Mostrando entradas con la etiqueta Recimíl. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Recimíl. Mostrar todas las entradas

22 may 2013

Resumo da concentración en demanda da adxudicación e entrega das vivendas baleiras de Recimil

A concentración realizada hoxe na Praza de Armas, en demanda da adxudicación e entrega das vivendas baleiras de Recimil, salvouse grazas á presenza de membros de Stop Desahucios, e diversos partidos políticos, á parte tamén contou cunha gran cobertura dos medios de comunicación. 

A resposta por parte dos afectad@s foi case nula, apenas unha ducia deles. Ao final eran persoas do tecido asociativo de Ferrol as que portaban os carteis en demanda das vivendas. Creo sinceramente que esta imaxe confunde, e non é a que ten que percibir a cidadanía. 

Pensei que Stop Desahucios colaboraría coas 114 persoas afectad@s, orientándoos e ayudándolos a que camiñasen sós, iso si, contando co apoio desta plataforma. Isto a día de hoxe dista moito da realidade, e parece estar lonxe o conseguir que esta xente se mobilice polos seus dereitos. Non sei si o que falla son as canles de comunicación cos afectad@s....  aínda que parece máis ser obra do P€P€, que  vai un paso por diante e estivo a realizar promesas ás persoas da lista para desmobilizalas.




Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

12 abr 2013

Esixindo ao desgoberno do P€P€, as vivendas de Recimíl, con lista de espera dende o ano 2010.

Preto dun centenar de persoas concentrábanse hoxe no Concello de Ferrol para demandar do desgoberno do P€P€, as vivendas de Recimíl, con lista de espera dende o ano 2010.

En resposta aos medios de comunicación, o aínda Alcalde de Ferrol, tiña o descaro de dicir; 
"O goberno está a traballar intensamente no tema das vivendas e nos próximos días esperamos poñelas a disposición"

Non enténdese entón que dende o Concello se dese a orde de tapiar con ladrillo as portas destas vivendas baleiras, sobre todo sendo coñecedores da lista de espera dos 116 adxudicatari@s das mesmas.

Tanto o BNG, EU, e PSOE, decidiron nunha mostra de solidariedade acompañar a tódol@s afectad@s ao Rexistro municipal para presentar a correspondente demanda da súa vivenda.

@s adxudicatari@s de Recimíl están sendo asesorados pola Rede de Apoio Mutuo - Stop Desafiuzamentos de Ferrolterra.


Premer para ver a galería de fotos
Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

11 abr 2013

Afetad@s con adxudicación de vivendas en Recimil organizanse para dar unha resposta ao DESgoberno de Rey Varela

Afetad@s pola desidia da Xunta de Goberno Local de Ferrol, na adxudicación de vivendas protexidas de Recimil, reclaman unha solución a súa situación de falta de vivenda.

Onte, mércores 9 de abril, ás 6 da tarde, tivo lugar unha Asemblea de persoas que figuran na listaxe definitiva para acceder a unha vivenda protexida de propiedade municipal do barrio de Recimil. No transcurso da mesma escoitaron-se testemuños de situacións dramáticas. Houbo un debate a fondo sobre o que estaba pasando coas vivendas de Recimil desde 2010.

Acordouse presentar un escrito de reclamación das mesmas no Rexistro do Concello de Ferrol, o vindeiro Venres 12 de Abril, ás 11:30 h

Ao tempo acordouse nomear unha Comisión de persoas afectadas, acompañada por persoas da Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra, e que estas soliciten unha reunión co polo de agora Alcalde, José Manuel Rey Varela, para reclamar as demandas d@s afectad@s.

SOLIDARIZATE E APOIA ÁS PERSOAS AFECTADAS POLA DESIDIA DO DESGOBERNO MUNICIPAL DO P€P€!!

Máis info en:

http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio