Mostrando entradas con la etiqueta 15M. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 15M. Mostrar todas las entradas

6 feb 2014

Presentación do libro "Lembranzas dunha vida", de Francisca Rodríguez Cabanas.

Maña venres, día 14 de febreiro, ás 20:30 h. no local da Fundaçom Artábria, terá lugar a presentación do libro "Lembranzas dunha vida", coa presencia da súa autora, Francisca Rodríguez Cabanas.

Francisca, coa súa "nova madurez¨", é unha gran activista social, foi un dos rostros máis entrañables do 15 M de Ferrolterra, sen dúbida unha desas "mulleres galegas con causa".



"Agarimosa amostra de experiências vitáis, através de relatos fugazes, que refletem as vivências de umha mulher, nada nos anos trinta do século passado. Lembranças que nos levam por corredoiras antigas do Reino da Galiza. Pinceladas duras da dura vida no rural; a escola, a dura procura de recursos, os casamentos de familiares, a cozedura do pam, os banhos nas praias, os desastres da tuberculose, lembrando as costureiras, a matança do porco, os nascimentos e a morte através dos conhecidos, etc, etc. Documento etnográfico, com mais de noventa pequenos fragmentos de outros tempos que, apesar da morrinha de alguns e de algumhas, nom voltarám mais. Outra estimada aperta à Cultura Galega."

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

11 may 2012

Xornada de Indignación mundial

Mañá farei un resumo do que aconteza en Ferrol na xornada #12M, coma sempre asistirei Ceibe e Indignado.

Mañá 12 de maio, a cidadanía sairá á rúa para reclamar un sistema xusto onde todas e todos poidamos ser parte da toma de decisións políticas, económicas e sociais. Baixo a escusa da crise, a pouca soberanía que tiñamos, estase a ver sacrificada en aras do poder económico. O 12M nos mobilizamos polos dereitos e liberdades, contra o recortes, e porque nós non creamos a crise e non pensamos seguir pagando-a. Non nos vamos resignar! E por todo isto, reclamamos:

Democracia directa, participación e asemblearia. Que os nosos dereitos vaian a máis, nunca a menos.
Nin un euro público máis para a banca. Auditoría cidadá da débeda pública.
Educación, sanidade e servizos sociais públicos, gratuítos de calidade e laicos. Non aos recortes no gasto público e á privatización destes servizos.
Reparto do traballo, salario digno e retirada da reformas laborais.
Dereito á vivenda digna, dación en pago retroactiva, parque público de vivendas en alugueiro social.
Reforma fiscal que redistribúa a riqueza que producimos entre todas. Que as necesidades básicas estean garantidas de xeito universal.
Estas son só parte das nosas esixencias, e este 12M, CONVIDAMOS-VOS A PARTICIPAR coas vosas, na PRAZA DE ARMAS EN FERROL, nunha XORNADA GLOBAL de xustiza social, onde todos os colectivos e persoas esteamos xuntas na rúa.

12M FEIRA DE COLECTIVOS

Trata-se dunha xornada na que dende las 12:00h. e ata a hora que queiramos, cun xantar popular polo medio de 14:00h. ás 16:00h, dedicaremos-nos a mostrarlle a todos aqueles que aínda o descoñecen, as alternativas que temos ao fracasado sistema no que vivimos, e consistirá nunha serie de POSTOS INFORMATIVOS MONTADOS POLOS DISTINTOS COLECTIVOS ou a nosa colaboración, e especializados cada un nun tema, que informarán das distintas maneiras, xa existentes, para participar na construción dunha sociedade xusta e solidaria. Tratase de atraer a atención da xente nos tema das mesas e crear grupos de debate temáticos, tratando de implicar a xente activamente, traballar as accións concretas e proporcionar os recursos para levalas adiante.

12M MOBILIZACIÓN

Ás 18.00h., comezará a MOBILIZACIÓN na Praza de Armas, e no remate da mesma, haberá unha asemblea a micro aberto. Se anunciarán as asembleas temáticas situadas nas mesas e se explicará a problemática e as alternativas que se presentan.

Algúns dos temas propostos para participar en toda a xornada xiran entorno a: desemprego, educación, sanidade, inmigración, feminismo, medio ambiente, sostenibilidade, medios de comunicación e software libre, desenvolvemento da cultura e lingua galega, economía e política, agricultura e soberanía alimentaria, participación cidadá, e outros temas e accións dos moitos que todos vos estades a levar adiante e seguro que queredes plantexar.

Proporemos a realización de actividades como teatro social, pasarruas, música en vivo ou monólogos e se queredes sumar-vos, convidaremos-vos dende a asemblea a continuar cunha agradable velada na praza.

Facemos un chamamento xeral a tódolos colectivos interesados en participar e agradeceriamos que acheguedes unha confirmación COAS VOSAS POSIBILIDADES OU DESEXOS DE PARTICIPACIÓN ata o xoves desta semana, sen pechar que vos acheguedes alí mesmo, no 12M, en calquera momento do dia.

MESAS REDONDAS 13M, 14M E 15M.

Tamén vos animamos a participar nas mesas redondas que temos organizado para os dias 13, 14 e 15 de maio as 18 horas na Praza de Armas nas que se trataran os seguintes temas:

13M “Recortes dos dereitos laborais e civís, e democracia participativa”
14M “Recortes sociais, sanidade, educación, feminismo, emigración.”
15M “Sostenibilidade e alternativas ao desenrolo”

SAE A RÚA FAITE OÍR XUNT@S PODEMOS!!!!!!

http://tomaarua.blogspot.com.es/

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

10 mar 2012

Ofrenda floral no "Monumento 10 de marzo", e manifestación do "Día da Clase Obreira Galega"

Ofrenda floral no "Monumento 10 de marzo", e manifestación do "Día da Clase Obreira Galega" CIG



Ofrenda floral no "Monumento 10 de marzo", e manifestación do "Día da Clase Obreira Galega" CC.OO




A ofrenda floral de CC.OO aos compañeiros Daniel e Amador, viuse enzoufada pola actitude de "cinco" que cren ser o "15 M".

Portaban unha pancarta na que se podía ler o lema "Toxo, Mendez, Traidores". Non tería maior importancia se a pancarta a soubesen levar con dignidade (pois non minte, e de feito xa a usaron o pasado día 19) pero tentaron cobrar un protagonismo que non teñen na rúa, como é de supor, foron recriminados, un deles ata tivo sorte de que non lle rompesen a cara.


O "15 M" somos todos os que saímos á rúa a indignarnos, non é patrimonio destes cinco.

A falta de respecto por parte destas persoas, na ofrenda floral aos compañeiros Daniel e Amador non ten desculpa.



Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

12 nov 2011

Xogando a "Pita Cega"

O discurso fundacional do 15 M dende o primeiro día, puido parecer ambiguo para moit@s dos que cremos ter as cousas claras, pero nada máis lonxe da realidade, foi un traballo de elaboración de meses, no que o márquetin primou dende o principio.

O discurso que nos asustaba “Non somos nin de esquerdas nin de dereitas”, tiña unha finalidade, captar a tod@s @s “Indecis@s” posibles cidadáns sen formación nin vocación político-sindical, que nunca trataran antes estes temas, pero que na realidade lles afectaban tamén.

O márquetin era primordial, sabendo “colocar” algunhas frases nun discurso fácil e asumible. Estivo moi ben estruturada a "fórmula", unha vez se lle abren os ollos aos “Indecis@s” nada os faría dar marcha atrás nesta loita, o "chiscadela" estaba feito.

Esas frases falaban de; “Consumidores infelices”, “Felicidade das persoas”, “Benestar da sociedade”.A palabra “Progreso” utilizouse 2 veces, “Desenvolvemento” outras 2, “Sociedade” utilízase en 5 ocasións, e tamén se di “Social” 2 veces.“Unha sociedade mellor”, “Prioridades de toda sociedade avanzada”, “Procurando o maior beneficio para o groso da sociedade”, “Benestar da sociedade”.

Un éxito, @s “Indecis@s” xunto con milleiros de cidadáns que levaban tempo loitando desde distintas frontes sociais xuntáronse na Praza de Sol. O márquetin funcionou, foi un éxito, “inventouse” a figura d@ “Indignad@”

Este discurso, trasladado á Praza de Armas, en Ferrol, non gustou moito entre a xente que viña loitando hai tempo pola dignidade social. As persoas que levaron as rendas nun principio quizais non foron as idóneas. Estaba unha procuradora dos xulgados, un ex empresario con “moito pasado”, e tamén estaba o ex presidente da AVV de Ferrol Vello, entre outr@s, pero é o que había. En cambio algo novo se movía, e podía valer a pena TENTALO.

@s que nos cremos de esquerdas permanecemos na periferia do movemento, algúns sumábanse a pés xuntillas, con medo a tanta ambigüidade, @s de esquerdas pensabamos a “Revolución”. Pero bo, a “falla de pan”, tampouco viña mal quitar o poder “democráticamente” aos neoliberais do P€P€-P$O€.

Os Anarquistas, aínda viron máis ambigüidade, ao fin e ao cabo, soamente se falába de “reformas”, para nada cumprían as expectativas libertarias. Creo que o único que lles gustou, foi o sistema aberto e asembleario do 15M.

Pero tod@s INDISTINTAMENTE das nosas tendencias, estabamos con eles, tod@s eramos uns/has “Indignad@s” máis, e fómonos aproximando a este movemento. A rúa tiña vida, debate e política por todos os lados, até creo que se facía un labor terapéutico psicolóxica con moita xente que se sentía en soidade e necesitaba comunicarse. Era difícil eses días non falar do “15 M”.

Uns preferimos participar distantes, outr@s esporadicamente, e outr@s involucrámonos en maior ou menor medida neste proxecto. Fixéronse charlas moi interesantes, sobre a “vivenda”, “banca”, “idioma”, “experiencias de ocupación”, “reforma laboral”, “morte digna”, “pacto do euro”, e algunha que outra máis. Á parte de tratar todo tipo de problemas que nos expón o “estado do malestar”, “sanidade”, “educación”, “Reganosa”, etc..

¿Por que non arrinca en Ferrrol o 15M?
O márquetin.
Non souberon abrirse á realidade social, pensaban que tendo 1.252 seguidores no Facebook xa bastaba para mobilizar á xente, pero precisamente nas redes sociais viñan os problemas, era onde estaban a facer máis debates que na propia Praza.

A rede social soamente tería que usarse con fin informativo, dinamizador, soamente debíase publicar o aprobado e consensuado.

A realidade social actual, é que somos maioritariamente CONSUMIDORES. Nesta sociedade de consumo somos mercadoría e rexémonos como autómatas.

E o “Producto 15M” chegaba ao consumidor/ra “enzoufado”

O idioma.
En Ferrol, tardouse case 4 meses en facer do 15M un movemento realmente bilingüe, en ningún momento souberon ver que as agresións ao galego eran un conflito social e un tema de especial sensibilización para a esquerda. Algúns facían un esforzo grande para conciencialos, e utilizábano sempre. Pero tiveron que pasar eses 4 meses para poder ver recollidas as actas tamén en Galego

A división
Por unha banda quedaron @s acampad@s, que realizaban as asembleas na praza, e doutra banda estaban @s que se denominaban “Democracia real xa”, estes utilizaban cafetarías para ter os seus encontros, nun principio eran os mal chamados “precursores” (A procuradora, o ex empresario, o ex presidente veciñal e outros poucos), aos que se foron sumando outr@s poucos máis, esta xente xa tiña máis capacidade de entender a realidade social na que nos movemos. E a poucos, foron gañando o terreo aos “precursores” que ou retiraronse ou participan en menor medida.Pero sen dúbidas, o “15M” xa se partira en dous. Mesmo no Facebook a Acampada Ferrol tivo que facer a súa propia páxina.

Dividir.
Como o debate se viu trasladalado na súa maioría a internet, creáronse ferramentas de comunicación novas, esas ferramentas obrigaban moitas veces a ter que rexistrarse. Creando á forza unha exclusión participativa.

Falta de captación e estructuración.
Moita xente da que participou na praza deixoulla escapar, xente con discurso político, coas ideas moi claras. Non souberon facel@s parte disto, darlles un papel.
Á hora de conformar os grupos de traballo, estes creáronse apuntándose a man alzada en asembleas. Asembleas ás que non podía asistir toda a xente. Había xente que se apuntaba a catro grupos de traballo e outros que non se apuntaban a ningún. Formáronse grupos de traballo, que ían desde un grupo con 7 persoas a outro con 2 soamente. Non se expuñan o crear un Mapa de Conflitos e cubrilo coas necesidades acordes para que cada grupo de traballo puidese funcionar autónomamente.

Ese Mapa de Conflitos chegouse a realizar, á hora de ir estudalo e aprobalo, soamente asistiron 5 persoas.

MÁIS CONCLUSIÓNS PERSOAIS

Desde o primeiro momento algunha xente pensou que o “15M” eran eles, algún/ha ainda o pensa. Pensaron que @s “Indignad@s” soamente eran os que se vían as caras todolos días.

“Que non veñan estes”, “Que non veñan aqueles”, “Que non se fagan con isto”, “Que non digan”, “Que non..que NON”

E nada máis lonxe da realidade, cando a Praza tivo realmente vida foi cando dende distintos colectivos, asociacións, sindicatos, e atrévome a dicir que até partidos políticos, fixeron ese chamamento á CONVERXENCIA

É PRECISA ESA CONVERXENCIA SOCIAL POLA INDIGNACIÓN, E PODER XUNTARNOS TODOS BAIXO O PARAUGAS DO “15M”, NUNHA LOITA COMÚN POLA DIGNIDADE SOCIAL.

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio