Só participan os de sempre, e están sós!
Para non variar, sempre a "foden" os mesmos. Entre eles un que acostuma a poñerse en pé para soltar discursos soporíferos que leva utilizando hai anos, os cales sempre empezan coa frase: "TEMOS QUE... " ou "HAI QUE.... " Aínda que desta volta deulle unha boa réplica outro compañeiro, dicindo; que as diferentes loitas sociais levan anos tendo resposta dende as súas diferentes plataformas, (exemplo) Marcha Mundial das Mulleres, Plataforma en defensa da Sanidade Pública, etc. e que de ningún xeito a Marea ten que tratar de "ocupar estes espazos".
O "infumable" César Manso, promotor de Cerna, (movemento de ANOVA, opositor á "Marea"), foi o encargado de transmitir aos presentes como se estaban a desenvolver no territorio galego as distintas "Mareas", e fixo tal cal acostuma a facer dende a súa xestoría, falou moito e non dixo nada. (O resto de opositores foron consecuentes co seu pensar e non participaron)
Salváronse unhas poucas intervencións, como a de Basterrechea, Bernardo, Luis, e Saínza, que trataron infrutuosamente de reconducir a asemblea. Aínda que isto resultou imposible pola permisibilidade outorgada por parte dos moderadores desta con algúns oradores.
Hai uns cantos que cren ter a "formula" para a "Marea" de Ferrol, e sen dúbida conseguirano, pois non hai cidadanía participando. E isto non é por culpa dunhas directrices marcadas dende os partidos, pois tódol@s seus afiliados (por agora) parecen confluír nestas asembleas de forma libre e autónoma.
Pola miña banda case prefería que me desen un programa e poder elixir o meu voto en consecuencia. Porque xa está ben do discurso "ALTERMUNDO", ese que di de "Poñernos todos as zocas e plantar hortas urbanas, mentres eles vanse colocando en cargos políticos"
Pouco máis que contar, aburrenme e danme sono!!
ZZZzzzz....
Invito a tod@s @s que sabedes das "fechorias" feitas polo Sr. Manso que teñades o valor de contalas!!!
Un compañeiro de "CERNA" faime dúas aclaracións:
1º é que; CERNA (Movemento interno de ANOVA) era contraria á "Marea" se esta se "disolvía" na marca AGE e acababa sendo cousa dos partidos políticos.
2º Os compañeiros de CERNA que non participaron na asemblea foi porque tiñan un compromiso.
Iso pásame por ser ambiguo e usar "vaselina", pero xa postos....
Efectivamente teñolle que otorgar a razón, pois é o que fan público o pasado 04 Setembro nos medios. Pero a verdade que non se conta é que CERNA, é un movemento de ANOVA opositor a EU, píntese como queirase pintar.
Baseandome no que manifestaron de que non concorrerían na "MAREA" soamente coa marca AGE, (que é o que está a suceder), terán que ser consecuentes.
Entón tamén teño que cambiar algo da "descrición" feita do Sr. César Manso (vou deixalo en: Xestor de terreos e comunidades, que secuestrou información dirixida a uns veciñ@s para os que traballaba, o que supuxo que estes tivesen que desembolsar nuns meses miles de euros).
This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.






.jpg)


