Mostrando entradas con la etiqueta Folga. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Folga. Mostrar todas las entradas

12 jun 2013

Unhas 70.000 persoas bótanse ás rúas de Ferrol.

Xornada de unidade e fraternidade, á noite con máis de 600 piquetes informativostraballando . O Hipermercado Alcampo, como é habitual, encontrábase literalmente blindado polos antidisturbios, pero nesta ocasión dun xeito máis provocador do que adoita ser habitual. O pequeno e mediano comercio respondeu case ao 100%, e os que abriron, á parte de estar coas reixas baixas, tan pronto percibían movemento de piquetes pechaban as portas.


Noite de piquetes



Manifestación

A MANIPULACIÓN DA COZ DE GALICIA

Así mostra ás 14:26 h. a Praza de Armas (edición en castelán) 

 E deste outro xeito ás 14:40 h. (edición en Galego)
O que non se soubo, nin por este, por ningún outro medio, é que outra xente decidía acceder pola rúa Galiano, atascando toda a rúa (270 metros de longo) e sen poder chegar á Praza.   
A ruta da manifestación dende o Inferniño ata a Praza de Armás son 2,15 km. 

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

12 nov 2012

"Culebra Social" en apoio á Folga Xeral e Xornada de Loita europea do 14N

A culebra, facer unha culebra, saír en culebra... Chámase así nos estaleiros, cando @s traballadores/as van por todos os talleres da factoría chamando ás compañeiras e compañeiros a unha asemblea, a un paro ou folga..

A culebra social a conformariamos as persoas que queiramos ir de praza en praza, coma se foran talleres, por toda a cidade coma se fora a factoría, chamando ás compañeiras e compañeiros a debater, falar, escoitar en asembleas abertas e participar na Folga Xeral.

A cita é o martes, 13 de novembro, ás 9:00 da mañá na Praza de Armas - Ferrol.

-Abrimos unha asemblea onde eleximos a unha voluntaria e un voluntario para moderar os debates, coller as palabras e mirar que nos dé tempo a chegar á seguinte praza.

-Saímos en culebra con música, repartindo panfletos, e todo o que se nos ocurra para chamar a atención, carteis,..

Taller nº1
Ás 9'30 da mañá, Asemblea aberta na Praza do Himno Galego en Esteiro.

Taller nº2
Ás 10'30 da mañá, Asemblea aberta diante do Mercado Municipal de Caranza. (Repoñer forzas con bocatas, café..)

Taller nº3
Ás 12'00 do mediodía, Asemblea aberta na Praza de Porta Nova no Inferniño.

Taller nº4
Ás 13'00 do mediodía, Asemblea aberta na Praza Amada García diante edificio da Xunta - Remate da culebra

Convoca:
Asemblea do Movemento Social en apoio da Folga Xeral do 14N http://ferrolterra-folgaxeral.blogspot.com.es/

Contacto: 
Telefono - 605455340 (André)
Correo-e - andremartinezces@gmail.com

 Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio

26 jun 2012

O XOVES 28, FOLGA XERAL COMARCAL

FAGO UN CHAMAMENTO A TÓDOL@S COMPAÑEIR@S, TRABALLADORES/AS E DESEMPREGAD@S PARA QUE ESTA XORNADA DE LOITA SEXA UN ÉXITO, E TAMÉN PARA ESIXIR A CC.OO E UXT DE FERROL QUE PEGUEN ESE "ZAPATAZO" NA MESA CONTRA OS DITADOS MÉNDEZ-TOXO

Xornada de loita en Ferrol o 28 de xuño na defensa da comarca porque “sen traballo, non hai presente nin futuro”

A CIG ten convocada folga de 09:00 a 15:00 horas con marchas de traballadores/as, asembleas e manifestación central ás 12:30 dende o Inferniño.

“Pola comarca. Sen traballo, nin presente, nin futuro”, é a consigna baixo a que se desenvolverá a xornada de folga xeral parcial convocada pola CIG de Ferrol para este xoves 28 de xuño. A xornada de loita realizarase entre as 09:00 horas e as 15:00 horas e afectará a todas as actividades desenvolvidas polos/as traballadores/as de empresas privadas e polos empregados/as do sector público dos concellos de Ferrol, Narón, Fene, San Sadurniño, As Somozas, Cedeira, As Pontes, Pontedeume, A Capela, Ares, Mugardos, Cabana, Moeche, Cerdido, Monfero, Miño, Mañon, Vilarmaior, Valdoviño, Neda, Ortigueira e Cariño.

A xornada de loita terá como eixo visíbel central a manifestación convocada para ás 12:30 horas, dende o Inferniño. Porén, previamente haberá marchas de traballadores e traballadoras dende os principais polígonos industrias e centros de traballo para visibilizar nas rúas as reivindicacións da central sindical e animar a toda a cidadanía á participar da mobilización. Estas marchas están organizadas en tres itinerarios principais que confluíran no Inferniño antes da saída da manifestación:

Itinerario 1:
- 09:30 horas no Concello de Fene (sumaríase a xente procedente de Vilar do Colo).
-10:00 horas paso por San Valentín, diante de Navantia.
-11:00 horas na rotonda do Alcampo. Asemblea

Itinerario 2:
- 09:30 horas saída do Polígono das Lagoas
- 10:00 horas no Concello de Narón
- 11:00 horas na Rotonda de Alcampo. Asemblea

Itinerario 3:
- 09:15 horas saído do Polígono Río do Pozo.
- 10:00 horas en Leixa (diante da Residencia Arquitecto Marcide). Asemblea.
Situación de crise en todos os sectores produtivos

Dende a CIG de Ferrol sinalan que sobran os motivos para participar nesta xornada de loita, xa que, as graves consecuencias que a conxuntura económica e social actual ten contra os intereses da maioría social, esta situación vese incrementada na comarca porque “dende hai máis de 25 anos véñense tomando decisións políticas lesivas para os nosos sectores estratéxicos”.

A comarca de Ferrolterra rexistra xa máis de 20.000 desempregados e desempregadas -cifra que prosegue en aumento-; ao tempo que avanzan os peches de empresas, os concursos de acredores ou os procesos de regulación de emprego. De feito, a central sindical calcula que o 80% das empresas instaladas na comarca xa sufriron algunha destas situacións. Fronte a iso, a CIG reclama “a necesidade imperiosa de poñer en marcha políticas activas de emprego e inversión pública nesta comarca”.

Aos peches de empresas e regulacións de emprego hai que engadir a gravísima crise que atravesan sectores estratéxicos para a economía da comarca. Tal é o caso do naval, sen carga de traballo, sen garantías por parte do Goberno do PP de que se construirá o novo dique flotante e coa lousa do veto político á construción naval civil. “De non darse unha solución urxente, as consecuencias serán incalculábeis e irreversíbeis para todos os sectores: comercio, hostalería, etc. estamos a falar de 4.500 empregos directos, e todos os que se xeran de xeito indirecto”.

Do mesmo xeito, os sectores primarios padecen unha situación de esmorecemento continuo , tanto no agro como no mar. O primeiro en proceso de desaparición –parello ao despoboamento do rural- e a ría –destacada fonte de traballo- cada día está máis degradada para a pesca e o marisqueo. A este panorama súmanse a supresión e privatización de servizos públicos esenciais, como a sanidade, o ensino ou os servizos sociais.

Así o advirte a CIG de Ferrol nos dípticos que durante estas últimas semanas distribuíu nos centros de traballo e nas rúas para animar á participar da xornada de loita e concienciar da necesidade de seguir na resposta social como única vía para conseguir un cambio de políticas e avanzar cara a un novo modelo económico e social.

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

21 abr 2012

BOICOTE!!

O pasado xoves, día s 19, os sindicatos CIG, UGT, CCOO e USTG despregáronse ás portas do hipermercado Alcampo, nunha campaña de sensibilización á cidadanía, denunciando a actitude insolidaria amosada polas grandes superficies o día da Folga Xeral.

Repartíronse panfletos denunciando esta actitude, e invitan @s cidadáns a realizar as súas compras no pequeno comercio de Ferrolterra. Deste xeito os sindicatos tamén agradecen a solidariedade amosada polo pequeno comercio de Ferrolterra, que decidiu sumarse á xornada de Folga Xeral do pasado 29-M. Así como tratar de concienciar a xente do importante que resulta dar vida a este pequeno, pero a vez imprescindible comercio.


XA SABEDES.. Nestes tempos de crise, especialmente agudizada na comarca, o hipermercado Alcampo, Mercadona, Hipercor, Gadis e Froiz, viven de costas aos problemas d@s traballadores/as de Ferrolterra

BOICOTE!!

Video feito o día da Folga no exterior do hipermercado Alcampo

Tamén quero facer un chamamento a tod@s @s que mercades algún xornal, en Ferrol temos o Diario de Ferrol, e pese a que as veces tamén se alía co poder, lembrar que é importantísimo para Ferrolterra ter un medio de difusión local.

BOICOTE A COZ DE GALICIA!!

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

30 mar 2012

DIGNA LOITA

Onte foi deses días que vale a pena ter vivido, tal como relata a compañeira Lupe no seu bloge. UNIDADE é a palabra que describe a xornada, pese a non ter chegado un acordo entre sindicatos a hora de facer unha manifestación en conxunto, o proletariado decidiu unirse tanto na conformación dos grupos de piquetes informativos, como nas manifestacións, moit@s foron @s que decidiron aparcar as siglas de identidade e participar de ámbalas dúas convocatorias. Así foi, un éxito sen precedentes de participación.





@s incrédulo@s que dubidaban da nosa mocidade xa teñen a resposta na rúa.

PARABÉNS A TOD@S POR SABER CONVERXER NA LOITA POLA DIGNIDADE!!

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

Traballo previo contra os empresarios caciques

Ás 24 h dábase por iniciada a xornada informativa dos piquetes. Destacar a camaradería reinante entre @s compañeir@s participantes, xentes do BNG, CC.OO, CIG, CNT, EU, PSOE, USTG, UXT, asociacións, e moitos outros colectivos.

A xornada non impedía o acceso @s traballadores, simplemente informaba aos comerciantes caciques do que nos estamos a xogar nesta longa loita.

A única agresión foi feita por parte da Policía Local.
O agredido foi Juan José Couso, piquete e membro da executiva comarcal de UXT, o incidente se produxo de madrugada no Ensanche, segundo a versión do agredido foi sen ter feito nada, simplemente que o viron correndo.

Os momentos máis tensos da xornada vivíronse na porta traseira do Concello de Ferrrol, pola que accedían os esquirois (que aínda quedan). Pois a maioría d@s empregad@s de servizos mínimos accedían pola entrada principal se ningún problema.

A Policía Local decidiu asumir unhas funcións que correspondían a Policia Nacional, que se limitou a parapetarse e esconderse detras d@s axentes da Local. No ambente respirábase a agresión sufrida polo compañeiro de UXT, pero a cousa non pasou a máis. Cando @s piquetes abandonaron a zoa os axentes montaron nos seus coches, o que descoñecían é que quedaran inservibles polos pinchazos.


O hipermercado Alcampo, coma sempre, de costas a realidade social, fixeron ir a moit@s empregad@s para tentar abrir as súas portas. @s empregad@s accederon sen impedimento por parte dos alí congregad@s. Pero ao final en vista a ola a presión que había no exterior decidiron non abrir.





@s que lles da que falar dos 15 contenedores de lixo queimados (por uns 600 piquetes), máis lles dará que falar que o Sr Feijóo deixe que se queimen cada día miles de hectáreas dos bosques galegos.




Vídeo da actuación dos piquetes en Alcampo Ferrol

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

15 mar 2012

Peche d@s compañeir@s da CIG no Concello de Ferrol

Hoxe tivo lugar un peche no Concello de Ferrol por parte de compañeir@s da CIG, a finalidade deste peche é difundir e trasladar a poboación a necesidade de participar na vindeira xornada de Folga Xeral, prevista para o día 29 deste mes.
O peche discorreu civicamente e sen incidentes, tampouco faltou o bo humor, tal como amosan as imaxes.


Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

28 ene 2011

A "diversidade da esquerda galega", acudeu a cita dos chamados sindicatos minoritarios

A "folga" foi un fracaso,pero a manifestación un éxito,máis de 2000 persoas congregaronse na manifestación de onte,lembremos que foi en día "laboral" as 12:30h da mañá.

A "diversidade da esquerda galega", acudeu a cita dos chamados sindicatos minoritarios,(ainda non sei si esta definición é polo presuposto gubernamental dos neoliberais do P$O€,aos chamados sindicatos maioritarios)
O que sí que sei,é que os compañeir@s de CC.OO e UXT,(@s que teñen conciencia social e de clases),lles cae a cara de vergoña.Dos outr@s nin quero saber nada,nesta vida hai camiños a coller,e algúns-as decidiron inmolarse co seu sindicato.Espero lles quede "decencia social" e sepan aturar agora as criticas dos seus compañeir@s.

O pacto que veñen de firmar con nocturnidade e alevosía CC.OO e UXT,non ten precedentes,nunca,nin nos tempos do fascismo,a clase traballadora lameu tanto o chan.

¿¿Como se pudo negociar isto con 4 millóns e medio de parados e con 1 millón de fogares nos que ningún membro traballa.??

¿Non sería mellor crear unha mesa de nogociación as PYMES e tratar de facerlles rebaixas fiscais por contratación?
Meter man as grandes fortunas,perseguir o fraude fiscal e a evasión de divisas,regular a prostitución,xestionar dende o estado o mercado da droga,ou VEDAR a nova construcción de centros comerciais,que son os culpables da baixa contratación e despidos no sector servicios.

Se querían cartos para a BANCA,tiñan formas de facelo.

Agora os traidores argumentan que nesta negociación incluese un paquete de de rebaixas enerxeticas.
CO METAN NO CARALLO!!

E perguntome,¿Terá Toxo o valor de vir a Ferrol o 10 de Marzo a homenaxe aos traballadores Daniel e Amador? (Traballador@s de Bazán,asasinados polas forzas fascistas no ano 72,nunha manifestación)
Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

27 ene 2011

"TEMPO DE CHORAR"

Hei de chorar sin bágoas duro pranto
polas pombas de luz aferrolladas,
polo esprito vencido baixo a noite
da libertá prostituída.
As espadas penduran silandeiras
coma unha chuvia fría diante os ollos
e teño que chorar na sombra fuxidía
diste pútrido vento
que arromba a lealtá e pon cadeas
no corazón dos homes xenerosos.

Pois que somente os ollos me deixaron
para chorar por iles longos ríos,
hei navegar periplos, descubertas
por tempos que han de vir cheos de escumas,
por onde o día nasce,
alí onde xermola o mundo novo.
Pois que o que chora vive, iremos indo;
indo, chorando, andando,
salvaxe voz que ha de trocarse en ira,
en coitelo de berros i alboradas
para rubir ao cumio dos aldraxes.

E pois que cada tempo ten seu tempo,
iste é o tempo de chorar.

"Celso Emilio Ferreiro"

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

25 ene 2011

Huelga sí,huelga no??

El sindicato CIG convoca a una huelga general para este Jueves,día 27,muchos tachan a la CIG de oportunista,y de querer quitar "rédito" de la crisis.

Desde la CIG se acusa a CCÓO y a UGT de actuar como sindicatos gubernamentales.

Al pan,pan...
La CIG convoca legítimamente a una huelga general necesaria,contra los recortes sociales,contra la YA APROBADA reforma laboral,contra la prolongación de la edad de jubilación en 2 años,contra la privatización de nuestro sistema sanitario,etc,etc..

CC.OO y UGT,están negociando lo que ZP,YA DIJO que era inamovible.La reforma de la edad de jubilación se va aprobar fijo,según ZP,esta reforma se puede hacer negociando,o sin negociación.

No cabe duda de que la UGT esta dando un balón de oxigeno al P$O€,hasta pasadas las municipales,y CC.OO es consciente de que precisa a UGT,y se limita a seguir el juego.

ZP no tuvo en su día lo que hay que tener,.Cuando desde Europa y desde el Fondo Monetario Internacional se le obligaba a hacer todos estos recortes sociales,tendría que haber presentado su dimisión como presidente.

Para posteriormente poner sus cartas encima de la mesa,y decir a la gente;

"Sres-as,el mierdo orden mundial nos obliga a acometer una serie de recortes socio-laborales,que cambiarán totalmente nuestra forma de vida.Este es mi programa electoral para las elecciones anticipadas"..........

Así por lo menos,nos la "metería" por delante,y todos podríamos también ver el programa electoral SECRETO del P€P€,que no diferiría en nada de los recortes del P$O€,(seguramente sería mucho peor.)

Los mierdo asesores del P$O€ le dijeron a ZP; "adelante".Y AQUÍ ESTAMOS,con un partido político sin ideas ni salida a la crisis.Y con unos sindicatos (CC.OO y UGT) que están dando palos de ciego.

Yo siempre fui critico con la actitud separatista de la CIG,(cuando hacían las movilizaciones de espaldas a CC.OO y UGT),como el día 1 de Mayo,o el día de la manifestación en solidaridad con Garzón.Pero en este caso mi repulsa es en contra de la farsa de negociación de CC.OO y UGT.

El daño que está haciendo el desgobierno de ZP a la izquierda y a la clase trabajadora,no tiene nombre.

Hago un llamamiento a tod@s los trabajador@s,para que el Jueves nos sumemos a la huelga y a la manifestación convocada por la CIG.

A la huelga ya se han sumado;
PCE,CIG,CGT,BNG,Causa Galiza,Galiza Nova,FRUGA,Sindicato de Estudiantes,CNT..
Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

29 sept 2010

Como NO hacer huelga y NO perder el control

Atónito me quedé,un grito se oyó -"Esquirol"
Automáticamente el conductor del furgón bajó,y se encaró con el grupo de piquetes informativos.
La cosa no llegó a mayores gracias al temple y la "bondad" de estos.

Me pregunto si es ¿afán de protagonismo o "complejo de rico"?

T
al vez se equivocó de año,tal como reza la camiseta que lleva puesta

Nunca se deben perder los papeles ni las formas,en este caso las felicitaciones a tod@s l@s piquetes informativos por su labor





Los "listillos" optaron por el "mimetismo",puertas abiertas y asomando la nariz por si aparecían los piquetes.

Estos son los que se creen ricos y acaudalados

Menos mal que son los menos





O
tros alegaban ser autónomos para no cerrar.

Me pregunto-

¿Como algunos pueden decir que en lo SOCIAL son autónomos?
¿autónomos de la sanidad?
¿autónomos de subvenciones y ayudas?
¿autónomos de la enseñanza?
¿autónomos del poder adquisitivo de sus clientes?.


¡BIEN!

Creo que está bien ser "autónomo",pero para el que no tiene autonomía.








Faltaban las grandes superficies (centros de venta de las multinacionales)Responsables de la crisis,explotando a sus trabajadores y acabando con el pequeño comercio local

En Ferrol Decatlhon Abrió,pero le salió caro el día,no tuvieron ventas.




Hay que cambiar conceptos,porque tod@s estamos afectados gravemente con la nueva reforma laboral,y con la nueva ley de pensiones.
En estos momentos duros que comenzamos a andar,tod@s debemos aunar esfuerzos ,saber trabajar en cooperativismo,solidaridad y reciprocidad

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

29-S "Una imagen vale más que mil mentiras"

El seguimiento de la jornada de Huelga General no pudo ser más gratificante,un 90% de los locales de Ferrol y alrededores "Cerraron sus puertas" a la reforma laboral,y se sumaron a las concentraciones realizadas hoy,CC.OO y UXT en la Plaza de Armas y la CIG en el Cantón.
A pesar de realizarse de modo individual,se arroparon entre si,pudimos ver gente de la Cig en la 1ª,y a la inversa.

Aparte de las diferencias,que tiene que haberlas,la sensatez de sus dirigentes en Ferrol es una muestra de camaradería y compañerismo en estos momentos en que EL PUEBLO es humillado, esclavizado y deplorado con la nueva Reforma laboral

En estas fotos vemos diversas zonas de Ferrol,(Alcampo,AKI,Ctra de Castilla,centro,Mercado de la Magdalena,etc..)








































Nada se va arreglar en un día,pero tod@s sabemos que es una
"BATALLA POR LA DIGNIDAD"



Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

27 sept 2010

Rádio FilispiM, realizará un programa especial Folga Xeral, 29S.

Rádio FilispiM, 93.9 FM, realizará este Mércores 29 de setembro un programa especial Folga Xeral, 29S, a partir das 11:30 da mañá. O programa incluirá intervencións dende a rúa ao través do noso telefone de directo 675.431.341, ao que ti mesmo poderás chamar.

Participa!!!

Escoita e redifunde a cunha que elaboramos:
OPAII-Rádio FilispiM [93.9 FM]
A rádio livre e comunitária da Terra de Trasancos emitindo dende Ferrol.
http://www.opaii.blogspot.com
filispina@gmail.com
Apdo. 303 - 15401 Ferrol (Galiza)
Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

"UNIDADE E LOITA"


Varias Asociacións de Ferrolterra,sumaronse a unha concentración amosando a solidaridade destas cos sindicatos ,e facendo un chamamento a UNIDADE destes,nestes intres previos a folga xeral do 29-S. Para entre tod@s lograr dar volta atrás a inxusta e agresiva reforma laboral

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

26 sept 2010

¡¡Nin un paso atrás!!

Mañá Luns ás 19 h. o texido asociativo de Ferrolterra convoca a toda a cidadanía a participar nunha concentración pevia a folga xeral do dia 29
Así queren facer chegar a cidadania o momento critico polo que pasa a clase traballadora coa nova reforma laboral.

APARTE DO QUE VIMOS "MAMANDO" FAI TEMPO,A CHAMADA AGRESIÓN SOCIAL
Na que nos teñen sometidos os poderes do capital (Estado e Banca)
Fan que tod@s @s cidadas nos vexamos afectad@s (menos os ricos).Os nos@s maiores cun ataque as suas pensións,os futuros pensionistas coa ampliación en dous anos de cotización,os estudantes co recorte presupuestario e conseguinte despido de profesorado,os parados coa nova lei de prestacións,a privatización dos servizos públicos,e o ataque a os sindicatos co único fin de facelos desaparecer e acabar coa única ferramenta de defensa d@s traballador@s
TODO EN PRO DUNS BENEFICIADOS,OS GRANDES EMPRESARIOS,MULTINACIONAIS E BANCA
¡¡Nin un paso atrás!!


Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

UN DEREITO EN RISCO

Artigo de Yolanda Díaz no Diario de Ferrol
O 29 de setembro temos que exercer un dereito, un dereito constitucional, o dereito de folga, porque enfronte temos o meirande ataque contra os dereitos da clase traballadora dende a recuperación das liberdades. Por máis que berre a caverna dereitista contra ese dereito e contra o sindicalismo de clase, e por máis que diga que non vai rectificar un Goberno rendido ás imposicións do capital financeiro e especulativo, millóns de mulleres e homes do noso país imos exercer ese dereito. Ímolo exercer por nós e polos que non poden exercelo a causa das políticas neoliberais: os 5 millóns de traballadoras e traballadores en paro e os millóns que non podemos contar que son sobreexplotados na economía mergullada. Dereito que somentes vai ter un inimigo: a coacción patronal derivada do medo ás represalias aos máis de 5 millóns de traballadores con contrato temporal, contratos de quita e pon segundo lle pete ao patrón, e maila angustia das persoas que non queren perder o seu posto de traballo. A única liberdade en risco na xornada do 29 é a de ir á folga, e os piquetes informativos só van defender ese dereito. Ao Goberno do Estado só cabe desexarlle que esperte desa noite cega co capital e rectifique, que non faga bo o ditado dos deuses que, dende a antigüedade, cegan e ensoberbecen a aqueles que queren perder, para despeñalos polo precipicio das políticas de dereitas e da dereita. A Folga Xeral ten que ser un berro crítico multitudinario para que o Goberno RECTIFIQUE.
(*) Yolanda Díaz é portavoz de EU

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

FOLGA, FOLGA... FOLGA XERAL

Artigo de Xosé María Dobarro no Diario de Ferrol
FOLGA, FOLGA... FOLGA XERAL
Para Constantino Trillo, in memoriam, que morreu triste e deprimido por acoso laboral

Contra o paro, contra o capital, folga, folga... folga xeral” berrabamos algúns “inxenuos” hai trinta anos cando nos estaban a desmantelar as industrias da comarca. E acudiamos, puntualmente, ás manifestacións que moitas veces finalizaban no desaparecido estadio do Inferniño. E as súas gradas estaban case –ou máis– cheas que cando xogaba o vello Racing. Naqueles tempos, xa un algo afastados, Tino Trillo era profesor nun instituto de Ferrol e militaba nun dos partidos comunistas escindidos do PC. Andaba sempre coas bandeiras republicanas nas costas e tiña un certo seguimento de xente nova. Tamén algunha de máis idade. Recordo que sempre se poñían na cola das manifestacións para entrar no estadio coas súas bandeiras, dar unha volta á pista de atletismo e subir á torre de maratón colocando a súa –a nosa– insignia. ¡Onde van eses tempos! Folgas xerais que nesa altura houbo que facer. Manifestacións continuas que a xente seguía. E case todas contra o PSOE, a besta negra ó servizo do capitalismo neoliberal. Non, como din os ligh, os supostos modernos, os que –segundo se di, que eu non o creo– chupan de todo aquí e acolá e os que se enriqueceron ilicitamente –eu tampouco o creo– nalgures e nallures. Saberano eles. E que vaian ó ceo libres de pecado. Tino Trillo, como tanta outra xente, acabou crendo neste persoal autodenominado socialista. E por esas andaba cando se lle botaron enriba. Naturalmente, a dereita fascistoide que padecemos. Supoño que actuarían correctamente, porque neste estado de dereito sempre todo se fai ben e acorde coa lexislación vixente. Se Tino vivise iría, con certeza absoluta, á folga do 29. Malia que tivese relación ou militancia no PSOE. Eu, aínda que ese día non teño docencia, tamén vou ir. E quero que me desconten a parte salarial correspondente, que, é moi posible vai ser unha cantidade importante. Máis ou menos 200 euros. Pero a violencia coa que nos está tratando este goberno ós traballadores, que vén sendo unha continuación da de Aznar, á súa vez seguidista da de Felipe González, e a connivencia co gran capital esixe que haxa que dar contestación, e firme e convincente. E, se for posible, moi maioritaria. Canto máis cedamos, máis nos van machacar. De plantarmos cara, se cadra, algo se pode parar. As eleccións municipais –e varias autonómicas– están á beira. Eles verán o que fan. Acabar nos brazos dun PNV que é a dereita pura e dura –amigos do BNG na Galeuscat, por certo– para aprobar uns orzamentos antisociais é grave. Moi pernicioso.
Síntome moi comprometido co proxecto da refundición da esquerda. Paréceme fundamental, pouco para min pero moito para meus fillos, meu neto, meus amigos e amigas máis novos e para a xente que está aí detrás de nós. E por iso o reproduzo:
“A asemblea comarcal de Ferrolterra manifesta o seu apoio á folga xeral convocada para o vindeiro 29 do presente mes polas confederacións sindicais de Comisisóns Obreiras a Unión Xeral de Traballadores e a Confederación Intersindical Galega. Esta asemblea defende a necesidade dunha folga xeral para deter a ofensiva do neoliberalismo que no Estado español e no conxunto da Unión Europea estase a traducir nos axustes económicos brutais inxustos socialmente e regresivos laboralmente.
O goberno español está a poñer o poder político ao servizo do capital poñendo en bandexa a posibilidade do desmantelamento completo do estado de benestar e das conquistas sociais derivadas da loita secular do movemento obreiro. Un estado de benestar e unhas conquistas que, cos seus sistemas de educación e sanidade, pensións e protección social, salarios mínimos e dereitos sociolaborais básicos, implican unha certa redistribución da renda exercida polo Estado que, de non facerse, contriburía a aumentar o proceso de acumulación de capital. Eis o que se pretende: nin máis nin menos que esa porción de renda sexa trensferida ás mans do capital.
Ante esta situación a asemblea comarcal de Ferrolterra de Refundando a Esquerda fai un chamamento á participación na folga xeral e convoca a facer un esforzo a prol da unidade sindical”.
(*) Xosé María Dobarro é catedrático de Lingua e Literatura Galega na Universidade da Coruña

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

8 jul 2010

"Se eu fose un traballador"

Rafael Pillado*
Se eu fose un traballador, miraríame no espello da historia do traballo. Porque, ó voltar a vista atrás vería que as conquistas son froito do esforzo de moitas xeracións.
Precisamente, días atrás, Manolo Rivas felicitaba a David Cameron, Premier británico, por pedir perdón polos asesinatos do exército británico en Irlanda do Norte, no ano 1972. E apuntaba que estamos esperando que alguén o faga polos asesinatos en marzo do mismo ano.
Por iso, se estivese en paro, reclamaría un posto de traballo digno, con salario razonable; a dignidade que merece todo ser humán. Sabendo quen son responsables fundamentais da crise. A solidaridade consiste en facer que aporten máis os que máis teñen. Non para unha esmola. Para facer xustiza.
Se fose inmigrante, amáis de reclamar a miña regularización, traballaría para conquerir a integración con tódolos traballadores, en termos de igualdade.
Se fose funcionario, rexeitaría o desconto do 5% do noso salario. Reclamaría que ese 5% se conquerise na persecución do fraude fiscal, do diñeiro negro.

Se fose xubilado, denunciaría a conxelación das pensións. E que o seu importe, se buscase nas fortunas dos “grandes” da banca, do sector financieiro e das sumas escandalosas que manipulan e reciben.
Se traballara na Banca, mobilizaríame para que as Caixas sigan sendo institucións financieiras públicas de carácter social, impedir o peche de sucursais e a liquidación de postos de traballo. Porque, cando se dí “despolitizar”, quérese decir privatizar.
Se laborase no sector naval, mobilizaríame para impedir a reducción salarial, esixiría que os das compañías se integrasen nas empresas principais. Reclamaría estabilidade no emprego.
Se o meu oficio fora da construcción, reclamaría condicións de traballo seguras e dignas, contra as xornadas infinitas, contra dos salarios miserentos.
Se a miña función fose de mestre, traballaría polos dereitos laborais conqueridos, seguridade no emprego, e a calidade do ensino. Porque a dereita soamente ve negocio cando se fala de dereitos sociais.
Se me dedicara a sanidade, amáis de defender os logros alcanzados, combatiría as políticas de privatización practicadas pola Xunta e a degradación dos servicios.
Se fose policía, entendería as reclamacións dos meus concidadáns e defendería as miñas reivindicacións.
Se eu fose un traballador, estaría preocupado non só polo meu, senón polo de calquer asalariado ou cidadán. Porque a súa debilidade é a miña. Porque a agresión a outros, aféctame a mín. Porque as medidas regresivas que tomou o Goberno veñen impostas polos poderes financieiros que nunca foron elixidos. E polo que se ve, esto é só o principio que leva a uns recortes xeneralizados do que se coñece como “Estado do Benestar”.
Porque hai quen dí que os poderes financeiros queren resarcirse da crise que eles mesmos provocaron, recuperando os fondos da economía social e pública, despois de debilitar ós poderes democráticos elixidos.
Se fose un traballador, esixiría a inversión pública para recuperar a economía, os impostos progresivos, a persecución do fraude fiscal, para reducir as desigualdades sociais, defendería a sanidade, o ensino, as pensións públicas, frente a pretensión de privatizalos.
Se o meu medio de vida fose o traballo, defendería ós sindicatos, porque son a última barreira que pode impedir a marcha atrás da historia, e que pretenden derrotar.
E ó fin e ó cabo, como me considero un traballador, acompañarei, traballarei codo a codo con tódolos traballadores para conquerir que o camiño hacia a folga xeneral do 29 de septiembre, sexa un éxito.


Rafael Pillado Lista, sindicalista e político, é hoxe Vicepresidente da A.C. Fuco Buxán

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

27 feb 2010

"A cita será o 2 de Marzo"

"O roubo das pensións"

YOLANDA DÍAZ
Quérennos roubar as pensións con palabras de medo e informes falaces. Hai que botarse á rúa para que non nos deixen nela, baixo as xélidas pontes da precariedade e a privatización, os señores que teñen contratos blindados e soldos fabulosos, ministros de ocorrencias que sempre caen no lombo das e dos traballadores, xefeciños do Banco de España, obsecuentes capataces da OCDE...sempre dispostos a impor medidas á maioría social traballadora, medidas que eles non se aplicarán endexamais. Ataque contra a clase traballadora que conta co indisimulado e cómplice apoio da patronal e da súa expresión política máis acabada, o PP. Este vindeiro martes, 2 de marzo, imos saír ás rúas, sindicatos, partidos, organizacións políticas e sociais para argumentar coa forza formidable da unión e das razóns, que non queremos que nos conten mentiras, contos que somentes serven para engordar o bandullo do capital financeiro, interesado en meterlle o dente ás nosas xubilacións e ó Fondo de Reserva, que incrementou neste moi duro ano as súas reservas en máis de 8.000 millóns de euros. A viraxe cara á dereita do goberno ZP só lle vai abrir as portas, a modo de cabalo de Troia, ao PP. Non hai que darlle moito os miolos para decatarse. En troques desa fea viaxe antisocial na que se embarca máis e máis este goberno, Esquerda Unida na rúa, mobilizando, proponlle ao goberno outro itinerario, fermoso e ousado, ao carón das e dos traballadores, baseado no respecto e ampliación dos nosos dereitos sociais.

(*) Yolanda Díaz é portavoz de Esquerda Unida

Publicado en el Diario de Ferrol


Wikio