Mostrando entradas con la etiqueta Yolanda Díaz. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Yolanda Díaz. Mostrar todas las entradas

30 mar 2014

8.000 cidadáns, e dez indesexables, maniféstanse en Ferrol en defensa do sector Naval.

Manifestación celebrada hoxe en Ferrol en apoio ao sector Naval. A asistencia foi moi inferior ao esperado, case pódese cualificar de pésima, pois non creo que se chegase a 8.000 persoas, o que representa sobre un 10% da poboación total de Ferrol, cantidade da que habería que descontar a asistencia doutras localidades.
Desta vez a "culpa" non pódeselle atribuír á falta de información, pois constame cos sindicatos envorcaronse en publicitala.

Varios deputados decidiron arroupar o acto, entre eles; Juan Manuel Fajardo, e Yolanda Díaz, do grupo parlamentario AGE; Francisco Jorquera, do BNG; e Beatriz Sestayo, do PSOE. E tamén algún alcalde da bisbarra, como Secundino García, alcalde de San Sadurniño.


P€p€ros que participaron
O aínda alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, realizou fai uns días un chamamento sumándose a esta convocatoria, pero non tivo collóns abondo como para aparecer. E máis valeulle, pois varios compañeir@s tiñan pensado mantealo no medio da praza. Os que si tiveron jeta foron outros p€p€ros, entre eles Germán Castrillón, alcalde de Cabanas; e Gumersindo Pedro Galego Feal, alcalde de Fene; (Estes xa non contan, pois son desvergoñados habitualmente).

A lectura do manifesto correu a cargo de Germán Castro, ex director do Diario de Ferrol, que tivo palabras de verdadeiro desacougo sobre situación actual que padece Ferrolterra, dixo que "Nunca viviuse unha situación tan dramática nos astaleiros". Tamén recordou que esta crise destruíu outros miles de traballos doutros sectores, como é o caso do xornalismo.






Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

18 mar 2014

Debate sobre o naval "Aquí facemos barcos"

"Aquí facemos barcos". Presentación do número 4 da Revista LUZES e debate sobre o naval presentado pola xornalista Lorena Bustabad

Intervirán:

Xosé Manuel Pereiro (Luzes) 
Manuel Rivas (Luzes) 
Manel Grandal (Voceiro da CIG Ferrol) 
Yolanda Díaz (Deputada AGE) 
Ignacio Naveiras (Comité de Empresa de Navantia) 
Eliseo Fernández (Ateneo Ferrolán)

No salón de actos do Ateneo Ferrolán (Rúa Magdalena, 202, 204) o mércores 19 de marzo ás 19:30 horas. Entrada libre

Queremos prender unha fogueira de ideas, axuntar vontades e voces e convocar xente do comun ao seu redor, a calor das historias que falan de novos rumbos Queremos ser refuxio para lectores. Un ecosistema de xeneros xornalisticos ameazados de extincion, de novas narracions e de enxertos de poesia no ensaio Aspiramos a ser antidoto do silencio Gustarianos ser un facho que alume entre a neboa que agocha a realidade

LUZES http://www.revistaluzes.com/

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

2 dic 2013

Encerro e visitas de solidariedade cos traballadores/as do Naval de Ferrolterra

Esta tarde os traballadores/ás e representantes sindicais do naval de Ferrolterra, que permanecen pechados no concello de Ferrol, recibiron varias visitas de solidariedade por parte de membros de Anova, Espazo-Ecosocialista, e EU. Entre eles destacaban os parlamentarios de AGE, Yolanda Díaz e Xosé Manuel Veiras, xunto co alcalde de Teo, Martiño Noriega.

A representación de Anova mantivo unha entrevista cos representantes dos traballadores/ás .


Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

18 jun 2013

Rolda de prensa, sobre a proposición non de lei presentada no Parlamento de Galicia, sobre a planta de gas de Reganosa.

Mañá mércores, 19 de xuño, ás 18:00 h. na Galería Sargadelos de Ferrol, terá lugar unha rolda de prensa, na que Yolanda Díaz, viceportavoz do grupo parlamentario AGE, exporá o contido das iniciativas  da proposición non de lei presentada no Parlamento de Galicia, sobre a planta de gas de Reganosa. 

Na mesma estarán presentes algúns membros do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol.

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

10 abr 2012

A UNIDADE SOCIAL PAROU O DESAFIUZAMENTO

Hoxe ás 12:00 h, tivo lugar unha concentración diante da oficina central do BBVA, na Praza do Callao (Ferrol) para evitar o inxusto desafiuzamento do café bar O Carballo.

Recordemos que a devandita entidade adquirira un compromiso verbal cun dos seus empregados, Pedro Bastida, polo cal se comprometían a venderlle o negocio se este ingresaba o diñeiro da hipoteca, cantidade que Pedro conseguiu mediante un crédito con outra entidade, chegando a hipotecar a súa vivenda. Hai uns días Pedro decatábase de que o BBVA se retractaba do compromiso adquirido e decidía proceder ao desafiuzamento, este embargo levaríase por diante catro postos de traballo.




Ao final a solidariedade e a presión social lograron que o BBVA cumprise a palabra dada por parte do Director da sucursal a Pedro, non lles quedou outra que aceptar o talón bancario por valor de 66.000 €, que saldaban a débeda con esta entidade.

Dende esta bitácora quero felicitar a todas as persoas, asociacións, colectivos, partidos políticos e sindicatos que arrouparon Pedro e o resto de empregad@s nesta loita digna e lexitima. Así como Felicitar a Patricia Hermida, xornalista do Correo Galego, e ao Diario de Ferrol polas súas crónicas e difusión desta inxustiza.

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

3 feb 2011

"O recuncho" falará da reforma das pensións

Este sábado 5 de Febreiro de 11 a 13 horas, no 93.9 da FM, Radio Filispim,edición nº 38 de "O Recuncho", o programa da Asociación Cultural Fuco Buxán.
Neste programa destacamos os seguintes contidos:

- Falaremos con Yolanda Díaz, acerca do barapalo sufrido pola cidadanía coa reforma das pensións, a cal alonxa a xubilación cara os 67 anos.

- Falaremos telefónicamente con Mariana, ex alumna do Colexio Estudio, centro que durante o franquismo mantivo ideales democráticos nas súas aulas, herdados da Institución Libre de Enseñanza.

- Sari Alabau contará aos oíntes do Recuncho os motivos polo que nos colexios públicos de Ferrol non se están a desenvolver as actividades extraescolares.

- No estudo de Radio Filispim: Con Enrique Barrera, profesor de secundaria, e Alberto Leira, profesor universitario falaremos do sistema educativo español.

- Coma de cotiá a secións de Jose Torregrosa, "O despertar da razón", na cal recordará a figura de Carmelo Teixeiro no aniversario da súa morte.

- Na sección poética levada por Lorena Calaza: Ricardo Carvallho Calero.
Tódolos programas en: www.recunchofuco.blogspot.com

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

27 feb 2010

"A cita será o 2 de Marzo"

"O roubo das pensións"

YOLANDA DÍAZ
Quérennos roubar as pensións con palabras de medo e informes falaces. Hai que botarse á rúa para que non nos deixen nela, baixo as xélidas pontes da precariedade e a privatización, os señores que teñen contratos blindados e soldos fabulosos, ministros de ocorrencias que sempre caen no lombo das e dos traballadores, xefeciños do Banco de España, obsecuentes capataces da OCDE...sempre dispostos a impor medidas á maioría social traballadora, medidas que eles non se aplicarán endexamais. Ataque contra a clase traballadora que conta co indisimulado e cómplice apoio da patronal e da súa expresión política máis acabada, o PP. Este vindeiro martes, 2 de marzo, imos saír ás rúas, sindicatos, partidos, organizacións políticas e sociais para argumentar coa forza formidable da unión e das razóns, que non queremos que nos conten mentiras, contos que somentes serven para engordar o bandullo do capital financeiro, interesado en meterlle o dente ás nosas xubilacións e ó Fondo de Reserva, que incrementou neste moi duro ano as súas reservas en máis de 8.000 millóns de euros. A viraxe cara á dereita do goberno ZP só lle vai abrir as portas, a modo de cabalo de Troia, ao PP. Non hai que darlle moito os miolos para decatarse. En troques desa fea viaxe antisocial na que se embarca máis e máis este goberno, Esquerda Unida na rúa, mobilizando, proponlle ao goberno outro itinerario, fermoso e ousado, ao carón das e dos traballadores, baseado no respecto e ampliación dos nosos dereitos sociais.

(*) Yolanda Díaz é portavoz de Esquerda Unida

Publicado en el Diario de Ferrol


Wikio

14 abr 2009

Ferrol na republica

Celebrada hoy en el Ateneo Ferrolán,con la asistencia de numeroso publico.
Contamos con las enseñanzas de los historiadores: Xosé M. Suárez y Eliseo Fernández.
Entre los asistentes pudimos ver a Yolanda Díaz con algún compañero más de de IU,a Pita del BNG y a varios miembros de Fuco Buxán. Destacar la ausencia del PSOE,algo que ya viene siendo habitual y se esta convirtiendo en un clásico.

19 ene 2009

¡¡YOLANDA YES WE CAN!!

BUSCANDO ALGUIEN DE IZQUIERDAS TE ENCONTRÉ

Quintana después de ver tu perfil en Facebook la has jodido,tu foto con Pujol demuestra tu falta de capacidad para entender de politica,te has apuntado al carro de la solidaridad con Palestina cuando los demás llebavan tiempo tirando.Has jodido el nacionalismo gallego.

ERES PA.TE.TI.CO YO NO TE VOTO


Touriño te pasas el plan KIOTO por los mismísimos,¿Qué pretendes deforestar Galicia? ¿Secar los ríos?¿Bloquear las rías?.ESTAS LOCO

Y ERES SOOOORDO YO NO TE VOTO



Freijóo NOOOOOOOOOOOOOOOOO

¡¡YOLANDA YES WE CAN!!