Mostrando entradas con la etiqueta A Revolta. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta A Revolta. Mostrar todas las entradas

3 sept 2014

Liberdade de Bastida, coa axuda de tod@s obxetivo cumplido

No nome do CCE ¡ 
GRAZAS! 
A axuda solidaria impedíu a entrada de Bastida no cárcere O CCE manifesta o seu agradecemento a todas as persoas, que de forma individual, e a todas as formacións políticas e entidades cívicas (EU, Anova, Espazo Ecosocialista, A Revolta de Trasancos, Fuco Buxán, Colectivo Artabra 21, Adega, Plataforma de veciños “O Cruceiro de Mehá”), que de xeito colectivo, contribuiron coa súa axuda solidaria, a alcanzar os 4.995,25 €, cos que se cubríron con creces os recursos necesarios para impedir que Bernardo Bastida entre no cárcere.

O CCE promoveu, en maio do 2007, a acción pola que foi condenado Bastida, o bloqueo da entrada na Ría do primeiro gaseiro cargado con GNL, nela participamos centos de persoas e a través da cal transcendeu mais aló da nosa comarca a barbaridade da planta de Reganosa, rompéndose os muros de silencio que invisibilizaban a nosa loita. Unha loita colectiva non podía admitir a condena dun só compañeiro, así o entenderon as persoas e entidades que mostraron a súa corresponsabilidade en apoio solidario.

Catorce anos de loita, de mobilización permanente en defensa da vida, da legalidade e da Ría. O caso da Planta de Gas de Reganosa é un proceso continuado de corrupción política-financieira. O pasado 18 de Xullo, celebrábamos a 8ª Marcha a Pé a Mugardos baixo o lema “ Móvete contra a impunidade”. Rexeitada polo Tribunal a autoinculpación de decenas de persoas que participamos no bloqueo da Ría, é indignante observar a condena de Bastida, namentres os corruptos, os responsables de tamaña barbaridade campan con total impunidade. Algúns son premiados incluso, como Jose Luis Mendez ex-Presidente de Caixa Galicia, no Consello de Administración de Reganosa.

Nestes últimos tempos o Comité Cidadán de Emerxencia, ten que facer fronte a outra dificultade engadida. O Goberno do PP, de Rajoy e de Gallardón, promoveron una contrarreforma xudicial ( novas taxas etc…) coa que tentan impedir o acceso da cidadanía á xustiza e favorecer así a impunidade das grandes empresas e corporacións, como é o caso de Reganosa. O CCE, que promove a mobilización permanente, con concentracións a cada entrada de gaseiro cargado con GNL na Ria, ten interpostos varios contenciosos xudiciais contra a planta de gas de Reganosa. O seu sostén require agora de máis recursos económicos, de aí que prosigamos coa campaña para a obtención dos mesmos e o sobrante do recaudado para salvaguardar a liberdade de Bastida se destine a este fin.

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

21 may 2014

O Encontro Social de Ferrolterra debe a un compañeiro 332 € hai máis de ano e medio

O compañeiro afectado é o Sr. Maceira, que adiantou no seu día esta cantidade de diñeiro para o cambio dunhas pechaduras. Baixo o compromiso de que este diñeiro repoñeríaselle en breve, pero pasado máis dun ano e medio aínda non lle deron nin 1 €.

Dende o Encontro Social, actualmente composto pola a.C Fuco Buxán, A Revolta de Trasancos, e o Colectivo Ártabra21, o Sr. Inácio dille; que ese diñeiro o ten a Sra María Xesús, (actualmente desactivada da loita social) e ela alega que soamente ten 100 € que se recadaron.

Non entendo como o Encontro Social non repón esta débeda, como tampouco entendo que fai esta Sra cun carto que non lle pertence, soamente espero que a este bo compañeiro repoñaselle a cantidade integra que se lle adeuda.

Anexo (7-06-2014): 
A Sra María Xesús acaba de darlle a este compañeiro 130 € que pertencian ao "Encontro Social".

Só quedan 202 € por repoñer, agardemos que sexa máis pronto que tarde!!

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

20 feb 2014

Resumo da Asemblea "MARCHAS DA DIGNIDADE 22 M"

Pequeno resumo da Asemblea.

Nesta démonos cita unhas 50 persoas de distintos colectivos e ideoloxías, á parte doutras a título persoal.

VIAXE:

O compañeiro Daniel, que participa a título persoal, expuxo a única opción coñecida ata o momento, esta sería partir nun tren dende Coruña, o custo do billete 50 €, co inconveniente de que habería que sumar o desprazamento Ferrol-Coruña-Ferrol, sobre 18 € en caso de facelo en autobús.

Outra das opcións é fretar autobuses dende Ferrol, pero a día de hoxe ninguén realizou esa consulta, (en breve poderemos dar datos a este respecto).

Houbo un par de ideas para intentar sufragar ou rebaixar o custo do desprazamento; 


A primeira delas realizouna Lupe Cés, de A Revolta, dicindo que se podía contactar con xente que estivese concienciada coa Marcha a Madrid, pero que non puidese desprazarse, para que estes "apadriñasen" a viaxe doutra persoa que quere ir.

A segunda faina Daniel, o compañeiro que realizou ao principio da Asemblea a pequena introdución, e expuxo que existe a opción "proposta na rede" de comprar camisetas do evento a 3,50 € para vendelas e acadar financiamento.

Referente a esta opción, propuxen, e "propoño de novo", que calquera colectivo que opte por este método de financiamento, baixese os logos da rede e que encargue as camisetas en imprentas da bisbarra. Sería indecente compralas en Vigo cando temos en Ferrolterra empresas que realizan ese traballo e o están a pasar moi mal.

MANIFESTACIÓNS DOS DÍAS 26 E 27 DE FEBREIRO EN APOIO ÁS MARCHAS DA DIGNIDADE:


Neste sentido pecháronse algúns puntos:

O primeiro deles, aprobado por unha votación unánime, foi realizar unha pancarta unitaria co lema usado no Manifesto das Marchas.


PAN, TRABALLO E TEITO!!
MARCHAS DA DIGNIDADE 22 M TOD@S A MADRID!!

O segundo é no referente á publicidade do evento, este correrá a conta de cada colectivo, realizando fotocopias do Cartel. Neste senso, Suso Basterrechea, de EU, ofreceuse a facilitar uns carteis que recibirán en breve.

O terceiro foi sobre a información a repartir, mentres un compañeiro se decantou por dar o Manifesto elaborado a nivel nacional, Lupe Cés propuxo, acertadamente, que se repartise un pequeno panfleto informativo sobre as Marchas, e como apuntarse a elas, xa que o Manifesto xa ía ser lido para tod@s.

Referente o audio, Pablo Portero, de Fuco Buxán, dixo que pono esta Asociación.

**A próxima xuntanza terá lugar o luns, 3 de marzo, ás 18:30 h no Centro Cultural Carvalho Calero (Inferniño). Acaban de comunicarme que mudouse o lugar e a hora, para o mesmo día, luns 3 de marzo,  pero no Centro Cívico de Caranza, ás 18:00 h 

 Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

27 may 2013

"Carga de Dignidade"

Parte do colectivo de artistas e creadores que levaron a cabo a “Burla Negra” pola catástrofe do Prestige, agrupados agora en “Radio Buguina” estarán o próximo domingo na porta principal de Navantia Ferrol, no barrio de Esteiro, para organizar, de 11 a 14.00 horas, unha "acción artística popular". 

Trátase de seguir o exemplo daqueles traballadores/as dos Astaleiros, que nun arrouto de dignidade penduraron os seus buzos de traballo na reixa da factoría. 

Por todo isto, ante a crise e ataques sociais que padecemos, decidimos rematar este “Monumento á Dignidade”, chamando a toda a cidadanía galega e de Ferrolterra, a pendurar súas pezas de roupa na reixa da factoría. 

O acto estará retransmitido en directo por Xurxo Souto para Radio Buguina, que fará de locutor - animador do evento, realizando entrevistas ao vivo.

Tamén se amenizará o mesmo con distintas actuacións, tanto poéticas coma musicais.

Organizan:

Comités de Empresa de Navantia e delegados/as da Industria Auxiliar. 

Sindicatos: 

Comisiones Obreras (CC.OO), Confederación Intersindical Galega (CIG), Unión Sindical Obreira (USO), Union Sindical de Traballadores de Galicia (USTG), Unión Xeral de Traballadores de Galicia (UXT-UGT). 


Partidos políticos:

ANOVA, Bloque Nacionalista Galego (BNG), Compromiso por Galicia (CxG), eQuo, Espazo Ecosocialista Galego (EcoSoGal),Esquerda Unida (EU-IU), Partido dos Socialistas de Galicia (PSdeG-PSOE).


Outros colectivos sindicais e movimentos políticos:

Asociación Unificada de Militares Españois (AUME), Mocidade Nacionalista Galega (MNG), Sindicato de Estudantes,Sindicato de Traballadores do Ensino de Galiza (STEG).


Asociacións e Colectivos:

Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), A. C. Fuco Buxán, A. C. Lefre de Caldereta, A. C. Lendo Poesía, A. C. Medulio, Asociación Galega de Vitimas do Amianto (AGAVIDA), Asociación Memoria Histórica Democrática, Ateneo Ferrolán,Colectivo Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos, Colectivo Ártabra 21, Colectivo Sociocultural A Revolta de Trasancos, Federación Veciñal de Ferrol (Roi Xordo), Marcha Mundial das Mulleres, Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública Ferrol, Rádio FilispiM.

Manifesto



Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

22 jun 2012

Lumeirada d'A Revolta


Este Sábado 23 de Junho, desde as 18hs. a disfrutar da LUMEIRADA 2012.
Chouriços, Sardinhas, Vinho, Cerveja ... Música. E MOITA FESTA!!!
Donde sempre, na Rua do Moinho de Cartagena.
No Campo de Terra Batida na Ribeira de Caranza.


http://a-revolta-de-trasancos.blogspot.com/

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

21 may 2012

Acto UNITARIO na defensa do galego.

Onte celebrouse na Praza Rosalía de Castro (San Xoán) a homenaxe e ofrenda floral na figura da ilustre escritora galega.

Neste acto participaron distintas Asociacións e colectivos de Ferrol, entre eles; Toxos e Froles, Fundaçom Ártabria, Ateneo Ferrolán, Asociación Cultural Fuco Buxán,Colectivo Sociocultural A Revolta de Trasancos, Asociación Lazos Pro Solidariedade, e a Asociación Sociocultural López Bouza.

O QUE NON SE PODE SILENCIAR..
Non se entende como o BNG non participou deste acto, e non o digo neste caso puntual, acontece nunha chea de ocasións. Actos no que o referente é de marcado carácter GALEGO, e co partido nacionalista lles da as costas.

Cumpre que fagan unha ampla reflexión interna, e máis cando un partido de ámbito estatal como é Esquerda Unida ven participando deles, a pesares de non ter o número de militantes co que conta o BNG en Ferrol.


Estes actos son capaces de dar posto de acordo a asociacións e colectivos dispares entre si como os que fixeron o acto, e todos cunha finalidade en común, a defensa do idioma galego e a identidade como pobo.



Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

18 may 2012

1ª XORNADA COMUNITARIA POLO FUTURO DO NOSO MERCADO

Sábado 19 de maio, de 11:00 a 1300, no Mercado de Caranza

1ª XORNADA COMUNITARIA

PASADO, PRESENTE E FUTURO DO NOSO MERCADO


Mañá, sábado vaise desenvolver a 1ª Xornada comunitaria para a posta en valor e visibilización da problemática do Mercado de Caranza, tendo como protagonistas aos veciños e veciñas do barrio, aos propios operadores e operadoras, e contando co asesoramento técnico do Colexio de Arquitectos. Esta dinámica comunitaria pretende desenvolver solucións viables, a este espazo público que desde hai tempo se encontra nun estado lamentable e infrautilizado. Quérese despertar o interese tamén da institución municipal, para efectivizar unha intervención da mesma neste espazo, pero que esta teña en conta as reflexións, necesidades e alternativas elaboradas polos veciños e veciñas.

Esta 1ª Xornada desenvolverá o seguinte programa:

Visita-charla-debate cos arquitectos:

Toni García.
Miguel Raimúndez.


*Proxección de documentais:
A VIDA NO MERCADO

*Panel de ideas
*Exposición de traballos escolares


Lugar: Mercado de Caranza
Horario: de 11 a 13hs

Colaboran:
Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia
Asociación de Vendedores e vendedoras do Mercado de Caranza

Organizan:
Asc. Sociocultural López Bouza
Asc. Cultural Fuco Buxán
ANPA IES Carvalho Calero
ANPA CEIP Manuel Masdias
Colectivo Sociocultural A Revolta de Trasancos

Despois da última Asemblea de Barrio de Caranza, cinco entidades de Caranza acordamos encetar un camiño en conxunto de dinamización do barrio, MOBILIZACIÓN SOCIAL e posta en valor dos seus recursos, urbanísticos, de servizos, comerciais, paisaxísticos, humanos, culturais, ... é por iso polo que entre outras actividades, das cales daremos puntual información, acordamos celebrar esta 1ª Xornada Comunitaria sobre o Mercado de Caranza e os Espazos Públicos.

Pregamos Difusión. Moitas Grazas.

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

23 jun 2010

LUMEIRADA DA REVOLTA 2010

O Colectivo Sociocultural A Revolta de Trasancos, organizamos, como é habitual desde há já 13 anos umha lumeirada para celebrar o solstício de verám. O lume vai ser o grande protagonista nesta noite meiga e de divertimento, onde celebraremos a chegada do verám, na noite mais curta do ano. Outro dos protagonistas vai ser, nesta ocasión, o Povo Saaraui, pois a recadaçom que se consiga na festa vai ir íntegra para o programa "Vacacións en Paz", programa no que participam algúns integrantes d'A Revolta.

O Solstício de Verám 2010 celebraremo-lo prendendo lume a umha grande fogueira, mas nom faltará a festa com sardinhas, chouriços, pam, vinho, cerveja, danças, música...

Como nom podia ser doutro jeito, a Lumeirada d'A Revolta 2010, vai ter lugar a Quarta-Feira [Mércores], 23 de Junho, na ribeira de Caranza, nas imediaçons da Rua Cartagena, no antigo campo de terra batida, desde as 6 da tarde até a madrugada do dia seguinte.

* Nove veces há que saltar a fogueira recitando os benefícios que queres ou os males que queres espantar, para que cumpra o lume os seus poderes na noite meiga.
* Mas também há quem pom o cacho da noite das lumeiradas, ervas medicinais e aromáticas com água, deixadas numha tina ao rocio da noite, para o asseio purificador da manhá.

Nom faltes!
Colectivo Sociocultural "A Revolta" de Trasancos

http://a-revolta-de-trasancos.blogspot.com/


Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio