Mostrando entradas con la etiqueta gallego. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta gallego. Mostrar todas las entradas

24 oct 2014

Hoxe venres, Xornadas anti-represivas!

O venres 24 de Outubro, no Centro Cívico de Caranza ás 18:00 h.terá lugar unha palestra aberta que contará coa presenza de Xesus Anxo Lopez Pintos (Portavoz Comarcal da C.I.G.) que falará sobre a represión sindical, Anxo Quiroga (avogado) que o falará sobre a lei mordaza e a represión xurídica e Bernardo M. Bar (activista da lingua) que informará sobre a represión lingüística. 

O sábado 25 no Centro Social Xebra! de Burela ás 21:00 h. fabada vegana e depois concerto com THE BROSAS e Dj REBIXE, entrada solidária 5 euros. 

Organizan: 
Coletivo Chimarrao e Xebra Associaçom 
https://www.facebook.com/events/320022811514162 
Coletivo Chimarrao coletivochimarrao@gmail.com
www.facebook.com/coletivo.chimarrao

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

24 ene 2013

“Pola lingua que nos une”

Manifestación convocada pola Plataforma Queremos Galego, en defensa da nosa língua: 

Domingo 27 de xaneiro ás 12 hs, saída dende a Alameda de Compostela. 

A Manifestación, baixo o lema: “Pola lingua que nos une” pretende trasladar ás ruas o malestar existente nun amplo abano de sectores sociais coa política lingüística da Xunta, especialmente tras as sentencias do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza que derruban o decretazo contra o galego no ensino posto en marcha polo actual goberno do Partido Popular. 

Reserva para os buses, (prezo de 6€)

Ferrol: Local Comarcal da CIG - 981 35 87 60 ou Ana - 689 39 28 61
Hora de saída: 10:00 hs. perante ao local da CIG (Esteiro). 

Narón: Local comarcal da CIG-981 35 87 60 ou Ana-689 39 28 61 
Hora de saída: 10:00 hs.perante á Casa do concello de Narón. 

San Sadurniño: Suso - 670854329
Saída ás 10 da Casa do Concello

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio

17 jun 2012

"MAREANDO AS NOSAS LETRAS 2012"

Hoxe tivo lugar o paseo marítimo en lancha pola Ría de Ferrol, acto que organiza a Asociación Lefre de Caldereta.

Un paseo
pola nosa ría no que as poesías e músicas da mar, son sempre as protagonistas.

Desta volta o tempo non quixo acompañarnos, pero a pesar do orballo todo saíu ben.

Este ano mudaron os protagonistas, nin foron @s poetas, nin o magníficos músicos con que sempre nos agasallan @s compañeir@s de Lefre. Os protagonistas foron dous nenos pequenos (de entre 5 - 7 anos) que se ofreceron a recitarnos unhas poesías en galego, ambos estiveron estupendos.



Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

21 may 2012

Acto UNITARIO na defensa do galego.

Onte celebrouse na Praza Rosalía de Castro (San Xoán) a homenaxe e ofrenda floral na figura da ilustre escritora galega.

Neste acto participaron distintas Asociacións e colectivos de Ferrol, entre eles; Toxos e Froles, Fundaçom Ártabria, Ateneo Ferrolán, Asociación Cultural Fuco Buxán,Colectivo Sociocultural A Revolta de Trasancos, Asociación Lazos Pro Solidariedade, e a Asociación Sociocultural López Bouza.

O QUE NON SE PODE SILENCIAR..
Non se entende como o BNG non participou deste acto, e non o digo neste caso puntual, acontece nunha chea de ocasións. Actos no que o referente é de marcado carácter GALEGO, e co partido nacionalista lles da as costas.

Cumpre que fagan unha ampla reflexión interna, e máis cando un partido de ámbito estatal como é Esquerda Unida ven participando deles, a pesares de non ter o número de militantes co que conta o BNG en Ferrol.


Estes actos son capaces de dar posto de acordo a asociacións e colectivos dispares entre si como os que fixeron o acto, e todos cunha finalidade en común, a defensa do idioma galego e a identidade como pobo.



Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

17 may 2012

Compostela falou GALEGO!!

A auga respectou hoxe en Compostela a peregrinaxe d@s que defenden o idioma galego, contra a imposición do castelán por parte das forzas represoras e radicais do P€P€.

Agustín Fernández Paz, foi encargado de ler o manifesto, a continuación foi o intre da intervención de Carlos Callón, que aproveitou a ocasión para denunciar as trabas e o boicot para poder realizar esta manifestación, por parte do Desgoberno da Xunta de Feijóo.



Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

16 may 2012

MAÑÁ EN COMPOSTELA "MANIFESTACIÓN NA DEFENSA DA LINGUA GALEGA"

SERVIZO DE AUTOBUSES EN FERROL

Saída de Ferrol (CIG) ás 10 h.

Saída de San Sadurniño (fronte ao concello) ás 09:45 h.

Saída de Narón (fronte ao concello) ás 10 h.

Faranse paradas en diversos sitios:

Caranza, parada de autobuses n'As Pías

Fene, parada de autobuses(diante do Gadis) ás 10:05 h.

Gasolineira do Vilar do Colo ás 10:10 h.

Pontedeume (rotonda) ás 10:15 h.

Contacto para os autobuses: Ana Vérez 689 39 28 61

O P€P€ QUERE BOICOTEAR O ACTO
O Concello de Santiago tenta evitar que haxa manifestación polo Día das Letras
Nunha resolución sorprendente, comunicada 48 horas antes da manifestación, o Concello nega os permisos para colocar palco e megafonía.

Queremos Galego recorreu hoxe mesmo nos tribunais e mantén a convocatoria "con máis razóns que nunca".

Carlos Callón: "Se nos denegan o palco e a megafonía, usaremos as gorxas para exclamar moi alto polos nosos dereitos".

A plataforma Queremos Galego, impulsada e coordinada pola Mesa pola Normalización Lingüística, e que aglutina máis de 700 entidades, encontrouse esta mañá cunha comunicación "sorprendente" do Concello de Santiago de Compostela.

Cando faltan 48 horas para a manifestación cidadá en defensa da lingua, o goberno municipal resolve negativamente unha petición "que sempre foi de trámite" para poder colocar un palco, para usar o punto de luz necesario para a megafonía do acto final e para poder colocar unha faixa informativa na Alameda de Santiago de Compostela.

Carlos Callón, como presidente da Mesa e portavoz nacional de Queremos Galego, asevera que "desde que A Mesa existe, hai 26 anos, nunca nos encontramos cunha resolución tan disparatada para unha mobilización en defensa do noso idioma". "Quérennos deixar sen voz: temos máis razóns que nunca para erguela e para acudir a Compostela o Día das Letras", aseverou Callón, quen considera que, "o actual goberno de Santiago ten un problema moi serio coa tolerancia lingüística e cultural e coa liberdade de expresión, como puidemos ver primeiro co Correlingua e agora coa manifestación do 17 de maio".

O Concello denega case todos os puntos solicitados por Queremos Galego baseándose en que "a manifestación coincide coa Ascensión", excepto a petición do punto de luz preciso para a amplificación do son, na cal non utiliza a escusa das festas, senón que non ofrece ningún motivo. Porén, desde a plataforma sinalan que "parece unha burla querer denegar esa licenza baseándose na Ascensión, xa que non é a primeira nin será a última vez que o día 17 de maio coincide con eses festexos". O presidente da Mesa di ironicamente que "a culpa é de Rosalía de Castro por asinar a dedicatoria do primeiro libro contemporáneo en galego nun 17 de maio".

O Concello coloca todos os obstáculos que pode para esta manifestación, "dentro do seu ámbito de competencias", mais non pode prohibir o acto, xa que este foi solicitado "en tempo e forma" na Delegación do Goberno. "O que nos deixa estupefactos é que todas estas xestións, que todos os anos son de trámite, se queiran converter agora en impedimento para exercer o noso dereito democrático a manifestarnos", sinala o presidente da Mesa e portavoz de Queremos Galego.

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2012/05/15/galicia/1337108476_743290.html

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

13 may 2011

"LETRAS AO VENTO,EN LEMBRANZA DE LOIS PEREIRO"

Fermoso acto en lembranza de Lois Pereiro.A música de “Airiños do Campito” acompañou a poesía do autor galego.
Chamou a atención a falla de xentes do nacionalismo,que os había,pero non como deberá ser nun acto destas caracteristicas.Quizas a presenza do Alcalde de Ferrol votou a máis de un para atrás.Pero non é de recibo nin un favor a nosa lingua a ausencia de moit@s.
Felicitar dende aquí aos compañeir@s do Ateneo Ferrolá polo acto e o cariño posto no acto




Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio

11 may 2011

FERROL, GALEGO...GALEGO

Xoves,12 de Maio,ás 20:00h,no Cantón de Molins – (Praza da Constitución)


Música do Grupo Tradicional “Airiños do Campito”
Lectura de poemas por parte de:


Mesa Pola Normalización Lingüística da Comarca,Fuco Buxan, Comite Cidadán Emerxencia, e Eduardo Hermida (Centro Cultural A Estrela de Canido)


Botaranse ao vento "Letras Colgadas en Globos que simbolicen o Manifesto de Lois Pereiro"


Lectura Manifesto por parte de Eliseo Zaera (Presidente do Ateneo Ferrolán)


Ante a convocatoria aberta da seita loisista, co apoio da Asociación de Escritores en Lingua Galega, o Pen Clube de Galicia e a Asociación Galega de Editores, chama a organizar un novo vendaval, que percorra todo o mundo, o día 12 de maio ás 8 da tarde.
Organiza Ateneo Ferrolán


Sábado,14 de Maio,as 12:30h,Ruada Reivindicativa.
Baixo a lenda "TODO O ANO EM GALEGO", que sairá da Praza do Himno Galego,e percorrerá o bairro da Madalena,a Ruada rematará no local Social da Fundaçom Artábria


Ao remate da mesma haverá um xantar popular no mesmo Centro Social.
Organiza Fundaçom Artábria


Sábado,14 de Maio,as 20:30h,no Teatro Jofre,Acto Cidadán do Día das Letras Galegas,Homenaxe a Lois Pereiro.


Domingo,15 de Maio,as 12:00h,Paseo Marítimo pola ría de Ferrol


Letras Galegas 2011
Mareando as nosas letras
O mar é o noso patrimonio
Poesía e Música do Mar
A Lancha de Mugardos dará unha volta pola ría, cargada de música e poesía do mar,coas intervencións de:
Antón Cortizas 
Guillermo Ferrández
Xurxo Souto
Karlotty
Xosé Leira
María Manuela
Xurxo Varela
Manolo Rivas
Antón Varela


Martes,17 de Maio,as 12:00h,na Praza do Himno Galego (Esteiro)
Acto do Día das Letras Galegas
Baixo o lema ¡PAREMOS OS ATAQUES CONTRA O GALEGO!


Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio

23 feb 2011

Poemas e manifesto da Asociación de Escritores en Lingua Galega ,no día de Rosalía

Con motivo do día de Rosalía. Este acto, impulsado pola Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), terá lugar nas sete cidades galegas, e nel se lerá un manifesto no que se fará fincapé nos seguintes apartados.

1. Demandar para San Domingos de Bonaval a permanencia do Panteón de Galegos Ilustres. Reafirmamos como irrenunciábel que sexa de titularidade pública e de uso laico.

2. Denunciar a regresión na política de investimentos en todos os sectores da cultura por parte do Goberno da Xunta de Galicia, que está a destruír o construído nos últimos trinta anos por varias xeracións de creadores e creadoras, e por toda a sociedade galega no seu conxunto.

3. Apoiar, máis unha vez, todo aquel profesorado que ten manifestado o seu compromiso para co mantemento da docencia en lingua galega e en contra da infravaloración e marxinalidade a que o goberno actual o ten sometido no ámbito do ensino.

4. Demandar, finalmente, que a Consellaría de Educación, máxima autoridade responsábel da xestión educativa, recolla no calendario escolar oficial anual a data do 24 de febreiro como o Día de Rosalía.

En Ferrol, o manifesto será lido por Rosa Méndez, e posteriormente leranse algúns poemas de Rosalía, participando nesta lectura: Elía Rico Lagarón, Xosé Leira e Rosa Martínez Dios, xunto con algunha persoa asistente ao acto que manifeste o seu desexo de participar, lendo un poema.
Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

17 jun 2010

Concentración en defensa do ensino público e de calidade

Concentración celebrada hoxe en Ferrol,en defensa do ensino público e de calidade. Contra a política da Xunta do P€PE e dos seus recortes,tanto na gratuidade dos libros de texto,privatización dos comedores,e recortes no transporte escolar.


Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

“Rebelión cívica” contra o fascismo

Queremos Galego chama a nais, pais e familias á “rebelión cívica” contra a “pregunta trampeada” sobre a lingua no proceso de matriculación en infantil

Carlos Callón: “É indecente que o presidente da Xunta malgaste 5 millóns de euros de todas e todos en atacar o galego”

A plataforma cidadá pide responder “galego” á pregunta introducida no sobre de matrícula “como única vía de non facer desaparecer o idioma propio das aulas desta etapa”

http://www.queremosgalego.org/
Gastan menos cartos na axuda aos 17 municipios afectados polas riadas da pasada semana

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

25 may 2010

100.000 GALEGOS EN GALEGO

Video da manifestación en defensa do idioma,celebrada o pasado día 17 en Santiago.
Contra o decreto fascista da Xunta do P€P€ e do seu presidente Feijóo.


Para ollar pase de fotos clicar na imaxe>>>>>>


Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

12 may 2010

"Celebrando a nossa Língua"

Como todos os anos, na Praça Rosalia de Castro do Concelho de Ferrol, haverá umha homenagem à nossa Língua na figura da precursora da recuperaçom das nossas letras. Em anos anteriores, e em regime de autoconvocatória, várias organizaçons e colectivos vizinhais, sociais e culturais coincidíamos o 17 de Maio neste pequeno acto. Este ano, com tantos ataques para a nossa Língua, está convocada pola Plataforma Queremos Galego, umha manifestaçom nacional em Santiago de Compostela que apoia o nosso colectivo É polo que, nos animamos a tomar a iniciativa de impulsar o acto da Praça de Rosalia trasladando-a para o sábado 15 às 18hs, mantendo o regime de autoconvocatória.

Todas as associaçons e colectivos podem intervir no acto com comunicados, poesias ou outras intervençons. Podem-se levar umhas flores como outros anos. As pessoas a título individual também podem fazê-lo, e desde A Revolta convidamos a quem assim o deseje a assistir co traje tradicional como um outro jeito de reivindicar a nossa identidade. Nós ponheremos a música.

Nota.-
As entidades que decidam participar, seria bom que remitiram um comunicado aos medios, no que manifestem o seu apoio e participaçom no Acto Unitario en prol da Língua Galega que, em régime de autoconvocatoria, vai ter lugar em Ferrol, o Sábado 15 de Maio, às 6 da Tarde na Praça Rosalia de Castro.


Mil Primaveras mais para a nossa Língua !!

No,nome d'A Revolta

André M.C

Colectivo Sociocultural "A Revolta" de Trasancos

http://a-revolta-de-trasancos.blogspot.com/


Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio