Mostrando entradas con la etiqueta Espazo Ecosocialista. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Espazo Ecosocialista. Mostrar todas las entradas

9 abr 2016

Actos en Ferrol en torno ao 14 de abril, conmemorando o 85º aniversario da proclamación da II República

A *Plataforma pola República.

Organiza os seguintes Actos en torno ao 14 de abril, 85º aniversario da proclamación da II República 

- Luns 11 de abril, ás 19 horas, no Ateneo Ferrolán, proxección de “O segredo da Frouxeira”. Documental dirixido por Xosé Abad que narra os efectos da represión sobre catro familias ferrolás a de Alejandro Porto Leis, ultimo alcalde republicano de Serantes “paseado” xunto a tres veciños en 1938. Unha familia dividida pola súa ideoloxía, catro familias rotas por un crimen político e setenta anos de medo (www.osegredodafrouxeira.com)

- Xoves 14 de abril, ás 19 horas, no Ateneo Ferrolán, proxección de “Crónicas Republicanas”. Peza audiovisual que mezcla teatro, radio e imaxe, nun percorrido por sucesos socio-políticos ferroláns dende a II República ate hoxe. Dirixida por Miguel Castro sobre guión del mesmo e de José Torregrosa. - Encontro, a continuación, onde Carlos Etchevarría, cofundador e Ex-Presidente do Ateneo Republicano de Galicia, falará en nome da Plataforma pola República.


A pola Terceira!! unha Terceira República en Paz, Xustiza e Progreso.

*Constituída polas asociacións: Memoria Histórica Democrática e Fuco Buxán, e por Anova, Decide En Común, Espazo Ecosocialista, Esquerda Unida, Psdeg-Psoe e Terra Galega.

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

18 jun 2015

De volta ás trincheiras!!

Despois de tres meses de "parón"..  Currando de sol a sol, e queimado por non poder recoller imaxes da loita social de Ferrol neste blogue.... Encóntrome que a pesar desta "inactividade", nomeóuseme moitas veces (non sei a conto de qué..) Hoxe como filtrador dunha nova a un xornal.

ACLARACIÓNS:

- Malia ser sabedor de; procesos, reunións, treque manexes, acordos, encontros, desencontros, etc.. nunca falei NADA, pois eu non estiven presente en NADA e non son quen de valorar o que NON vivín en primeira persoa.

- Calquera  d@s compañeir@s enemistad@s poden acreditar que sempre tratei de quitar ferro e conciliar as persoas. Así como NINGÚN deles/as pediume intervir ao seu favor .

- Nestas eleccións traballei para as tres opcións políticas de esquerdas que lograron representación municipal, e calquera das persoas que trataron comigo en representación destas formacións poden acreditar que nunca falei nada que non fose estritamente laboral, así como velei na confidencialidade dos traballos encargados.

- Se quixese filtrar algo non ía regalar a exclusiva a ningún medio, teño a coraxe de sobra como para facer as cousas de fronte.

Así que vai esta mensaxe a esas persoas ociosas que non fan máis que enzoufalo todo, quen queirame atribuír calquera MERDA co faga en publico e á cara.


Novo inciso
Agora sinalan outra persoa como o "filtrador".... O diario dixital; Ferrol 360 convértese nun medio papel couché tras facer publica a filtración e publicando un correo que presuntamente suplanta a identidade de Miguel López. Este medio da á nova cun "toque rosa" como se fose un traballo de investigación xornalística, cando é "palla", pois o borrador filtrado carecía da importancia que queren darlle algúns.

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

8 mar 2015

O fin da "Marea Ártabra".

Hoxe moitos ferroláns espertaban con esta noticia no Diario de Ferrol, ANOVA abandoa a "Marea Ártabra". Dende esta formación sinalan que a Marea "non foi quen de percorrer un camiño que o levara a un proceso de participación cidadá"

Os visionarios xa auguramos hai meses o fracaso da "Marea" ao abrir á cidadanía un proceso participativo para acadar unha formación electoral con vistas ás municipais. 

Sabiamos que ían aparecer "os de sempre" para foder todo!!
Premer para ver o fin da "Marea Ártabra"

Os mesmos que converten as "Marchas da Dignidade", nunha pancarta con catro borregos; o "Encontro Social", no Desencontro Social; "Stop Desafiuzamentos", nunha farsa; a "loita dos Furtivos da ría", nun pousado para a foto; e as "protestas dos praceir@s do Mercado de Caranza", en NADA.

Se como asociacións do barrio de Caranza, mirasen de rescatar de mans do P€P€ a AA.VV mellor farían. Pero non, no seu día procuraron “dourarlle a píldora” canto puideron á súa anterior presidenta (agora presidenta na sombra) e así vainos!!.

Parece que teñen cousas máis "importantes" co noso barrio. Están entretidos intentando dar un golpe de estado en CC.OO, comandando a loita contra a Taxa de Saneamento, e pendentes de calquera nova resposta social da que poidan facerse voceiros.

A política non podía estar á marxe deles, reparten aos seus membros tanto en Podemos, Marea, A Nova, PSOE, e en Espazo Eco-socialista.

Pero "grazas ao demo", en EU, lograron liberarse deles; en Anova, quédanlles poucos peídos que botar; e no PSOE soamente quedanlles dous membros, para desgraza deles, un é independente e legal ao seu partido, e o outro mantéñeno dentro por mágoa.

Velaí teñen o seu propio "Podemos". Digno de estudo psicolóxico o ego, e o afán destas persoas por "coller cacho".

Xa contaremos onde reuníanse estes asemblearios para trazar a súa folla de ruta para a "Marea". (Chama a atención que nestas xuntanzas non houbese pariedade de xénero). 

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

23 nov 2014

Outro fiasco Alianza Social

Penosa manifestación DESorganizada pola Alianza Social, na que apenas unhas 300 persoas manifestaronse contra a "Lei Mordaza" que vai aprobar o P€P€. E menos mal que fixeron algo de "vulto" BNG, CC.OO, e CIG.

Os grandes ausentes, por esta orde: Anova, Espazo EcoSocialista, Esquerda Unida, PSOE.

As leis franquistas que pode aprobar o P€P€ xa non asustan á cidadanía, o que asusta é a indiferenza dos axentes sociais que terían que estar a velar polos nosos dereitos.

Parece cos sindicatos perdesen capacidade de elaborar e distribuír propaganda subversiva, igual ata vénlles ben esta lei para espertar, igual traballan mellor na clandestinidade, cando os ilegalicen.



Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

17 oct 2014

II Asemblea non cidadá da "Marea Ártabra"

Supostamente, as asembleas da "Marea" tiñan que ser para que a cidadanía indignada participase coas forzas políticas nun proceso de formación dunha fronte ampla que puidese presentar un programa e unha candidatura electoral común, pero nada máis lonxe da realidade.

Só participan os de sempre, e están sós!

Para non variar, sempre a "foden" os mesmos. Entre eles un que acostuma a poñerse en pé para soltar discursos soporíferos que leva utilizando hai anos, os cales sempre empezan coa frase: "TEMOS QUE... " ou "HAI QUE.... " Aínda que desta volta deulle unha boa réplica outro compañeiro, dicindo; que as diferentes loitas sociais levan anos tendo resposta dende as súas diferentes plataformas, (exemplo) Marcha Mundial das Mulleres, Plataforma en defensa da Sanidade Pública, etc. e que de ningún xeito a Marea ten que tratar de "ocupar estes espazos".

O "infumable" César Manso, promotor de Cerna, (movemento de ANOVA, opositor á "Marea"), foi o encargado de transmitir aos presentes como se estaban a desenvolver no territorio galego as distintas "Mareas", e fixo tal cal acostuma a facer dende a súa xestoría, falou moito e non dixo nada. (O resto de opositores foron consecuentes co seu pensar e non participaron)

Salváronse unhas poucas intervencións, como a de Basterrechea, Bernardo, Luis, e Saínza, que trataron infrutuosamente de reconducir a asemblea. Aínda que isto resultou imposible pola permisibilidade outorgada por parte dos moderadores desta con algúns oradores.

Hai uns cantos que cren ter a "formula" para a "Marea" de Ferrol, e sen dúbida conseguirano, pois non hai cidadanía participando. E isto non é por culpa dunhas directrices marcadas dende os partidos, pois tódol@s seus afiliados (por agora) parecen confluír nestas asembleas de forma libre e autónoma.

Pola miña banda case prefería que me desen un programa e poder elixir o meu voto en consecuencia. Porque xa está ben do discurso "ALTERMUNDO", ese que di de "Poñernos todos as zocas e plantar hortas urbanas, mentres eles vanse colocando en cargos políticos"

Pouco máis que contar, aburrenme e danme sono!!


 ZZZzzzz....


Un compañeiro de "CERNA" faime dúas aclaracións: 

1º é que; CERNA (Movemento interno de ANOVA) era contraria á "Marea" se esta se "disolvía" na marca AGE e acababa sendo cousa dos partidos políticos.

2º Os compañeiros de CERNA que non participaron na asemblea foi porque tiñan un compromiso. 

Iso pásame por ser ambiguo e usar "vaselina", pero xa postos.... 

Efectivamente teñolle que otorgar a razón, pois é o que fan público o pasado 04 Setembro nos medios. Pero a verdade que non se conta é que CERNA, é un movemento de ANOVA opositor a EU, píntese como queirase pintar. 

Baseandome no que manifestaron de que non concorrerían na "MAREA" soamente coa marca AGE, (que é o que está a suceder), terán que ser consecuentes. 

Entón tamén teño que cambiar algo da "descrición" feita do Sr. César Manso (vou deixalo en: Xestor de terreos e comunidades, que secuestrou información dirixida a uns veciñ@s para os que traballaba, o que supuxo que estes tivesen que desembolsar nuns meses miles de euros).

Invito a tod@s @s que sabedes das "fechorias" feitas polo Sr. Manso que teñades o valor de contalas!!!


Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

8 oct 2014

Unha "Marea" de Tiburóns e Pirañas

O pasado xoves, día 2 de outubro, celebrouse no Carvalho Calero a I Asemblea aberta da iniciativa electoral "Marea Ártabra", conformada por; Anova, Esquerda Unida, Espazo EcoSocialista, e eQuo.

Nesta explicouse o carácter aberto e horizontal que pretendía ser a "Marea", para logo dar quenda de palabra aos asistentes, e posterior conformación dun "Grupo Motor" e outros grupos de traballo.

"Estanque cheo de tiburóns"

Das intervencións vou rescatar unha parte da lúcida e valente visión do compañeiro Francisco M. que veu a dicir que xa ía canso de tantas e tantas asembleas que non dan lugar a nada, que botaba en falta a ausencia de moitas persoas, e que parecíalle estar vendo un "Estanque cheo de tiburóns" esperando coller cacho.


"Tiburóns e Pirañas"


Está claro que os cidadáns esiximos unha clase política que se rexa por uns parámetros éticos, e asuma responsabilidades políticas, e non soamente cando se destapa un escándalo. Demandamos uns políticos sen "antecedentes" nin "merda", e en "Marea Ártabra" (como no resto de forzas políticas) actualmente isto non se produce.

Desta Asemblea boto en falta a creación dun grupo de traballo, o de "Garantía Ética", indispensable para evitar que persoas indesexables e de dubidosa reputación se coen pola porta de atrás.

Á parte dos "tiburóns" de sempre, tamén había algunha "piraña" no estanque. Entre eles o suposto "crítico" de Anova, César Manso, que muda a súa opinión en contra da "Marea", e se involucra de pleno neste proxecto participando nos grupos de traballo.

Era conveniente saber quen é este individuo, e non vou ser eu quen o descubra. Moitos sabedes máis ca min das súas "manobras" xunto con Ignacio Caselas, presidente da Asociación de Veciños O Pilar de Recimil.

Ou da súa "Asociación de Veciños Fantasma, Pedro Padrón", da cal é presidente e posiblemente único socio. (Aínda que el dicía que eran unha vintena).

Tamén é de autentico chiste o seu paso polo Concello de Valdoviño, como concelleiro do BNG.

Á parte disto, e máis merda que se pode contar sobre os "antecedentes" políticos do Sr César Manso, pésame algo persoal contra el. Os meus veciños de comunidade e eu fomos enganados polo seu mal facer profesional por medio da xestoría na que traballa, e metidos nun conflito que nos custou moito diñeiro.

Aínda así, vou apostar pola "Marea Ártabra" e as xeracións novas; Miguel Castro, Jorge Suárez, Álvaro Montes,  Sainza Ruíz, Adrián, Anxo, etc...

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

3 sept 2014

Liberdade de Bastida, coa axuda de tod@s obxetivo cumplido

No nome do CCE ¡ 
GRAZAS! 
A axuda solidaria impedíu a entrada de Bastida no cárcere O CCE manifesta o seu agradecemento a todas as persoas, que de forma individual, e a todas as formacións políticas e entidades cívicas (EU, Anova, Espazo Ecosocialista, A Revolta de Trasancos, Fuco Buxán, Colectivo Artabra 21, Adega, Plataforma de veciños “O Cruceiro de Mehá”), que de xeito colectivo, contribuiron coa súa axuda solidaria, a alcanzar os 4.995,25 €, cos que se cubríron con creces os recursos necesarios para impedir que Bernardo Bastida entre no cárcere.

O CCE promoveu, en maio do 2007, a acción pola que foi condenado Bastida, o bloqueo da entrada na Ría do primeiro gaseiro cargado con GNL, nela participamos centos de persoas e a través da cal transcendeu mais aló da nosa comarca a barbaridade da planta de Reganosa, rompéndose os muros de silencio que invisibilizaban a nosa loita. Unha loita colectiva non podía admitir a condena dun só compañeiro, así o entenderon as persoas e entidades que mostraron a súa corresponsabilidade en apoio solidario.

Catorce anos de loita, de mobilización permanente en defensa da vida, da legalidade e da Ría. O caso da Planta de Gas de Reganosa é un proceso continuado de corrupción política-financieira. O pasado 18 de Xullo, celebrábamos a 8ª Marcha a Pé a Mugardos baixo o lema “ Móvete contra a impunidade”. Rexeitada polo Tribunal a autoinculpación de decenas de persoas que participamos no bloqueo da Ría, é indignante observar a condena de Bastida, namentres os corruptos, os responsables de tamaña barbaridade campan con total impunidade. Algúns son premiados incluso, como Jose Luis Mendez ex-Presidente de Caixa Galicia, no Consello de Administración de Reganosa.

Nestes últimos tempos o Comité Cidadán de Emerxencia, ten que facer fronte a outra dificultade engadida. O Goberno do PP, de Rajoy e de Gallardón, promoveron una contrarreforma xudicial ( novas taxas etc…) coa que tentan impedir o acceso da cidadanía á xustiza e favorecer así a impunidade das grandes empresas e corporacións, como é o caso de Reganosa. O CCE, que promove a mobilización permanente, con concentracións a cada entrada de gaseiro cargado con GNL na Ria, ten interpostos varios contenciosos xudiciais contra a planta de gas de Reganosa. O seu sostén require agora de máis recursos económicos, de aí que prosigamos coa campaña para a obtención dos mesmos e o sobrante do recaudado para salvaguardar a liberdade de Bastida se destine a este fin.

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

31 jul 2014

Resumo da concentración en repulsa polo asasinato machista de Sara Fernández Camiña

Unhas trinta persoas participaron hoxe na convocatoria realizada pola Marcha Mundial das Mulleres, para mostrar a súa repulsa a outro asasinato machista que se produce en Galiza.

Nesta había representación politica do ANOVA, BNG, EU, Espazo EcoSocialista, PCPE, e PSOE.

@s participantes portaron unhas flores co remate do acto foron depositadas nunha silueta pintada con xiz no chan, que representaba a muller asasinada, Sara Fernández Camiña, de 81 anos de idade.


A futura formación PODEMOS en Ferrol segue desaparecida da loita e reivindicación social, e é moi raro que non decatense destas convocatorias cando a maioría dos seus máis activ@s membros son persoas ociosas que pasan horas e horas metidos na Rede. Pola contra parece que si dispoñen de moito tempo, e de presuposto, para poder telefonar e convocar a pequenas reunións a distintas persoas do ámbito social de Ferrol, dende a afiliados a partidos, sindicalistas, inmigrantes, asociacións, etc. Algunhas destas reunións mesmo realizanse en domingo. SERÁ POR TEMPO!!


Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.

18 jun 2014

Polo dereito a decidir!! Non á monarquía!!

Mañá xoves, día 19 de xuño, ás 20:00 h. na Praza de Armas, Ferrol, terá lugar unha concentración en réxime de autoconvocatoria vaixo o lema "Polo dereito a decidir!!"

Xa se sumaron ao mesmo; Esquerda Unida, PODEMOS, PSOE, Espazo Ecosocialista, Memoria Histórica Democrática, e algunha que outra asociación.

Tamén mañá, e a mesma hora, na Praza do Himno Galego, en Esteiro, realízase outro chamamento en réxime de autoconvocatoria, o mesmo é promovido por BNG e CIG.

Indistintamente da convocatoria que decidades seguir, o importante é non quedar na casa e mostrar abertamente o rexeitamento e repulsa que sentimos pola sucesión e imposición do réxime monárquico. 

Non á monarquía!!

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.