Mostrando entradas con la etiqueta militares. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta militares. Mostrar todas las entradas

2 ago 2013

“Monteventoso é do pobo. Non ao roubo de Defensa”

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol desenvoverá o vindeiro sábado, 3 de agosto, un acto reivindicativo baixo o lema “Monteventoso é do pobo. Non ao roubo de Defensa” para esixir a cesión gratuita das instalacións militares desafectadas e censurar o roubo que supón para as arcas locais o novo convenio co ministerio anunciado polo goberno local.

Esta acción terá lugar o vindeiro sábado 3 de agosto pola mañá e consistirá nunha caravana automovilística até os pes do abandonado observatorio metereolóxico de Monteventoso onde se celebrará un acto político coa intervención do portavoz municipal do BNG, Iván Rivas.



Fonte: http://www.bng-galiza.org/ferrol/2013/08/02/o-bng-mobilizase-contra-o-roubo-de-defensa/

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

21 abr 2013

AUME fai un chamamento a tódolos colectivos sociais de Ferrolterra

A Asociación Unificada de Militares Españois, AUME Galicia, fai un chamamento a tódolos colectivos sociais de Ferrolterra, a acompañalos nunha rolda de prensa "reivindicativa", e invítavos a que manifestedes persoalmente vosa solidariedade en apoio ao seu Presidente, Jorge Bravo, privado de liberdade, por dicír que o Goberno central debería reducir en gastos superfluos tales como patróns e celebracións de aniversarios, actos públicos, xuras de bandeira con poboación civil, uso irracional de vehículos oficiais, etc. Esta terá lugar mañá luns, día 22 de abril, ás 17:00 horas, no salón de actos da Galería Sargadelos.

O asociacionismo no eido militar é cada vez é máis forte e o Goberno intenta impedir o desenvolvemento desta ferramenta de avance, custe o que custe. Necesitámos-vos, xa que como sabedes, ante os ataques do goberno a solidariedade é a nosa mellor arma.

Comunicado de AUME Galicia

A delegación de Galicia da Asociación Unificada de Militares Españois (AUME), quere facer pública a súa condena polo arresto dun mes e un día do seu presidente, Jorge Bravo, que foi privado de liberdade, por unhas declaracións, na emisora ABC Punto Radio en xullo do ano pasado, nas que afirmaba que antes de recortar nos salarios dos funcionarios, o Goberno central debería reducir en gastos superfluos tales como patróns e celebracións de aniversarios, actos públicos, xuras de bandeira con poboación civil, uso irracional de vehículos oficiais, etc.

Aquelas declaracións, tiveron como resposta un castigo exemplifícante e baixo unhas indignas condicións de internamento, sen calefacción ou servizo médico e nun "semi-illamento", cuxo fin último, é "diminuír a capacidade de defensa dos dereitos dos militares". Todo o contrario, que o trato benévolo que se deu, a outros pronunciamentos anti-democráticos e contrarios á constitución de membros das Forzas Armadas de alta graduación.

AUME presentará ademais un recurso contra o arresto do seu presidente, xa que sostemos a incompetencia en materia disciplinaria da autoridade sancionadora e se pedirá ao Valedor do pobo que visite o centro onde está internado Jorge Bravo e que se garanta que se están a respectar os seus dereitos fundamentais.

Estas detencións xa se sucederan no pasado, como as súas condenas dun mes e un día por criticar ao ex-Ministro de Defensa, José Antonio Alonso, tras o accidente dos helicópteros Cougar en Afganistán, no que morreron 17 soldados, ou outra dun mes e dez días, por asistir a unha concentración de gardas civís en Madrid, mas esta, é a primeira vez que se lle sanciona dende que a Lei de Dereitos e Deberes, normalizou o asociacionismo militar.

As declaracións de Bravo, foron realizadas na súa "exclusiva condición de presidente dunha asociación profesional de membros das Forzas Armadas", é por iso que AUME non vai permanecer impasible ante este ataque brutal e inmotivado ao seu presidente e á propia asociación, polo que comunicou á Delegación do Goberno de Madrid, unha concentración para o próximo día 27 ás 12:00 horas ante o Ministerio de Defensa, que levará por lema "Jorge Bravo, grazas,", e que se dirixe a todos os asociados e simpatizantes de AUME. Bravo non está, nin estará, só na loita pola dignidade e plena cidadanía dos militares ao servizo da sociedade civil.

Exhortamos a todos os militares da nosa xeografía, que acudan a este acto, importante e necesario, non so como resposta a este duro atentado á liberdade de expresión, se non tamén polo noso dereito ao asociacionismo, xa que neste pulso, Defensa pon en xogo os nosos dereitos e liberdades, o que nos últimos dous anos, Defensa só nos permitiu desenvolver con graves limitacións e un alto grao de precariedade.

Por todo iso, MANIFESTAMOS: A nosa demanda de respecto ao noso dereito á libre expresión, ao igual que o resto de cidadáns e unicamente, cos límites que se poidan derivar da salvagarda real da seguridade e a defensa. A nosa solidariedade con Jorge Bravo e todos os compañeiros que sofren do abuso de poder e a arbitrariedade nas Forzas Armadas. A nosa esixencia dun trato "digno" para el e para todos os compañeiros sometidos a sancións do Réxime Disciplinario. O noso desexo dunha autentica xustiza para todos, así como do fin da arbitrariedade e das penas privativas de liberdade sen a tutela efectiva dun Xuíz. A nosa inquebrantable vontade de alcanzar a plena liberdade de organizarnos e de participar con calquera dos colectivos que defendan os nosos intereses profesionais e sociais. Sen un asociacionismo absolutamente libre e plenamente activo, a democracia está inevitablemente limitada.

O noso rexeitamento aos retrocesos sociais e laborais que todos estamos a sufrir e a nosa oposición á precariedade das relacións laborais de moitos dos nosos compañeiros, cuxa resistencia a ordenes ilegais e abusos de poder, vese comprometida se o seu posto de traballo non é estable.

O noso apoio a todas as manifestacións que os colectivos e asociacións organicen para salvagardar os principios, valores e dereitos do noso estado social de dereito.

A nosa pechada defensa da democracia, imprescindible e insubstituíble, e da Constitución que, como valor supremo, sempre ha de conxugarse cos seus valores fundamentais e os dereitos sociais, individuais e colectivos .

Agradecemos a solidariedade de colectivos, sindicatos (....) e partidos políticos (IU, PSOE, BNG, UpyD...) que deron o seu apoio a esta causa e a compañeiros como os de AUGC (Asociación Unificada da Garda Civil), a ASGC, (Asociación de Suboficiais da Garda Civil), das Asociacións Profesionais de Militares AMTM e ASFASPRO e de moitos outros cidadáns que mostraron o seu apoio a Jorge Bravo.

Esperamos a vosa resposta, remitimos-vos o noso mais cordial saúdo.

 #JORGEBRAVOLIBERTAD

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

27 jul 2012

¡Apoloxía de Golpe de Estado?

O Coronel Francisco Alamán Castro, militar laureado e colaborador do Xornal Dixital (Integrista-católico), fai publicas as súas queixas do sistema e do goberno do Estado.

Penso que estas declaracións debían estar penadas e ser consideradas como "Apoloxía de Golpe de Estado".

Esta é a "merda" que bota pola boca


Fala dun encistamento dunha casta parasitaria que, na súa opinión, é a causa de moitos dos nosos males. Califica como preocupante a insensibilidade da dirixencia política española, que blinda os seus privilexios económicos mentres decenas de miles de españois comezan xa a pasar fame. ", e pregúntase, Quen ten collóns para parar a tanto 'chourizo'?, pois "existe un clamor de indignación na rúa" e que "o pobo español está canso de todos os políticos", polo que cre imprescindible unha redución da elefantiásica estrutura administrativa do Estado, así como a cancelación dos soldos vitalicios e a supresión das subvencións a partidos políticos e sindicatos.

Ata aquí as declaracións aparentan ser medio normal, pero remata falando deste outro xeito


"España está en fase terminal e é deber de todos salvala"

Di que os seus compañeiros amosan "Tristura e preocupación" ante as primeiras situacións de fame que se rexistran en España dende a posguerra civil e tamén pola demolición do estado de benestar creado polo réxime de Franco e que ao seu xuízo consistiron fundamentalmente na creación dunha robusta e acomodada clase media.

Ista é a merdo-nova http://www.alertadigital.com/2012/07/23/el-coronel-alaman-castro-sigue-hablando-alto-y-claro-alguien-tiene-que-tener-cojones-para-parar-tanto-choriceo/

Ante a pretensión do Ministerio de Defensa de que se castigue cunha falta leve de ata 14 días de arresto aos militares que expresen opinións que non se axusten á disciplina polas redes sociais ou correo electrónico. Ou que dean réplicas desatentas ou "razóns descompostas" aos seus superiores por esas vías. O Coronel Francisco Alamán, replicou adicindo


“Pedro Morenés non ten collóns a facerme calar”

Ista é a entrevista.

- Sorprendeuno o anuncio do ministro Pedro Morenés?
En absoluto. Levo anos dicindo que o PP sente máis odio cara aos militares que o PSOE. Co PP no Goberno, os militares sufrimos os maiores ataques e as peores leis. Non houbo un ministro peor para o Exército que Federico Trillo. As súas leis inmorais causaron un dano case irreparable á institución militar. Se repasa vostede as hemerotecas encontrará continuos exemplos que certifican o desprezo que os dirixentes do PP sentiron sempre cara ao estamento militar.

- Seguirá vostede escribindo en Alerta Dixital?
Por suposto. Terían que matarme para que non o fixese. O señor Morenés non ten collóns de facerme calar e evitar que siga dando as miñas opinións sobre o estado da nosa patria. Os militares temos algo que a maioría dos políticos da casta descoñecen: patriotismo e honra. Ese patriotismo e esa honra impélenos a actuar sempre baixo a esixencia do sentido do deber. E o deber dos militares é alertar da situación agónica que vive a nosa patria. Se, segundo a Constitución, somos os garantes da súa unidade e da súa seguridade, por que se pretende que calemos cando se está a poñer en serio perigo tanto a unidade da patria coma a seguridade dos españois? Iso é tan inverosímil coma se se pretendese que un médico non opinase sobre a saúde do seu paciente moribundo.

- Que opinión ten de Pedro Morenés, ministro de Defensa?
É un vividor. Non merece que lle dedique máis tempo.

- Que lle fai falta a este país para saír do tunel ao que foi conducido?

De entrada unha rexeneración moral da clase política. Cando se presenta o curriculum dalgún novo cargo público, dise que estivo en tal sitio e que estudou nesa outra universidade. Pero nunca nos din se ese cargo público ten sentido da honra ou se se trata dunha persoa decente. É por iso que moitos políticos non tragan os militares: representamos eses valores que eles non tiveron nin terán nunca.

- Cales son eses valores?
A honra, o sentido recto de deber, a disciplina moral, a austeridade, o amor a España e o valor do sacrificio, aínda nas circunstancias máis adversas. Salvo deshonrosas excepcións, somos aínda a conciencia limpa que non puideron torcer.

- En calquera caso, non deixa de sorprender que nun país onde opina todo o mundo, se queira impedir aos militares o exercicio dun dereito que recoñece a propia Constitución.
En efecto. pódese ofender a Deus, pódese insultar a España, queimar a súa bandeira, asubiar o seu himno, denigrar os heroes. Calquera imán en calquera mesquita pode defender as leis islámicas. Calquera artista pode denigrar as imaxes sagradas. Calquera etarra pode dar a súa opinión nos xornais... Todos teñen dereito a expresarse... menos os militares. Imaxine que acontecería se o Goberno ameazase con sancionar os representantes do colectivo gay que insultaran a Igrexa, unha institución na que se ven representados millóns de españois. Armaríase a de San Quintín. En cambio pídesenos a nós que calemos e ninguén sae ao paso.

- Sorpréndeo que cada vez máis españois reneguen da versión oficial sobre o franquismo?

En absoluto. Tiveron enganada moita xente durante anos, pero non se pode enganar sempre a todo o mundo. Calquera comparación co réxime de Franco deixaría moi mal parada a esta casta política. Aquela xente si que facía as cousas polo interese e o ben de todos. A altura moral daqueles ministros converte os de agora en ananos. Grazas á fortaleza desa clase media que se creou durante o franquismo, España tivo tranquilidade social todos estes anos. Iso xa se está a rematar, e por desgracia non temos outro estadista como Franco para que nos bote unha man.
Logo está a hipocrisía de querer enterrar a memoria de Franco, pero non a súa xigantesca obra. Esnaquízanse as estatuas de antes, pero consérvanse os paradores de turismo. Quítase o nome ás rúas dos franquistas, pero non os seus froitos en forma de industrias, pagas extraordinarias, seguridade social, pantanos, universidades populares, trens, aeroportos, autoestradas, portos pesqueiros, altos fornos e, sobre todo, unha grande clase media que nunca antes existira. Esta farsa xa se lles está a rematar. Por iso temen tanto as opinións dos que representan aínda a conciencia moral e patriótica daquela marabillosa época que deu paz, desenvolvemento económico e fortaleza moral aos españois.

A Fascisto-nova

Aínda que lle pese a este individuo o goberno lexítimo do Estado é o P€P€, unha cousa é estar ao 100% en desacordo con esa "tropa política" e as súas políticas ante sociais, e outra moi distinta é facer un chamamento na procura doutro Caudillo.

@s que pedimos un cambio de sistema cara a outro modelo social en ningún caso pretenderiamos nin permitiriamos este cambio a conta dun golpe.

Os cambios teñen que vir precedidos por unha revolta cívico-social que force a clase política a que se sente e faga a II Transición, esa que non se fixo, e que esta sexa cunha verdadeira democracia participativa do pobo e cara a outro modelo social, sostible.


Deixo este moi bo artigo en Ártabra21, escrito pola compañeira Lupe Cés.


Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio