Mostrando entradas con la etiqueta Horta Comunitaria. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Horta Comunitaria. Mostrar todas las entradas

1 oct 2012

Ferrol á vangarda do cambio social

Dúas iniciativas moi boas están tendo lugar en Ferrol, unha é a Horta Comunitaria de Caranza e a outra é "Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos", ambas teñen un denominador común, a recuperación dos espazos para a cidadanía.

A Horta Comunitaria de Caranza; Recupera un espazo abandonado polo Concello e a Autoridade Portuaria no paseo marítimo de Caranza, uns terreos que estaban comidos polas malas herbas, e que agora serven para que desempregad@s e cidadáns teñan unha pequena horta con produtos de primeira necesidade. Aparte todo o cultivado carece de tratamentos químicos, nin se usan sementes modificadas xeneticamente (os coñecidos como Transxénicos). Estes cidadáns fomentan o cooperativismo, compañeirismo e solidariedade, cualidades imprescindibles nunha comunidade.
  

"Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos"; O nome do colectivo cidadán define o mesmo. Trátase de cidadáns concienciad@s co valor natural e patrimonial de Ferrol, e outr@s en situación de desemprego, que traballan na recuperación para a cidadanía destes espazos que se atopan abandonados por parte do Concello de Ferrol.

Estes traballos de recuperación destes espazos os fan tamén con outro obxectivo; paralizar o investimento de 700.000 euros na Praza de España, piden que ese carto SE GASTE na contratación de desempregad@s para a recuperación limpeza e saneamento deses espazos, e cun matiz, que eses contratos sexan de media xornada para repartilo no maior número de xente posible, e contratar en función da carga familiar ou estado de precariedade que estean a pasar as familias.



Blogue do colectivo Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos

 Isto é recuperación da participación cidadán, recuperar os espazos públicos e evitar que a clase política despilfarre os nosos cartos.
  
Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio

30 ago 2012

Resumo da VI Xornada de Traballo na Horta Comunitaria de Caranza

Con esta xa fan 6 as xornadas de traballo na Horta Comunitaria de Caranza. Da xornada 5 non din conta, pois esta consistiu nunha visita as Hortas Urbanas de Canido, co fin de aprender trucos e utilidades para sementar as nabizas.

Non pasa día sen que se vexan caras novas pola Horta, desta volta trátanse dunha señora e un rapaz as recentes incorporacións.

Ao remate das labouras e como ven sendo habitual, tivo lugar a asemblea d@s traballadores/as da horta, na mesma fíxose fincapé no acto programado para mañá VENRES 31 DE AGOSTO ÁS 10.45 H. por parte da Asemblea Sen Papeis de Ferrol, trátase dun "Flashmob" diante da praza do Concello.

Con este acto quérese denunciar que a partir do 1 de setembro, entran en vigor as normas que exclúen á poboación inmigrante que non contan con permiso de residencia, da atención médica e sanitaria do sistema público de saúde.


Tamén se falou da necesidade de acudir á "Concentración contra os recortes" convocada por: CCOO, CIG, UGT, USTG, ás 12:30 h. no Edificio da Xunta de Galicia, (Praza de Amada García)



Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

16 ago 2012

III Xornada de Traballo na Horta Comunitaria de Caranza

Máis Comunitaria que nunca. Hoxe as tarefas na horta deron comenzo ás 18 h. con catro compañeir@s, pero segundo avanzaba a xornada fóronse sumando máis, ata chegar a ser 10 persoas as que traballaban a terra. Estes traballos prolongáronse ata as 22 h. Ao remate destes, tivo lugar unha pequena asemblea para debater sobre as vindeiras xornadas de traballo e calquera tema que se quixera plantexar. Por unanimidade aprobouse que a Horta Comunitaria de Caranza, súmase as reivindicacións da Asociación Lazos Pro Solidariedade sumida nunha angustiosa situación de despedimentos por falta de subvencións por parte do Goberno local do P€P€.




Anteriores:
II Xornada de Traballo na Horta Comunitaria de Caranza

Posta en marcha da Horta Comunitaria de Caranza



Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

10 ago 2012

II Xornada de Traballo na Horta Comunitaria de Caranza

Onte, xoves día 9, tivo lugar a segunda xornada de traballo na Horta Comunitaria "impulsada" pola "Asemblea de Desempregad@s da CIG", desta volta mellorou a cousa, da devandita asemblea foron dous os compañeiros que se achegaron.

Non vou botar máis leña ao lume, debe ser que é agosto e o INEM da VACACIÓNS.

Pese a todo, a Horta tira para adiante co esforzo destes compañeir@s, os froitos da terra xa son visibles, o COMPAÑEIRISMO e a SOLIDARIEDADE xa están maduros, as leitugas e repolos en breve tirarán tamén para arriba.





Relacionada:
Posta en marcha da Horta Comunitaria de Caranza


Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

3 ago 2012

Posta en marcha da Horta Comunitaria de Caranza

A idea desta Horta xurdiu e foi aprobada por parte da "Asemblea de Desempregados da CIG", aínda que no terreo traballando só estaba André representando ao citado colectivo.

"O movemento demostrase andando" .

Que foi o que fixo este compañeiro
nunha xornada maratoniana que para el comenzou ás 9:00 h. da mañá e rematou ben pasadas as 23:00 h. da noite. Difundiu, tivo conversas con outros colectivos, fixo pegadas polo barrio, sachou, etc.

Menos mal que tivo eco e resposta por parte doutr@s compañeir@s que si se achegaron, incluso algún membro coñecido deste sindicato foi a dar o callo, sen estar nunha situación de desemprego (Que conda o exemplo).


Non hai dereito a que alguén traballe se implique e logo se atope só. O compañeirismo, a solidariedade e a comunidade definen o que ten que ser calquera acción destinada a mudar este insostible sistema social.

Cada quen saberá sacar conclusións propias e decidir cal é seu lugar, igual vaise ter que conformar en paralelo a "Asemblea de Parad@s" , e recomendo que omitan por nome de sindicato para non deixalo quedar mal.


Eu achegueime como mostra de solidariedade con este colectivo de compañeir@s co fin de facer comunidade, pero levei un chasco, e tamén un sacho coa idea de botar unha man, grazas ao demo non me tocou facer uso del, pois llo deixei a un compañeiro do 15M que non tiña ferramenta (É que da gusto ter bos compañeir@s).

O compañeirismo foi, é, e vai ser o principal froito que se poda arrancar desta horta (indistintamente do que se poda quitar da terra).

Como aclaración (Que non debera ser precisa) quero dicir que todo o que eu escribo son conclusións miñas ollando a realidade do que acontece, para nada houbo reproches para @s que non puideron vir. Pero tiña que contalo pois me encantan os "fogos artificiais e a pirotecnia".




Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

1 ago 2012

A "Asemblea de Desempregad@s da CIG", comeza o cultivo da Horta Comunitaria de Caranza, e invita a participar a toda a cidadanía

Promovida pola Asemblea de Desempregad@s da CIG, comeza o cultivo da Horta Comunitaria de Caranza - Achega-te co teu sacho


Promovida pola Asemblea de Desempregad@s da CIG, comeza o cultivo da Horta Comunitaria de Caranza.

Non fai falta estar afiliado á CIG toda persoa desempregada ou con emprego en precario (a tempo parcial, contratos curtos, pensionistas con prestacións baixas, ..), poden achegar-se até as inmediacións da rúa Cartaxena, no Paseo Marítimo de Caranza, onde hai 5.353 m2 actos para o cultivo, onde xa temos feito unha proba nunha bancada, onde plantamos xudías e millo e saíron sen dificultade.

O vindeiro 3 de Agosto, ás 19:30 horas, vai ter lugar o comezo do cultivo desta Horta que ten como "obxectivo recuperar o ánimo do traballo, aprender unha profesión, axudar na casa con produtos de horta básicos e agrupar á xente para emprender mobilizacións de cara a visualizar o problema do desemprego e presionar ao sistema para que cree emprego urxentemente, exemplo: pagadas pola Xunta ou o concello, cuadrillas de limpeza da zona intermareal da enseada de Caranza".

Contacto:

André - 605455340

andre.martinez.ces@gmail.com



Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio