Mostrando entradas con la etiqueta Bastida. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Bastida. Mostrar todas las entradas

27 nov 2014

Nova protesta d@s mariscadores/as furtiv@s

Hoxe ás 11:00 h. tivo lugar outra protesta d@s mariscadores/as furtiv@s da Ría de Ferrol.

Estiveron presentes representantes do BNG e EU mostraron o seu apoio ao colectivo, cousa que non fixo o PSOE. A súa voceira municipal, Natividade González, pasou de longo sen prestarlles atención, e isto malia que Beatriz Sestayo dixolles co PSOE os apoiaba na súa loita. 

Nesta ocasión como na anterior, unha representación destes foron recibidos polo P€P€, ao final da mesma; Carlos Noguerol, un dos voceiros d@s furtiv@s, fixo chegar ao colectivo co P€P€ pediulles de prazo ata o luns, día no que o Alcalde de Ferrol os podería recibir con tempo. Pero o Sr Alcalde xa saíu ao paso destas declaracións, dicindo; que el non lles deu esa data para recibilos.

Dende fóra, esta protesta lexítima vese doutro modo, isto é por culpa de "catro" mariscadores con afán de protagonismo e que queren impoñer o seu pensamento ao resto sen opción de debate.

Non é bo para este colectivo a sensación que están a dar, parecen polos correndo sen cabeza.



Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

3 sept 2014

Liberdade de Bastida, coa axuda de tod@s obxetivo cumplido

No nome do CCE ¡ 
GRAZAS! 
A axuda solidaria impedíu a entrada de Bastida no cárcere O CCE manifesta o seu agradecemento a todas as persoas, que de forma individual, e a todas as formacións políticas e entidades cívicas (EU, Anova, Espazo Ecosocialista, A Revolta de Trasancos, Fuco Buxán, Colectivo Artabra 21, Adega, Plataforma de veciños “O Cruceiro de Mehá”), que de xeito colectivo, contribuiron coa súa axuda solidaria, a alcanzar os 4.995,25 €, cos que se cubríron con creces os recursos necesarios para impedir que Bernardo Bastida entre no cárcere.

O CCE promoveu, en maio do 2007, a acción pola que foi condenado Bastida, o bloqueo da entrada na Ría do primeiro gaseiro cargado con GNL, nela participamos centos de persoas e a través da cal transcendeu mais aló da nosa comarca a barbaridade da planta de Reganosa, rompéndose os muros de silencio que invisibilizaban a nosa loita. Unha loita colectiva non podía admitir a condena dun só compañeiro, así o entenderon as persoas e entidades que mostraron a súa corresponsabilidade en apoio solidario.

Catorce anos de loita, de mobilización permanente en defensa da vida, da legalidade e da Ría. O caso da Planta de Gas de Reganosa é un proceso continuado de corrupción política-financieira. O pasado 18 de Xullo, celebrábamos a 8ª Marcha a Pé a Mugardos baixo o lema “ Móvete contra a impunidade”. Rexeitada polo Tribunal a autoinculpación de decenas de persoas que participamos no bloqueo da Ría, é indignante observar a condena de Bastida, namentres os corruptos, os responsables de tamaña barbaridade campan con total impunidade. Algúns son premiados incluso, como Jose Luis Mendez ex-Presidente de Caixa Galicia, no Consello de Administración de Reganosa.

Nestes últimos tempos o Comité Cidadán de Emerxencia, ten que facer fronte a outra dificultade engadida. O Goberno do PP, de Rajoy e de Gallardón, promoveron una contrarreforma xudicial ( novas taxas etc…) coa que tentan impedir o acceso da cidadanía á xustiza e favorecer así a impunidade das grandes empresas e corporacións, como é o caso de Reganosa. O CCE, que promove a mobilización permanente, con concentracións a cada entrada de gaseiro cargado con GNL na Ria, ten interpostos varios contenciosos xudiciais contra a planta de gas de Reganosa. O seu sostén require agora de máis recursos económicos, de aí que prosigamos coa campaña para a obtención dos mesmos e o sobrante do recaudado para salvaguardar a liberdade de Bastida se destine a este fin.

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

19 ago 2014

Non só cheira mal a ría en Ferrol!

O día 1 de setembro, Bernardo Bastida ex-patrón maior da cofradía de Ferrol, comparecerá nos xulgados de Ferrol, para facer fronte a unha multa de máis de 2.700 euros, ou ben cumplir unha pena de prisión durante 13 meses.

É extraño que a estas “alturas da película” non exista movemento algún para recaudar ese diñeiro, pois como saben moitas persoas achegadas a Bernardo Bastida, este non dispón dese carto para poder evitar o seu ingreso en prisión. 

TAMPOUCO lin polo de agora comunicado algún de apoio por parte do Comité de Emerxencia para Ría de Ferrol, colectivo que aglutinaba no seu día á nada despreciable cantidade de 60 colectivos. Lembremos, que deste Comité existía o compromiso de costear xurídicamente os gastos de calquera compañeir@ que sufrise persecución xudicial por ter defendido a ría, a vida. e a legalidade.

O trauma que ocasiona nunha persoa o ser privada da liberdade é indescriptible, si ademais paramonos a pensar a idade e os graves problemas de saúde que padece Bastida, isto podería supoñer un dramático final.

Agardemos que impere o compañeirismo e a solidariedade, que boa falta temos delo!!

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/2014/08/01/bernardo-bastida-tendra-pagar-2700-euros-eludir-prision/0003_201408F1C5992.htm?idioma=galego
 
Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.