Exposición Murales nas Prazas de Ferrol, en defensa da Ría e da Vida.
Cidadáns/as por un Goberno de Progreso en Ferrol
UN GRUPO DE CIDADÁNS E CIDADAS, A TITULO PERSOAL, ANTE A SITUACION DO CONCELLO DE FERROL, MANIFESTA
En Ferrol hai unha maioria de esquerdas, como se demostrou nas últimas eleccións municipais. O seu triunfo foi en grande medida grazas á presión dos movementos sociais, mobilizados contra das políticas regresivas do Partido Popular.
A ruptura do Goberno Bipartito pon en risco a execución de importantes proxectos que se viñeron xestando nos últimos meses: Regulamento de Participación Cidadán, Recimil, Urbanización do Bertón, Estrada de Castela, Tren ao Porto Exterior etc., que supoñían abordar desde unha óptica progresista, os problemas da cidade.
Resúltanos de todo punto de vista inaceptabel que, máis aló das diferencias puntuáis entre os dous socios de Goberno, se chegase á ruptura.
En todo caso, independentemente das causas da mesma, consideramos que a responsabilidade contraida coa a cidadanía obriga a reconducir a situación. Emprazamos ás dúas forzas políticas a sentarse para recuperar a unidade progresista, incorporando a este proceso ao BNG, para traballar no que queda de mandato a prol da cidade.
Estamos convencidos de que hai tempo para que un Goberno de Progreso poida desenvolver unha xestión fructífera para o avance da cidade e ser un referente, sobre todo nestes tempos, para o resto de Galicia.
Ferrol a 31 de Outubro de 2008
Abelleira Souto, Xulio Barrera Beitía, Enrique Beceiro Mosquera, Emilio Cendán Dopico, Manuel Cuadrado Caruncho, Marichy Dobarro Paz, Xosé María Durán Rodríguez, María Jesús Ferrández Rivera, Guillermo Ferrández Rivera, Pedro Fra Molinero, Eduardo Garel Novás, Montse Gómez Rodríguez, Salustiano Hermida Dopico, Eduardo Lastra Muruais, Xosé Leira López, Xosé López Pérez, Miguel López Pérez, Xoan López Pintos, Xesús Anxo Méndez Fonte, Rosa Mera Navieras, Luis Montero Baquedano, Rafael Pillado Lista, Rafael Piñeiro Diaz, Carlos Rodríguez Calvo, Gonzalo Sabio Maroño, María Luisa Yáñez Castro, José Luis Zaera Ríos, Eliseo
Aquelas persoas ou entidades que desexen adherirse a este Manifesto, poden comunicalo a través de e-mal a esta dirección electrónica: