Mostrando entradas con la etiqueta Refundación de la izquierda. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Refundación de la izquierda. Mostrar todas las entradas

19 jul 2011

PAREMOS UN DESAFIUZAMENTO !!

Neste caso o desafiuzamento levaríase a cabo por parte da Xunta de Galicia, pois a vivenda é do Instituto Galego dá Vivenda e ou Só (IGVS). A afectada é unha familia de dez membros, incluídos cinco menores, que vive no barrio de Caranza, sen contrato desde fai sete anos.

O "Movemento 15-M", "Mesas de Converxencia", "Refundación da Esquerda en Ferrolterra", asociacións,colectivos,e sindicatos, fan un chamamento a cidadanía para impedir o desafiuzamento:


 Mañá mércores, ás 10.30 horas, no bloque 47, portal 55, da Rúa Emilia Pardo Bazán,en Caranza


Cónstame que o Alcade de Ferrol, "Don" Jose M. Rei Varela,ofreceuse como mediador do conflito, pero ao final devolveu os papeis á familia afectada,dicindo que NON PODÍA FACER NADA... ¿?¿?..


Entón será o pobo quen POIDA FACER ALGO, grazas "Don" Jose M. Todos estes paus están a facernos máis fortes e unid@s 

Diversidade en loita por un obxectivo, A DIGNIDADE
Contra os desafiuzamentos 
¡Loita pola Dignidade!!



Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

23 jun 2011

Ferrol saiu a rúa na defensa do ensino

Concentración celebrada onte diante do Edf. Administrativo da Xunta de Galicia,(Praza Amada García)


"Contra a ampliación do horario lectivo,despidos,e precariedade nos centros públicos de ensino"


Esta reforma antisocial "Vai eliminar máis de cen postos de traballo e haberá mil mestres menos"


A convocatoria foi secundada por todolos sindicatos con representación no ensino galego,aparte de contar co respaldo das AMPAS,estudantes,AA.VV,e Asociacións e Colectivos diversos da comarca.




Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio

22 jun 2011

Concentración contra a reforma antisocial do ensino

Concentración:
"Contra a ampliación do horario lectivo,despidos,e precariedade nos centros públicos de ensino" 
Hoxe ás 20:00 h ,no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia,(Praza Amada García)-Ferrol


Esta reforma antisocial "Vai eliminar máis de cen postos de traballo e haberá mil mestres menos"


ACUDE E DIFUNDIDE!!
Convocan:
Todolos sindicatos con representación no ensino galego
A esta concentración estánse sumando varias AA.VV,Asociación e colectivos da comarca,tamén conta co respaldo do alumnado

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio

17 nov 2010

``I Foro aberto de Economía Social e Desenvolvemento´´

A Asamblea de "Refundando a Esquerda",convoca a cidadanía a participar no
``I Foro aberto de Economía Social e Desenvolvemento´´
Xoves,18 de Novembro,ás 19.30 horas, no Centro Cultural Carvalho Calero .


Abrirá o foro debate:
Manolo Rivera

http://refundaciondaesquerdaferrolterra.blogspot.com/


Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

2 nov 2010

``I Foro aberto de Memoria histórica´´

A Asamblea de "Refundación da Esquerda",convoca a cidadanía a participar no ``I Foro aberto de Memoria histórica´´ ,a celebrar o vindeiro 4 de Novembro,Xoves, ás 19.30 horas, no Centro Cultural Carvalho Calero .

Abrirá o foro debate:
Eliseo Fernandez
Diplomado en Biblioteconomía e Documentación, membro e colaborador do Ateneu Libertário Francisco Iturralde de Ferrol e do Ateneu Libertário Ricardo Mella de A Coruña. Colaborou coa Fundación Aurora Intermitente de Madrid,na clasificación do seus fondos hemerográficos e archivísticos, e coa Fundación Anselmo Lorenzo de Madrid e na catalogación dos seus fondos hemerográficos. Suas áreas de interés son "Anarquismo e anarcosindicalismo en Galicia", "Anarquistas galegos na emigración r no exilio", e "Bibliotecas Obreiras".
Grupo Motor
refundandoaesquerda@gmail.com
Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

13 oct 2010

"Foro aberto de Ecoloxía e Medio ambiente"

A Asamblea de "Refundación da Esquerda"

Convida a cidadania interesada en participar na segunda xuntanza do "Foro aberto de Ecoloxía e Medio ambiente",a celebrar mañá Xoves,14 de Outubro, ás 19:30 horas, no local da asociación veciñal de Esteiro

Nesta xuntanza quedará constituido o "Foro de Ecoloxía e Medio ambiente"

Abrirán o foro debate:
Inácio Martínez Orero e Xosé Mª García Vilaverde

Grazas de antemán pola difusión.

-O Grupo Motor-
refundandoaesquerda@gmail.com
http://refundaciondaesquerdaferrolterra.blogspot.com/

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

7 oct 2010

"I Foro aberto de Ecoloxía e Medio ambiente"

A Asamblea de "Refundación da Esquerda"
Convoca a cidadania a participar no "I Foro aberto de Ecoloxía e Medio ambiente",a celebrar hoxe ,7 de Outubro,ás 19.00 horas, no Centro Cultural Carvalho Calero .

Abrirán o foro debate:
Inácio Martínez Orero(Adega)
Xosé Mª García Vilaverde(Verdegaia)

Para contactar con nos:

refundandoaesquerda@gmail.com

http://refundaciondaesquerdaferrolterra.blogspot.com/



Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

23 sept 2010

Resolución da Asamblea Comarcal de “Refundando a Esquerda” ,no referente a folga xeral do 29-S.

A asamblea comarcal de Ferrolterra manifesta o seu apoio á folga xeral convocada para o vindeiro 29 do presente mes polas confederacións sindicais de CC.OO a UXT e a CIG.
Esta asamblea defende a necesidade dunha folga xeral para deter a ofensiva do neoliberalismo que no Estado español e no conxunto da Unión Europea estase a traducir nos axustes económicos brutais inxustos socialmente e regresivos laboralmente.
O goberno español está a poñer o poder político ao servizo do capital poñendo en bandexa a posibilidade do desmantelamento completo do estado de benestar e das conquistas sociais derivadas da loita secular do movemento obreiro. Un estado de benestar e unhas conquistas que, cos seus sistemas de educación e sanidade, pensións e protección social, salarios mínimos e dereitos sociolaborais básicos, implican unha certa redistribución da renda exercida polo Estado que, de non facerse, contriburía a aumentar a o proceso de acumulación de capital. Eis o que se pretende: nin máis nin menos que esa porción de renda sexa trensferida ás mans do capital.
Ante esta situación a asamblea comarcal de Ferrolterra de Refundando a Esquerda fai un chamamento a participación na folga xeral e convoca a facer un esforzo a prol da unidade sindical.
Ferrol a Xoves 23 de Setembro do 2010
Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio