Mostrando entradas con la etiqueta feijóo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta feijóo. Mostrar todas las entradas

26 jun 2015

Así malgasta 2.665.900,35 € en subvencións a Axencia Turismo de Galicia

- Fundación Catedral de Santiago para a organización da exposición San Francisco e o seu Tempo no Pazo de Xelmírez en Santiago de Compostela. 49.025,35 €

Concello de Ponteareas para a celebración da Festa do Corpus Christi. 40.000 €

- Asociación Xunta de Confrarías da Semana Santa de Viveiro para a celebración da Semana Santa de Viveiro 2015. 40.000 €

- Catedral de Santiago de Compostela para a mellora da atención aos peregrinos e visitantes. 100.000 €

- Bispado de Lugo para a apertura de igrexas no Camiño. 80.000 €

- Arcebispado de Santiago de Compostela para a apertura de igrexas no Camiño. 35.000 €

- Convenio de colaboración que regula a subvención, mediante concesión directa, da Axencia Turismo de Galicia á Deputación de Pontevedra para as actuacións no contorno e Santuario de Nosa Señora da Franqueira (Pontevedra). 150.000 €

- Concello de Ferrol para a celebración da Semana Santa 2015. 40.000 €

- Catedral de Santiago para a execución da obra de rehabilitación da edificación denominada Asilo de Carretas, para a creación dun centro de acollida aos peregrinos en Santiago de Compostela cofinanciado con fondos do programa operativo Feder Galicia 2007/2013 T.P.5.57.1 (80 %). 1.550.000 €

- Concello de Xinzo de Limia (Ourense), para a execución do proxecto denominado Albergue de peregrinos en Xinzo de Limia. 120.000 €

- Entidade Obradoiro CAB SAD para o desenvolvemento do proxecto «O Camiño remata no Obradoiro». 100.000 €

- Concellos galegos do Camiño Francés para actuacións de limpeza e mantemento do Camiño Francés, e de atención e información ao peregrino. 361.875 €

2.665.900,35  €
E outros miles susceptibles de rematar en malas mans 

- Federación Galega de Bandas de Música Populares para a realizacion de varios concertos de músíca popular en Santiago de Compostela-programa Música no Camiño. 69.011,90 €

Datos do DOG

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

11 dic 2014

Feijóo deixa plantada a gala ao "Novo Empresario de Galicia" para non someterse ao "recibimento" cidadán.

Ante o inminente remate do veto na construcción naval, @s traballadores/as de Navantia fixeron unha manifestación ata o edificio administrativo da Xunta de Galicia, unha vez alí, representantes sindicais entregaron un escrito dirixido ao; esquivo e incompetente, conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, no cal pídenlle unha xuntanza na que explique a situación actual e futura do Astaleiro.

O edificio da Xunta atopabase amplamente protexido polos antidisturbios, que xa quedaron en Ferrol para blindar a visita do presidente da Xunta, Alberto Nuñez Feijóo, que tiña pensado asistir ás 19:00 h. ao Teatro Jofre, onde tiña lugar á gala "Novo Empresario de Galicia".  Pero involuntariamente estropearon o factor sorpresa, pois anunciaron os medios que estarían para recibilo.







Chegada a tarde, as inmediacións do teatro Jofre transformáronse por unhas horas no novo Manifestódromo de Ferrol, traballadores/as de Navantia, de Cleanet, Mariscadores Furtivos, e cantidade de "indignados" agardaban ansiosos a chegada de Feijóo, cousa que non se produciu. 

Salientar a presenza do conselleiro de Economía e Industria, que non ten tempo de recibir á representación sindical do naval, que hai un mes que ven solicitando ser recibida, pero si ten tempo para vir á cidade a tomar os pinchos.




Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

18 dic 2012

O P€P€ REXEITA A INICIATIVA LEXISLATIVA POPULAR NA DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA

Unha representación da Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol, integrada e fundadora de SOS Sanidade Pública, acudimos a Compostela a concentrarnos diante do Parlamento Galego para apoiar a intervención de Manolo Martín en defensa da ILP presentada e apoiada de preto de 30.000 sinaturas. das que máis do 25%  foron recollidas en Ferrolterra pola Pdspf, máis de 8300 sinaturas. 

Fomos a representación máis numerosa de cantas se traladaron a Compostela e estivemos presentes baixo unha choiva incesante e intensa coa nosa pancarta a onde se achegaron a saludarnos unha representación dos grupos parlamentarios do PSOE, AGE e BNG , onde estaban presentes as deputadas ferrolás Beatriz Sestayo do PSOE e Yolanda Díaz de AGE. 

Os grupos parlamentarios de PSOE, AGE e BNG apoiaron a Defensa da Sanidade Pública e o Partido Popular rexeitou a Iniciativa Lexislativa Popular. 

Cumpre salientar a ausencia de Núñez Feijoo no Parlamento Galego durante o debate a Iniciativa Lexislativa Popular, o que amosa o que lle importa tanto a Sanidade Pública como que unha iniciativa de 30.000 galegos e galegas chegase ao Parlamento. Temén a Conselleira de Sanidade, con vinculacións directas co grupo POVISA, que chegou ao Parlamento cando xa Manolo Martín rematara a súa intervención (achegamos intervención de Manolo Martín e o alegato final). Outro tanto a Presidenta do Parlamento Galego. Pilar Rojo, quen durante a intervención de Manolo Martín non parou de falar, xusto detras del, polo teléfono móbil. 

Lembramos que esta Iniciativa Lexislativa Popular tiña como promotores na comarca de Ferrol a Carlos Piñeiro e Xosé Miguel López. 

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol imos seguir mobilizándonos en contra dos recortes de dereitos e da privatización da Sanidade Pública e participaremos, coa nosa pancarta, na concentración convocada pola Alianza Social Galega, da que formamos parte, o xoves día 20 de decembro ás 19:30 horas diante do Edificio da Xunta na Praza de España, facendo un chamamento á participación de toda a cidadanía de Ferrolterra.

ESCRITO-PRESENTACION-ILP-18-12-2012


ALEGATO FINAL


Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio

17 oct 2012

Protesta do Naval no mitin de Feijóo na Feira de Mostras de Ferrol

Preto de 300 persoas concentráronse hoxe diante da Feira de Mostras de Ferrol, para visibilizar no mitin do P€P€ o malestar do sector naval, na concentración tamén se deron cita un grupo de afectados polo timo das Preferentes. A presencia do polo de agora Presidente da Xunta, Feijóo motivou que moitos dos presentes preferisen mollarse a estar na casa no sofá vendo o partido da selección.



A concentración transcorreu de forma democrática e sen ningún tipo de incidentes, @s manifestantes limitáronse a berrar e botar algún que outro petardo agardando a chegada do aínda Presidente. Un amplo despregue policial blindaba a chegada deste e dos seus simpatizantes.

Chamoume a atención ver o gremio de taxistas de Ferrol alí representado, xa sabía que estes se posicionaran na campaña para Alcalde de Rey Varela, pero pensei fora algo puntual. En Ferrol xa estamos afeitos a que diversos gremios se decanten polo P€P€ grazas as promesas que fan. Sen ir máis lonxe nas casas baratas correu o rumor de que algún do P€P€ ofrecera "legalizar" a situación irregular dalgúns inquilinos.


Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio

12 sept 2012

O Naval, a Virxe, e o Dios cos fundou

Hoxe, dende as 10 da mañá, @s delegad@s dos comités de empresa de Navantia protagonizaron un peche no salón de recepcións do Concello de Ferrol. O peche durou ata as 19:30 h., hora na que tiña lugar a xuntanza dos Alcaldes da Mancomunidade de Municipios da Ría de Ferrol para abordar a crise do Naval.
(O peche retomouse logo de forma indefinida)

Fai uns días asistiamos atónitos as declaracións do alcalde, José Manuel Rey Varela, nos medios de comunicación, nas que dicía que pedira axuda a Virxe dos Remedios. Non é nada alentador que teña que recorrer as oracións, suponse que quen tiña que dar as solucións non é a Virxe, senón o Desgoberno de Rajoy, e tamén na súa xusta medida Feijóo, antes de convocar as eleccións. Pero as ratas abandonan o barco e non van a contarnos a verdade do futuro dos estaleiros ata que rematen as eleccións ao parlamento galego.

Todo apunta ao desmantelamento do sector da construción Naval. E máis despois de ter escoitado as declaracións "pirómanas" feitas por parte de Jaime de Rábago, conselleiro delegado de Navantia, nas que aludía a "Escasa viabilidade do proxecto do dique flotante para reparacións". Estas declaracións parecen atender ao interese por parte do P€P€ para o desmantelamento do sector naval de Ferrol.




NON É QUE QUEIRAN ACABAR CON TODO, ESTÁN FACÉNDOO!!

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

13 jun 2012

Patricia Gabeiras di que Reganosa podería estar sen cobertura aseguradora despois da sentenza do Tribunal Supremo

Acaba de rematar a Rolda de Prensa convocada polo "Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol", no que a Asesora Xurídica do Comité, Patricia Gabeiras, explicou aos medios o que supón a Sentenza ditada polo Tribunal Supremo, que confirma outra do TSXG do ano 2008, declarando ilegal a Modificación do PXOM do Concello de Mugardos, que supuxo a construción da planta de gas de Reganosa sen ter feita a Declaración de Impacto Ambiental.

Esta sentenza tira ao traste con todo o demais papeleo que podan ter aprobado, R€GANO$A é ilegal.

Patricia Gabeiras, arremeteu sobre as declaracións feitas polo (aínda) presidente da Xunta, declaracións nas que Feijóo di crer que existe "Encaje legal" para cumprir a sentenza do TS e manter Reganosa. A avogada dixo que si isto o leva adiante o actual mandatario da Xunta, este podería estar incorrendo nun delito de prevaricación. Tamén fixo fincapé nas perdas de cartos que supón para @s galeg@s manter esta planta de gas deficitaria, os máis de 50 millóns de euros anuais que se lle regalan a Reganosa, aparte das continuas subidas nos recibos enerxéticos d@s galeg@s.

O máis grave que sucede nestes intres, segundo a Avogada, é que a Compañía Aseguradora de Reganosa, no caso de que se producise un tráxico accidente, podería, baseándose nesta sentencia, "lavarse as mans" e non prestar cobertura de responsabilidade, polo feito de tratarse dunha planta de gas IL€GAL.

O Alcalde de Mugardos, Xosé Fernández Barcia (BÑ-GA$), permítese o luxo de cuestionar ao máis alto tribunal do estado, decendo que; O problema ao que fai referencia a sentencia do Tribunal Supremo,"Cúmprese con tódalas da lei e xa no quedan dubidas" sobre la legalidade da planta de gas.

Esta sentenza debera valer para exculpar aos mariscadores acusados de bloquear a entrada aos gaseiros que descargaban nunha planta de gas IL€GAL.







+ Información en http://praza.com/movementos-sociais/1237/a-sentenza-contraria-a-reganosa-abre-unha-ofensiva-legal-para-trasladar-a-planta/

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

17 may 2012

Compostela falou GALEGO!!

A auga respectou hoxe en Compostela a peregrinaxe d@s que defenden o idioma galego, contra a imposición do castelán por parte das forzas represoras e radicais do P€P€.

Agustín Fernández Paz, foi encargado de ler o manifesto, a continuación foi o intre da intervención de Carlos Callón, que aproveitou a ocasión para denunciar as trabas e o boicot para poder realizar esta manifestación, por parte do Desgoberno da Xunta de Feijóo.



Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

6 abr 2012

O QUE ESCONDE A XUNTA DE FEIJÓO @S GALEG@S

O PASADO MARTES ATRACOU NA PLANTA DE GAS DE REGANOSA UN GASEIRO, O "CATALUNYA SPIRIT" PARA REALIZAR UNHA DESCARGA DE GAS.

HOXE, E SEN MOVERSE DA ZONA DE ATRAQUE DA REGASIFICADORA,O MESMO GASEIRO CARGOU O GAS QUE DESCARGOU. ¿¿??

E NON SE TRATA DE QUE XURDISE UNHA EMERXENCIA PARA SERVIR O GAS A OUTRA PLANTA, ESTABA PREVISTA DENDE UN PRINCIPIO A DESCARGA E A POSTERIOR CARGA.

PARA QUE SE FAI ESTA DESCARGA?

A QUE IMPORTE DESCARGOU O GAS E A QUE IMPORTE O VOLTOU A CARGAR?

É NORMAL EXPOR A POBOACIÓN AO PERIGO EXPONENCIAL QUE SUPÓN A CARGA E DESCARGA SEN SENTIDO?

ESTÁN EVADINDO CARTOS DAS ARCAS PÚBLICAS DALGÚN XEITO?

VAI REPERCUTIR ISTO NAS FACTURAS D@S GALEG@S?

FANSE ESTAS DESCARGAS COA FINALIDADE HINFLAR AS CANTIDADES DE TONELADAS QUE SE DESCARGAN E ENGANAR A PRENSA E A OPINIÓN PÚBLICA?

A QUE VEN ISTO SR. FEIJÓO?

Aquí tedes a nova publicada en Xornal Galicia

As fotos son feitas hoxe, o gaseiro estaba no proceso de carga DO MESMO GAS QUE DESCARGOU O PASADO MARTES, (SEN TER ABANDONADO EN NINGÚN INTRE A ZONA DE ATRAQUE EN REGANOSA).
E PARA COLMO DE COLMOS, O VINDEIRO DOMINGO ENTRA A DESCARGAR O GASEIRO "STX FRONTIER".

A QUE VEN ESTA XOGADA?

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

2 abr 2012

Concentración en Ferrol ¡¡LUMES NUNCA MÁIS!!

Dun xeito esporádico dende as Redes Sociais se artellaron diversas concentracións en Galicia baixo o lema ¡¡LUMES NUNCA MÁIS!!

Estamos a falar dunha desfeita ecolóxica sen precedentes, tan so comparable cos desastres cometidos por petroleiros nas costas galegas, ou o milleiro de incendios que asolaron Galicia o pasado ano.

En Ferrol foron entre 400/500 cidadáns @s que tomaron a rúa nesta concentración;

En rexeitamento aos recortes da Xunta do P€P€ en prevención de lumes

Contra a actuación lenta e bochornosa levada a cabo na extinción do incendio nas Fragas do Eume.

Pola rexeneración inmediata das Fragas

Pola depuración de responsabilidades políticas.

Pola axilización da actuación das forzas do orde público para levar ante a xustiza o/os responsable/s deste atentado ecolóxico sen precedentes.


¡¡LUMES NUNCA MÁIS!!



Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

HOXE ÁS 20:00 H, CONCENTRACIÓN "LUMES NUNCA MÁIS"

Convocada dende as redes sociais están previstas para o día de hoxe varias concentracións en diversas vilas galegas, así como a conformación dunha Plataforma en Defensa das Fragas do Eume, que se conformara por persoas a título individual, entidades políticas, AAVV, asociación culturais, sindicatos, empresas, etc.



HOXE en Ferrol, ás 20:00 hs, na Praza de Armas.

A mesma hora, diante do Concello de Pontedeme, vaise constituír en réxime de autoconvocatoria a Plataforma en Defensa das Fragas do Eume, que se crea co fin de demandar, denunciar, exixir medidas que sirvan para

1º.- Sensibilizar a opinión pública do valor ecolóxico que aínda conserva o Parque Natural das Fragas do Eume.

2º.- Exixir unha investigación exhaustiva das causas que provocaron o incendio e exixir responsabilidades penais e políticas se as houber.

3º.- Exixir da administración medidas para paliar no posible as causas desastrosas causadas polo incendio no ecosistema do Parque natural.

4º.- Exixir medidas políticas para que ninguén se beneficie e lucre de xeito directo ou indirecto das consecuencias do incendio.
Tamén se autoconvocan concentracións en outros puntos de Galicia para este luns po la tarde, ás 20.30 horas. A Coruña : no Obelisco; Vigo: fronte ao Sireno; Santiago: no Obradoiro; Pontevedra: na praza da Ferrería; Lugo: fronte ao Concello... Foz: diante da Delegación de Facenda.

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

1 abr 2012

A Xunta do P€P€ está agochando os datos da traxedia nas Fragas do Eume

Onte eu denunciei o exceso de celo por parte da Garda Civil por impedir o acceso preto do incendio, tamén comentei que se estaban a desaloxar casas que para nada corrían perigo. Hoxe estes datos vense corroborados. Os medios de comunicación presentes non tiveron acceso ata o día de hoxe e de forma moi limitada, así dixéronmo xornalistas presentes na zona,nunca lles paso algo similar nun incendio. O das casas que desaloxaban puidéstelo ver todos na Tv, veciñ@s que se negaron a abandonalas porque evidentemente estaban a salvo do perigo.

Hoxe decateime polos veciños que o lume se orixinou no lugar coñecido como Pena de Fonte Ardión (na foto). Preto de donde queren facer a mina de Andalucita de Pico Vello.

Quen prendeu ou lume tivo que acceder en moto de cros (polo menos), á media hora, a 8 km dese lugar orixinouse outro incendio. Recordar que o ano pasado aí mesmo tivo lugar un incendio, e que o fume foi visible na Coruña, aínda que como sempre os medios de manipulación non contaron nada. Onte por desgracia o vento levaba ás chamas cara ao canón do Eume, mentres os medios de extinción envorcábanse en apagar os eucaliptos na Capela sen mirar en preservar a Fraga.

Mañá día 2, ás 20:00 h. na Praza de Armas, terá lugar unha CONCENTRACIÓN (Convocada nas redes sociais)

Fotos de hoxe


Segundo informacións da Xunta de Galicia, a superficie queimada é de 700-750 hectáreas. Voume "tirar á piscina" e digo que non baixa de 2000, recordemos que o Parque natural abrangue unha superficie de 9.000.

Onte falei das especies que habitan a Fraga, forestais; acivros, carballos, castiñeiros, bidueiros, ameneiros, freixos, e un amplo número de especies animais,; lobos, martas, gatos monteses, xabarís, corzos, e unha das últimas colonias de Pitas do monte (Urogallo). Aparte existen moitos insectos en serio perigo de extinción.

O que eu descoñecía é que nas Fragas habitan unha vintena de especies distintas de morcegos, e que tamén hai un fento (helecho) que soamente existe nas Azores


Fotos de onte



Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

31 mar 2012

"Marea Negra" nas Fragas do Eume

Un incendio forestal está a arrasar as Fragas do Eume, un dano natural irreparabel.

Nas Fragas hai moitisimas especies forestais, acivros, carballos, castiñeiros, bidueiros, ameneiros, freixos, etc.. E un amplo número de especies animais, lobos, martas, gatos monteses, xabarís, corzos, e unha das últimas colonias de Pitas do monte (Urogallo). Tamén hai moitos insectos en serio perigo de extinción.

Cando se dea apagado o lume e chova, virá a segunda parte da catástrofe, as cinzas, estas correrán monte abaixo e rematarán por matar toda a vida do río Eume. Un río que xa padeceu cando a construción do corredor rápido a Vilalba, recordemos que os áridos remataron neste, causando que as súas augas cambiasen o seu PH natural, o resultado foi miles de peixes mortos, e posiblemente isto quedou na cadea evolutiva destes durante moitos anos



Fáiseme raro o amplo dispositivo de seguridade da Garda Civil, ao meu modo de ver é inusitado, o máis que me puiden achegar ao incendio foi a 4 km, á altura do cemiterio da Capela, moitas casas que nin por asomo corren perigo, nin pola distancia, nin polo vento, foron desaloxadas.

Teño subido ao cabo Prior estando ardendo, e teño estado na serra do Barbanza a escasos metros do lume, pero como o de hoxe nunca tal vin.

Quere a Xunta de Feijóo enmudecer o que está a acontecer na nosa terra?

A voceira de Medio Rural do BNG no Parlamento, Tereixa Paz, denunciou que a "traxedia" das Fragas do Eume "evidencia que os recortes de (Alberto Núñez) Feijóo e do PP na prevención e loita contra os lumes forestais teñen graves consecuencias".



Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

15 mar 2012

Manifestación en rexeitamento ao peche do Consultorio de Saúde da Graña

Manifestación realizada hoxe en Ferrol, en rexeitamento ao peche do Consultorio de Saúde da Graña. A Xunta do P€P€ e o Goberno Municipal de Ferrol seguen coa campaña de desmantelamento da nosa sanidade pública.


http://plataformadspferrol.blogspot.com/

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

15 feb 2012

CONCENTRACIÓN INFORMATIVA SOBRE A REFORMA LABORAL

DIANTE DA BRUTAL AGRESIÓN QUE PARA A CLASE TRABALLADORA SUPÓN A
"A REFORMA LABORAL" APROBADA POLO PP
A CONFEDERACIÓN INTERSINDICAL GALEGA

CONVOCA UNHA CONCENTRACIÓN O XOVES, DÍA 16 DE FEBREIRO ÁS 20,00 H. NA PRAZA DO HIMNO GALEGO EN ESTEIRO (DETRÁS DO LOCAL DO SINDICATO).

¡¡CONTRA REFORMA LABORAL, NON Á ESCRAVITUDE!! PARTICIPA COA CIG.


A central sindical convida a participar a todas as persoas interesadas en coñecer o alcance e as consecuencias que terá para a clase traballadora

A CIG convoca para este xoves, día 16 de febreiro, asembleas abertas nas distintas cidades galegas. A central sindical quere abrir así un debate social, para que se coñeza o alcance e as gravísimas consecuencias que terá a reforma laboral que vén de aprobar o PP, tanto para as condicións laborais e salariais da maioría da poboación, como no que supón de perda de dereitos. Nestas asembleas abordarase tamén a necesidade da convocatoria de folga xeral, que a CIG ten prevista para finais do mes de marzo, como única forma de frear, tanto esta reforma, como todas as medidas que xa se foron aprobando e as que se prevé que se impoñan a través dos orzamentos xerais do estado.

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

Domingo 19, manifestación contra a reforma laboral


Convocada polas centrais sindicais CCOO e UGT, convocáronse manifestacións en todo o estado o próximo domingo, 19 de febreiro, ás 12:00. O lema será ¡¡Non á reforma laboral!!. Segundo CCOO e UGT, a reforma laboral é inxusta cos traballadores/as, contraproducente para a economía, e inútil para o emprego. Como denunciou o secretario xeral de CCOO na súa comparecencia ante os medios de comunicación, xunto a Cándido Méndez, esta é unha reforma imposta polo Fondo Monetario Internacional, o Banco Central Europeo e os gobernos de Alemaña e Francia, e escrita coa pluma de CEOE e FEDEA, unha fundación ao servizo da banca española.

A mobilización de Ferrol partirá ás 12:00h, da Praza do Inferniño e concluirá na Praza de Armas.

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

21 ene 2012

Una parella con cinco fillos afronta un desafiuzamento por culpa do P€P€

Unha parella de Ferrol con cinco fillos protestou hoxe na porta do Concello de Ferrol, para denunciar o seu inminente desafiuzamento do piso en aluguer no que viven e non poden pagar.

A empresa Serviasistencia, adxudicataria do servizo de axuda a domicilio do Concello de Ferrol débelle á muller afectada 1.700 euros. A empresa non pode pagar esta muller porque o Desgoberno local do P€P€ non paga a débeda con esta

O marido desta señora, que exerce como mariscador, tampouco cobrou o que lle debe da Consellería do Mar polos traballos de rexeneración da ría que realizou.

Hoxe denunciaron no Concello de Ferrol que se encontran nunha situación límite. Da que é responsable evidentemente o desgoberno do P€P€, tanto o local coma o autonómico.

Xesús Anxo López Pintos, voceiro comarcal da CIG, asegurou que a central sindical non vai permitir "que a xente pase fame e que a administración non o solucione", porque "parece que para esta administración unha traballadora de axuda no domicilio é secundaria e un mariscador, un lumpen da sociedade,". "Non" imos permitir "isto e menos sendo a administración culpable subsidiaria disto"

http://www.europapress.es/galicia/noticia-pareja-cinco-hijos-protesta-posible-desahucio-piso-alquiler-viven-ferrol-20120120184240.html




Atopei este artigo dun ex-compañeiro de clase de José Manuel Rey Varela, merece a pena ler para facerse unha idea da personalidade deste individuo, disposto a todo co fin de medrar politicamente

José Manuel Rey Varela, "el peque"

Ayer iba por la calle Real y me crucé con "el peque". Él iba acompañado. Así que, como tantas otras veces, pretendió fingir que no me veía y, mientras concentraba su atención en su interlocutor, no podía evitar mirarme de reojo para comprobar cuando nos perdíamos de vista.
Para la vida pública, su nombre es José Manuel Rey Varela. Es el presidente del PP de Ferrol y fue concejal de Hacienda. Y supongo que habrá sido muchas cosas más.
De todas formas, creo que su historia la debo contar yendo desde el pasado hasta el presente; y no al revés.

Cuando estaba en 3º de EGB me cambié de colegio. Al comenzar el curso, mi profesora decía que nuestra clase era como una baraja española: había cuarenta alumnos y, cuatro de ellos, eran reyes (se apellidaban Rey, lógicamente). Así pues, entre nosotros, para distinguirlos, utilizamos motes. El de Rey Varela era "el peque".
No pasaba por ser un excelente estudiante. Más bien era tan tenaz como consciente de sus dificultades. Era tímido, inseguro y prefería pasar desapercibido.

Pasó el tiempo y, tras estar en clases diferentes en 6º de EGB, volvimos a coincidir en 7º. Una vez en Sociales la profesora preguntó "¿quien se estudió las capitales?" y todos nosotros contestamos afirmativamente. Sin embargo, la pregunta tenía trampa. Así que especificó: "¿quien se estudió las capitales del norte de África?". Cundió el pánico. Sólo 7 levantamos la mano. Doña Teresa nos ordenó salir al encerado y al resto le plantificó un señor cero.
Y allí estábamos los 7, unos al lado de los otros mirando a nuestros compañeros que acababan de ser amonestados y esperando el interrogatorio de doña Teresa. El azar quiso que "el peque" se situara a mi derecha.
Y empezó la primera tanda. Cuando le tocó a "el peque" su respuesta fue "eeeh..no la sé".
Luego, en la segunda tanda, cuando le tocó a "el peque", su respuesta fue "eeeh..no la sé".
Por última, en la tercera tanda, cuando le tocó a "el peque" su respuesta fue "eeeh..no la sé".
Cuando estaba terminando de contestar la capital de la tercera ronda que me correspondía, oí un sonido extraño, miré hacia mi derecha, y pude comprobar como "el peque" comenzaba a llorar. A los pocos segundos, el llanto fue notorio y se hizo público. Doña Teresa le preguntó que qué ocurría y, entre sollozos, "el peque" contestó que él había estudiado, que se había quedado en blanco, que había estudiado y que no quería que le pusieran un cero.
Desde aquel entonces, siempre quedó la duda de si "el peque" realmente se había estudiado las capitales del norte de África o no.

Una vez terminado el período escolar, nuestro contacto desapareció. La siguiente vez que tuve noticias de él fue en la universidad. Había elecciones en la universidad. Supongo que sería una especie de consejo escolar, pero a lo grande. El caso es que, lógicamente, los estudiantes tenían que escoger a otros estudiantes para que los representaran en el consabido órgano de decisión. Así que, un día como otro cualquiera, salí de clase y me fijé en un panfleto que estaba colgado en el corcho que estaba en la pared de enfrente del aula. Era la típica octavilla electoral; pero tenía un "añadido". Así que puse más atención al folio en cuestión. Me acerqué y leí: "José Manuel Rey Varela" y, a continuación, escrito con bolígrafo, "Karton, de vamos a dar unas hostias".

A las pocas semanas, coincidí con un amigo mío que también había sido testigo principal de la historia de la clase de Sociales de 3º. Así que le conté que "el peque" en la facultad era "Karton". Su respuesta no fue muy positiva con respecto a "el peque". Me contó que lo había visto mediado el curso cuando estábamos en COU. Que "el peque" había cruzado la calle y que le había dicho que era el mejor de su clase con diferencia. Que arrasaba y que sacaba unas notazas impresionantes. Que a él cómo le iba, y que estaba seguro de que sería muy difícil que le fuese mejor que a él. Mi amigo, sabiamente y consciente de que el tiempo pone a cada uno en su sitio, casi ni le contestó.
Al cabo de unos meses, y una vez conocidas las notas de selectividad, volvieron a coincidir por la calle. Pero esta vez, fue mi amigo quien tuvo que abordarlo ante la esquiva actitud de "el peque". Tras varios intentos por finalizar rápidamente la conversación, el tema de las notas de selectividad irrupió en su diálogo. Y "el peque" tuvo que reconocer que había sacado un 5; pero que estaba contento porque iba a estudiar lo que él quería. Cuando mi amigo le dijo que si tenía un 5 de media era imposible que durante el curso hubiera sacado tan buenas notas como él le había confesado unos meses atras, la respuesta de "el peque" fue "eeeeeh, bueno... tengo que irme"

Unos años después, y cuando "el peque" ya era concejal de Hacienda del ayuntamiento de Ferrol, el azar quiso que coincidiéramos varias veces por la calle. Yo iba a una clínica para recuperar mi maltrecha rodilla y, mientras yo esperaba a que me vinieran a recoger en coche, el camino de "el peque" discurría por aquella misma acera.
La primera vez hizo como que no me vio.
La segunda vez, se paró en el escaparate de al lado de la clínica para cerciorarse de si realmente era yo o no, pero no hizo gesto alguno.
La tercera repitió la actuación de la segunda; pero, tras cruzarnos las miradas varias veces, no tuvo más remedio que saludarme.
Las siguientes veces me veía desde la esquina y cruzaba la calle. Me miraba de reojo para ver si yo era consciente de su presencia. Apuraba el paso y se iba.

La última vez que lo vi, hasta el momento, fue ayer. Y otra vez lo mismo.
Otra vez esa mirada de inseguridad; de saber que yo estaba a su lado en la clase de Sociales; de saber lo de "Karton"; de saber lo de las notas de selectividad.
Esa mirada que refleja sus repetitivos y martilleantes "eeeeh" cuando habla en público: en una rueda de prensa, en un pleno del ayuntamiento, en una entrevista, en un mitín....
Ese castillo en el aire hecho rictus facial.
Esa mirada de ataco para defenderme y aniquilo para que no vuelvan a atachttp://www.blogger.com/img/blank.gifarme.
Pero él sabe que yo sé, y que sé mucho de él... o no... o qué sé yo...

http://donserafin.blogspot.com/2008/09/jos-manuel-rey-varela-el-peque.html








Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

21 dic 2011

Concentración no Parlamento de Galicia da Plataforma "SOS Sanidade Pública"

Máis de duascentas persoas manifestáronse hoxe mércores no interior e no exterior do Parlamento de Galicia, coincidindo co debate dos orzamentos galegos, para rexeitar a privatización e sistema de "Copagamento encuberto" da sanidade pública.

Dentro do Parlamento , os representantes da plataforma sacaban faixas co lema “Nin recortes, nin privatizacións”, entre os aplausos das bancadas da oposición, o que provocou a súa expulsión do pleno.


Nese intre @s deputados da oposición sumáronse á protesta, e recibiron de obsequio uns "kits de emerxencia" para usar cando Feijóo e Rajoy acaben coa sanidade Pública.


Fotos


Vídeo

http://mundogaliza.com/expulsan-do-parlamento-aos-representantes-da-plataforma-sos-sanidade-publica/

http://www.galiciaconfidencial.com/nova/9227.html


Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

27 oct 2011

Concentración na Defensa da Sanidade Pública en Ferrol

Entre 2000 e 2500 cidadáns, concentraronse hoxe na Praza de Armas de Ferrol, contra os recortes e privatizacións na sanidade, feitas polo goberno do P€P€ dende a Xunta de Galicia.

A manifestación foi organizada pola Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol, plataforma que acolle a uns 60 colectivos de Ferrol Terra.

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

21 oct 2011

"MAREA NEGRA NOS NOSOS MONTES"

Onte o DESGOBERNO da Xunta do P€P€ anunciou que iban redobrar a vixilancia nos montes.

TEÑEN NARICES, estas medidas consisten na activación de gardas de 12 horas continuadas. Cando a MERDO-XUNTA as había reducido a metade, deixando sen vixiancia aos NOSOS montes polas noites, e todo isto despois de quedar demostrado que o 80% destes lumes eran intencionados e provocados pola noite.

Un delito claro de PREVARICACIÓN por parte dos responsables da Xunta de Galicia

Entre o día 1 e o 19 deste mes de outubro, rexistráronse en Galicia 1.635 lumes, 689 na provincia de Ourense, 377 en Lugo, 348 en Pontevedra, e 221 na Coruña.

Unha catástrofe ecolóxica que xa calcinou máis de seis mil hectáreas.

"UNHA MAREA NEGRA NOS NOSOS MONTES"

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez ao ser perguntado por un medio resposta deste xeito

"Non ía andar eu coa mangueira"

E restou importancia á súa decisión de acudir o pasado martes ao Santiago Bernabéu para ver un partido do Real Madrid, neses intres tiñamos 400 lumes en Galicia.


Feijóo, vinculou a vaga de lumes rexistrada en Galicia nos últimos días "cun problema de delincuencia e de orde pública", e pediu a oposición a estar "á altura" para combater "aos verdadeiros culpables"

¡¡TÓCATE OS PÉS!!
ESTAR A ALTURA DI O MONA ISTE, O QUE HAI QUE ESTAR A ALTURA É PARA PROTEXER A TERRA E DISPOR DOS MEDIOS PRECISOS PARA PROTEXELA.

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

9 jul 2011

Acto de confraternización cos traballadores-as do CEIP San Xoán de Filgueira

Continua o peche no CEIP San Xoán de Filgueira,contra os recortes e os despedimentos programados pola Xunta do P€P€.

(O peche comenzou o pasado 30 de Xuño)


Dende o texido asociativo,sindicatos,e outr@s compañeir@s,faise un chamamento para mañá acompañal@s nun xantar de confraternización,coas persoas alí pechadas.


Pregase que cada un de nos leve "un algo"