Mostrando entradas con la etiqueta Asturias. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Asturias. Mostrar todas las entradas

12 jul 2012

NON ESTAMOS TOD@S !!

A concentración foi un chamamento espontáneo feito por persoas de distintas asociacións, en vista de que os Sindicatos non movían ficha, nin facían a súa laboura.

Foi unha concentración cargada de dor, non só polas brutais, salvaxes e delitivas cargas policiais de onte en Madrid aos compañeir@s da minería. A dor tamén foi por non ver aos dirixentes sindicais de Ferrol e por non existir representación de traballadores/as da Central Térmica de Endesa nin do Sector Naval.

Moit@s d@s alí presentes, estariamos pensando que esta loita podía ser a "punta de lanza" que botase adiante a clase traballadora... pero os sindicatos teñen outra visión moi distinta, e doutra volta perderon a oportunidade.

Os récelos de sempre as veces chegan a converterse en mesquindade por parte das cúpulas sindicais. Feito contrastado nas intervencións de militantes destes sindicatos, todos eles coincidiron en sinalar de vergoñenta a actitude dos sindicatos nestes intres que nos atopamos.



Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

12 oct 2010

Campo de concentración de Cedeira

O pasado día 15 de setembro de 2010 tivemos unha xuntanza co alcalde de Cedeira José Luis Vergara, en representación de Memoria Histórica Democrática e Fuco Buxán como asociacións co-organizadoras, para detallar o plan de traballo dos actos conmemorativos que se celebrarán o vindeiro 30 de outubro na Praza da Constitución da vila e no que se lle renderá homenaxe aos máis de 380 presos que estiveron detidos en condicións infrahumanas no campo de concentración ubicado fronte á praia desta localidade durante a guerra civil.

A meirande parte das persoas encarceradas no campo proviñan de Asturias, por este motivo o propio presidente do Principado Vicente Álvarez Areces comprometeu a súa asistencia a este acto de reparación, nunha reunión mantida con membros do comité organizador na sede do Goberno asturiano o pasado mes de abril, e a colaboración institucional do seu executivo.

Agárdase que ao acto acudan desde esta comunidade autónoma centos de familiares de represaliados e asociacións. O Concello de Cedeira celebrará paralelamente un acto de recordo e homenaxe aos membros da corporación municipal republicana da vila, que sufriu a represión e morte por parte dos sublevados contra a orde constitucional.

Desde o comité organizador invitan a familiares e achegados a se pór en contacto para participar no desenvolvemento do evento nos teléfonos 635 470 038 ou 660 571 291.

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio