O mellor resumo que podo facer é que houbo diversidade, xente nova que "tira do carro", e moit@s compañeir@s que volven a dar un paso adiante ilusionándose de novo coa política.
Por outro lado "A Comparsa" xa conta con 8 adeptos
O pasado día 25 tivo lugar unha asemblea da "Marea Ártabra", a cal contou coa asistencia de 21 persoas, das cales 13 destas figuran nas suas listas, polo cal, imaxinamos que esta candidatura xa conta con 8 adeptos, e van precisar deles, pois non teñen xente para cubrir as listas.
O "reclamo perfecto"
A "Marea Ártabra" serviu para que parte dos trepas políticos quedasen dunha vez por todas retratados, e a súa vez, tamén serviu para facer a gran "purga" interna de indesexables políticos que militaban en ANOVA e EU.
Anécdotas de mal gusto
- Pouco antes da asemblea de "Ferrol en Común", un coñecido directivo, dunha coñecida Asociación, e participante en Podemos, víase as "agochadas" cun membro dos "Versus Tormentus", que á súa vez participa na "Marea Ártabra", despois desta conversa o primeiro salíu como cun foguete no cu e nin entrou o acto. Entrarialle a decencia da que carece?.... Sería para dar as súas últimas consignas por se fora chegado o caso de intervir?....
Será curioso ver que fai agora este membro do "Versus Tormentus" despois de verse con quen o bautizou no seu día como "O Picaflor".... Seguirá na "Marea", entrará en "Podemos", apoiará a "Ferrol en Común" ??.... Só saberao él e quenes o "teledirixen".
- Nas inmediacións do Carvalho Calero, un coche publicitaba por megafonía a súa candidatura para Narón, tratábase de ENE, un grupúsculo un pouco raro, que mellor estaban realizando axuda humanitaria para África que usando os lemas de "Podemos". Polo de agora este partido está composto por: : Carlos Piñeiro Díaz, (Médico do Centro de Saúde de Narón). Juan Ramón Couce Gómez De La Tía, (Médico do Centro de Saúde de Narón). María del Carmen López Díaz, (psicóloga da Asociación Almat).
This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.






