Mostrando entradas con la etiqueta galiZa. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta galiZa. Mostrar todas las entradas

7 jun 2014

Tod@s contra o Réxime Monárquico

Concentración celebrada hoxe en Ferrol contra a Monarquía e o réxime monarquico imposto por Franco. 

Realizada a xeito de autoconvocatoria, e malia non destacar polo número de asistentes, uns 400, o que si cumpre destacar é a diversidade de forzas políticas que comparten que a Monarquía chegou á súa fin e hai que dar paso a outras formas de goberno, Anova, BNG, eQuo, EU, Espazo Ecosocialista, Nós-UP, PCPE, Podemos, PSOE.




Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

1 nov 2012

"O Estado de dereito en perigo de extinción"

Titulares da COZ de Galicia

Pensei que dera xa por rematada miña denuncia contra os medios de manipulación, sobre todo por parte da Coz de Galicia, pero veño de ler para meu asombro que a Fundaçom Artábria acaba de quitar un comunicado denunciando as mentiras publicadas polo Sr F.Varela, neste mesmo medio, nesa nova o xornalista, afirma que Sílvia Casal realiza actividade na Fundaçom Artábria, acrecentado a mentira dicindo que é a súa actual presidenta.

A Fundaçom Artábria sae ao paso desmentindo tal desinformación, asegurando que fai anos que Silvia non forma parte da entidade, e muito menos pode ser a súa presidenta, como afirma sen o máis mínimo rigor dito xornalista.

Por outra parte, F. Varela, describe o Centro Social da Fundaçom Artábria como "taberna con el mismo estilo que las vascas de los nacionalistas radicales".  

Dende a entidade lle respostan deste xeito;  Descoñecemos cal é o "estilo" das "tabernas" a que F. Varela alude, mais o Centro Social da Fundaçom Artábria fai parte da paisaxe cultural de Ferrol desde fai 14 anos sen ningunha necesidade de copiar modelos nin estéticas doutras latitudes, defendendo, iso si, os dereitos lingüísticos do pobo galego e a nosa cultura nacional.
Aquí podedes ler integramente o comunicado denuncia 




O Consello Comarcal de Esquerda Unida denunciou publicamente onte o "linchamento moral que ven de sufrir unha cidadá dá nosa comarca acusada e tratada publicamente como terrorista, cando non había proba algunha nese sentido". Para esta formación política, a actuación policial  
parece absolutamente desproporcionada e vexatoria no trato e na comunicación pública do tema, algo que se considera inaceptable nunha sociedade democrática.

Para EU, a violencia simbólica que se perpetrou de forma inxustificada contra esta ciudada di moito das formas do Ministerio e do que se pretende con actuacións como esta: "sementar medo e parálise". Neste sentido, engade que as actuacións policiais suman unha espiral coa violencia material contra as clases traballadoras "e avanzan a resposta do PP cando a cidadanía protesta de maneira pacífica como determinada". "Os dereitos humanos sofren na persoa de Silvia Casal e ou seu fillo condicións de illamento e traslado, separación do fillo lactante dá súa nai e manipulación dá súa imaxe pública", apunta EU, polo que esixe a depuración de responsabilidades políticas que se derivan "deste inaceptable tratamento a unha cidadá inocente". Tamén demanda a derrogación de todas as normativas legais que abrigan dentro da lexislación esta vulneración de dereitos, así como que a investigación dos feitos denunciados fágase con estas persoas en liberdade, xa que, na súa opinión, "Os cargos e probas que o propio Ministerio publicita non parecen ter correspondencia coas medidas tomadas contra elas".

A Nova-Irmandade Nacionalista tamén fixo público o seu contundente rexeitamento "dá lexislación especial que desvirtúa na práctica a presunción de inocencia proclamada na Constitución", denunciando o ocorrido con esta nai e o seu fillo lactante.

O BNG informou hoxe nun comunicado de que levará ao Congreso a detención de Silvia Casal por entender que o Estado lle aplicou unha lexislación de excepción, con grave violación dos seus dereitos humanos, con negación incluso do 'habeas corpus'.

Premendo nas fotos podedes ver como é vulnerada a presunción de inocencia por parte da gran maioría dos medios de manipulación. 

Máis grave resulta que quen da por feito que son terroristas sexa o propio Ministerio do Interior, que incluso na súa paxina web acompaña a nova da detención con fotos de cacerolas explosivas pertencentes a outras detencións.

Cumpre por parte de tódalas forzas democráticas da nosa cidade pronunciarse contra esta vulneración dun dereito constitucional elemental. Cando acontece un feito deste tipo non hai que andarse con "corta pizzas", hai que ser consecuentes, pronunciarse e denunciar.

"J. C. S. S. Foi ingresado en prisión despois de negarse a declarar ante o xuíz".



Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio

31 oct 2012

Silvia María Casal Sabín

Hoxe tiña que facer público o nome e apelidos desta moza e compañeira, condenada de antemán polo medio de manipulación A Coz de Galicia, ese medio que dita sentenzas, manipula, difama, e fai publico o nome dunha nai, dicindo que é unha terrorista, todo isto sen que Silvia houbese aínda prestado a súa primeira declaración en comisaría.

O dano está feito, xa non hai marcha atrás, esta difamación foi servida ao público en papel subvencionado pola Xunta de Galicia co diñeiro de tod@s os galeg@s, mesmo dos independentistas.

Eu neste caso non defendo a esta nai por ser independentista, non é o meu ideal político, o que defendo é que a todo cidadán aplíquenselle as normas recollidas no estado de dereito.

Non pode ser que un medio sexa parte e xuíz en ningún proceso.. Quen vai repor agora a honra a Silvia?.. Quen vai aliviar aos pais e familiares de Silvia?.. A COZ?


Hoxe Silvia saíu en liberdade!!


NON ERA CULPABLE sr. Santiago Rey Fernández-Latorre????
En que quedamos????
Agardemos que Silvia recupere pronto o humor para volver a facer teatro e facernos rir de novo, porque a COZ maldita gracia!!.

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio

Sílvia está detida.

Os medios de comunicación, cómplices da represión, comezan a intoxicar; disque ela e Júlio son independentistas perigosos e acúsanos de terroristas. Non sei nada diso mais Sílvia, agora imos centrarnos nela, é unha nai. Ten unha crianza de oito meses que tamén pasou a noite no trullo porque, hoxe como sempre, @s fill@s das sospeitosas, deben pagar tamén... Para Sílvia non parece rexer o principio que desculpa as nais. 

Di a Declaración de Dereitos humanos, ese código burgués por excelencia, que a maternidade debe ser protexida. Mais a Sílvia quítanlle a súa crianza e mándana para a Audiencia mal chamada nacional. Onde está o permiso de aleitamento? Sempre me chamou a atención como as mulleres, cando se axustaren aos patróns da tribo, por exemplo sendo nais, son especialmente reprimidas. Se a maternidade se protexese, dentro dun ideario conservador as mulleres que tiveron grandes proles, ou as que quitaron a diante a súa descendencia con dificultade, serían heroínas populares e non é así nunca... Sílvia, para alén dos malos tratos que reciben tod@s @s pres@s, representa a vulnerabilidade feminina. Non sei que angustia viviría cando se viu detida e pensou no trato que podería estar a recibir o seu fillo noutra cela. Mais ese sentimento ponme da súa parte. 

Os informes anuais de Amnistía Internacional non din precisamente que as cadeas sexan lugares tranquilos. As institucións penitenciais son represivas, ademais de obsoletas por representaren un modelo caduco de vida social, un modelo ocupado na vixilancia e o castigo de quen non se axustar estritamente a unha legalidade imposta. Ese modelo non permite a convivencia de ideoloxías distintas e, asemade, medra na loita de clases, propaga a drogadicción e fomenta a demencia. Non podemos aceptar este tipo de xustiza. Sílvia, esa nai desprotexida, precisa realmente ser rehabilitada?

Mais quen pode crer xa que os cárceres sirvan para rehabilitar ninguén, se a maioría son almacéns perigosos, verdadeiros infernos superpoboados, ateigados de síndromes de abstinencia, carraxe social e desesperación! 

Sería ben que a sociedade galega defendese aos seus presos políticos porque alguén na cadea sen apoio do exterior está mort@. O cárcere está deseñado para neutralizar individuos potencialmente perigosos. 

As diferenzas ideolóxicas, económicas e sociais, transfórmanse en cuestións criminais e a xustiza social necesaria, feita de diálogo, desaparece para deixar paso á implacábel xustiza penal. Dito doutro xeito, os individuos que se converten nun problema para o sistema son tratados polos estados como se fosen dinamita. 

Unha sociedade libre e xusta é aquela onde ninguén é refugallo social; onde ningunha nai é separada da súa crianza. 

Teresa Moure Pereiro / Mestra da USC

Deixo tamén ligazón deste bo artigo da compañeira Lupe Cés  http://lupeces.blogspot.com.es/2012/10/silvia-arma-de-guerra.html

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio

30 oct 2012

Detidos pola policía e xulgados pola Coz de Galicia

Onte luns, sobre as 11 da noite, a policía procedía a efectuar dúas detencións en Narón. Os detidos son J. C. S. S. e S. M. C. S., unha parella involucrada social e culturalmente coa nosa comarca, atribúeselles a súa suposta pertenza a "Resistencia Galega".


Hoxe pola mañá foron trasladados a Madrid para a súa posta a disposición da Audiencia Nacional.


É incrible ler como os medios de manipulación fan de xuíces, antes tan sequera de que estes prestasen a súa primeira declaración. 

A MERDO VOZ DE GALICIA, pasase polo forro a presunción de inocencia destes dous compañeir@s detid@s, os tacha directamente de terroristas, non se cortan tan sequera a por íntegros os nomes e apelidos, (incluso di que a detención é feita no Ferrol, cando esta se produzo en Narón).

Non fan do mesmo xeito mesmo cando se trata de políticos ou forzas de seguridade do estado (vexase Operación Carioca) todo son iniciais.

Por que este asañamento con esta parella?, Descoñecen que detrás de cada persoa atópase unha familia? Esquecen que son creadores de opinión?...

Os titulares deste Merdo-Periódico demostran como crean a manipulación na opinión pública.

O ESTADO DE DEREITO É VULNERADO CONTINUAMENTE POR ESTE MERDO-XORNAL, O DANO QUE FAI AO POBO GALEGO CREANDO OPINIÓN MANIPULADA É SÁNGRANTE (VEXASE CAMPAÑAS AO PP E A REGANOSA).
AGARDO QUE SE DEMOSTRE PRONTO A INOCENCIA DESTES DOUS COMPAÑEIR@S.

Máis en:
http://artabra21.blogspot.com.es/2012/10/detidos-noite-pasada-duas-persoas.html

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio

12 oct 2012

O Domingo en Compostela, Manifestación Galiza Non Se Vende

O vindeiro domingo, 14 de outubro, ás 12:00 horas na Alameda de Santiago de Compostela, Galiza Non Se Vende organiza un Xuizo Popular aos responsables da destrucción e o desleixo da nosa terra e o noso mar. 



Estes son os cargos que se lles imputan: 


  • Perda da soberanía alimentar (abandono do sector primario, mar, rural..) 
  • Desastrosa xestión de residuos e contaminación 
  • Minería salvaxe e sobreexplotación dos recursos (ríos, montes, vento…) 
  • Desprotección da biodiversidade 
  • Esfarelamento do territorio (infraestruturas, especulación..) 
  • Abandono do patrimonio cultural 


Polo noso presente, polo noso futuro, polo futuro dos nosos fillos, DEFENDAMOS A TERRA E O MAR Acude a Compostela. 

 NON FALTES !!!


 http://arianonsevende.wordpress.com/2012/10/09/domingo-14-de-outubro-mobilizacion-en-compostela/

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio

17 jun 2012

"MAREANDO AS NOSAS LETRAS 2012"

Hoxe tivo lugar o paseo marítimo en lancha pola Ría de Ferrol, acto que organiza a Asociación Lefre de Caldereta.

Un paseo
pola nosa ría no que as poesías e músicas da mar, son sempre as protagonistas.

Desta volta o tempo non quixo acompañarnos, pero a pesar do orballo todo saíu ben.

Este ano mudaron os protagonistas, nin foron @s poetas, nin o magníficos músicos con que sempre nos agasallan @s compañeir@s de Lefre. Os protagonistas foron dous nenos pequenos (de entre 5 - 7 anos) que se ofreceron a recitarnos unhas poesías en galego, ambos estiveron estupendos.



Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

21 may 2012

Acto UNITARIO na defensa do galego.

Onte celebrouse na Praza Rosalía de Castro (San Xoán) a homenaxe e ofrenda floral na figura da ilustre escritora galega.

Neste acto participaron distintas Asociacións e colectivos de Ferrol, entre eles; Toxos e Froles, Fundaçom Ártabria, Ateneo Ferrolán, Asociación Cultural Fuco Buxán,Colectivo Sociocultural A Revolta de Trasancos, Asociación Lazos Pro Solidariedade, e a Asociación Sociocultural López Bouza.

O QUE NON SE PODE SILENCIAR..
Non se entende como o BNG non participou deste acto, e non o digo neste caso puntual, acontece nunha chea de ocasións. Actos no que o referente é de marcado carácter GALEGO, e co partido nacionalista lles da as costas.

Cumpre que fagan unha ampla reflexión interna, e máis cando un partido de ámbito estatal como é Esquerda Unida ven participando deles, a pesares de non ter o número de militantes co que conta o BNG en Ferrol.


Estes actos son capaces de dar posto de acordo a asociacións e colectivos dispares entre si como os que fixeron o acto, e todos cunha finalidade en común, a defensa do idioma galego e a identidade como pobo.



Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

17 may 2012

Compostela falou GALEGO!!

A auga respectou hoxe en Compostela a peregrinaxe d@s que defenden o idioma galego, contra a imposición do castelán por parte das forzas represoras e radicais do P€P€.

Agustín Fernández Paz, foi encargado de ler o manifesto, a continuación foi o intre da intervención de Carlos Callón, que aproveitou a ocasión para denunciar as trabas e o boicot para poder realizar esta manifestación, por parte do Desgoberno da Xunta de Feijóo.



Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

16 may 2012

MAÑÁ EN COMPOSTELA "MANIFESTACIÓN NA DEFENSA DA LINGUA GALEGA"

SERVIZO DE AUTOBUSES EN FERROL

Saída de Ferrol (CIG) ás 10 h.

Saída de San Sadurniño (fronte ao concello) ás 09:45 h.

Saída de Narón (fronte ao concello) ás 10 h.

Faranse paradas en diversos sitios:

Caranza, parada de autobuses n'As Pías

Fene, parada de autobuses(diante do Gadis) ás 10:05 h.

Gasolineira do Vilar do Colo ás 10:10 h.

Pontedeume (rotonda) ás 10:15 h.

Contacto para os autobuses: Ana Vérez 689 39 28 61

O P€P€ QUERE BOICOTEAR O ACTO
O Concello de Santiago tenta evitar que haxa manifestación polo Día das Letras
Nunha resolución sorprendente, comunicada 48 horas antes da manifestación, o Concello nega os permisos para colocar palco e megafonía.

Queremos Galego recorreu hoxe mesmo nos tribunais e mantén a convocatoria "con máis razóns que nunca".

Carlos Callón: "Se nos denegan o palco e a megafonía, usaremos as gorxas para exclamar moi alto polos nosos dereitos".

A plataforma Queremos Galego, impulsada e coordinada pola Mesa pola Normalización Lingüística, e que aglutina máis de 700 entidades, encontrouse esta mañá cunha comunicación "sorprendente" do Concello de Santiago de Compostela.

Cando faltan 48 horas para a manifestación cidadá en defensa da lingua, o goberno municipal resolve negativamente unha petición "que sempre foi de trámite" para poder colocar un palco, para usar o punto de luz necesario para a megafonía do acto final e para poder colocar unha faixa informativa na Alameda de Santiago de Compostela.

Carlos Callón, como presidente da Mesa e portavoz nacional de Queremos Galego, asevera que "desde que A Mesa existe, hai 26 anos, nunca nos encontramos cunha resolución tan disparatada para unha mobilización en defensa do noso idioma". "Quérennos deixar sen voz: temos máis razóns que nunca para erguela e para acudir a Compostela o Día das Letras", aseverou Callón, quen considera que, "o actual goberno de Santiago ten un problema moi serio coa tolerancia lingüística e cultural e coa liberdade de expresión, como puidemos ver primeiro co Correlingua e agora coa manifestación do 17 de maio".

O Concello denega case todos os puntos solicitados por Queremos Galego baseándose en que "a manifestación coincide coa Ascensión", excepto a petición do punto de luz preciso para a amplificación do son, na cal non utiliza a escusa das festas, senón que non ofrece ningún motivo. Porén, desde a plataforma sinalan que "parece unha burla querer denegar esa licenza baseándose na Ascensión, xa que non é a primeira nin será a última vez que o día 17 de maio coincide con eses festexos". O presidente da Mesa di ironicamente que "a culpa é de Rosalía de Castro por asinar a dedicatoria do primeiro libro contemporáneo en galego nun 17 de maio".

O Concello coloca todos os obstáculos que pode para esta manifestación, "dentro do seu ámbito de competencias", mais non pode prohibir o acto, xa que este foi solicitado "en tempo e forma" na Delegación do Goberno. "O que nos deixa estupefactos é que todas estas xestións, que todos os anos son de trámite, se queiran converter agora en impedimento para exercer o noso dereito democrático a manifestarnos", sinala o presidente da Mesa e portavoz de Queremos Galego.

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2012/05/15/galicia/1337108476_743290.html

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

5 may 2012

"118 Protesta Lexítima"

O día de hoxe o "Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol", realizou súa "118 Protesta Lexítima" contra a ubicación da planta de gas, e contra a navegación de gaseiros cargados con GNL no interior da Ría de Ferrol

E ONTE, AS COSTAS GALEGAS ESTIVERON DE NOVO EN PERIGO

No día de onte un petroleiro de bandeira británica, o British Osprey, que realizaba o traxecto entre Malta e Rotterdam cargado con miles de toneladas de cru, sufriu unha avaría na máquina, motivo polo que quedou sen goberno durante máis de 12 h. a 28 millas ao oeste de Corrubedo e a 40 da illa de Ons.

Hai uns días, o 3 de maio, celebrouse o Día Mundial da Liberdade de Prensa, e é tanta a "LIBERDADE" que segundo quen a conte esta é modificada e manipulada.

En "La Opinión", dise que a cantidade de cru que transportaba o petroleiro era de 62.000 toneladas, e que foron os efectivos de Salvamento Marítimo os que contactaron cos mandos do barco en vista de que este non se movía, momento en que dende o petroleiro recoñeceron que necesitaban axuda. A versión de "La COZ de Galicia", é outra ben distinta, o petroleiro ía cargado con 80.000 toneladas de cru, e que foi o petroleiro quen solicitou axuda.

Pregúntome, se a palabra "LIBERDADE" para os medios significa; "Dereito a terxiversar a realidade cada vez que acontece un feito que pode levar consigo unha alerta social"

Estou seguro que si se producise unha catástrofe, o DESGOBERNO da Xunta de Galicia tampouco coincidiría na cantidade de toneladas, diríannos que soamente levaba 20.000.







Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

26 nov 2011

A Fundaçom Artábria homenaxea hoxe a Martinho

No passado dia 10 deste mês fijo-se o primeiro ano do falecimento do companheiro Martinho, destacado militante da causa lingüística e cultural da Galiza e do projeto representado pola Fundaçom Artábria. Na nossa entidade nom queremos deixar passar este mês sem dedicarmos umha jornada a lembrar José Manuel Sanmartim Bouça, Martinho, como pequena mostra do agradecimento pola sua entrega e de homenagem merecida a um compatriota que deu o melhor da sua vida à luita e à construçom de umha Galiza livre e em galego.

A jornada escolhida é o dia 26 de novembro e, sendo um motivo tam especial,, nom queremos deixar de fazer público um convite aberto a todo o tecido associativo de Ferrol, Trasancos e Galiza, para participar nos atos previstos que som os seguintes.

13.15h. Oferta Floral no Porto de Corujeiras.
14.30h. Jantar de confraternizaçom no nosso Centro Social. A ementa estará composta de lacom assado, cachelos, salada e sobremesa e terá um preço de 7€.
16.30h. Intervençom Ernesto Lopes, membro da Diretiva da Fundaçom Artábria.
16.45h. Recital Poético a cardo de Miguel Neira.
17.00h. Projeçom do documentário ‘Martinho. O sorriso insubornável dum guerrilheiro galego’, da autoria do companheiro Augusto Fontám.
19.00h. Recital Musical a cargo de Manolo Bacalhau.

http://www.artabria.net/

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

2 mar 2011

Manifestación contra a privatización da auga

Manifestación contra a privatización da auga
20 de Marzo,ás 12:00h,dende a Alameda de Compostela.
Pola derrogación da Lei de Augas,coa que o actual goberno da Xunta privatiza a auga é os dereitos a ela por parte d@s galeg@s
¡¡A AUGA QUE CHOVE EN GALICIA,É D@S GALEG@S,NON DE NINGÚN GOBERNO NIN EMPRESA!!

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

Plataforma Unitaria de Ferrol Terra pola Derrogación da Lei de Augas de Galicia

O pasado Xoves, 24 de Febreiro, no Concello de Ferrol, a Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego, Carme Freire, participou, no pleno municipal para defender a derrogación da Lei de Augas de Galiza "por atentar contra o dereito básico da cidadanía a beber e, por extensión, a viver. Cos votos de PSOE, BNG e EU, a moción presentada por esta última formación política saíu cara a adiante, polo que o Concello de Ferrol se converte no primeiro na Galiza en pronunciarse a favor da derrogación da Lei de Augas".

Para debater este asunto e constituir unha Plataforma Unitaria de Ferrol Terra pola Derrogación da Lei de Augas de Galicia , propomos unha AUTOCONVOCATORIA, para facer unha reunión en Ferrol, o Luns 7 de Marzo, ás 6 da Tarde no Local da Asociación Veciñal de Esteiro, sito na rúa Fernando VI, Bloque I baixo,

máis información en Ártabra21

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

10 nov 2010

Morreu "Martinho"

Quero transmitir o pésame a familia e amigos de José M. Sanmartin Bouça,"Martinho".Ex-preso político menbro do EGPGC,actualmente estaba na Fundaçom Artábria,e seguía loitando de forma activa

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio