, porque o raro e rebuscado parece cultura e véndese mellor.


Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

1 may 2017

O peor 1º de Maio na historia de Ferrol.

Premer para ver as fotos
Por unha banda a manifestación de CC.OO e UXT, con apenas 1000 manifestantes, que unha vez chegados á Praza da Constitución quedaron en 400. A lectura que quito da mesma é que vin partidos de esquerda desfragmentados, militantes dispers@s e escondid@s uns doutr@s. Algún tivo que encher a pancarta con xente de recente afiliación, e outros non levaron pancarta porque literalmente non asistiron. 
Premer para ver as fotos
Os mal chamados movementos sociais desaparecidos, e tampouco se lles fixo en falta.

Á mesma hora, na Praza Vella de Ferrol Lanuxe, manifestábase a CIG, arroupado polo BNG, Causa Galiza, e unha representación do FEGAMT. Esta contou coa presenza duns 400 manifestantes.

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

9 abr 2016

Actos en Ferrol en torno ao 14 de abril, conmemorando o 85º aniversario da proclamación da II República

A *Plataforma pola República.

Organiza os seguintes Actos en torno ao 14 de abril, 85º aniversario da proclamación da II República 

- Luns 11 de abril, ás 19 horas, no Ateneo Ferrolán, proxección de “O segredo da Frouxeira”. Documental dirixido por Xosé Abad que narra os efectos da represión sobre catro familias ferrolás a de Alejandro Porto Leis, ultimo alcalde republicano de Serantes “paseado” xunto a tres veciños en 1938. Unha familia dividida pola súa ideoloxía, catro familias rotas por un crimen político e setenta anos de medo (www.osegredodafrouxeira.com)

- Xoves 14 de abril, ás 19 horas, no Ateneo Ferrolán, proxección de “Crónicas Republicanas”. Peza audiovisual que mezcla teatro, radio e imaxe, nun percorrido por sucesos socio-políticos ferroláns dende a II República ate hoxe. Dirixida por Miguel Castro sobre guión del mesmo e de José Torregrosa. - Encontro, a continuación, onde Carlos Etchevarría, cofundador e Ex-Presidente do Ateneo Republicano de Galicia, falará en nome da Plataforma pola República.


A pola Terceira!! unha Terceira República en Paz, Xustiza e Progreso.

*Constituída polas asociacións: Memoria Histórica Democrática e Fuco Buxán, e por Anova, Decide En Común, Espazo Ecosocialista, Esquerda Unida, Psdeg-Psoe e Terra Galega.

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

13 dic 2015

Manifestación en defensa do sector naval celebrada hoxe en Ferrol

Evia e Silveira
Cunha marcada tinguidura electoralista, e en contra dos DESgobernos autonómico e central do P€P€, tivo lugar a manifestación en defensa do sector naval. Esta partía ás 12:00 do mediodía dende o Inferniño rumbo á Praza de Galicia, onde se deu lectura ao manifesto de indignación. Cabe destacar a presenza das "cúpulas" de varios partidos, así como a de varios alcaldes da comarca, entre eles; Secundino Casal, San Sadurniño, e Jorge Suárez, Ferrol.

A mobilización pódese considerar un fracaso, pois a pesar de contar co apoio do sector gandeiro, que fixeron acto de presenza cos seus tractores, a duras penas 5.000 manifestantes, dos cales tan só chegaron á praza o 50% deles.

O máis vergoñoso foi que o Sr Evia, concelleiro do P€P€, e o seu inseparable amigo, o empresario Sr. Silveira, deixásense ver fumando un pitillo ás portas dunha cafetería mentres o pobo loita por acadar dignidade para Ferrolterra.






Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

18 jun 2015

De volta ás trincheiras!!

Despois de tres meses de "parón"..  Currando de sol a sol, e queimado por non poder recoller imaxes da loita social de Ferrol neste blogue.... Encóntrome que a pesar desta "inactividade", nomeóuseme moitas veces (non sei a conto de qué..) Hoxe como filtrador dunha nova a un xornal.

ACLARACIÓNS:

- Malia ser sabedor de; procesos, reunións, treque manexes, acordos, encontros, desencontros, etc.. nunca falei NADA, pois eu non estiven presente en NADA e non son quen de valorar o que NON vivín en primeira persoa.

- Calquera  d@s compañeir@s enemistad@s poden acreditar que sempre tratei de quitar ferro e conciliar as persoas. Así como NINGÚN deles/as pediume intervir ao seu favor .

- Nestas eleccións traballei para as tres opcións políticas de esquerdas que lograron representación municipal, e calquera das persoas que trataron comigo en representación destas formacións poden acreditar que nunca falei nada que non fose estritamente laboral, así como velei na confidencialidade dos traballos encargados.

- Se quixese filtrar algo non ía regalar a exclusiva a ningún medio, teño a coraxe de sobra como para facer as cousas de fronte.

Así que vai esta mensaxe a esas persoas ociosas que non fan máis que enzoufalo todo, quen queirame atribuír calquera MERDA co faga en publico e á cara.


Novo inciso
Agora sinalan outra persoa como o "filtrador".... O diario dixital; Ferrol 360 convértese nun medio papel couché tras facer publica a filtración e publicando un correo que presuntamente suplanta a identidade de Miguel López. Este medio da á nova cun "toque rosa" como se fose un traballo de investigación xornalística, cando é "palla", pois o borrador filtrado carecía da importancia que queren darlle algúns.

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

29 mar 2015

"Ferrol en Común"... e o resto perdid@s!!

Máis de medio centenar de cidadáns asistiron onte sábado no Carvalho Calero, á presentación do proxecto político "Ferrol en común", promovido por ANOVA - EU, e aberto á participación cidadá e a outras formacións políticas que compartan ideario.

O mellor resumo que podo facer é que houbo diversidade, xente nova que "tira do carro", e moit@s compañeir@s que volven a dar un paso adiante ilusionándose de novo coa política.





Por outro lado "A Comparsa" xa conta con 8 adeptos



O pasado día 25 tivo lugar unha asemblea da "Marea Ártabra", a cal contou coa asistencia de 21 persoas,  das cales 13 destas figuran nas suas listas, polo cal, imaxinamos que esta candidatura xa conta con 8 adeptos, e van precisar deles, pois non teñen xente para cubrir as listas.


O "reclamo perfecto"


A "Marea Ártabra" serviu para que parte dos trepas políticos quedasen dunha vez por todas retratados, e a súa vez, tamén serviu para facer a gran "purga" interna de indesexables políticos que militaban en ANOVA e EU.




Anécdotas de mal gusto

- Pouco antes da asemblea de "Ferrol en Común", un coñecido directivo, dunha coñecida Asociación, e participante en Podemos, víase as "agochadas" cun membro dos "Versus Tormentus", que á súa vez participa na "Marea Ártabra", despois desta conversa o primeiro salíu como cun foguete no cu e nin entrou o acto. Entrarialle a decencia da que carece?....  Sería para dar as súas últimas consignas por se fora chegado o caso de intervir?.... 


Será curioso ver que fai agora este membro do "Versus Tormentus" despois de verse con quen o bautizou no seu día como "O Picaflor"....  Seguirá na "Marea", entrará en "Podemos", apoiará a "Ferrol en Común" ??....  Só saberao él e quenes o "teledirixen".



- Nas inmediacións do Carvalho Calero, un coche publicitaba por megafonía a súa candidatura para Narón, tratábase de ENE, un grupúsculo un pouco raro, que mellor estaban realizando axuda humanitaria para África que usando os lemas de "Podemos".  
Polo de agora este partido está composto por: : Carlos Piñeiro Díaz, (Médico do Centro de Saúde de Narón). Juan Ramón Couce Gómez De La Tía, (Médico do Centro de Saúde de Narón). María del Carmen López Díaz, (psicóloga da Asociación Almat).




Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

8 mar 2015

O fin da "Marea Ártabra".

Hoxe moitos ferroláns espertaban con esta noticia no Diario de Ferrol, ANOVA abandoa a "Marea Ártabra". Dende esta formación sinalan que a Marea "non foi quen de percorrer un camiño que o levara a un proceso de participación cidadá"

Os visionarios xa auguramos hai meses o fracaso da "Marea" ao abrir á cidadanía un proceso participativo para acadar unha formación electoral con vistas ás municipais. 

Sabiamos que ían aparecer "os de sempre" para foder todo!!
Premer para ver o fin da "Marea Ártabra"

Os mesmos que converten as "Marchas da Dignidade", nunha pancarta con catro borregos; o "Encontro Social", no Desencontro Social; "Stop Desafiuzamentos", nunha farsa; a "loita dos Furtivos da ría", nun pousado para a foto; e as "protestas dos praceir@s do Mercado de Caranza", en NADA.

Se como asociacións do barrio de Caranza, mirasen de rescatar de mans do P€P€ a AA.VV mellor farían. Pero non, no seu día procuraron “dourarlle a píldora” canto puideron á súa anterior presidenta (agora presidenta na sombra) e así vainos!!.

Parece que teñen cousas máis "importantes" co noso barrio. Están entretidos intentando dar un golpe de estado en CC.OO, comandando a loita contra a Taxa de Saneamento, e pendentes de calquera nova resposta social da que poidan facerse voceiros.

A política non podía estar á marxe deles, reparten aos seus membros tanto en Podemos, Marea, A Nova, PSOE, e en Espazo Eco-socialista.

Pero "grazas ao demo", en EU, lograron liberarse deles; en Anova, quédanlles poucos peídos que botar; e no PSOE soamente quedanlles dous membros, para desgraza deles, un é independente e legal ao seu partido, e o outro mantéñeno dentro por mágoa.

Velaí teñen o seu propio "Podemos". Digno de estudo psicolóxico o ego, e o afán destas persoas por "coller cacho".

Xa contaremos onde reuníanse estes asemblearios para trazar a súa folla de ruta para a "Marea". (Chama a atención que nestas xuntanzas non houbese pariedade de xénero). 

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

23 dic 2014

Concelleiros de EU mostran no Pleno ordinario do Concello de Ferrol o seu desacordo coa Lei Mordaza

No Pleno ordinario, celebrado hoxe no Concello de Ferrol, os dous concelleiros do grupo municipal de Esquerda Unida , mostraron o seu desacordo coa Lei Mordaza, aprobada recentemente polo DES goberno do P€P€. 

Na súa quenda de palabra en lugar de intervir mostraron lemas como:


Pan Traballo e Teito!

Non á Lei Mordaza! 

Si á liberdade de expresión!



Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

13 dic 2014

Unhas 700 persoas forman unha cadea humana entre as dúas beiras da ría

Convocatoria da CIG que reuniu a unhas 700 persoas entre as dúas beiras da ría entre Fene e Ferrol. Asistiron @s concelleir@s municipais do BNG e EU, representación de Anova, Mariscadores Furtivos, Plataforma de Emigrantes Retornados, e bastantes afiliados de CC.OO a título persoal. Destacar a presenza no acto de; Suso Seixo (CIG), Carme Adán, Francisco Jorquera, Xavier Vence, (BNG), e Yolanda Díaz (AGE).

Ás 12:00 h. un fogonazo marcaba a saída das dúas colunnas cidadás, unha facíao dende a gasoliñeira das Pías, e a outra dende o cruce de San Valentín, unha vez atopáronse no medio da ponte, realizouse o lanzamento de dous barcos de porespan suxeitos a uns globos, estes portaban os lemas "Veto Non!" - "Dique Si!"

Pese ao mal tempo, e a escasa presencia dos medios de desinformación, o acto resultou todo un éxito. 

**Un compañeiro acába de informarme que tamén participaron; unha representación de Espazo EcoSocialista; a parlamentaria europea por AGE, Lidia Senra; e Antón Sánchez, deputado por AGE, no parlamento galego.



Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

27 nov 2014

Nova protesta d@s mariscadores/as furtiv@s

Hoxe ás 11:00 h. tivo lugar outra protesta d@s mariscadores/as furtiv@s da Ría de Ferrol.

Estiveron presentes representantes do BNG e EU mostraron o seu apoio ao colectivo, cousa que non fixo o PSOE. A súa voceira municipal, Natividade González, pasou de longo sen prestarlles atención, e isto malia que Beatriz Sestayo dixolles co PSOE os apoiaba na súa loita. 

Nesta ocasión como na anterior, unha representación destes foron recibidos polo P€P€, ao final da mesma; Carlos Noguerol, un dos voceiros d@s furtiv@s, fixo chegar ao colectivo co P€P€ pediulles de prazo ata o luns, día no que o Alcalde de Ferrol os podería recibir con tempo. Pero o Sr Alcalde xa saíu ao paso destas declaracións, dicindo; que el non lles deu esa data para recibilos.

Dende fóra, esta protesta lexítima vese doutro modo, isto é por culpa de "catro" mariscadores con afán de protagonismo e que queren impoñer o seu pensamento ao resto sen opción de debate.

Non é bo para este colectivo a sensación que están a dar, parecen polos correndo sen cabeza.



Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

23 nov 2014

Outro fiasco Alianza Social

Penosa manifestación DESorganizada pola Alianza Social, na que apenas unhas 300 persoas manifestaronse contra a "Lei Mordaza" que vai aprobar o P€P€. E menos mal que fixeron algo de "vulto" BNG, CC.OO, e CIG.

Os grandes ausentes, por esta orde: Anova, Espazo EcoSocialista, Esquerda Unida, PSOE.

As leis franquistas que pode aprobar o P€P€ xa non asustan á cidadanía, o que asusta é a indiferenza dos axentes sociais que terían que estar a velar polos nosos dereitos.

Parece cos sindicatos perdesen capacidade de elaborar e distribuír propaganda subversiva, igual ata vénlles ben esta lei para espertar, igual traballan mellor na clandestinidade, cando os ilegalicen.



Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

17 oct 2014

II Asemblea non cidadá da "Marea Ártabra"

Supostamente, as asembleas da "Marea" tiñan que ser para que a cidadanía indignada participase coas forzas políticas nun proceso de formación dunha fronte ampla que puidese presentar un programa e unha candidatura electoral común, pero nada máis lonxe da realidade.

Só participan os de sempre, e están sós!

Para non variar, sempre a "foden" os mesmos. Entre eles un que acostuma a poñerse en pé para soltar discursos soporíferos que leva utilizando hai anos, os cales sempre empezan coa frase: "TEMOS QUE... " ou "HAI QUE.... " Aínda que desta volta deulle unha boa réplica outro compañeiro, dicindo; que as diferentes loitas sociais levan anos tendo resposta dende as súas diferentes plataformas, (exemplo) Marcha Mundial das Mulleres, Plataforma en defensa da Sanidade Pública, etc. e que de ningún xeito a Marea ten que tratar de "ocupar estes espazos".

O "infumable" César Manso, promotor de Cerna, (movemento de ANOVA, opositor á "Marea"), foi o encargado de transmitir aos presentes como se estaban a desenvolver no territorio galego as distintas "Mareas", e fixo tal cal acostuma a facer dende a súa xestoría, falou moito e non dixo nada. (O resto de opositores foron consecuentes co seu pensar e non participaron)

Salváronse unhas poucas intervencións, como a de Basterrechea, Bernardo, Luis, e Saínza, que trataron infrutuosamente de reconducir a asemblea. Aínda que isto resultou imposible pola permisibilidade outorgada por parte dos moderadores desta con algúns oradores.

Hai uns cantos que cren ter a "formula" para a "Marea" de Ferrol, e sen dúbida conseguirano, pois non hai cidadanía participando. E isto non é por culpa dunhas directrices marcadas dende os partidos, pois tódol@s seus afiliados (por agora) parecen confluír nestas asembleas de forma libre e autónoma.

Pola miña banda case prefería que me desen un programa e poder elixir o meu voto en consecuencia. Porque xa está ben do discurso "ALTERMUNDO", ese que di de "Poñernos todos as zocas e plantar hortas urbanas, mentres eles vanse colocando en cargos políticos"

Pouco máis que contar, aburrenme e danme sono!!


 ZZZzzzz....


Un compañeiro de "CERNA" faime dúas aclaracións: 

1º é que; CERNA (Movemento interno de ANOVA) era contraria á "Marea" se esta se "disolvía" na marca AGE e acababa sendo cousa dos partidos políticos.

2º Os compañeiros de CERNA que non participaron na asemblea foi porque tiñan un compromiso. 

Iso pásame por ser ambiguo e usar "vaselina", pero xa postos.... 

Efectivamente teñolle que otorgar a razón, pois é o que fan público o pasado 04 Setembro nos medios. Pero a verdade que non se conta é que CERNA, é un movemento de ANOVA opositor a EU, píntese como queirase pintar. 

Baseandome no que manifestaron de que non concorrerían na "MAREA" soamente coa marca AGE, (que é o que está a suceder), terán que ser consecuentes. 

Entón tamén teño que cambiar algo da "descrición" feita do Sr. César Manso (vou deixalo en: Xestor de terreos e comunidades, que secuestrou información dirixida a uns veciñ@s para os que traballaba, o que supuxo que estes tivesen que desembolsar nuns meses miles de euros).

Invito a tod@s @s que sabedes das "fechorias" feitas polo Sr. Manso que teñades o valor de contalas!!!


Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

8 oct 2014

Unha "Marea" de Tiburóns e Pirañas

O pasado xoves, día 2 de outubro, celebrouse no Carvalho Calero a I Asemblea aberta da iniciativa electoral "Marea Ártabra", conformada por; Anova, Esquerda Unida, Espazo EcoSocialista, e eQuo.

Nesta explicouse o carácter aberto e horizontal que pretendía ser a "Marea", para logo dar quenda de palabra aos asistentes, e posterior conformación dun "Grupo Motor" e outros grupos de traballo.

"Estanque cheo de tiburóns"

Das intervencións vou rescatar unha parte da lúcida e valente visión do compañeiro Francisco M. que veu a dicir que xa ía canso de tantas e tantas asembleas que non dan lugar a nada, que botaba en falta a ausencia de moitas persoas, e que parecíalle estar vendo un "Estanque cheo de tiburóns" esperando coller cacho.


"Tiburóns e Pirañas"


Está claro que os cidadáns esiximos unha clase política que se rexa por uns parámetros éticos, e asuma responsabilidades políticas, e non soamente cando se destapa un escándalo. Demandamos uns políticos sen "antecedentes" nin "merda", e en "Marea Ártabra" (como no resto de forzas políticas) actualmente isto non se produce.

Desta Asemblea boto en falta a creación dun grupo de traballo, o de "Garantía Ética", indispensable para evitar que persoas indesexables e de dubidosa reputación se coen pola porta de atrás.

Á parte dos "tiburóns" de sempre, tamén había algunha "piraña" no estanque. Entre eles o suposto "crítico" de Anova, César Manso, que muda a súa opinión en contra da "Marea", e se involucra de pleno neste proxecto participando nos grupos de traballo.

Era conveniente saber quen é este individuo, e non vou ser eu quen o descubra. Moitos sabedes máis ca min das súas "manobras" xunto con Ignacio Caselas, presidente da Asociación de Veciños O Pilar de Recimil.

Ou da súa "Asociación de Veciños Fantasma, Pedro Padrón", da cal é presidente e posiblemente único socio. (Aínda que el dicía que eran unha vintena).

Tamén é de autentico chiste o seu paso polo Concello de Valdoviño, como concelleiro do BNG.

Á parte disto, e máis merda que se pode contar sobre os "antecedentes" políticos do Sr César Manso, pésame algo persoal contra el. Os meus veciños de comunidade e eu fomos enganados polo seu mal facer profesional por medio da xestoría na que traballa, e metidos nun conflito que nos custou moito diñeiro.

Aínda así, vou apostar pola "Marea Ártabra" e as xeracións novas; Miguel Castro, Jorge Suárez, Álvaro Montes,  Sainza Ruíz, Adrián, Anxo, etc...

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

3 sept 2014

Liberdade de Bastida, coa axuda de tod@s obxetivo cumplido

No nome do CCE ¡ 
GRAZAS! 
A axuda solidaria impedíu a entrada de Bastida no cárcere O CCE manifesta o seu agradecemento a todas as persoas, que de forma individual, e a todas as formacións políticas e entidades cívicas (EU, Anova, Espazo Ecosocialista, A Revolta de Trasancos, Fuco Buxán, Colectivo Artabra 21, Adega, Plataforma de veciños “O Cruceiro de Mehá”), que de xeito colectivo, contribuiron coa súa axuda solidaria, a alcanzar os 4.995,25 €, cos que se cubríron con creces os recursos necesarios para impedir que Bernardo Bastida entre no cárcere.

O CCE promoveu, en maio do 2007, a acción pola que foi condenado Bastida, o bloqueo da entrada na Ría do primeiro gaseiro cargado con GNL, nela participamos centos de persoas e a través da cal transcendeu mais aló da nosa comarca a barbaridade da planta de Reganosa, rompéndose os muros de silencio que invisibilizaban a nosa loita. Unha loita colectiva non podía admitir a condena dun só compañeiro, así o entenderon as persoas e entidades que mostraron a súa corresponsabilidade en apoio solidario.

Catorce anos de loita, de mobilización permanente en defensa da vida, da legalidade e da Ría. O caso da Planta de Gas de Reganosa é un proceso continuado de corrupción política-financieira. O pasado 18 de Xullo, celebrábamos a 8ª Marcha a Pé a Mugardos baixo o lema “ Móvete contra a impunidade”. Rexeitada polo Tribunal a autoinculpación de decenas de persoas que participamos no bloqueo da Ría, é indignante observar a condena de Bastida, namentres os corruptos, os responsables de tamaña barbaridade campan con total impunidade. Algúns son premiados incluso, como Jose Luis Mendez ex-Presidente de Caixa Galicia, no Consello de Administración de Reganosa.

Nestes últimos tempos o Comité Cidadán de Emerxencia, ten que facer fronte a outra dificultade engadida. O Goberno do PP, de Rajoy e de Gallardón, promoveron una contrarreforma xudicial ( novas taxas etc…) coa que tentan impedir o acceso da cidadanía á xustiza e favorecer así a impunidade das grandes empresas e corporacións, como é o caso de Reganosa. O CCE, que promove a mobilización permanente, con concentracións a cada entrada de gaseiro cargado con GNL na Ria, ten interpostos varios contenciosos xudiciais contra a planta de gas de Reganosa. O seu sostén require agora de máis recursos económicos, de aí que prosigamos coa campaña para a obtención dos mesmos e o sobrante do recaudado para salvaguardar a liberdade de Bastida se destine a este fin.

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

31 jul 2014

Resumo da concentración en repulsa polo asasinato machista de Sara Fernández Camiña

Unhas trinta persoas participaron hoxe na convocatoria realizada pola Marcha Mundial das Mulleres, para mostrar a súa repulsa a outro asasinato machista que se produce en Galiza.

Nesta había representación politica do ANOVA, BNG, EU, Espazo EcoSocialista, PCPE, e PSOE.

@s participantes portaron unhas flores co remate do acto foron depositadas nunha silueta pintada con xiz no chan, que representaba a muller asasinada, Sara Fernández Camiña, de 81 anos de idade.


A futura formación PODEMOS en Ferrol segue desaparecida da loita e reivindicación social, e é moi raro que non decatense destas convocatorias cando a maioría dos seus máis activ@s membros son persoas ociosas que pasan horas e horas metidos na Rede. Pola contra parece que si dispoñen de moito tempo, e de presuposto, para poder telefonar e convocar a pequenas reunións a distintas persoas do ámbito social de Ferrol, dende a afiliados a partidos, sindicalistas, inmigrantes, asociacións, etc. Algunhas destas reunións mesmo realizanse en domingo. SERÁ POR TEMPO!!


Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

28 jul 2014

Un cento por Palestina!!

Premer para ver as fotos
Pouco máis dun centenar de cidadáns se concentraban hoxe na Praza de Armas pedindo o fin de xenocidio de Israel contra o pobo palestino. Esta realizouse en réxime de autoconvocatoria, e baixo o lema "Concentración contra o xenocidio de Israel en Palestina!! " .

A esta asistiron representantes de ANOVA, PCPE, PSOE, EU, CC.OO, CUO, UGT, USTG.E INCOMPRENSIBLEMENTE non apareceu ninguén do BNG, CIG, Espazo Ecosocialista, nin de PODEMOS. Esta crítica fágoa extensible ás "comparsas de Caranza", (esas tres asociacións que apuntanse sempre ás fotos)

Malia o "pobre que poida parecer o acto", este estivo impregnado de carga emocional. Ismail, natural de Gaza, e médico residente en Ferrol, foi o encargado de dar lectura a un pequeno manifesto de denuncia elaborado para a ocasión, (á parte da súa improvisación).


Manifesto lido por Ismail


“Os nosos agradecementos aos representantes políticos, sindicais, asociacións, colectivos, e resto de cidadanía aquí presentes”

Falar de Gaza é falar dunha franxa de terreo de 40 km de longo por 15 km de ancho e de pouco máis de 350 kilometros cadrados de extensión onde viven un 1.7 millóns de palestinos dos que 1.2 millóns foron expulsados das súas terras (o que agora é o sur do estado de Israel). Compre non esquecer que en 1947 cando a resolución 181 da ONU daba saida a partición de Palestina, só o 5.6% das terras eran propiedade da poboación xudea. Hoxe posuen o 80% da superficie total. O resto de Gaza está aillada e bloqueada por terra, mar e aire; carece de armamento pesado, nin aviación, e o seu sistema de comunicación e de enerxía básica está intervido polos sitiadores.

O goberno de Israel asegura que o atacan, e bautizan seus ataques como acción defensiva ao que é o xenocidio dun pobo!! A información do Estado de Israel sobre baixas e danos propios non está nunca contrastada, a excepción de Estados Unidos, ningún Estado membro da ONU pon en dúbida os feitos do xenocidio palestino.

Tanto a Lei internacional coma o acervo universal de Xustiza, sancionan os delitos cometidos polo Estado de Israel contra Palestina: a política de colonización, ocupación de terras e expulsión do pobo orixinario; a tortura diaria e asasinato por resistirse á ocupación; a cadea sen proceso e sen opción de defensa, tanto de adultos como de menores; o roubo, depredación e contaminación de recursos básicos; o aillamento de unidades de poboación; a criminal intervención do dereito de desprazamento dentro do territorio, a construcción dun muro de sitio sobre Palestina, E UN LONGO ETC DE ABUSOS... SON O DÍA A DÍA DESTE POBO ASOBALLADO

Por todo isto; a inxerencia do Estado de Israel sobre Palestina é obxecto de condena en todas as súas manifestación pola Asemblea das Nacións Unidas.

Os galegos e galegas reclamamos que os respònsables deste xenocidio sexan levados ante os tribunais internacionais e xuzgados por elo, que a Unión Europea e o Estado español esixan a Israel o cese inmediato desta agresión e que se cumpran os incontabeis acordos de Nacions Unidas que, entre outros, implican o abandono dos territorios ocupados polo estado de Israel .

É por todo isto, polo que BERRAMOS!!

NON AO XENOCIDIO CONTRA O POBO PALESTINO!!

NON Á OCUPACION DE PALESTINA!!

PALESTINA VENCERA!!

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

20 jun 2014

Penoso e rocambolesco acto contra a monarquía en Ferrol.

O acto
Realizado en réxime de autocovocatoria por diversas formacións políticas, e asociacións da cidade, non logrou reunir máis de 150 persoas. Os convocantes deberan facer autocrítica e sacar conclusións desta penosa convocatoria.



"Outro dos convocantes"
Trátase do "extravagante" Sr. Manuel Cebral, persoa "anti-sistema" que supostamente ten unha asociación, aínda que leva toda a súa vida recollendo en solitario firmas para sabe o Demo que. Este Sr. foi unha das moitas persoas estafadas co engano das preferentes, enganado quizais polo substanciosos que parecían tan elevados tipos de interese.

Pois nada, nin curto nin preguiceiro, apareceu cun sistema de audio tremendo, e debeu pensar; Xa que os traballadores do naval mandaronme calar na asemblea que realizaron, pois agora voume estender, e largouse un monólogo insufrible pero á vez cómico de 20 minutos. Durante o mesmo, o Sr. Manuel Cebral, conseguiu subir a súa audiencia a limites insospeitados, unha espectadora!!, coa cal fixo boas migas e acabou compartiu micro, entre ambos os dous lograron tapar a voz da compañeira que daba lectura ao manifesto unitario.

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

18 jun 2014

Polo dereito a decidir!! Non á monarquía!!

Mañá xoves, día 19 de xuño, ás 20:00 h. na Praza de Armas, Ferrol, terá lugar unha concentración en réxime de autoconvocatoria vaixo o lema "Polo dereito a decidir!!"

Xa se sumaron ao mesmo; Esquerda Unida, PODEMOS, PSOE, Espazo Ecosocialista, Memoria Histórica Democrática, e algunha que outra asociación.

Tamén mañá, e a mesma hora, na Praza do Himno Galego, en Esteiro, realízase outro chamamento en réxime de autoconvocatoria, o mesmo é promovido por BNG e CIG.

Indistintamente da convocatoria que decidades seguir, o importante é non quedar na casa e mostrar abertamente o rexeitamento e repulsa que sentimos pola sucesión e imposición do réxime monárquico. 

Non á monarquía!!

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.