Mostrando entradas con la etiqueta sanidad. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta sanidad. Mostrar todas las entradas

17 mar 2015

Mobilizacións na defensa da Sanidade Pública

O vindeiro xoves 19 de marzo SOS-Sanidade Pública convoca mobilizacións en todas as áreas contra os recortes e as políticas de desmantelamento e privatización da Sanidade Pública.


Actos confirmados:

BURELA. Hospital da Costa. 20:30h.

OURENSE. Subdelegación do Goberno (Parque de San Lázaro), 11h.

O BARCO. Hospital Comarcal Valdeorras. 20h.

PONTEVEDRA. Hospital Provincial 20h.

BARBANZA. Ribeira, Praza do Concello, 20h.

SANTIAGO. Praza do Toural, 20h.

FERROL. Praza de Armas, 19h.

VIGO. Praza de España, 20h.

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

26 mar 2014

"Dous millares" na defensa da sanidade.

Apenas dous millares de persoas, secundaron a manifestación na defensa da sanidade pública, celebrada hoxe en Ferrol.





Onde ... están @s 17.000 compañeir@s desempregad@s?.

Confunden os 420 euros do subsidio coa Renda básica de subsistencia?.

Cren co pensionista ao que estanlle a "tirar da teta" vai estar sempre aí?.

Ou non será que as convocatorias chegan soamente ás mesmas persoas?. Porque non se explica tal fracaso.



Antes, e durante o franquismo, os panfletos tirados en imprentas manuais chegaban a todo o mundo, isto debíase aos limitados avances tecnolóxicos da época, que malia ser escasos, e caros, facíase este traballo, e funcionaba. Isto era porque as persoas encargadas de por en funcionamento os aparatos de comunicación, traballaban, eran xentes dispostas a dar o seu tempo e xogarse a vida por outra sociedade máis xusta. Actualmente, e co frenesí tecnolóxico, cada fogar é un "parque temático", á parte de todas as consolas e reprodutores multimedia que temos, dispoñemos dunha ampla variedade de vías de comunicación; infinidade de canles televisivas; diarios dixitais de todo tipo, e páxinas web de contra información; redes sociais; plataformas de comunicación por internet (Wasap, Line, WeChat, etc...) Si as ferramentas están aí, e son gratuítas.....  só hai que usalas e traballar!.

Si enriba de fodid@s imos aburrirnos... mal imos..  A quen non lle apetece un pouco de Rock and roll?

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

24 mar 2014

Mércores 26 de marzo, Manifestación en Defensa da Sanidade Pública

Manifestaciòn en Defensa da Sanidade Pública, apoiada pola Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública e convocada polos diferentes sindicatos da Sanidade. 

MÉRCORES 26 DE MARZO ÁS 18:00 H. DESDE A PRAZA DE ESPAÑA


Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

27 feb 2014

Dous compañeiros da CIG-Saúde de Ferrol, detidos por non querer identificarse ante a policía nacional.

Texto recollido da páxina web do sindicato:

Compañeir@s agardando ás portas da comisaría
Representantes da CIG-Saúde de Ferrol foron desaloxadas/os este mediodía do Hospital Arquitecto Marcide, tras protestaren contra as políticas privatizadoras do PP coincidindo coa visita da conselleira de Sanidade. Dous membros da central sindical foron trasladados a comisaría para proceder á súa identificación, onde aínda continúan.

A Xunta de Persoal do Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol recibiu onte a convocatoria dunha xuntanza, ás 13:00 horas de hoxe, coa conselleira de Sanidade. A CIG e CCOO decidiron non asistir á reunión, considerando que a proposta chega tarde, porque tras moito demandar cambios nas políticas privatizadoras do PP e que se poña freo aos recortes orzamentarios, de persoal e de dereitos a consellaría non fixo mudanza algunha.

Por iso prepararon uns panfletos e concentráronse diante do Salón de Actos do centro hospitalario, xunto con outras traballadoras e traballadores, para repatilos, impedindo o acceso da conselleira.

Ante a protesta, a conselleira foi trasladada ao despacho do Xerente, a onde se dirixiron tamén os representantes sindicais. A eles se dirixiu o Xerente, indicando que tiñan que aproveitar a presenza da conselleira para falar con ela e asegurando que non entendía como impedían a celebración da xuntanza.

Ás 14:00 horas, estaba prevista outra reunión, de novo no Salón de Actos, con mandos intermedios do hospital e as/os representantes da CIG e CCOO regresaron á entrada do mesmo para repatir tamén entre este persoal os panfletos informativos.

Unha vez alí a policía autonómica indicoulles que se continuaban coa protesta procederíase ao seu desaloxo. As/os representantes de CCOO optaron por retirarse e as/os representantes da CIG-Saúde continuaron co acto de protesta e repartindo panfletos

Posta en liberdade dos compañeiros 
De contado uns 15 policías autonómicos procederon ao seu desaloxo, pero continuaron manifestando a súa oposición ás políticas sanitarias do Partido Popular no exterior do centro hospitalario.

Tras do desaloxo, persoal sanitario do Arquitecto Marcide tras ver como desaloxaban ás súas/seus compañeiras/os, baixou á entrada principal do hospital para manifestar a súa solidariedade, berrando desde o interior do centro “Non á represión”.


Entre mentres chegaron 15 efectivos máis, desta volta da Policía española, e procederon a solicitar a identificación de todas as persoas presentes na concentración da CIG-Saúde. Porén, dous compañeiros da CIG de Ferrol que non se identificaron foron trasladados á comisaría onde a esta altura continúan. Por eles agardan representantes da central sindical.

Fonte: http://www.galizacig.com/avantar/novas/27-2-2014/trasladan-a-dous-membros-da-cig-a-comisaria-para-a-sua-identificacion

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

10 dic 2013

Ferrolterra encabeza a defensa da sanidade pública.

Ferrol ratificou hoxe o seu compromiso na defensa da sanidade pública, á parte de ser a cidade na cal a folga logrou o seu maior seguimento, a posterior manifestación, con preto de 4.000 persoas converteuse nunha das de maior convocatoria das celebradas.






Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

23 nov 2013

4000 persoas manifestáronse en Ferrol pola defensa dos servizos públicos

Cerca de 4000 persoas manifestáronse hoxe polas rúas de Ferrol, contra as políticas do desgoberno central e autonómico do P€P€ que desmantelan o o traballo conseguido por xeracións.

Camuflando sempre con eufemismos o que ten unha única definición;

Externalización de servizos = Privatización.

Mobilidade laboral = Emigración

Axustes presupostarios = Recortes

Reforma laboral = Reforma anti-laboral

Subcontratación = Explotación de traballadores

Copagamento = Repagamento

Flexibilización do mercado laboral = Despedimentos gratuítos

Gravame adicional solidario = Suba do IVE

Amnistía fiscal para rendas non declaradas = Branqueo de diñeiro

Execución hipotecaria = Desafiuzamentos

Liña de crédito europeo = Rescate bancario

Crecemento negativo = Recesión




Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

22 nov 2013

Mañá sábado, manifestación pola Defensa dos Servizos Públicos

Mañá sábado, día 23 de novembro, ás 12:00 h.  na Praza de España, dará comenzo a manifestación pola Defensa dos Servizos Públicos, convocada polos sindicatos de traballador@s CCOO, UGT e USTG.


Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

16 oct 2013

I Xornadas en Defensa da Sanidade Pública

I Xornadas en Defensa da Sanidade Pública 


18 e 19 de outubro Centro Sociocultural Novacaixagalicia Ferrol

Venres día 18 

Ás 17:30 horas. 
Mesa Debate: A Contrarreforma Sanitaria. Recortes/Repagos/Privatizacións o RD Lei 16/2012 e a Lei de Garantías Sanitarias. Ponentes:Dr. Pablo Vaamonde García e Dr.Manuel Martín García. Modera:D. Xosé Miguel López, da Asociación Veciñal de Esteiro. 

Ás 19 horas. 
Mesa Debate: A Atención Primaria: a prioridade necesaria e o Gasto Farmacéutico. Ponentes: Dr.Jesús Sueiro Justel e Dr.Bernardino Pardo Teijeiro. Modera:Dr. Manuel A. Ramos Rodríguez, concelleiro de Narón.

Sábado 19

Ás 11 horas 
Mesa Debate: A Relación Público/Privada ( Incompatibilidades, Concertos, Listas de Espera, Xestión ). Ponentes:Dra. Mª Luísa Lores Aguín e Dr. Carlos Piñeiro Díaz. Modera:Dona Ana Jesús López Díaz, Directora da Oficina para a Igualdade de Xénero da Universidade da Coruña.

Ás 12:30 horas 
Mesa Redonda: Pacto político pola Sanidade Pública, Universal e Gratuíta. Ponentes: Grupos parlametarios de PP, PSOE, AGE e BNG. Grupo PP: D. Miguel Angel Santalices Vieira. Grupo PSdeG-PSOE: Dona Beatriz Sestayo Doce. Grupo AGE: Dona Eva Solla Fernández. Grupo BNG: Dona Mª. Montserrat Prado Cores Modera: D. Germán Castro Tomé, ex-director do Diario de Ferrol.


Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

26 jun 2013

Mañá ás 19:00 h. Manifestación na Defensa da Sanidade Pública

Mañá xoves 27 de Xuño, en todo Galicia, terán lugar mobilizacións na Defensa da Sanidade Pública.

En Ferrol, "SOS Sanidade Pública" e a "Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol"  convocan á manifestación que sairá ás 19:00 h. da Praza de España, esta percorrerá varias rúas da cidade e rematará na Praza de Armas.

http://plataformadspferrol.blogspot.com.es/

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

22 abr 2013

MANIFESTACIÓN EN DEFENSA DOS SERVIZOS SOCIAIS NA COMARCA DE FERROLTERRA

Mércores 24 de abril, saída ás 20.00 h. do Edificio administrativo da Xunta de Galicia e remate na praza de Armas.

O Comité de Empresa de Traballo e Benestar da provincia da Coruña convoca esta manifestación contra a política dos Gobernos do PP ao respecto dos recortes na prestación servizos sociais de carácter público en xeral, e en particular na nosa comarca, que non fan máis que empeorar as condicións dos servizos para @s usuari@s e as condicións de traballo d@s empregad@s.

Hai que dicir basta a tanta destrución de servizos básicos na comarca por parte da Xunta de Galicia: Souto de Leixa con destrucción de postos de traballo de persoal cualificado e paso a unha xestión privada que non garantiza a mesma calidade e atención prestada; abandono da política de protección de menores co peche do Centro de Menores Soutomaior para convertilo en non se sabe qué aínda; amortizacións e desmantelamento da Oficina de Valoración da Dependencia; condicións abusivas para os traballadores/as na Residencia de maiores de Caranza...

Pero ademais tamén se incluirá a reivindicación dos recortes en servizos sociais públicos dependentes doutras administracións públicas, como no CAMF-IMSERSO e a ameaza que supón a nova reforma da Administración local para os servizos sociais municipais.


CONTAM@S CON TOD@S PARA DEFENDER O DE TOD@S!!

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

3 mar 2013

Máis de 5.000 persoas na Manifestación en Defensa da Sanidade Pública

Máis de 5.000 persoas tomaron hoxe as rúas de Ferrol, en defensa da sanidade pública. A mesma partiu pasadas as 12:00 h dende a Praza de España, e finalizou na Praza de Armas, lugar no que se deu lectura ao Manifesto unitario .

Rescato estes puntos do manifesto, por parecerme clarificadores do que está a suceder na bisbarra:
  • Segue pechado sen ningunha razón o Consultorio Médico da Graña, a pesar de que nun Pleno do Concello de Ferrol, e por  unanimidade, acordarase demandar da Xunta de Galicia a súa reapertura inmediata, cousa que non fixo o aínda Alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, nin diante da Consellería de Sanidade nin diante da Xunta de Galicia. Ese é o compromiso de José Manuel  Rey Varela coa cidade de Ferrol.
  • Tamén se acaba de pechar o Consultorio do Seixo en Mugardos.
  • Falase xa de pechar o consultorios de Ferrol Vello, Maniños, Pedroso, o Val, Mera e Espasante e tamén da supresión de Puntos de Atención Continuada en Concellos pequenos.
  • Non hai orzamento, no 2013, para a construción dos novos Centro de Saúde de A Capela, Cedeira e Narón .


Manifesto completo

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio

21 feb 2013

Outro chaparrón na Defensa dos Servizos Públicos

Hoxe, na Praza Amada García, ás portas do edificio Administrativo da Xunta de Galicia, tivo lugar a concentración unitaria en Defensa dos Servizos Públicos, a mesma foi convocada por tódolos sindicatos da bisbarra, e como ben sendo habitual contou co respaldo de diversas formacións politicas: BNG, EU, ANOVA, PSOE, CXG, EQUO, FORXA, EEG, etc.. 

Penso cos sindicatos convocantes deberan reformularse o realizar mobilizacións nesta praza, pois as concentracións están a resultar moi cómodas para o desgoberno do P€P€, a estas horas o edificio da Xunta carece de actividade, e nos arredores pode decirse que tampouco hai movimento de xente.



Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio

16 ene 2013

Mañá "Concentracións contra os recortes laborais e o deterioro dos servizos públicos"

Concentracións nas cidades galegas o día 17, ás 19:00 horas, contra os recortes laborais e o deterioro dos servizos públicos. 

Convocan as organizacións sindicais con representación no sector público: CIG, CCOO, UGT, CSI·F, CESM, OMEGA, SATSE, USAE, STEG, ANPE, USO, USTG, CGT, STAJ, SIAT e ACAIP, que integran a "Plataforma en Defensa dos Servizos Públicos"


Contra as medidas que vén de aprobar a Xunta de Galiza que empeoran as condicións laborais e salariais das empregadas e empregados públicos e deterioran, aínda máis, os servizos públicos.

As concentracións previstas son:

A Coruña: Delegación do Goberno.

Santiago: Praza do Toral

Ferrol: Praza de España.

Pontevedra: Subdelegación do Goberno.

Vigo: Museo MARCO

Ourense: Subdelegación do Goberno.

Lugo: Subdelegación do Goberno. 

 MANIFESTO 

As organizacións con representación no Sector Público autonómico rexeitan as medidas do Goberno 

Dende o inicio da crise económica, no ano 2009, os Servizos Públicos e empregados/as Públicos, vivimos un permanente acoso que pretende a fin do Estado de excepción, no que se nos nega a negociación das relacións laborais sendo sometidos a un agresivo frenesí normativo que dita por decreto as nosas condicións de traballo, reducindo progresivamente os dereitos adquiridos ao longo de décadas. 

A salientar: 

1º. Rebaixa salarial anual nunha media do 5%, en determinadas categorías de ata o 9%, no 2010 (RD Lei 8/2010), cun IPC do 2,9%. Ao tempo utilizábase como coartada que a porcentaxe de empregados/as públicos, dun 9,5%, era elevada obviando que a media da UE era do 16%, cun altísimo crecemento do emprego público dun 1% na última década, para unha poboación que medraba en 6 millóns de persoas. Tamén se esquecen que somos o país da UE que en termos porcentuais menos investimento efectúa no emprego público tal e como reflicte o elevado número de traballadores e traballadoras que son mileuristas. 

2º. Conxelación salarial no 2011, que levou aparellada a conxelación de Ofertas de Emprego Público (Lei 39/2010, de Orzamentos Xerais do Estado), cun IPC do 2,4%. 

3º. Supresión de dereitos e acordos sobre Xornada laboral (RDL 20/2011), e outros dereitos conseguidos. 

4º. Ampliación da xornada mínima nas administracións, (Lei 2/2012, de Orzamentos Xerais do Estado), nova conxelación salarial, mantendo pagas extraordinarias reducidas e abundando na imposibilidade de incrementar as taxas normais de reposición de efectivos. 

5º. Reforma Laboral, RD Lei 3/2012, que introduce o despedimento colectivo e individual do persoal laboral do sector público, por causas económicas, técnicas e organizativas. Expedientes que soamente poden ser de extinción de posto de traballo, non de redución de xornada ou suspensión temporal de contrato. 

6º. Supresión de días adicionais de vacacións. Reducen os días de asuntos propios (APs) que pasan a ser unicamente 3 ao ano. Supresión da paga extraordinaria do Nadal (o que significa un 7% de redución salarial anual). Supresión dos acordos e pactos de dereitos sindicais. Anúlase a posibilidade de xubilación parcial dos funcionarios, así como as melloras económicas en IT, RD Lei 20/2012, e Lei 1/2012 Galicia. 

Como novo ataque aos empregados/as públicos elabórase un anteproxecto de Lei que reduce o salario nunha media dun 4% para o ano 2013, en determinadas categorias de ata o 6%, minorando as pagas extraordinarias arredor dun 40%. 

Por iso, dicimos basta, xa abonda, e rexeitamos esta nova medida en contra dos empregados/as públicos de Galicia, que sumará unha perda en tres anos de máis do 20% de salario, e convocamos mobilizacións que terán, como primeira medida, concentracións nas sete comarcas o día 17 de xaneiro as 19:00 horas. 

Asinado por: 
CIG; CCOO; UGT; CSI·F; CESM; OMEGA; SATSE; USAE; STEG; ANPE; USO; USTG; CGT; STAJ; SIAT; ACAIP.

18 dic 2012

O P€P€ REXEITA A INICIATIVA LEXISLATIVA POPULAR NA DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA

Unha representación da Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol, integrada e fundadora de SOS Sanidade Pública, acudimos a Compostela a concentrarnos diante do Parlamento Galego para apoiar a intervención de Manolo Martín en defensa da ILP presentada e apoiada de preto de 30.000 sinaturas. das que máis do 25%  foron recollidas en Ferrolterra pola Pdspf, máis de 8300 sinaturas. 

Fomos a representación máis numerosa de cantas se traladaron a Compostela e estivemos presentes baixo unha choiva incesante e intensa coa nosa pancarta a onde se achegaron a saludarnos unha representación dos grupos parlamentarios do PSOE, AGE e BNG , onde estaban presentes as deputadas ferrolás Beatriz Sestayo do PSOE e Yolanda Díaz de AGE. 

Os grupos parlamentarios de PSOE, AGE e BNG apoiaron a Defensa da Sanidade Pública e o Partido Popular rexeitou a Iniciativa Lexislativa Popular. 

Cumpre salientar a ausencia de Núñez Feijoo no Parlamento Galego durante o debate a Iniciativa Lexislativa Popular, o que amosa o que lle importa tanto a Sanidade Pública como que unha iniciativa de 30.000 galegos e galegas chegase ao Parlamento. Temén a Conselleira de Sanidade, con vinculacións directas co grupo POVISA, que chegou ao Parlamento cando xa Manolo Martín rematara a súa intervención (achegamos intervención de Manolo Martín e o alegato final). Outro tanto a Presidenta do Parlamento Galego. Pilar Rojo, quen durante a intervención de Manolo Martín non parou de falar, xusto detras del, polo teléfono móbil. 

Lembramos que esta Iniciativa Lexislativa Popular tiña como promotores na comarca de Ferrol a Carlos Piñeiro e Xosé Miguel López. 

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol imos seguir mobilizándonos en contra dos recortes de dereitos e da privatización da Sanidade Pública e participaremos, coa nosa pancarta, na concentración convocada pola Alianza Social Galega, da que formamos parte, o xoves día 20 de decembro ás 19:30 horas diante do Edificio da Xunta na Praza de España, facendo un chamamento á participación de toda a cidadanía de Ferrolterra.

ESCRITO-PRESENTACION-ILP-18-12-2012


ALEGATO FINAL


Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio

9 dic 2012

Concentración polo Dereito á Sanidade Pública Universal.

Coincidindo coa celebración do Dia Internacional dos Dereitos Humanos, queremos este ano centrarnos no dereito á sanidade pública universal, sen distinción de sexo, orixe, etnia, orientación sexual e condición legal e social. Dereito fundamental e universal en grave perigo debido aos recortes iniciados polo actual goberno do Partido Popular.



Mañá luns, ás 18:00 h, na Praza de España (diante do centro de saúde Fontenla Maristany). 

Concentración polo Dereito á Sanidade Pública Universal

Convocan:
Marcha Mundial das Mulleres, Foro galego da inmigración e Asociación Lazos pro solidariedade, co apoio da Plataforma na Defensa da Sanidade Pública

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio