Mostrando entradas con la etiqueta fsg. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta fsg. Mostrar todas las entradas

19 sept 2011

Arranca o Foro Social de Ferrol Terra

Para asistir ao Foro Social, recomendo cubrades o formulario de inscrición, co fin de mellorar e poder organizar o evento. No caso de que sepades de alguén que queira asistir pregase que lle comuniques a importancia de inscribirse

É un evento que paga a pena aproveitar ao máximo, non só polo esforzo que significa a súa organización, senón pola importancia do mesmo.

O día 23 Manifestación, baixo o Lema
"Outra Comarca, outra Democracia, outra Vida"

Saída ás 19:00h, dende o Campus de Esteiro, na esquina da Rúa San Ramón con Doutor Vázquez Cabrera. A Manifestación discurrirá por diversas rúas de Ferrol, e rematará no Cantón, diante do Palco da Música, onde terán lugar diferentes intervencións.


Unha vez rematada a manifestación dará comezo un pequeno concerto, no mesmo lugar onde finaliza a manifestación. O concerto de "Voces Indignadas e Comprometidas", contará coa participación de: Jorge Mirancos, Fefi, Manolo Bacallao, Maria Manuela e As Cantareiras de Trasancos.

Pregase a difusión



Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

17 sept 2011

"Foro Social de Ferrol Terra" ___ 23, 24 e 25 de Setembro

O Venres 23 de Setembro, está previsto celebrar unha Manifestación ás 19:00 hs. e posteriormente unha Actuación Musical de 20:30 a 23:00 hs. onde participaran voces de Ferrol (Pendente de Concretar).

Nota: A manifestación non estaría convocada polo Foro Social, senón polas organizacións promotoras do Foro e quen se quixera somar.

SÁBADO 24 de Setembro
09:30 hs.
O Movemento 15 M , que hai de novo?
Os medios convencionais e o 15M. Aportacións ao altermundismo. O cuestionamento do modelo “democrático” actual, apuntalar ou transformar? As ensinanzas do 15M.
• Presenta a Mesa: Lupe Ces Rioboo, activista social, integrante da Marcha Mundial das Mulheres.
Mesa:
• Sechu Sende, escritor e activista de Aulas Indignadas.
• Martinha Suárez, activista da #acampadaferrol.
• Jordi Calvo Rufanges, economista e investigador sobre os movimentos sociais.

10:45 hs. (Descanso 15 minutos)

11:00 hs.
Son posíbeis outros medios de comunicación?
Forzar os medios ao cambio, ou cambiar de medios? Hai alternativas?
• Presenta a Mesa: Xesús Manuel Díaz Suárez, activista sindical e do movimento veciñal.
Mesa:
• Lois Rodríguez, Cofundador da Asociación de Medios en Galego.
• Belén Puñal, xornalista, investigadora, redactora da revista Tempos Novos.
• Cesar Rendueles, filósofo, profesor e xestor cultural. (SEN CONFIRMAR)

12:15 hs. (Descanso 15 minutos)

12:30 hs. ASEMBLEA

14:30 hs. Xantar (1 hora e 30 minutos)

16:00 hs.
Ferrol Terra noutro modelo produtor e enerxético.
A enerxía necesaria. De que vivimos e de que queremos vivir. Soñar a comarca desde o decrecemento.
• Presenta a Mesa: Manuel R. Carballeira, coordenador do Comité Cidadá de Emerxéncia.
Mesa:
• Xoán Ramón Doldán García, profesor de economía aplicada e ecoloxista.
• Manuel Rivera, presidente da Coorperativa Briante.
• Isabel Vilalba, activista sindical agraria, do movimento internacional agrario 'La Via Campesina'.

17:15 hs. (Descanso 15 minutos)


17:30 hs.
Como podemos frear a perda de dereitos? É posíbel frear a ofensiva capitalista? Con que ferramentas contamos e cuais temos que construír? Unidades ou confluencias? Poder político ou poder mobilizador?
• Presenta a Mesa: Xoán Lorenzo Lourido, activista social, vinculado a Nova Escola Galega e ao STEG.
Mesa:
• Merchi Díaz López, da Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública, sindicalista.
• Silvia Bermúdez Pérez, licenciada en dereito, vinculada á FESGA.
• Xesús Díaz Díaz, ex-secretario xeral de CCOO-Galicia.
• Vitoria Iglesias, activista feminista da Marcha Mundial das Mulleres.

18:45 hs. (Descanso 15 minutos)

19:00 hras a 21:00 hras. ASEMBLEA


DOMINGO 25 de Setembro

09:30 hs.
Outros concellos, outras realidades. Que institucións queremos? É posíbel outra política, outra xestión municipal? Cara un poder popular contituinte?
• Presenta a Mesa: Magdalena González, presidenta da Asociación Veciñal de Prioriño, activista pola democracia participativa.
Mesa:
• Secundino García Casal, alcalde de San Sadurniño.
• Martiño Noriega, alcalde de Teo.
• Juan Manuel Sánchez Gordillo, alcalde de Marinaleda, Sevilla.

10:45 hs. (Descanso 15 minutos)


11:00 hs.
Que cousa é vivir ben? Como queremos vivir? A vida individual e a vida colectiva. Que cambiar e que conservar para ter unha boa vida?
• Presenta a Mesa: Bárbara Primo, activista feminista da Marcha Mundial das Mulleres.
Mesa:
• Tareixa Ledo Regal, socióloga, activista feminista, especialista en Terapia do Reencontro, vinculada ao Sindicato Labrego Galego.
• Manuel Miragaia Doldán, activista social, escritor e filósofo.
• Carlos Fernández Liria, filósofo, escritor e activista. (SEN CONFIRMAR)

12:15 hs. (Descanso 15 minutos)

12:30 a 14:30 hs. ASEMBLEA

http://forosocialdeferrolterra.blogspot.com/

Detalles do Programa


Wikio

7 dic 2008

O CCE no Foro Social Galego


Houbo marea altermundista na histórica apertura do primeiro foro social galego
Xa era hora". Esa foi a frase máis escoitada entre a marea de asistentes ó acto de apertura do tan agardado Foro Social Galego (FSGal) que, baixo o lema "Pensar e contruír alternativas desde Galiza", reúne esta fin de semana en Santiago a persoeiros e colectivos galegos implicados activamente no reto de demostrar que "outro é mundo posíbel". Ademais, os grandes líderes do movemento altermundista de todo o planeta deixan tamén a súa pegada nestes días de debate, reflexións e achega de propostas contra o xugo do neoliberalismo.