Mostrando entradas con la etiqueta Tren. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Tren. Mostrar todas las entradas

26 jul 2013

Concentración de dor en Ferrol, tras o fatal accidente de tren en Santiago.

Unhas 200 persoas, de forma espontanea e por medio de chamamentos de mensaxería, déronse cita onte na estación de trens de Ferrol, para amosar o seu pesar e solidariedade cos familiares e amigos, das persoas falecidas e accidentadas no fatídico accidente de tren en Compostela.

.


Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

10 may 2013

Protesta cidadán na defensa da Enseada da Malata e a Ría de Ferrol

Entre 200 -250 persoas concentráronse hoxe na Praza de Armas, ante o chamamento feito por parte do colectivo opositor ao trazado sur, colectivo formado por trinta colectivos e asociacións.

Xandro García, un dos voceiros do colectivo, destacou o alto valor ecolóxico e produtivo que ten aínda a ría, malia a falta de funcionamento da depuradora e aos lodos acumulados nela. A construción do trazado sur, co viaduto que teñen previsto, supoñería matar a Enseada da Malata, que vén a ser unha "ría dentro da propia ría".

Destacou tamén como interesante a charla mantida con Ana Pastor, ministra de Fomento, que recoñeceu descoñecer os datos e inconvenientes que lle trasladou o colectivo. Así mesmo comprometeuse a estudar a información que se lle envíe por parte do colectivo opositor a este trazado.

Cousa que a día de hoxe non fixo o aínda alcalde do DESgoberno de Ferrol, José Manuel Rey Varela, nen a "pandi" que ten como concelleir@s.



Blogue do colectivo opositor ao trazado sur.

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

9 abr 2013

URXENTE!! Asamblea por outra alternativa ao tren do porto "exterior"

Devido á recente publicación da Declaración de Impacto Ambiental do proxecto do tren ao porto exterior,  confirmando que o trazado que se construirá, será o sur, o colectivo social en contra da construcción deste trazado e en defensa da Malata, vémonos na obriga de convocar unha asemblea con caracter de urxencia.

Ficades tod@s convidad@s a esta asemblea, que está aberta á participación de toda a cidadanía, e que terá lugar hoxe mártes día 9, ás 19:00 h na asociación de veciños da Cabana.

Orde do día:

1.- Análise da Declaración de Impactoambiental.

2.- Elaboración dun calendario de accións en oposición a esta obra.

Rogámosche que convides a todo o mundo a participar nesta asemblea de vital importancia para a enseada da Malata e para a ría de Ferrol de xeito xeral, e tamén para todos os veciñ@s que viven preto dela.

http://oqueescondeotrenaoportoexterior.blogspot.com.es/

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio

8 mar 2013

Concentración contra o trazado sur do tren ao Porto Exterior

O Colectivo social que está en contra do trazado sur do tren ao Porto Exterior de Ferrol, concentrouse onte diante da Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao en contra desta desfeita medioambental.


De levarse a cabo esta infraestructura pola alternativa sur, suporá a desaparición da enseada da Malata como tal.

Está claro que detrás deste proxecto, hai uns escuros intereses e o organismo que promove este proxecto é a Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao.


Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio