Realizado en réxime de autocovocatoria por diversas formacións políticas, e asociacións da cidade, non logrou reunir máis de 150 persoas. Os convocantes deberan facer autocrítica e sacar conclusións desta penosa convocatoria.
"Outro dos convocantes"
Trátase do "extravagante" Sr. Manuel Cebral, persoa "anti-sistema" que supostamente ten unha asociación, aínda que leva toda a súa vida recollendo en solitario firmas para sabe o Demo que. Este Sr. foi unha das moitas persoas estafadas co engano das preferentes, enganado quizais polo substanciosos que parecían tan elevados tipos de interese.Pois nada, nin curto nin preguiceiro, apareceu cun sistema de audio tremendo, e debeu pensar; Xa que os traballadores do naval mandaronme calar na asemblea que realizaron, pois agora voume estender, e largouse un monólogo insufrible pero á vez cómico de 20 minutos. Durante o mesmo, o Sr. Manuel Cebral, conseguiu subir a súa audiencia a limites insospeitados, unha espectadora!!, coa cal fixo boas migas e acabou compartiu micro, entre ambos os dous lograron tapar a voz da compañeira que daba lectura ao manifesto unitario.
This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.
