Mostrando entradas con la etiqueta Desempregados/as. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Desempregados/as. Mostrar todas las entradas

10 may 2015

O "Ferrol do Desemprego tomou as terrazas da cidade".

Unhas 7000 persoas (segundo os máis optimistas) manifestáronse en defensa do sector naval, pero das cales apenas dous millares chegaron ao final do percorrido na Praza de Armas. (o resto debeu recalar nas terrazas).



Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

26 jun 2014

Manifestación de apoio ás reivindicacións d@s traballadores/as de Correos.

Unhas 350 persoas participaron hoxe mércores, na manifestación de apoio ás reivindicacións d@s traballadores/as de Correos. Nesta estivo presente a recente imputación contra o aínda alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, polo seu suposto delito de suborno e branqueo de diñeiro.

Os voceir@s d@s traballadores/as denuncian os recortes de persoal, que poden chegar a afectar a un 25% do equipo, aparte dos despedimentos advirten que vanse executar xubilacións anticipadas e eliminar os postos vacantes que se viñan cubrindo con persoal temporal.

Ao remate do acto un dos traballadores realizou un chamamento á unidade dos sindicatos, partidos e traballadores/as á hora da loita social. Tamén criticou duramente a falta de sensibilidade do PP de Ferrol, que negouse a recibilos, así como a falta de sensibilidade socialista no PSOE.





Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

19 jun 2014

Manifestación na defensa dos postos de traballo en Correos

A plataforma de carteiras de Ferrol convoca a cidadanía a unha manifestación para o vindeiro xoves día 26 de xuño, ás 19.30 h. na Praza de España, a mesma é para protestar polos recortes de persoal, que pode chegar a afectar a un 25% d@s traballadores/as. Aparte dos despedimentos vanse executar xubilacións anticipadas e eliminar os postos vacantes que se viñan cubrindo con persoal temporal.

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

8 may 2014

Marcha do Naval esixindo o traballo prometido, e pedindo a construcción do dique flotante.

Os traballadores/as do naval de Ferrol botáronse de novo á rúa, esta vez tratouse dunha marcha ata o edificio administrativo de Facenda, situado no barrio das Telleiras, este permanecía fortemente custodiado por varios furgóns dos antidisturvios.

A marcha transcorreu coa habitual rutina e normalidade que adoita caracterizar estas protestas. Unha vez na sede de Facenda, varios traballadores fixeron unha maqueta en metal dun buque, que deixaron na mediana da estrada  de acceso a Caranza, como símbolo de reclamo de carga de traballo para o sector.




Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

24 abr 2014

Vergonzosa concentración cazarolada en "defensa" do sector naval

Hoxe iniciábase o novo calendario de mobilizacións aprobado polos traballadores/as do sector Naval, a estrea do calendario era asistindo ao pleno municipal, pero coa nova ordenanza municipal aprobada polo P€P€, que limita o número de asistentes, fixo que soamente puidesen acceder  ao salón de plenos unha decena deles.

Á par que se producía esta concentración, que apenas sumaba 200 persoas, concentraronse tamén os traballadores/as de Correos, que malia ter un plantel máis limitado foi en proporción máis numerosa.

VERGOÑA é o que teñen que sentir os fill@s dos traballadores/as e desempregad@s do Naval despois de ver estas imaxes. Aproban nunha asemblea de 1500 traballadores/as as mobilizacións e ao final son catro os que teñen que romperse a cara por estes JETAS.




Fotos dos traballadores/as de Correos


Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

30 mar 2014

8.000 cidadáns, e dez indesexables, maniféstanse en Ferrol en defensa do sector Naval.

Manifestación celebrada hoxe en Ferrol en apoio ao sector Naval. A asistencia foi moi inferior ao esperado, case pódese cualificar de pésima, pois non creo que se chegase a 8.000 persoas, o que representa sobre un 10% da poboación total de Ferrol, cantidade da que habería que descontar a asistencia doutras localidades.
Desta vez a "culpa" non pódeselle atribuír á falta de información, pois constame cos sindicatos envorcaronse en publicitala.

Varios deputados decidiron arroupar o acto, entre eles; Juan Manuel Fajardo, e Yolanda Díaz, do grupo parlamentario AGE; Francisco Jorquera, do BNG; e Beatriz Sestayo, do PSOE. E tamén algún alcalde da bisbarra, como Secundino García, alcalde de San Sadurniño.


P€p€ros que participaron
O aínda alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, realizou fai uns días un chamamento sumándose a esta convocatoria, pero non tivo collóns abondo como para aparecer. E máis valeulle, pois varios compañeir@s tiñan pensado mantealo no medio da praza. Os que si tiveron jeta foron outros p€p€ros, entre eles Germán Castrillón, alcalde de Cabanas; e Gumersindo Pedro Galego Feal, alcalde de Fene; (Estes xa non contan, pois son desvergoñados habitualmente).

A lectura do manifesto correu a cargo de Germán Castro, ex director do Diario de Ferrol, que tivo palabras de verdadeiro desacougo sobre situación actual que padece Ferrolterra, dixo que "Nunca viviuse unha situación tan dramática nos astaleiros". Tamén recordou que esta crise destruíu outros miles de traballos doutros sectores, como é o caso do xornalismo.






Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

27 mar 2014

Uns 2.500 traballadores/as do sector naval, realizaron hoxe unha marcha ata o edificio de Facenda.

Uns 2.500 traballadores/as do sector naval, realizaron hoxe unha marcha ata o edificio de Facenda, nas Telleiras.

O recinto estaba fortemente custodiado polos antidisturbios, tanto no exterior coma no interior, onde se parapetaban máis unidades de intervención rápida. Na estrada pintáronse os lemas: Dique SI, Veto NON!, e Traballo XA!. A continuación procedeuse á queima dunha fragata de cartón e madeira, que representa as promesas do P€P€ en canto á construción dunha unidade nos asteleiros de Ferrol.

Esta protesta é a penúltima deste mes de marzo, pois a seguinte cita é a manifestación do próximo domingo, día 30, que partirá ás 12:00 h. da praza do Inferniño.




Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

12 mar 2014

O Naval de Ferrol e Fene levan as protestas ao concello fenés.

Hoxe @s traballadores/as de Navantia e das súas empresas auxiliares de Ferrol e Fene, estaban convocados a manter un encerro ata as 16:00 h., momento no que saían tod@s nunha marcha de Ferrol con dirección ao concello de Fene. O percorrido foi pola Avda. de Esteiro, A Trinchera, polígono da Gándara, e ponte de As Pías, lugar de encontro entre a marcha de Ferrol e a procedente de Fene, posteriormente xuntas marcharon cara ao concello fenés, onde se deu lectura a un manifesto de indignación.

O próximo xoves, día 27 de marzo, está convocada unha concentración diante da sede de Facenda, de As Telleiras.





Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

28 feb 2014

Unhas 2.500 persoas tomaron hoxe as rúas de Ferrol, na manifestación da Alianza Social Galega, baixo o lema “Por outra saída da crise”.

Unhas 2.500 persoas tomaron hoxe as rúas de Ferrol, na manifestación da Alianza Social Galega, baixo o lema “Por outra saída da crise”. A mesma sumáronse @s traballadores/as do Naval, de Mercadona, de SPRIL NORTE, a PAH de Ferrolterra, a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, e outros colectivos sociais.

Tamén moitos dirixentes sindicais e políticos quixeron participar en Ferrol desta mobilización, como Suso Seixo (CIG), José M. Sánchez Aguión (CC.OO), e José R. Gómez Besteiro (PSOE).





Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

12 feb 2014

Entre 2.500 e 3.000 persoas, saen en Ferrol na defensa do Naval

Case tres meses despois da última acción levada a cabo na defensa do sector Naval, os comité de empresa e os sindicatos volven de novo á carga. Desta volta entre 2.500 e 3.000 persoas, visto que a maioría delas eran traballadores/ras en activo, dan unha clara visión do fracaso organizativo e de difusión por parte dos convocantes.


Só est@s traballadores/as traballarían na construcción do flotel
@s traballadores/as que van traballar na construción do flotel para a empresa mexicana, Pemex, puxéronse tras unha corda, para facer ver o número de traballadores da plantilla actual, que quedarían sen actividade.

Os grandes ausentes foron @s representantes locais do PSOE, parece que as súas loitas internas non lles permiten atender o que é prioritario.

Non foi sen tempo, a última gran concentración tivo lugar o 8 de decembro do 2013, parece mentira que con máis de 17.000 desempregados en Ferrol, teñamos que esperar a polo Naval, e que estes non sexan capaces de prender a chama que dea paso a mobilizacións máis subas de ton. As mentiras por parte dos desgobernos, central, autonómico e local (todos eles do P€PE) teñen que ter respostas e compromiso por parte de todos.




Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

15 ene 2014

"Ferrol con Ferrolterra"

Inconcibible!!...  estase a difundir un correo no que chaman en réxime de auto-convocatoria "Ferrol con Gamonal".

Como pódese facer este chamamento cando actualmente ninguén está a saír á rúa polo Naval e @s desempregad@s???........ 

Por que permitiuse en Ferrol o malgasto do Parque Municipal, da Praza de España, cambios incomprensibles de mobiliario urbano,  etc...??....

É UN INSULTO PARA A CIDADANÍA DE FERROL ESTA CONVOCATORIA, E SOBRE TODO PARA QUENES ESTÁN SEN PODER LEVAR PAN A CASA PARA OS SEUS FILL@S!!!


Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

2 dic 2013

Encerro e visitas de solidariedade cos traballadores/as do Naval de Ferrolterra

Esta tarde os traballadores/ás e representantes sindicais do naval de Ferrolterra, que permanecen pechados no concello de Ferrol, recibiron varias visitas de solidariedade por parte de membros de Anova, Espazo-Ecosocialista, e EU. Entre eles destacaban os parlamentarios de AGE, Yolanda Díaz e Xosé Manuel Veiras, xunto co alcalde de Teo, Martiño Noriega.

A representación de Anova mantivo unha entrevista cos representantes dos traballadores/ás .


Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

1 dic 2013

Máis de 30.000 persoas toman as rúas de Ferrol na defensa do Naval e contra a sentenza do Prestige

Dos P€P€ROS tan só deixouse ver pola manifestación o Alcalde de Fene. O impresentable de José Manuel Rey Varela, desta volta non telefonou aos medios para facerse a foto de rigor nas inmediacións da manifestación, tal como fixo noutras ocasións. 

E non veu, malia as cartas buzoneadas recentemente polo seu desgoberno municipal (con diñeiro público), na devandita misiva tivo a "jeta" de definirse como; pertencente á xeración que loitou contra a "Reconversión Naval". 

"Tócate os.. "    á parte de ter un Alcalde inútil para exercer as súas funcións enriba é un mentireiro.




Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

30 nov 2013

Noite de vixilia polo Naval

Onte a tarde noite, unhas 4000 persoas botáronse á rúa para reclamar dignidade e carga de traballo para o Naval de Ferrolterra.

Cabazas, fachos e velas para recrear a noite de defuntos, onde o morto é o Naval, tamén escribiuse con velas acendidas o lema "DIQUE SI", unha das principais demandas para os estaleiros.


Antón Cortizas, foi o encargado de dar lectura ao manifesto de indignación, e María Manuela, Manolo Bacalhau, e Xurxo Varela, foron os encargados da parte musical.





Como era de prever, o alcalde da cidade e o seu séquito de mamporreiros non fixeron acto de presenza, e máis valeulles, pois o P€P€ está no punto de mira de toda a cidadanía de Ferrolterra.

Os berros máis coreados foron:


Non pode ser.. non pode ser.. obreiros na cadea e corruptos no poder!


Onde están, que non se ven, as promesas do P€P€?


Se isto non se amaña.. cana cana cana!


Se isto non se arregla.. leña leña leña!


A próxima visita será con dinamita!


Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

22 nov 2013

Mañá sábado, manifestación pola Defensa dos Servizos Públicos

Mañá sábado, día 23 de novembro, ás 12:00 h.  na Praza de España, dará comenzo a manifestación pola Defensa dos Servizos Públicos, convocada polos sindicatos de traballador@s CCOO, UGT e USTG.


Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

19 nov 2013

A paciencia do naval de Ferrol toca fondo

Uns 3.000 traballadores/as dos estaleiros partiron esta mañá nunha marcha de indignación, esta percorreu a avenida de Esteiro, carretera da Trincheira, e logo dirección á autoestrada, ao chegar á rotonda que vai dirección a Narón prendeuse lume a unha barricada de neumáticos, onde tamén acabaron ardendo os bonecos representativos de Núñez Feijóo e Rey Varela. 

Non cabe dúbida de que haberá que recruar a loita, seguindo o exemplo dos mineiros, ou como recentemente fixeron @s traballadores/as da limpeza de Madrid, que demostraron que a unidade e non dar un paso atrás é o que fai que os merdo-políticos escoiten.




Máis info: http://www.diariodeferrol.com/articulo/ferrol/trabajadores-navantia-cortan-accesos-ferrol/20131119124545065767.html

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

15 oct 2013

Megasa, unha loita en solitario

Hoxe, martes 15 de outubro, a plantilla de traballadores/as da factoría Megasa, retomou as mobilizacións ante a ameaza de peche da compañía, debido á orde IET/2804/2012, que beneficia as grandes compañías consumidoras de electricidade, provocando deste xeito unha competencia desleal, na que Megasa deixa de ser competitiva no sector, forzando así un peche da empresa.


A marcha protesta, partiu ás 18:00 h. da rotonda da factoría, dirección á sede do P€P€ de Narón, (Alto do Castiñeiro). Algo falla e moitos fallan, pois esta non foi secundada pola cidadanía de Narón nin de Ferrol, de feito poucos familiares d@s traballadores @s acompañaron na macha.



Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

@s traballadores/as de Megasa farán unha marcha ata á sede do P€P€ de Narón.

Hoxe, martes 15 de outubro, a plantilla de traballadores/as da factoría Megasa, retomará as mobilizacións ante a ameaza de peche da compañía, debido á orde IET/2804/2012, que beneficiou as grandes compañías consumidoras de electricidade, provocando unha competencia desleal, na que Megasa deixa de ser competitiva no sector, forzando deste xeito o peche da empresa.

A mobilización de hoxe é un ha marcha protesta, que partirá ás 18:00 h. da rotonda da factoría, dirección á sede do P€P€ de Narón, (Alto do Castiñeiro).

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

4 jul 2013

Marcha do naval ao redor da ría de Ferrol.

Con esta marcha @s traballadores/as dos estaleiros seguen co seu calendario de denuncias, en especial sobre as promesas incumpridas polo P€P€, o de construción do dique flotante, e o Flotel para a mexicana Pemex.

O presidente do comité de empresa Navantia Ferrol, Ignacio Naveiras, solidarizouse en nome d@s traballadores/as do naval de Ferrol, cos compañeir@s dos estaleiros privados, que se ven ameazados dende a UE con ter que devolver as axudas tax lease, o que acabaría definitivamente co naval de Vigo.

A marcha percorreu catro municipios da bisbarra, os traballadores/as de Navantia Ferrol saían ás 11:30 h cara á ponte das Pías, ao final da mesma encontrábanse cos traballadores/as do estaleiro fenés, dende alí partian todos xuntos dirección Neda, e logo cara a Narón, onde se fixo un pequeno descanso para tomar un bocadillo. Ao chegar á rotonda próxima a Megasa, a marcha se detivo uns minutos, e leuse un comunicado de apoio e solidariedade cos traballadores/as desta empresa. A marcha chegou de volta a Ferrol ás 16:30 h


Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

30 may 2013

Non hai un sen dous, "Pleno" do P€P€.

Traballadores/as do naval, Plataforma contra o malgasto na Praza de España, Plataforma Stop Desafiuzamentos, Plataforma contra a lei do aborto, afectad@s polas preferentes, etc.. impediron que se realizase o Pleno de hoxe no Concello de Ferrol.

Supostamente, hoxe entraría en funcionamento o torno que impediría a libre entrada ao Concello, obrigando a todas as persoas que accederan ao edificio a identificarse. Deste xeito aplicarían a nova normativa municipal imposta polo P€P€, de limitar o aforamento de acceso ao salón de plenos.

Ao non se cumprir estas previsións, e unha vez xa se encontraban dentro moitos colectivos, o desgoberno municipal deu orde á policía local de impedir o libre acceso, pechando as portas nos narices do traballadores/as do naval. A porta soamente se abría para a prensa ou para os concelleiros. Aproveitando un descoido, varias persoas empurraron a porta e lograron coarse para dentro, pero a gran maioría seguía forcexando ás portas con dous policías que a custodiaban. Foi nese intre, cando un mozo que pasara anteriormente, volveu sobre os seus pasos e querendo axudar aos seus compañeir@s do exterior, zarandeou os dous policías, producíndose a rotura dun dos cristais, resultando un axente ferido cun corte nunha man.

Deste xeito producíase a avalancha humana que enchía por completo o Manifestódromo do P€P€.

Berros de:
“O amigo de Marcial, afunde ao naval”, “Nin xente sen casas, nin casas sen xente”, “Ao naval, DIQUE si”, “Alcalde dimisión”, “Ilegalizar o partido popular”, e outras consignas en contra do Desgoberno foron as únicas voces que se escoitaron.

Sinto de veras non poder poñer voces á indignación no pleno, tiña ganas de escoitar a intervención dos meus compañeiros. Así como lamento a agresión ao axente local, e que este sufrise a ira de quen padece a merda e sarta de mentiras de Rei Varela e do amigo do NARCO.




Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.