Mostrando entradas con la etiqueta Esteiro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Esteiro. Mostrar todas las entradas

19 mar 2014

Desaparecerá a Asociación Veciñal de Esteiro despois de 35 anos?

Esta é a parte do comunicado recibido da AA.VV de Esteiro

O vindeiro xoves día 20 de Marzo se celebran as asembleas ordiarias e extaordinaria da AV de Esteiro.

Na asemblea Extraordinaria, como único punto, se elixirá unha nova Xunta Directiva.

O prazo de presentación de candidaturas ou de candidatos/as remataou hoxe día 18 de Marzo, sen que se presentase candidatura nin candidatos ningúns.

A totalidade da actual Xunta Directiva: NON SE PRESENTA Á REELECCIÓN.

No caso de que non houbese ningún candidato, se procederá a elixir una XUNTA XESTORA que, no prazo de dous meses, convocará unha NOVA ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA, e no caso de non haber candidatos. NOMEARÁ UNHA COMISIÓN LIQUIDADORA da Asociación Veciñal de Esteiro para proceder á súa DISOLUCIÓN.

Tal e como están as cousas e debido á falla de interese, parece que o destino definitivo é a desaparición da AV de Esteiro en poucos meses.

Pola miña banda teño que engadir; que moit@s @s compañeir@s 
fumos testigos da campaña de mentiras e insultos contra Miguel, Pte saínte. Os culpables disto foron coma sempre os "Habitantes da Terra Media"

En breve sacarei á luz outra denuncia contra eles de algo MOI GRAVE, que descubrirá aínda máis a esta tropa "Altermundo". De nada vailles servir as súas impugnacións e intentos de ningunear en Anova, nin as reunións co FPG, nin os seus toques de porta e chicos de ollo continuos a outros colectivos.

Máis quixeran eles... que tod@s volvésemos con zocas ao campo, e mentras nós sementamos patacas para eles, estes poden encherse ben os bandullos a conta do noso traballo. 

Seguirán polos séculos dos séculos ocupados en buscarse un acomodo político?


Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

23 nov 2013

A Concelleira de Malestar-social, Rosa M. Beceiro, camufla a súa incapacidade mentindo na prensa

CAMPAÑA DE ACOSO E DESPRESTIXIO CONTRA A ASOCIACIÓN VECIÑAL DE ESTEIRO

Desde a Asociación Veciñal de Esteiro queremos DENUCIAR o que consideramos unha campaña de persecución e desprestixio, orquestrada pola Concelleira de Servizos Sociais, Dona Rosa Martínez Beceiro utilizando como pretexto o Comedor Social Público de Esteiro.

Este ano á nosa entidade lle foi retirado o Taller de Memoria, xa no pasado ano fora reducido á metade e foi suplido con financiamento propio, que subvencionaba dita Concellería, a pesar de que era no que máis xente participaba e de que existía demanda para a súa continuidade. O Taller de Memoria se continúa impartido este ano con fondos propios.

Con respecto ao Comedor Social de Esteiro queremos dicir que foi unha decisión dun Goberno Municipal, o anterior, o que atendendo as demandas nosas e da veciñanza de Esteiro TOMOU A DECISIÓN de que fose no local da AV de Esteiro, que é un LOCAL MUNICIPAL e por tanto público, onde se fose instalar dita infraestrutura.

Fixéronse, no anterior mandato, obras no local ( pintado, alumeado, etc) mercouse un lavalouzas, forno microondas, cadeiras, mesas e un moble mostrador,(onde se garda a louza, cubertería, cristalería, manteis, panos de mesa, fontes , etc) . Ese mostrador forma parte do Comedor Social e non é para montar un bar como Dona Rosa Martínez se atreveu a afirmar, seguramente por descoñecemento e desinterese, nunha Comisión de Servizos Sociais ( está recollido na acta).

Lembramos que cando se unificaron as dúas entidades veciñais de Esteiro o bar que había nunha delas , desapareceu para que se puidese montar nese espazo o Comedor Social. Por eso a AV de Esteiro non só non quere montar un bar, como día Dona Rosa Martínez, senón que desfixo o que había.

Na obra do Comedor Social, do anterior Goberno Municipal, quedou pendente adaptar a entrada ao Local da AV de Esteiro, botar tarima flotante no solo e facer obra de adaptación, para persoas con discapacidade, dun baño, quedando unha partida orzamentada para ese menester.

Coa chegada de Dona Rosa Martínez Beceiro á Concellería de Servizos Sociais o interese polo Comedor Social de Esteiro caeu en picado. Non se puxo a funcionar a finais do 2011, tampouco no 2012 e parece que tampouco vai funcionar no 2013. Na Asemblea de Barrio celebrada hai máis de ano e medio no Salón de Actos da Universidade, non se volveu a celebrar ningunha outra malia que tiña que haber catro cada ano, as dúas propostas máis votadas foron:

A Escola Infantil Pública de Esteiro e o Comedor Social.

Desde esta Asociación demandamos reiteradamente a posta en funcionamento do Comedor Social e foi a presión social a que levou a que este ano, no mes de setembro, se fixesen as obras de adaptación da entrada ao noso local, pero xa se reduciu a capacidade do Comedor Social de 40 persoas a 30 persoas, e non se botou a tarima flotante no chan nin se cambiou unha fiestra que produce humidades e friaxe. Malia todo o local está en condicións de que se poida poñer a funcionar xa.

O mes pasado, o día 15 de outubro, o Alcalde acompañado da Concelleira de Barrio e do Concelleiro de Obras e Servizos, visitaron o local da AV de Esteiro, para ver o espazo e as obras onde ía funcionar o Comedor Social, asumindo que era necesario cambiar a fiestra, como nós demandabamos, e comprometéndose a trasladarlle esa necesidade á Concelleira de Servizos Sociais. Ao día seguinte os medios de comunicación recollen que se abre o prazo para inscribirse no Comedor Social de Esteiro.

A partir dese momento e , sen dirixirse nunca directamente á AV de Esteiro, comeza unha campaña contra nós de desprestixio e de persecución , nos medios de comunicación, por parte de Dona Rosa Martínez.

Nos acusa de non colaborar cando, desde o mes de maio non se puxo nunca en contacto con nós, nin para dicirnos cando empezaban as obras, nin para dicirnos cando se abría o prazo de inscrición, nin nos facilitou os impresos de inscrición, nin as condicións para ter acceso ás prazas, nin sequera veu nunca ao noso local para ver como ían as obras e como as remataron (a pesar de que lle trasladamos que tiñan deficiencias, como o Alcalde puido comprobar), como se pode ver total falta de interese e desidia absoluta.

Na citada Comisión de Servizos Sociais xa ameazou que “se lle daba a gaña non poñía a funcionar o Comedor de Esteiro ou o poñía noutro sitio. E parece que eso é o que vai facer segundo anuncia no día de hoxe aos medios de comunicación. Pode alguén crer que oito persoas lle manifesta a Dona Rosa Martínez, que queren inscribirse no Comedor de Esteiro, pero que non queren ir ao local da AV de Esterio, que é un LOCAL MUNICIPAL?

A Asociación Veciñal de Esteiro, como o Concello non o facía, fixemos unha campaña informativa de que o prazo para inscribirse no Comedor Social de Esteiro estaba aberto: Notas de prensa, comunicación a todos os socios e a todas as sociais, 300 cartaces en todo o Barrio e tamén contamos coa colaboración da AHOBE que o puxo nos seus locais, e eses cartaces os distribuímos a todas as entidades veciñais de Ferrol, cousa que non fixo a Concellería de Servizos Sociais. Tamén fixemos obras complementarias do Comedor Social que nos supuxeron un gasto de 1500 euros, que pagamos nós.

Esa campaña comeza a dar os seus froitos, durante toda esta semana viñeron persoas a buscar as follas de inscrición á nosa entidade e nos próximos días, unha vez cumprimentados todos os requisitos, os entregarán no Concello. Ningunha desas persoas manifestou rexeitamento ao Comedor no Local da AV de Esteiro.

Por eso DENUNCIAMOS que é unha campaña de desprestixio e de persecución a que a Concelleira de Servizos Sociais ten emprendida contra a nosa entidade.

Estamos seguros que vai facer o posible por que o Comedor Social non se instale no noso local e que os cartos que o Concello leva gastado, non terán a utilidade para o que foron investidos. Señora Concelleira, diga abertamente onde quere montar o Comedor Social e canto pensa gastar para adaptar o novo local ?.

Vai ser nun local Municipal ou nun local privado? .

Se neste momento non hai o número de persoas inscritas, e pola falla de interese da Concelleira de Servizos Sociais e pola súa incapacidade, na Asociación Veciñal de Esteiro asumimos os erros que cometemos cada día no noso traballo, pero non toleramos que se nos queira trasladar unha culpa que só é de Dona Rosa Martínez Beceiro.

DEMANDAMOS do Alcalde de Ferrol que poña a funcionar de xeito inmediato o Comedor Social de Esteiro e que desautorice o comportamento, para coa AV de Esteiro, da Concelleira de Servizos Sociais, que leva desde o mes de maio sen falar coa nosa entidade, nunca campaña de persecución que non entendemos , nin pensamos que a nosa entidade, nin ningunha outra, mereza .

Na Asociación Veciñal de Esteiro estamos dispostos a reunirnos con calquera concelleiro/a e con calquera grupo municipal para calquera tema que resulte beneficioso para o Barrio de Esteiro. Na nosa entidade e en todas as entidades de Ferrol o traballo das Xuntas Directivas é vocacional, desinteresado, altruísta e GRATUÍTO, nos podemos equivocar e de feito nos equivocamos, pero só nos move o interese polo noso Barrio e polas persoas que nel viven e traballan.

Non imos tolerar ningunha discriminación, persecución ou menosprezo de ningunha Administración Pública e se este se producira o DENUNCIAREMOS.

A nosa entidade é apartidista, non apolítica, e respecta a tódolos partidos políticos, sindicatos e asociación e RECLAMA o mesmo respecto para con nós.

Unha entidade que inviste 1.500 euros nun Comedor Social, cando a cota dos asociados/as é 1 euro mensual, para suplir a falla de investimento do Concello, está apostando e comprometéndose de xeito decido con esa infraestrutura pública.

Non entendemos nin está xustificada a persecución que a Concelleira de Servizos Sociais está a facer coa AV de Esteiro. Dona Rosa Martínez Beceiro poderá poñer o Comedor Social onde lle dea a gaña, como dixo na Comisión de Servizos Sociais, pero será unha decisión que non ten ningunha xustificación

Ferrol a 23 de novembro de 2013.

Xunta Directiva da AV de Esteiro

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

22 dic 2012

"FLASHMOB" DANDO "USO ÁS FOCHAS DE FERROL"

Mañá domingo, Bob Esponxa e os seus amigos escenificarán e darán USO ás Fochas de Ferrol, estes sairán ás 11:00 h. dende o Cantón (Altura da fonte) e finalizarán no barrio de Caranza, no que terá lugar unha degustación gratuíta dunha boa Queimada.

Con este "FLASHMOB" queremos facer visible o estado de desleixo das nosas rúas, así como impedir o malgasto millonario en obras ridículas por parte do actual goberno do PP. 

Como a obra proxectada para a Praza de España, prevista inicialmente nun valor de 700.000 euros, e que antes de ser executada xa nos anuncian que se incrementa en 216.000 euros, para situarse en 916.000 euros. Aos que hai que sumar os 56.000 euros que costou o proxecto. 

Coa que está a caer, co padecemento de familias, desafiuzamentos, colas nos comedores sociais, e con máis de 20.000 desempregad@s na bisbarra, e o PP de Ferrol tira polo desaugadoiro un diñeiro imprescindible para paliar estas situacións. Instamos o Goberno do Sr José Manuel Rey Varela, a que recapacite e dea marcha atrás neste proxecto. Queremos que ese diñeiro se destine á contratación de desempregad@s en contratos de media xornada, e en función dá carga familiar ou precariedade que poidan estar a pasar.  

Organizan e colaboran “Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos”, “Plataforma contra o Malgasto” e a “Asociación Veciñal de Esteiro” 

Convidase a participar a toda a cidadanía

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio

3 ago 2012

O concello de Ferrol regala a cidade aos Empresarios de Hostalería ao prezo de 1 EURO m2. E veña merengue e festa rachada

Comunicado da Asociación Veciñal de Esteiro

Como nos mercadillos e feiras ambulantes: Todo a un euro ¡ .

O concello de Ferrol regala a cidade aos Empresarios de Hostalería ao prezo de 1 EURO m2. E veña merengue e festa rachada.

Cos cartos do Urban se financia mobiliario das empresas de Hostalería de Ferrol Vello, Canido e A Madalena. Co Urban se financian sardiñadas e pinchos, en colaboración coa Asociación de Empresarios de Hostalería, neses tres barrios. Agora xa directamentese lles regala a cidade enteira a 1 EURO m2.

Logo non hai cartos para servizos sociais e é preciso subir os impostos e recurtar dereitos aos traballadores/as municipais. Logo non se poden abrir comedores sociais, hai que reducir a prestación de axuda aos domicilios, na Lei de Dependencia, etc.

Pero o caso é que os Empresarios de Hostalería fagan o Agosto. Tanto ten que se lle reduzan axudas a Asfedro, Lazos-Comité Antisida e a outros colectivos de carácter sociosanitario. Tanto ten que Cáritas, a Cruz Vermella , Díos y Pan, Dignidade, Cociña Económica , etc, etc, teñan que atender cada vez a máis persoas . Tanto ten que cada vez vexamos a máis persoas pedindo na rúa e rebuscando nos colectores de lixo.

Eso non importa, o importante e ter a cidade chea de terrazas aínda que a maior parte do tempo estean valeiras.

O que está a ocorrer é un auténtico disparate, priman os intereses e o beneficio dun grupo de empresarios de Hostalería, non son todos, sobre os intereses xerais da cidade e sobre o público e todo isto coa compracencia do Goberno Municipal, da Concellería de Facenda e de Urbanismo e Obras.
Unha auténtica burla á situación que estamos vivindo e , sobre todo, aos máis desfavorecidos

Parecenos acertado que a Policía Local faga cumprir a normativa sobre acampadas notificando as irregularidades en Covas, Esmelle, San Xurxo e Doniños.

Pedimos que ese celo no cumprimento das normativas se traslade ás terrazas de hostalería que, ante a falla total de control, cada día cometen máis irregularidades. Exemplos: Rúa Galiano, Rúa María (fronte supermercado Gadis), rúa Dolores, Esteiro, Praza do Inferniño, Praza de Amboaxe, Praza da Constitución, rúa Real (café Bla Bla), Rúa Dolores, Paseo da Mariña, que é un disparate total. Supera todo esto a colocación de Bocois en beirarrúas estreitas por todo Ferrol e xa é para nota a da Terraza da Taberna do Cantón e a terraza da cafetería da Rúa Coruña nas proximidades dos Xulgados. Hai moitas e moitas máis con mostradores na rúa, máquinas expendedoras na rúa, televisores na rúa, altofalantes cara á rúa, mobiliario inaxeitado, etc,etc. O que vemos todos e todas non o ve o Goberno Municipal?

É consciente o Goberno Municipal e, sobre todo, é sensible ás enormes dificultades que teñen que superar os colectivos de discapacitados cando se moven pola cidade por mor do incumprimento da normativa de ocupación do espazo público polos establecementos de Hostalería?


As dificultades de mobilidade para persoas maiores ou persoas que anden con nenos e nenas en cadeiras de rodas?

Pensa tolerar a ocupación indiscirminada do espazo público priorizando a súa privatización diante do desfrute do mesmo pola maioría da cidadanía?


Dado que este ano non vai entar en vigor a nova proposta de Normativa ,a que a Asociación Veciñal de Esteiro xa fixemos alegacións en tempo e forma, está en vigor a anterior.

Pensa o Goberno Municipal permitir todo o ano este asalto ao espazo público por parte da Hostalería ?

Vai dar orde o Goberno Municipal á Policía Local para que faga cumprir a Ordenanza nº19 referida as terrazas na rúa?.


Parécenos moi ben que se instalen terrazas, parécenos moi ben que, dentro da Lei, os empresarios de Hostalería poidan mellorar os seus resultados económicos, pero non podes ser incumprido gravemente a Lei e privando á cidadanía dun espazo que lle pertence.

Non é unha cruzada contra a Hostalería é unha demanda de que se cumpra a Lei.

Facemos tamén un chamamento a todo o tecido asociativo a que se sumen á nosa denuncia diante do Goberno Municipal e diante da Opinión Pública xa que estamos seguros que a maioría da cidadanía comparte a nosa opinión.


TERRAZAS SI, PERO NON ASÍ¡

Tamén facemos a seguinte pregunta: Pensa o Goberno Municipal seguir sen vixiar a Zona Azul nos Barrios da Madalena e Esteiro?


Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio