Mostrando entradas con la etiqueta concentración. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta concentración. Mostrar todas las entradas

5 jul 2015

CONCENTRACIÓN DE REPULSA EN FERROL POLO ASASINATO POR VIOLENCIA MACHISTA DE BEATRIZ

A COORDENADORA COMARCAL DE FERROLTERRA DA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES CONVOCA

CONCENTRACIÓN DE REPULSA EN FERROL POLO ASASINATO POR VIOLENCIA MACHISTA DE BEATRIZ RODRÍGUEZ MARIÑO

Beatriz foi asasinada este venres xunto a Sergio Rodriguez Fernández pola súa ex parella. Con ela sumamos outra muller máis na Galiza no que vai de ano, vítima da violencia machista que paga coa súa vida a discriminación e a desigualdade que padecemos todas.

Que a indignación de toda a sociedade saia á rua para rexeitar este cruel asasinato e denunciar a violencia machista padecida polas mulleres e exercida contra elas polo feito de selo.

O LUNS 6 ÁS 20 H. NA PRAZA DIANTE DO CONCELLO DE FERROL

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

20 feb 2015

Concentración contra a Taxa de Saneamento

Xeneroso titular o da "Coz de Galicia" 
"Más de un millar de personas piden la retirada de la tasa de saneamiento de Ferrol". 

Cando apenas foron uns 700 cidadáns os que botáronse á rúa para protestar contra a absurda, abusiva, e inxusta Taxa de Saneamento imposta polo desgoberno do P€P€ de Ferrol.

Malia a unidade imperante á hora da convocatoria, esta foi un inexplicable fracaso, e participación do comercio de Ferrol foi nula. É incrible, que estando afectados tod@s @s usuari@s, os convocantes non fosen capaces de encher a Praza de Armas.

Despois de escoitar a lectura do manifesto, non resulta de estrañar esta apatía e desafección por parte da cidadanía, este fíxose soporífero, interminable.

"Difícil de entender pola señora que ía á protesta co recibo da auga na man".

Da pena ver @s compañeir@s traballar tanto en balde....  co difícil que é xuntar tantas siglas e asociacións para facer algo, e que non saiban escribir algo intelixible que toque a "pataca" da xente.


Ao remate da protesta repartironse uns papeis á cidadanía, estes son para ser cubertos e presentados a título individual por cada veciñ@ no Rexistro do Concello. Pero a falta de previsión fixo que non chegaran para tod@s. 





MANIFESTO:

Trinta mil veciños e veciñas mil veciños e veciñas estan a recibir estes días uns recibos totalmente fraudulentos e están a ser estafados polo actual goberno municipal. Trinta mil veciños e veciñas que queren tamén unha ría saneada, maltratada durante décadas por falta de vontade política en procurar unha solución sostible medioambientalmente.

Trinta mil veciños e veciñas que agora observan indignados como o sistema de saneamento que nos están a implantar ven cuberto de opacidade, falta de participación e información. Un saneamento cuestionable tamén dende o punto de vista da eficiencia, do custo enerxético e coa súa xestión entregada a unha empresa privada, a multinacional Urbaser, que vai obter un importante lucro coa taxa que nos pretenden cobrar, e que abafará aínda máis aos milleiros de ferroláns e ferrolás que están a vivir unha situación de emerxencia social.

Este goberno levou no seu programa a conxelación das taxas, sen embargo, o custo dos servizos básicos: auga, luz e gas, subiu o triple que os salarios. Temos o índice de pobreza e exclusión social máis alto do país, e seguen a falar de recuperación económica.

En maio de 2013 a instalación dun tanque de tormentas no parque Pablo Iglesias deu lugar a unha mobilización veciñal, que pretendía exercer algo tan simple como o dereito á información das obras públicas. Esta mobilización foi desprezada e ignorada. Non hai nada máis ditatorial que un goberno que dá as costas ao seu propio pobo, e que xestiona os cartos públicos como os balances dunha empresa privada, e que sanea a súa economía cunha imposición fiscal inxusta.

Non estamos aquí en representación de ningún partido político, asociación ou grupo de presión. Estamos a cidadanía indignada que demanda unicamente que a auga e a depuración non se poden convertir nun negocio privado. Non se deu até o de agora a transparencia necesaria nun investimento millonario que, coa toma de decisións unilaterais, só lle deixa a veciciñanza coma única potestade a de pagar unha taxa de saneamento que nin está explicada nin xustificada.

O sistema de saneamento decidido para Ferrol e Narón non se axusta tampouco ás normativas europeas e españolas vixentes. Deixar de lado o deseño con colectores separativos (pluviais e residuais) requirido polo PXOM de Ferrol e cuns tanques de tormentas de reducido tamaño en lugares non idóneos, conducirán a perpetuar o estado actual da Ría de Ferrol.

Queremos tamén denunciar a avaliación dos custos utilizada para definir a taxa de saneamento, que quedou acreditada como moi pouco fiable, xa que temos constancia doutras valoracións técnicas que conclúen un custe do servizo moito máis baixo. Polo tanto, o informe oficial que se toma para fixar a tarifa é demasiado amplo e pouco rigoroso.

Tendo en conta que esta é unha obra de interese xeral o Estado teríase que facer cargo da súa financiación. Non pode ser que sexan os veciños e veciñas os que paguen a retribución do socio privado, é dicir, que contribuamos entre todos e todas ao beneficio dunha multinacional como ACS-Urbaser, que ten como beneficiario último o señor Florentino Pérez.

Nós si queremos un saneamento, o noso lema e saneamento si, pero non así, pero esiximos un saneamento integral, non intensivo en custos enerxéticos, e non toleramos que se fixe unha taxa de saneamento baseada en informes achegados pola propia empresa concesionaria, Emafesa. Estamos sendo estafados polo lema da maioría absoluta que é “primeiro as empresas, logo a xente”.

Sr. Alcalde: non só estamos ante un saneamento propagandístico que se ben vai aliviar os verquidos contaminantes da ría, non vai ser a solución definitiva, xa que é obsoleto, custoso e ineficiente. Tamén nos preocupa o esquecemento do rural e A malata. Vivimos nunha cidade onde a taxa de paro, o empobrecemento, a emigración e a crise demográfica alcanzan cotas insostibles. Agora a veciñanza vaise ver gravada cunha taxa anual por fogar dun promedio de 76 euros, taxa que irá incrementándose ano a ano por mor da corruptela dos gobernos de facto, as multinacionais, que exercen a fraude sistemática na subasta eléctrica. E onde os pequenos negocios como bares e comercios se verán afogados, e as economías domésticas aínda máis lastradas.

Pedímoslle ao Sr. Rey Varela que por unha vez teña a dignidade de escoitar á cidadanía e retire o cobro desta inxusta e ilegal taxa de Depuración e Saneamento.

Imos reunir os recursos suficientes para que o concello se vexa obrigado a dar explicacións ante a veciñanza, e a auga volva a ser tratada como un dereito cidadán básico e non como unha simple mercadoría. Imos chegar ata o final, ata a última instancia xudicial, porque estamos convencidos que nos asiste a forza da razón. E non nós imos render, non queremos un saneamento electoralista, queremos un saneamento real, sostible, que respecte os recursos naturais da nosa ría. Sr. Alcalde: Solicitámoslle que retire a taxa que ten remitido Emafesa, e que se dirixa aos veciños e veciñas a explicar polo miúdo, desglosado e baseado en datos certos porqué teñen que pagar esa cantidade abusiva para un saneamento cun modelo intensivo enerxeticamente, non separativo, totalmente obsoleto, e contrario ao que se está a facer noutras ciudades como así o dixo hoxe mesmo o director de Augas de Galicia no Parlamento galego. 

Porqué que a maior parte da cidade ten que pagar unha taxa sin tan siquera estar rematadas as obras do saneamento? 

Porque pretente recaudar tres millóns de euros dunha forma inxusta e ilegal?

Sr alcalde: retire a taxa, escoite ao pobo de Ferrol, que é a quen esta a representar, e centre o seu traballo en menos cartaces propagandísticos e máis saneamento real.

Reivindicamos a remunicipalización do servizo porque só dende a xestión pública e integral do ciclo da auga poderemos garantir a necesaria transparencia e eficiencia, e non se volvan repetir episodios vergonzosos como o cobro desta taxa. É, polo tanto, hora de acadar o mellor para a nosa xente. 

Saneamento, si, pero non así. 

Taxa-estafa non! 

Non debemos, non pagamos!



Documento para presentar no Rexistro Municipal





Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

16 feb 2015

Xoves día 19 de febreiro, ás 19:00 h. "Concentración contra a taxa de saneamento"

Esta terá lugar o vindeiro xoves, día 19 de febreiro, ás 19:00 h. na Praza de Armas.

Convocan:
Anova, BNG, CC.OO, CIG, EU, Espazo ecosocialista, Marea Ártabra, PSOE, UGT, AS. López Bouza, AS Fuco Buxán, AVV San Xoan-Bertón, AVV San Pablo, e a Federación de AVV Roi Xordo.

Hoxe, luns 16 de febreiro, ás 17:00 horas, na Galería Sargadelos, haberá unha asemblea informativa, aberta á cidadanía e empresarios.

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

13 feb 2015

"189 IL€GAL"

Castillo de Villalba, hoxe
Ante o anuncio de entrada no interior da ría de Ferrol, do 189 gaseiro cargado de GNL, con destino a Reganosa, o "Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol" convoca a súa 189 concentración lexítima, en rexeitamento da actual ubicación da planta de gas, e o transito de gaseiros no interior da nosa ría.


Concentración:

Venres, 7 de novembro, ás 19:00 h. diante do Edificio da Xunta de Galicia (Praza Amada García – Ferrol)

Características do buque: Nome.- Castillo de Villalba, Bandeira.- España, Eslora.- 284.4m, Manga.- 42.5 m, Puntal.-57.7 m, Calado.-11.4 m, Capacidade.- 138.000 m³ de GNL

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

11 dic 2014

Feijóo deixa plantada a gala ao "Novo Empresario de Galicia" para non someterse ao "recibimento" cidadán.

Ante o inminente remate do veto na construcción naval, @s traballadores/as de Navantia fixeron unha manifestación ata o edificio administrativo da Xunta de Galicia, unha vez alí, representantes sindicais entregaron un escrito dirixido ao; esquivo e incompetente, conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, no cal pídenlle unha xuntanza na que explique a situación actual e futura do Astaleiro.

O edificio da Xunta atopabase amplamente protexido polos antidisturbios, que xa quedaron en Ferrol para blindar a visita do presidente da Xunta, Alberto Nuñez Feijóo, que tiña pensado asistir ás 19:00 h. ao Teatro Jofre, onde tiña lugar á gala "Novo Empresario de Galicia".  Pero involuntariamente estropearon o factor sorpresa, pois anunciaron os medios que estarían para recibilo.







Chegada a tarde, as inmediacións do teatro Jofre transformáronse por unhas horas no novo Manifestódromo de Ferrol, traballadores/as de Navantia, de Cleanet, Mariscadores Furtivos, e cantidade de "indignados" agardaban ansiosos a chegada de Feijóo, cousa que non se produciu. 

Salientar a presenza do conselleiro de Economía e Industria, que non ten tempo de recibir á representación sindical do naval, que hai un mes que ven solicitando ser recibida, pero si ten tempo para vir á cidade a tomar os pinchos.




Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

7 dic 2014

13D - Cadea humana na Ponte das Pías

A CIG de Ferrolterra, diante do grave risco de desertización, non só industrial senón tamén humana da comarca, ten posta en marcha unha campaña para demandar actuacións inmediatas que permitan a reindustrialización e diversificación industrial.

No marco desta iniciativa está convocada unha gran cadea humana que atravesará a Ponte das Pías, e á que dende a CIG de Ferrol convidan a participar a toda a cidadanía. Porque Ferrolterra precisa de medidas políticas urxentes, porque a comarca vive unha situación de emerxencia social, mobilízate e amarra o teu futuro!

13 de decembro ás 12:00 hs.



Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

7 sept 2014

"177 IL€GAL"

Ante o anuncio de entrada no interior da ría de Ferrol, do 177 gaseiro cargado de GNL, con destino a Reganosa, o "Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol" convoca a súa 177 concentración lexítima, en rexeitamento da actual ubicación da planta de gas, e o transito de gaseiros no interior da nosa ría.


Concentración:

Martes, 9 de setembro, ás 20:00 h. no Peirao de Curuxeiras, Ferrol

Características do buque: Nome.- LNG Adamawa, Bandeira.- Bermudas, Eslora.- 289 m, Manga.- 48 m, Puntal.-62.75 m, Calado.-12 m, Capacidade.- 141.000 m³ de GNL.

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

31 jul 2014

CONCENTRACIÓN DE REPULSA EN FERROL POLO ASASINATO POR VIOLENCIA MACHISTA DE SARA FERNANDEZ CAMIÑA

A COORDENADORA COMARCAL DE FERROLTERRA DA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES CONVOCA:

CONCENTRACIÓN DE REPULSA EN FERROL POLO ASASINATO POR VIOLENCIA MACHISTA DE SARA FERNANDEZ CAMIÑA en Pazos de Borbén Sara foi asasinada este mércores. Con ela sumamos outra muller máis na Galiza no que vai de ano, vítima da violencia machista que paga coa súa vida a discriminación e a desigualdade que padecemos todas.

Que a indignación de toda a sociedade saia á rua para rexeitar o cruel asasinato de Sara e denunciar a violencia machista padecida polas mulleres e exercida contra elas polo feito de selo. O XOVES DIA 31 ÁS 20H. NA PRAZA DIANTE DO CONCELLO DE FERROL

"As mulleres decidimos"

Coordenadora Local de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

5 jun 2014

O sábado, “Concentración contra a Monarquía”

Este sábado, día 7 de xuño, ás 20:00 h. na Praza de Armas, e en réxime de autoconvocatoria    

“Concentración contra a Monarquía”

Celebrando a abdicación do Rei Juan Carlos I, e pedindo final da liña de sucesión na Coroa. 

Faise fincapé en que sexa unha Festa de bandeiras, cores, e na cal dease cita toda a Diversidade da Esquerda Galega.

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

8 may 2014

Marcha do Naval esixindo o traballo prometido, e pedindo a construcción do dique flotante.

Os traballadores/as do naval de Ferrol botáronse de novo á rúa, esta vez tratouse dunha marcha ata o edificio administrativo de Facenda, situado no barrio das Telleiras, este permanecía fortemente custodiado por varios furgóns dos antidisturvios.

A marcha transcorreu coa habitual rutina e normalidade que adoita caracterizar estas protestas. Unha vez na sede de Facenda, varios traballadores fixeron unha maqueta en metal dun buque, que deixaron na mediana da estrada  de acceso a Caranza, como símbolo de reclamo de carga de traballo para o sector.




Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

25 abr 2014

CONCENTRACIÓN DE REPULSA EN FERROL POLO ASASINATO POR VIOLENCIA MACHISTA DE MARÍA ELENA RODRIGUEZ QUIROGA

A COORDENADORA COMARCAL DE FERROLTERRA DA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES CONVOCA CONCENTRACIÓN DE REPULSA EN FERROL POLO ASASINATO POR VIOLENCIA MACHISTA DE MARÍA ELENA RODRIGUEZ QUIROGA

María Elena foi asasinada polo seu marido este xoves. Con ela sumamos outra muller máis na Galiza no que vai de ano, vítima da violencia machista que paga coa súa vida a discriminación e a desigualdade que padecemos todas. Que a indignación de toda a sociedade saia á rua para rexeitar o cruel asasinato de Maria Elena e denunciar a violencia machista padecida polas mulleres e exercida contra elas polo feito de selo. 


O SABADO 26 ÁS 20H. NA PRAZA DIANTE DO CONCELLO DE FERROL

"As mulleres decidimos"

www.feminismo.info

nacional@feminismo.info

https://www.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza

twitter.com/MMMGaliza

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

24 abr 2014

Vergonzosa concentración cazarolada en "defensa" do sector naval

Hoxe iniciábase o novo calendario de mobilizacións aprobado polos traballadores/as do sector Naval, a estrea do calendario era asistindo ao pleno municipal, pero coa nova ordenanza municipal aprobada polo P€P€, que limita o número de asistentes, fixo que soamente puidesen acceder  ao salón de plenos unha decena deles.

Á par que se producía esta concentración, que apenas sumaba 200 persoas, concentraronse tamén os traballadores/as de Correos, que malia ter un plantel máis limitado foi en proporción máis numerosa.

VERGOÑA é o que teñen que sentir os fill@s dos traballadores/as e desempregad@s do Naval despois de ver estas imaxes. Aproban nunha asemblea de 1500 traballadores/as as mobilizacións e ao final son catro os que teñen que romperse a cara por estes JETAS.




Fotos dos traballadores/as de Correos


Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

2 abr 2014

Concentración en defensa da enseada da Malata


Cónvocase unha concentración en defensa da enseada da Malata - A Cabana, para o vindeiro domingo, día 6 de abril, ás 12:00 horas, na pasarela peonil da entrada ao peirao carboeiro de Ferrol. 

Pregámosvos que lle deades a máxima difusión posible.


Salvemos A Malata!!!


O tren polo Norte!!!!!. 



Máis info: 
http://oqueescondeotrenaoportoexterior.blogspot.com.es/

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

3 mar 2014

Xoves día 6 de marzo, ás 18:00 h. Concentración no Mercadona de Canido.

Baixo os lemas: "NON A REPRESIÓN SINDICAL EN MERCADONA", e "MERCADONA NON RESPECTA OS DEREITOS E A DIGNIDADE DAS PERSOAS". O xoves día 6 de Marzo terá lugar unha concentración as 18:00 no Mercadona de Canido en Ferrol.

Dende a constitución do comité de empresa de Mercadona na provincia da Coruña os delegados e delegadas que só pretendían realizar o seu labor sindical dentro das tendas de Mercadona foron conscientes de que exercer ese labor non ía ser tarefa doada. Así viuse xa nos primeiros pequenos conflitos debidos á decisión da dirección da empresa na provincia da Coruña de ignorar completamente ao comité como órgano de representación dos traballadores e traballadoras e posteriormente no importante conflito con esta mesma dirección motivado polo despedimento dun compañeiro afiliado a CC.OO. despois de participar na folga xeral na bisbarra de Ferrolterra. Os nosos delegados nunca encontraron un interlocutor disposto a escoitar as demandas dos traballadores e traballadoras, e moito menos negociala.

Os delegados e delegadas que foron capaces de soportar moi duros momentos e que, a pesar do cansazo, continuaron activos tratando de cumprir coas responsabilidades dos seus cargos foron castigados xa en demasiadas ocasións. Algúns dos castigos foron de índole económica. Así, nos últimos anos foi retirándoselles a chamada prima de beneficios, unha parte ben importante do salario. CC.OO. entende que se deriva de que a empresa pensa que estes empregados, debido ao seu labor sindical, xa non saben facer o seu traballo.

Claro exemplo disto que acabamos de dicir é o feito de que os sete delegados suspensos este ano son os únicos que quedan realmente activos dun comité de dezasete. Entre eles figura o presidente do comité de empresa, sindicalista militante, que por participar, como é o seu deber, en todas as protestas en defensa dos seus compañeiros e compañeiras e por ser testemuña dos seus compañeiros en tres xuízos durante o pasado ano, o día 31 de decembro, antes de ir a cear coa súa familia, comunicóuselle que ía ser o único traballador no seu centro de traballo que non ía cobrar o citado complemento salarial. É evidente que se trata dun castigo que pretende ser "exemplificante" para que, a poucos meses das eleccións sindicais en Mercadona, todos e todas as traballadoras da empresa tomen nota; supón, ademais, un intento de menoscabar a moral dunha persoa sempre combativa.

Petición de sinaturas on-line https://secure.avaaz.org/es/petition/Mercadona_Firmas_contra_la_represion_sindical_en_Mercadona/

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

29 dic 2013

MAÑÁ LUNS: CONCENTRACIÓN DE REPULSA POLO ASASINATO POR VIOLENCIA MACHISTA DE ISABEL

A COORDENADORA COMARCAL DE FERROLTERRA DA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES CONVOCA:

MAÑÁ LUNS 30 DE DECEMBRO ÁS 20:00 h. NA PRAZA DE ARMAS.

CONCENTRACIÓN DE REPULSA POLO ASASINATO POR VIOLENCIA MACHISTA DE ISABEL

Isabel Pérez Fraga, de 45 anos, foi asasinada polo seu compañeiro na súa casa de Marín.

Que a indignación de toda a sociedade saia á rua para rexeitar o cruel asasinato de Isabel e denunciar a violencia machista padecida polas mulleres e exercida contra nós polo simple feito de selo!!.

Coordenadora Local da Marcha Mundial das Mulleres

www.feminismo.info

nacional@feminismo.info

https://www.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza

twitter.com/MMMGaliza

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

14 nov 2013

Concentracións de condea á sentencia do PRESTIGE en toda Galiza



Ás 20:00h en: 
-A Coruña, Obelisco. 
-Ferrol, Praza de Armas. 
-Compostela, Praza do Toural. 
-Lugo, Praza da Soidade. 
-Ourense, Praza de San Lázaro. 
-Pontevedra, Praza da Peregrina. 
-Vigo, MARCO. 
-A Estrada, Praza do Concello 
 -Vilagarcía, Praza de Galiza 
 -Foz, diante do Concello 
 -Ribeira, Praza do Concello 
 -Cee, Praza 8 de marzo. 
-Lalín, Praza da Igrexa 


 Ás 21:00h en: 
-Monforte, Praza de España


Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

6 sept 2013

Concentración, Non á intervención en Siria!!

Hoxe realizouse en réxime de auto-convocatoria unha concentración en contra da máis que probable intervención de EE.UU contra o pobo de Siria. Esta é a segunda concentración que se fai en dous días, a de onte convocada polo colectivo Mardelumes.

O membro dunha asociación da bisbarra deu lectura a un manifesto, para pasar a continuación a unha pequena (como a concentración) rolda de micrófono aberto. 




O MARTES, DÍA 10 DE SETEMBRO,  ÁS 20:30 H. CONCENTRACIÓNS EN TODA GALICIA

A Coruña. Consulado USA (Juana de Vega, 8)

Compostela. Concello. Obradoiro

Ferrol. Concello. Praza de Armas

Lugo. Concello. Praza Maior

Ourense. Concello. Praza Maior

Pontevedra. Praza da Peregrina

Vigo. Consulado Francia (Camelias, 56)

(No resto de vilas faranse diante dos concellos)

CONVOCA: COORDINADORA GALEGA POLA PAZ

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

5 sept 2013

CONCENTRACIÓN , "NON Á INTERVENCIÓN EN SIRIA"

CONCENTRACIÓN 
En réxime de autoconvocatoria, co lema:

"NON Á INTERVENCIÓN EN SIRIA"

Mañá, venres 6 de setembro, ás 20:00 h.

Fronte o Edificio da Xunta de Galicia, Praza Amada García.

Daráse lectura a un comunicado e a continuación un espazo de participación aberto a @s asistentes.

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

20 jun 2013

O Naval de Ferrol, solidarizase co naval vigués

Hoxe ás 10.30 h. tivo lugar unha concentración ás portas dos estaleiros de Ferrol, en solidariedade cos compañeir@s do naval vigués, onde hoxe secundan unha xornada de folga contra a sanción da UE que obrigaría a os estaleiros a devolver as axudas percibidas durante anos, esto condearía a morte o sector naval privado.



Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.